terça-feira, 12 de junho de 2007

O pacto de goberno no Grove


Olas a tod@s:
Levo días lendo e escoitando opinións sobre os pactos de goberno, en xeral, e do caso meco en particular. Desde o PP ándase recitando a cantinela de que debería gobernar a lista máis votada e cousas así. A min pode gustarme ou non o sistema electoral pero este é o que está vixente nin máis nin menos e polo tanto son as regras do xogo que debemos cumplir todos. Ben, nestas regras non sae por ningunha parte referencia á lista máis votada, debe gobernar aquel candidato que consiga a maioría absoluta do total dos representantes. Esto inclue posibles pactos entre x representantes con tal de chegar á maioría, no caso de Ogrobe 9. Se se quere ter un sistema maioritario ou outro tipo de sistema electoral proporcional que se pida, se reforme a lei e entón as reglas serán outras. Outro dos argumentos é que para iso que se presenten ás eleccións xuntos e non que pacten despois. Non me creo eu que haxa en Ogrobe alguén que non supese que o PSdG, o BNG e EU ían pactar entre si se fose necesario para formar goberno, e o que non o soubese é que non está no mundo. Suponse que estas formacións presentan programas diferentes pois responden a diferentes ideoloxías e que despois os representantes buscan un programa de goberno común limando as súas diferencias e negociando entre si para formar goberno. Isto non é que sexa lexítimo senón que se pode considerar como o centro da política a solución negociada dos problemas. Despois resulta que un cuatripartito é un mundo, unha especie de cambalache ( a min tamén me parecen moitos) pero é que a outra opción é un tripartito que tampouco é moito menos e ademais pactando o PP e a anterior portavoz do PSOE o que sona bastante a cambalache. Polo tanto por todo isto considero os pactos de goberno lexítimos e o mesmo os considero se o PP é quen de facerse co goberno a última hora. O que non me parece moi normal é que os pactos dos demais non valgan e os pactos do PP con independentes e tal si, sexamos honrados. O problema fundamental é que hai moita xente que non contaba con que se puidese facer un cuatripartito e xa se vía acariciando o sillón outra vez pero non foi quen de pactar con ninguén, pois síntese pero éche o que hai.
Respecto do pacto cuatripartito que imos coñecendo a min teño que dicir que non me gusta nada. Xa teño opinado sobre o PG outras veces pero é que é demasiado. Resulta que ten tantas áreas o exsport como o BNG que o triplica en representación. Agora resulta que este home pide o ouro e o mouro por formar goberno pero se despois o BNG non quere entrar, son os nacionalistas os culpables de que non haxa pacto. Pois está ben. Se un quere despois de deixar o deporte vivir da política ten todo o dereito a facelo pero que non nos tome aos demais por tontos. Ademais resulta que o deportista tamén pide limpeza e recollida de lixo na que, que casualidade, resulta que un dos dirixentes do PG e anterior concelleiro ten intereses propios. Sempre me manifestei a favor dun pacto de esquerda pero non a calqueira prezo e a min paréceme que tampouco con calquera.E que se empezamos así mal imos parece que non é só unha opinión miña. Eu non sei o que vai decidir o BNG nin os demais partidos ao respecto do pacto pero tamén digo unha cousa a culpa é de quen con un concelleiro quere acabar gañando o que non gañan outros con tres e despois ademais ter garantías por parte das direccións nacionais do PSdG e do Bloque sen dar el garantía ningunha. Ao mellor os demais da piragua non sabemos pero doutras moitas cousas si, asi que por favor non nos tomes o pelo.
Digoo e volvo a decilo, eu non me fío nada de persoas que se apropiaron daquela maneira dunhas siglas históricas que son patrimonio dos galegos, que nuns sitios son pseudonacionalistas e noutros fan campaña en español e dun partido que na súa executiva ten a un que xa foi concelleiro e que despois de investir ao PP acabou mutatis mutandis de presidente dunha fundación da Xunta. Sintoo moito pero esas credenciais non me abondan.

