quarta-feira, 17 de outubro de 2007

Os "neotolerantes", Josep Lluis e un servidor




Olas a tod@s:
Onte quedaron retratados no programa "Tengo una pregunta para usted" moitos destes "tolerantes" que cada vez abundan máis por estes lares. Son "tolerantes" porque entenden a "tolerancia" como o que se ten respecto doutra persoa sempre que esta non cuestione ningunha das cousas que eles entenden como inamovibles, xa que se se cuestiona algún destes principios " sacros e inamovibles" entón acabouse a tolerancia, o respeto e a educación. Seguro que moitos vistes o circo que lle montaron a Carod Rovira. Ningún dos outros políticos foi denominado polo seu nome, este honor correspondeulle a Carod que foi chamado Jose Luis dúas veces. Todo isto despois de que el dixera que o seu nome era Josep Lluis non José Luis. Pero ademais a "excusa" das dúas persoas foi que non sabían catalán ( unha incluso dixo que nin ganas tiña de saber). Pois ben esta é a actitude destes novos "tolerantes": o catalán, o galego ou o euskera están ben pero sempre que non se queiran comparar ao " único e verdadeiro vehiculo de expresión", o español. Por iso hai todas esas protestas coas leis de normalización linguística e todas esas caralladas de que o español está en perigo en Galiza ou en Catalunya. Porque resulta que a ver por que un profesor ten que saber galego en Galiza, que é discriminatorio e non se sabe que tonterías máis. Da igual que o galego sexa unha lingua en pé de igualdade, a propia de Galiza ou que sexa cooficial, que os estudantes teñan o dereito a ser examinados en galego ou que sexa unha obriga normal coñecer a lingua dos lugares onde un exerce. Queredes saber a causa? Esta é simple para todos estes "neotolerantes" o galego, catalán ou euskera non son linguas iguais a calquera outra, son linguas que están ben pero mentres sexa para falar na casa ou de tapadiño pero nada de que sexan iguais ao español porque estamos en España e aquí o que hai que saber é o español. Por iso o que importa é o español e o inglés ( como se falar galego ou calquera outra lingua impedira o coñecemento de máis delas) e o demais son tonterías. Pero o problema non é xa só que estes "neotolerantes" crezan cada día ou que sairan onte na tve senón que moitos asistirían nas súas casas con ledicia vendo como estes individuos eran maleducados asentindo e sendo felices por " dejarle las cosas claras al catalán ese" e polo tanto facendo da incultura bandeira española. Porque ao final é eso, o que hai é moita incultura e moito tonto que se cre que que o galego e a nosa identidade cultural é unha cousa de risa, unha cousa boa para comer empanada nunha festa pero en ningún caso unha cultura e unha lingua en pé de igualdade coa española.
Pero non vos preocupedes, eles son tolerantes; abren blogs onde só poden falar eles e denuncian aos que lles molestan, permiten que falemos en galego pero sempre sen tentar compararnos, permiten que sexamos nacionalistas sempre que non cuestionemos para nada a súa idea de España, permiten que teñamos deputados pero eso si nin se nos ocurra falar da constitución que esa foille dada a Moisés no monte Sinaí e ate que volva dar outra non hai máis que falar, mesmo podemos facer referendums pola UE ou a OTAN ( e mesmo repetilos ou obviar os resultados se non lles gustan) pero se se nos ocurre preguntar algo que perturbe al Imperio entón pódennos mandar o exército e suspendernos a autonomía. Pois iso que hai moita tolerancia e moita tolerancia, pero de merda.
A min permitídeme decilo mentres me deixen porque igual o que fai falta e deixarse de tanto politicamente correcto e outras lerias e dicir as cousas claras; o que aquí hai é moito indeseable que añora outras épocas onde eles facían e desfacían sen que ninguén pudera dicir nada; moito indeseable que o que pasa é que non soporta a idea de que en realidade o Imperio hai tempo que acabou, que os Austrias xa foron alá hai tempo, os reis católicos tamén e que non hai Imperio ningún. Tamén molesta que haxa xente nacionalista porque iso vai en contra da sacrosanta idea de España, que xente coma nós poida escribir aquí o que queira e que poida presentarse a unhas eleccións e que haxa quen nos vote.
Pois iso que eu xa estou cansado de tanta " tolerancia", o meu nome decidoo eu e non os tolerantes, a miña ideoloxía tamén, a lingua que falo desde logo e podo querer ser republicano, independentista, partidario da autodeterminación, comunista e o que me saia de dentro. ¿Sabedes por que? Porque hai tempo que hai liberdade, porque quero que sexa así e porqué ningún tolerante me vai dicir como me chamo ou que podo dicir ou non porque simplesmente os podo mandar ao carallo.

