terça-feira, 21 de agosto de 2007

Xornalismo panfletario

Ola a tod@s:
Xa levaba tempo sen poder escribir por mor das ocupacións pero xa todos sabedes que agosto en Ogrobe é un mes de moito traballo. Pero aproveitando os ratos libres podo seguir durante este mes dándolle "vidilla" ao blog e para o mes que ven xa volvo á normalidade.
O tema do que vos quería falar é un vello tema nestes nosos foros, o xornal e o xornalista ese que todos coñecemos. Lía o outro día no Faro a seguinte noticia "la Lanzada podría perder la bandera azul despues de dos decadas". Segundo o titular e a cabeceira parecía que a Lanzada ía perder a bandeira azul por non se sabe que problemas de basura. Entón calquera se pregunta ¿ dirían algo os organismos europeos que as conceden e tamén as retiran?, pois resulta que non, todo eran afirmacións do lider da oposición e exalcalde do PP da vila. Entón a noticia transcurría como unha mera entrevista ao ex ( no medio intercalaba unhas declaracións de Bea e despois outra vez ao ex rebatindoas) e por ningunha parte saían fontes calesquera que tivesen que ver con quen en realidade ten a potestade de dar e quitar as bandeiras. Digo eu que se se quere facer así a noticia o titular debía ter engadido a muletiña de "segun el PP de Ogrobe". Digoo porque senón o que se está a facer e terxiversar a realidade para favorecer intereses políticos do PP agora que comezan a sair problemas como os das listas. Ben todo isto a min non me parece Xornalismo, paréceme xornalismo panfletario. Esta claro xa que cada un pode escribir o que lle veña en gana pois ten a liberdade para facelo, faltaría máis, pero o que non se pode facer dende un xornal que pretende ser serio e terxiversar a realidade para favorecer os intereses dun grupo político. Haberá quen dirá que son un "puntilloso" e que todo se pode deber a unha deficiente redacción. Probablemente se non fose por ser este xornalista e este xornal, isto podería ser así pero vendo o que publica cada día esta persoa e este xornal eu non lle deu ese beneficio da dúbida.
E isto co tema da Lanzada porque ainda me podería estender máis falando do tratamento informativo deste xornal a respecto do problema das listas, dos asuntos urbanísticos ou da cousa esa da foto do rei ( os turistas que leron a noticia deberon pensar que estaban nunha vila totalmente dominada por unha insurrección republicana). Visto o visto, o raro non é que este home faga semellantes artigos, o raro é que os seus xefes non lle digan nada e lle continuen a publicar semellantes manipulacións sen ter en conta que moitos de nós xa consideramos ao Faro como unicamente o podemos considerar no que respecta a Ogrobe: nin máis nin menos que un simple panfleto. Alá cada un co seu negocio e a súa ética profesional.

quarta-feira, 8 de agosto de 2007

Estamos de noraboa, non foi sen tempo


Olas a tod@s:
Todos os mecos e mecas estamos de noraboa estes días. Fálovos de que a nosa vila vai retirar por fin o monolito aos caidos " por Dios y por España" ( conceptos representados a nivel terreal polo ditador Francisco Franco) e porque ,ao tempo, tamén lle van retirar a ese personaxe os títulos de fillo predilecto e de alcalde honorario. Por todo isto estamos de noraboa, xa que con estas medidas a normalidade democrática e histórica retorna a unha vila máis. Con todo isto, ainda que o entendo, non me gusta que o día da retirada non se faga público por tentar evitar as homenaxes e cousas polo estilo. Son os que participan en homenaxes ao antigo rexime ditatorial os que se poñen en evidencia diante de toda a sociedade e non o concello que retira monumentos que simbolicamente retrotráenos aos tempos nos que se respetaban a liberdade e os dereitos humanos. Sempre vai haber algún que defenda a barbarie e a iniquidade pero son cousas que pasan. O argumento que eu xa levo escoitado mil veces é aquel que di " pero é algo que pasou, que esta aí". Certo, pero tamén o nazismo é algo que estivo "aí" e non por iso hai monumentos a glorificar semellante cousa. Outro é " todos os que están aí non foron franquistas ou malas persoas". Home eu iso obviamente eu iso non o sei, pero debemos recordar que o monolito non está aí para falar dos mortos na guerra, está aí para falar dos que morreron loitando no bando golpista e como homenaxe dese rexime a si mesmo. Porque hai que recordar que a Guerra Civil foi para o rexime un dos peares da súa lexitimidade e foi recordado e celebrado o momento da victoria ante a "Antiespaña" todos os anos que o rexime durou. Hai máis argumentos pero sería estenderme demasiado.
Outro tema que me causa satisfacción é a celebración dunhas xornadas sobre a memoria histórica e a investigación. Causame satisfacción porque parece que xa era hora de ter actos culturais na vila e porque ademais o tema é candente xa que moitos investigadores están a sofrer problemas xudiciais por levar a cabo a súa labor ( por exemplo Dionisio Pereira). Tamén me gusta porque pode contribuir a que os veciños teñan máis información sobre un tema no que os consensos históricos son en realidade moitos e amplos ainda que se teña por pensar o contrario. Isto é así debido á proliferación ultimamente de pseudoestudos históricos por pseudohistoriadores apoiados por grupos editoriais fortes. Estes estudos non son máis que a revisión en léxico dos postulados historiográficos do franquismo e son anunciados e publicados por grupos editoriais fortes vinculados á dereita española. Todo isto, ademais da transición democrática e o enorme poder propagandístico do rexime, fixo que en realida a visión da xente e o estado da cuestión historiograficamente non teñan case nada que ver. Por todo isto todos nós estamos de noraboa e por todo isto eu doume e douvos a miña máis sincera NORABOA.