3 comentários:

Anónimo disse...

Coincido punto por punto co autor do artigo e a maiores engadiria mais: Podese pasar por todas estas cousas por unha mal entendida unidade ??. Polo runxe runxe e polo que dicia nos periodicos deste fin de semana, aqui parece que o pajote desta pacto e o BNG que ten que renunciar a case todo (eso de que o PSOE tivera que cederlle Urbanismo para que aceptaran como di o Mintireiro), non se o cree nin el, a menos que os do BNG sexan tontos de baba, pois coa que esta caindo e con 600 expedientes a espera de ser tramitados, xa me diredes vos quen quere ese morto. O mais carallo e polo que dicia o domingo o lider do PG, si o BNG non entra no goberno elen van a replantexarse o apoio. Vamos que falando mal e pronto, estos do BNG van ter que poñer o corpo e maila cama, pois senon, como se dicia por ahi en algun outro blog, cometerian un suicidio politico. Mesmamente, mesmamente o que lle dixeron o Beiras cando non quixo entrar no goberno tripartito de Laxe. Sen comentarios.

Anónimo disse...

O sábado pasado estiven co Beiras na Illa de San Simón, nunha entrega de premios literarios. Está mellor que nunca, máis tranquilo, non direi máis feliz porque sei que non é asi, pero sí máis relaxado. Seica traballa moito publicando no Galicia Hoxe, e no seu excelente suplemento Altermundo... que dirixe Manoel Santos.
Nestas pasadas elección municipais reserváronlle o honor de facer campaña en lugares da chamada Galicia interior (Meaño, Cotobade...) e disque o pasou realmente ben, que aproveitou para convivir con militantes da caste dos invisibles, deses que sempre perden contra máquinas de facer cartos e favores, e para recordar os valores fundacionais desta organización na que empezamos como independentes nas xa míticas asembleas na Facultade de económicas, nos primeiros anos da década de 1980, ás que asitían Moncho Valcárce, o cura das Encrobas; Ramón Muñíz, fundador da ING; Encarna Otero, aínda profesora de instituto, en Melide... Non nos asombra a súa capacidade de análise; non nos admira o seu pasado político de compromiso ao País e á autoorganización dos galegos e das galegas; non nos marabilla o seu caudal ideolóxico deitado para a súa xente; sorpréndenos a enorme ilusión que lle brilla nos olliños azuis cando se refire ao futuro de Galicia e da nosa xente... "se pasamos polo que pasamos e estamos vivos é porque temos un futuro marcado no concerto das nacións libres, soberanas e autosuficientes, non teñas dúbidas, meu amigo..." Pois eso, se con setenta anos xa feitos e a máis brillante folla de servizos dende Castelao, pensa o que pensa, quén somos nós para non poñernos do mesmo lado da Esperanza. Porque ninguén coma o Beiras simboliza a Esperanza contra toda Esperanza.

Anónimo disse...

Sabedes que pasa cando se colle unha sanahoria polas follas? Pois que te quedas coas follas e a sanahoria segue enterrada. E a algúns pasalle o mesmo.
Eu pensaba o mesmo ata fai uns dias.
O que pasa é que doe moito que o PG tivese mais habilidade que o BNG e ahora chorades, e buscades culpables fora do vosos partido.
Porque ahora todos falan de como se nejosiou e as tres forsas din o mesmo menos o BNG ¿por que será?
E mentras o pG, PSOE e EU xa están traballando o BNG adicase a buscar onde sentarse e pouco mais.
ESPABILIDADE QUE PERDESTEDES AS ELECCIÓNS!! E mais autocritica que eses rencores non sirven de nada.
E xa que estou critico, nos perdemos un concelleiro, e somos a ultima forza, e a pouco mais non sae Xan ¿sije todo ijual??