22 comentários:

Anónimo disse...

Eu non quero que me toleren, quero que me respeten. E se non me respetan teño o santo dereito a defenderme, a utilizar calquera medio para ser respetado, o que en dereito é lexítimo. Que se toleren entre eles, que xa lles chega. A nós que nos repeten. Non somos todos iguais, non seremos mellores, nin peores,pero sí somos diferentes. Eu son diferente dun español de Murcia, e síntome identificado cun galego de Muros, sí precisamente de Muros, coma o capitán que non era galego, seica, sendo de Muros.

Panaide disse...

E a tipiña queda tan pancha dicindo "no tengo ningún interés por aprender el catalán"..Manda carallo,pero para falar de "radicalismos",de que "hay que mandarlos a todos a la hoguera por barbaros",ahí sí que se lle enche a boca de babas de gusto, por poder expresar o que en realidade pensa "Si por mi fuese os pegaba un tiro a todolos nacionalistas y acababa con la rabia y el perro que amenaza nuestra Grande y Libre Espaaaaña"..
E despois dirán que os que non toleramos a estes "españolitos" somos nós..Agora está de moda escoitar por certos lugares..."Si no quieren ser españoles que se vallan de España"...E digo eu...QUE CARALLO É ESPAÑA???

Anónimo disse...

Se tan tolerantes sodes como é que lle ides a subir o sueldo precisamente ao facha máis palanquín de todo o axuntamento sen ter en conta a opinión dos traballadores e dos sindicatos?

Escévola disse...

Pois ainda é mellor o artigo de Fernando Ónega hoxe na Voz, toda unha oda á incultura: " La verdad es que al líder de Esquerra Republicana no le falta razón: quienes no somos catalanes aprendemos a pronunciar los nombres y apellidos más raros del mundo, pero no sabemos pronunciar el de tan ilustre político. A decir «Josep» llegamos bastante bien, porque nos hemos acostumbrado a llamar así a Piqué y quizá haya algún futbolista del Barça con ese nombre. Pero pronunciar a continuación «Lluís», con elle, es una prueba que no la superan bien ni los mejores locutores." .
Fóra da ofensa gratuita que supón o de "ilustre político", se un que aspira a ser locutor non é capaz de pronunciar Josep Lluis creo que ten un problema ou que se equivocou de profesión. Digo eu que non é ningunha cousa de dificil pronunciación pois está en catalán, que é unha lingua romance, non en chino, finlandés ou bantú, por citar outras linguas moi alonxadas da nosa. Se pronunciar unha elle e tan sumamente complicado para certas persoas non me extraña nada que haxa tan pouca xente que manexe o inglés despois de tantos anos estudiandoo. Pois iso, outra mostra de incultura máis de xente á que se lle supón algunha.

Anónimo disse...

O Grove celebra o certame de Habaneiras

Fin de semana musical no cine
O Mariño

A canción coral celebra neste ano 2007, o quinto aniversario do Certame Coral de Habaneiras do Concello de O Grove. Un festival tradicionalmente realizado nos toldos da Festa do Marisco, que nesta edición muda o seu espazo para o recuperado Cine O Mariño, a todas luces mais axeitado para a celebración dun evento cultural destas características. A organización deste certame pasou a ser competencia da Concellería de Cultura que xestiona Antón Mascato.

Na presente edición o certame desenvólvese o sábado, día 20, e o domingo, día 21, de outubro, dúas xornadas distintas, coa mesma hora de inicio dos concertos: as 20 horas da tarde no que cada unha das corais participantes interpreta catro pezas, das que tres son habaneras e unha de libre escolla.

