quarta-feira, 1 de outubro de 2008

A primeira na fronte ( PP-listas de Euskadi)

Olas a tod@s:

A Axencia de Protección de Datos impuxo unha multa de máis de 60.000€ ao Partido Popular pola inclusión, sen o seu consentimento, de catro veciños d'Ogrobe en candidaturas de Euskadi nas pasadas eleccións municipais. Debemos recordar que o Xulgado de Cambados está instruindo unha causa onde se investiga a posible comisión de delitos de falsedade documental ou delitos electorais.

Pois xa temos aí a primeira na fronte para o PP local e provincial. Agardo que sexa só a primeira pois a min o tema este paréceme bastante máis grave do que semella ser para algúns membros do PP e medios de comunicación afíns. Estamos falando de incluir en listas electorais a persoas sen o seu consentimento para poder enchela. Non sei eu como vai solucionar o tema a xustiza pero sigo a esperar que alguén do PP local e provincial asuma as súas responsabilidades nunha causa onde se está falando de delitos electorais e falsedade documental. Todo isto obviando xa que esta resolución da APD multa ao PP polo manexo e obtención dos datos persoais sen o permiso dos veciños implicados.

Non confío demasiado en que alguén do PP asuma responsabilidades e non o fago porque as declaracións de membros do PP que temos lido sobre o tema van máis no sentido de agacharse ata que todo pase e en botarlle a culpa a alguén. Xa temos falado moito deste tema e a verdade é que non sei que máis se pode dicir, só deixar unha pregunta: Son susceptibles estas listas, construídas de forma fraudulenta, susceptibles de ser anuladas ou con outra multiña, esta posta pola xuiz, xa amañamos todo?

2 comentários:

Anónimo disse...

A bo seguro que os verdadeiros responsables de todo este entramado seguirán mirando cara outro lado e botando as culpas a unha cabeza de turco que acabará comendo todo o marrón. E se non, ao tempo.

Anónimo disse...

o lamentable e que o governo manteña como responsable de proteccion civil a tipa que falsificou as firmas