domingo, 17 de junho de 2007

Xa hai novo goberno

Olas a tod@s:
Pois si, despois de tensos días de negociacións e incertidume, hoxe foi proclamado como alcalde Cacabelos. Temos pois un cuarteto de goberno formado polo PSdeG,BNG,EU e PG. A ver como bota andar e cales son as súas primeiras decisións pois temas nos que intervir non lle faltan. Imos ter, parece, uns días movidos nestas vindeiras datas con moitos temas que falar e comentar. Tamén será interesante saber que pasa coa oposición e o seu comandante en xefe. En fin que imos ter moito traballo nos blogs. Vin por aí algúns comentarios onde se nos acusaba aos que facemos estes blogs de emporcar a vida política con acusacións infundadas e cousas polo estilo, que se somos deste partido ou deste outro, que todo o faciamos para botar ao PP... . Por se alguén ten dúbidas, neste blog ( e estou seguro de que nos outros blogs tamén) nunca se lle prohibiu dar a súa opinión a ninguén e deixáselle participar a todos os que así o desexan. Que ninguén dubide que todo aquelo que me parece criticable no novo goberno será criticado. Agora ben o que non creo é que teñamos que pedir perdón por expresarnos libremente e moito menos por abrir espazos onde a xente da nosa vila poida opinar, queixar, analisar ,etc. A xente que simpatice co PP probablemente non estará de acordo coa maioría das miñas opinións pero eu invitoos a que participen da liberdade que nos da a rede e que nos fagan chegar os seus argumentos e opinións, eso si tamén terán que estar dispostos a ser criticados e contestados por todos os que facemos esta comunidade. Non creo que sexa moito pedir pero se non se aguantan as críticas entón igual o problema está no que algúns entenden por democracia e entón si que non hai que facerlle.

1 comentário:

Anónimo disse...

Teremos moito traballo, sobre todo para preguntarnos como o vai facer a nova concelleira de educación dada a sua amizade co señor ese que sempre ten razón e senon lla das pobre tua; ese mismo que ten o vello local da academia alugado por facer o traballo de Contempo e seica agora deixao. Despois de facer comentarios tales coma que no cole non lle deixaron ampliar a seu comedor; o que non dixo e que quería a mellor aula dos pekes e mandalos para onde esta o comedor, que non ten casi luz natural (ainda que el di todo o contrario) e teñen que aturar o cheiro da caldeira cando se enchen de gasoil e demais pero a La Voz só lle dixo que a directiva non lle permitia facer nada e sempre esta para encerillar a a xente e non para buscar unha solución real para os problemas. Pero non digades nada que senon ainda vos chamaran malas persoas por falar asi de alguen "que tanto fai a cambio de nada" (ta visto que vive do aire e das boas accións)