A elevada participación das corais na presente edición do Certame é resultado da selección de entre unhas sesenta maquetas presentadas, o que obrigou a un enorme esforzo de escolla entre as corais candidatas. Sen dúbida unha resposta tan elevada responde ao crecente prestixio que vai gañando este evento, entre os afeccionados e entre os profesionais do canto coral de diferentes lugares de Galicia. Máis de cincocentas persoas pasarán pola bancada do Cine O Mariño para debullar coas súas voces esas harmonías que traen ata O Grove sabores caribeños, e exquisitos rexistros melómanos.

Ten O Grove dous referentes nídios no relativo ao canto Coral, a Polifónica da Confraría de San Martiño, que dirixe Xosefa Dourado; e a Coral Boca da Ría, de San Vicente. Se ben nesta oportunidade tamén se contará coa actuación do Coro infantil da primeira delas.
A entrada é libre ata completar o aforo.

Os coros que participan nesta quinta edición do Certame son:

Sábado 20:
Coro infantil da Confraría de San Martiño, O Grove
Polifónica Coruñesa Canticorum, A Coruña
Coral Polifónica O Piñeiral, Redondela
Coro da Sociedade Cultural A Traíña, Cariño
Coral Polifónica Lembranzas da Terra, Valdoviño
Coro de Cámara do Clube Artístico, Ribadavia
Coral Boca da Ría de San Vicente, O Grove.

Domingo 21
Coral Polifónica Voces e Cordas, Barbadás.
Coral Polifónica Airiños, Campañó
Coral Polifónica Harmonía, Ferrol
Coral Polifónica Pazo de Oca, A Estrada
Coral Polifónica María Auxiliadora, Vigo
Coral Polifónica da Confraría San Martiño, O Grove.

Anónimo disse...

Costóunos moito traballo ter un cambio político no Concello do Grove, poñer dacordo a catro forzas diferentes, con nove persoas tamén moi distintas entre elas foi un traballo no que pouca xente acreditaba... é de esperar que a xente que vota esquerda non participe deste bombardeo propio da dereita do Partido Poular. Sentidiño que faltan catro anos, e equivocacións vai haber moitas, pero segruro que cousas moi ben feitas haberá moitas máis. Calma camaradas e respeto polo dereito a equivocarse, sexa quen sexa dos nove que gobernan. E apoio con crítica construtiva, limpa e clara. A ética da esquerda non pode pasar por menos.

Anónimo disse...

Costóunos moito traballo ter un cambio político no Concello do Grove, poñer dacordo a catro forzas diferentes, con nove persoas tamén moi distintas entre elas foi un traballo no que pouca xente acreditaba... é de esperar que a xente que vota esquerda non participe deste bombardeo propio da dereita do Partido Poular. Sentidiño que faltan catro anos, e equivocacións vai haber moitas, pero segruro que cousas moi ben feitas haberá moitas máis. Calma camaradas e respeto polo dereito a equivocarse, sexa quen sexa dos nove que gobernan. E apoio con crítica construtiva, limpa e clara. A ética da esquerda non pode pasar por menos.

Anónimo disse...

Só quero enfatizar que en España hai moita incultura, e iso non é o peor. O máis triste é que haxa tanta e tanta xente orgullosa de ser inculta...
Aprender e falar linguas diferentes nos enriquece como persoas, ademáis de abrirnos moitas portas no mundo. Por pequena ou minoritaria que nos pareza unha lingua sempre nos enriquece o seu coñecemento... porque o coñecemento e o saber nos fan cidadáns críticos e libres... e iso non ten prezo.
Isto pénsoo eu, pero está visto que hai moitas persoas que non van sair na vida, nin queren, de Valladolid. Unha mágoa.

Anónimo disse...

Caramba Antón, para ser un certamen creado polo PP moito presumes del. Vas a mudalo nun novo acto da memoria histórica?

Panaide disse...

Sentidiño é humildade é o que lle falta a moita xentiña do PP se en Madrid ainda non se fixeron a idea despois de 4 anos de que perderon as eleccións,que esperades dos politicuchos e simpatizantes do PP no noso concello que ainda non asimilaron nin queren facelo que PERDERON AS ELECCIÓNS.
O cuatripartito seguro que fará tamén cousas malas xa que o fin e o cabo son todos humanos,pero eles teñen o handicap de ser catro partidos a poñerse dacordo en todalas decisións que lle afecten ó noso pobo...(que conste que eu tampouco estou dacordo coa suposta subida de soldo dese noso representante da lei).
Pero digo eu...Que excusa podedes poñer na mesa vós votantes do PP,para argumentar todalas "ladronadas" que fixechedes e deixachedes facer en 8 anos de goberno sendo un só partido no poder???.

Humildade e sentidiño señores...

Anónimo disse...

NON Á SUBIDA DO SOLDO DO DE AZUL
NON ÁS CHULERÍAS DO CONCELLAL DE SEGURIDADE
NON ÁS CACICADAS DO CONCELLAL DE CULTURA
XAN ESPABILA HOME, QUE ENTRE ESES DOUS ESTANSE A RIR DE TI.

Anónimo disse...

Juanito Lamelas dimite, por inútil e por andar a poñer en riesjo o cuatripartito no que están de ti hasta as orellas.

Anónimo disse...

Raúl Caneda, Diana Otero, Carballo junior, Xandre Aguín, Fernando Meis, Marina Acosadora... vaia orquesta de mariachis que se move na dereita dura deste noso pueblo, merecemos otra cousa menos grimosa e mais demórata

Anónimo disse...

jaro

Anónimo disse...

Xan non é o que ten que dimitir senon os dous que andan a facer das súas sen consultarlle a ninguén

Anónimo disse...

Lamelas, Cantinflas, Charló, Xan das Bolas, Chuiquito de la Calzada, todos son pa descojonarse deles,jajaja

Anónimo disse...

Amigo Escébola: Non é que a liberdade de expresión teña un problema, son as "persoas" as que amparándose nunha falsa concepción da mesma empregan incívica e educacionalmente o todo vale para arremeter contra todo o que se move, sen siquera pararse a reflexionar sobre as súas consecuencias. Antes o grito era Liberdade, liberdade cantos crimes se cometen (cometeron) no teu nome, agora só temos que engadirlle á liberdade o termo expresión.
Eu tampouco quero que me toleren, quero que me respecten na mesma condición de igualdade coa que eu os respecto a eles, e sen igualdade non hai xustiza.

Anónimo disse...

Os que escribimos malamente mecanografía as veces cometemos o erro de por o b na vez do v. Vai por Escévola.

Anónimo disse...

http://osabaixoasinantesdin.blogspot.com/

novo blog para o grove e zonas limitrofes.

xa podedes enchelo de comentarios.

Anónimo disse...

Kkbelos eres un dictador que está baixo o mando da canouro e do mascato pronto, moi pronto estarás onde te mereces xunto cos teus secuaces

Anónimo disse...

Que alguen me explique como sendo un o dictador pode estar baixo o mando doutros que non son dictadores?. Desde logo é un auténtico contrasentido afirmar tal cousa.
Podo casi facer unha premonición, que os secuaces de Cacabelos e Cacabelos van sobir nas próximas eleccións e vai ser novamente Alcalde.

Anónimo disse...

Os do goberno teñen a
obligación de sanear as alcantarillas, dependencias e aledaños do Concello. Onde cheira moi mal. E facer unha campaña de desratización, porque hai niños delas en varios departamentos.
Mentras non afronten seriamente o problema da sanidade interna, que afecta ao cadro de personal cunha saúde moi deteriorada por anos de padecemento, non poderán avanzar na saúde pública da vida municipal. O problema de non facer as curas a tempo é a gangrena, que
en pouco tempo acaba por devorar todo o resto, a parte sana, que é moita. E falo de ratas, e malos cheiros, e ambiente insalubre
e contaminado. En absoluto de Alfonsos, Yovanas, Carballas, Figueiros, Marinas, Casales, Molinos e outros exemplares funcionarios municipais, gracias aos que todo continua tal e como o encontraron os que ocupan os cargos de goberno.