quinta-feira, 22 de novembro de 2007

O raposo para coidar as galiñas ( somos do que non hai)


Olas a tod@s:
Levo eu uns días abraiado con algunhas das cousas que vexo na prensa, escoito por aí ou me conta alguén. Ultimamente xa non sei se son eu parvo, se me queren facer ou se resulta que, en realidade, hai uns señores moi listos que pensan que os demais somos parvos ( debo dicir que me inclino por esta última opción). Resulta que desde hai uns días hai uns señores que andan demandando un novo PXOM para xa. Esto non é raro pois é obvio que a situación que se ten xerado na vila no tema do urbanismo non é do agrado de ninguén, pero claro resulta que un mira as fotos dalgún dos pro-PXOM ( vaia tamén se pode dicir coas siglas PP, que cousa curiosa) e entón xa vai entendendo algo máis do asunto. Ademais resulta que A Meca di que esta plataforma se podería adherir a ese Consello local de urbanismo xunto con outros profesionais do sector inmobiliario. Esto paréceme a min que se pode denominar " pór aos raposos a coidar do galiñeiro", non digo eu que os profesionais non teñan que opinar sobre urbanismo pero si que opino que o deben facer na mesma medida que calquera outro veciño pois o urbanismo, como tantas outras cousas, é un asunto de todos. O que pasa é que, claro, se consultamos sobre onde se pode construir a todos os que viven de construir o resultado pode ser ,cando menos, malo. Por esta mesma razón non se lle dá poder ás victimas dun delito de pór as penas aos culpables porque senón ainda viviriamos baixo o tan coñecido "ollo por ollo".
Xa hai tempo se me acusou de crer que o mundo inmobiliario era unha mafia por outro artigo neste blog e sei que corro perigo de que se me volva dicir o mesmo tras este. A verdade é que non creo que todos os constructores sexan uns mafiosos pero si que creo que o mundo inmobiliario agochou tras de si numerosos fraudes, estafas, roubos e "ladronadas" varias. Parece ser que ultimamente numerosas noticias me están dando a razón pero iso non é porque sexa unha caste de Oráculo de Delfos senón porque todo o mundo sabe do diñeiro negro que se move no mundo inmobiliario.
Pois ben, ¿son a algúns personaxes de dubidosa valía que vemos nas xuntanzas desa plataforma aos que lle debemos facer caso no tema este do urbanismo?, ¿ son eses que cren que non hai mellor chan que o urbanizable os que teñen que decidir onde se construe ou non, para logo facer cartos construindo nos mesmos lugares que aconsellen urbanizar os que teñen que decidir como vai ser a nosa futura paisaxe?. Coido que non e agardo non ser o único.
Pero claro todos estes movementos tamén inducen a outra reflexión, o PP ( esta vez refírome ao partido) organiza os seus recursos para facer oposición trás deixar atrás (polo momento) os escandalos das listas sen ningunha dimisión. O que pasa é que, claro, vai ser complicado que movan auga neste tema aqueles aos que a Garda civil lles entrou no concello polo urbanismo. ¿Ou non?
De todas maneiras moitas das organizacións empresariais mecas tamén son partidarias do deixar facer e dun urbanismo e dun turismo do século XIX ou XX pero non do XXI. Digo esto porque as peticións son campos de golf, portos deportivos e asfalto e máis asfalto. Eu estou cansado de que no nome do Deus Turismo se permita facer calquera barbarie urbanística porque levamos moitos anos así. Pero claro moitos destes profetas non teñen nin idea dos cambios que se están a producir no sector. Resulta que cada vez son máis as persoas e organizacións que apostan por un turismo máis relacionado coa natureza e fuxindo dos modelos de sol e praia. Isto é así porque resulta complicado competir niso con outros lugares do Estado pero tamén porque a xente xa busca algo máis nas súas vacacións. Ademais tamén resulta que o turismo español está perdendo "clientes" por mor da competencia de Túnez e sobre todo Croacia que se están convertendo en verdadeiras potencias turísticas do sol e praia. Esto non o digo eu, é un informe da UE e é a opinión de moitos xeógrafos e economistas especializados no turismo.
Pero nos tranquilos, que aínda con tanto raposo algo no galiñeiro quedará, ¿Ou non?

10 comentários:

Panaide disse...

Toc Toc...
-"¿Quen é..?"
-"Soy el que le va a decir como,donde y cuando puede usted construir su vivienda corderito.."
-"A ver..mete a patiña por debaixo da porta...Cantas garras tes meu amigo lobo".

Este conto está baseado nun feito real,todo parecido coa ralidade é certo...E si non,tempo ao tempo ;)

Un visionario....

Anónimo disse...

Adicado ao autor do Blog do Xarabal

Antón Mascato!!!

No sexas tan cobarde e alo menos identifícate como tal. Non vaias tirando a pedra e econdendo a man. Da á cara, non sexas tan POUCO home, e menos con unha muller. Ou dúas.
¿Non serás un pouco misóxino?.
O que tes que facer, filliño é gobernar e traer cultura e actos culturais para O Grove, non desenterrar mortos e perseguir á xente coa túa bravuconería.
Caes moi baixo actuando así con éstas rapazas, pero non te preocupes, o tempo te pora no teu sitio. E o pobo de Grove tamén.
Disfruta o que che queda de vida no goberno; DICTADOR.

Anónimo disse...

Publicado en Todogrove
Fonte: Ministerio de Cultura
http://www.mcu.es/libro/docs/MC/PFL/Premiados2007.pdf

La Biblioteca Municipal de O Grove premiada en el María Moliner
sábado, 24 de noviembre de 2007
La Biblioteca Pública Municipal de O Grove fue una de las 350 premiadas de toda España por su proyecto de dinamización lectora: "La lectura en la Programación Cultural". Las 350 bibliotecas premiadas reciben lotes bibliográficos compuestos por 200 libros infantiles y juveniles.

Anónimo disse...

Co tema do urbanismo e do PXOM, moito me temo (moi o meu pesar) que imos a asistir a mais de un desencontro dentro do goberno municipal. Agardo ferventemente que a cousa non pase de desacordos puntuais e que o barco (PXOM) poida chegar a bo porto.
De todolos xeitos, vendo os "peixes" que xa se emepezan a mover o redor, os intereses que se crean o redor do urbanismo e as actitudes de algun partido hoxe gobernante, me parece que o unico que nos pode salvar nesta batalla, e de que dunha vez por todas o fiscal e o xuiz encargado dos delictos urbanisticos actúe.

Anónimo disse...

A verdade Escévola é que me acabo de levar unha desagradable sorpresa. Como é posible que te dediques a criticar o bo facer dun concelleiro desta vila que ten a coraxe suficiente para defender as súas conviccións e predicar co exemplo?. A pesar da súa xuventude está a demostrar que é unha persoa digna de admirar e, que si tivera un pouquiño máis de autonomía (como a que vos deron aos do voso partido) o Concello funcionaría moitísimo mellor.
Cando ides a entender que non se trata de perseguir e acosar aos traballadores? Eles están ahí para cumprir co seu traballo. Trátase de dialogar con eles, de saber cales son as necesidades do servizo no que traballan e de aproveitar a súa experiencia e as novas ideas para intentar mellorar.
A educación, a cultura, o deporte, a economía... non son de ezquerdas nin de dereitas senon de tódalas persoas.
Precisamente os traballadores máis perseguidos neses concellos que ti dis son as persoas con mellor formación e iniciativa, precisamente por iso os seus superiores se queren desfacer deles: porque teñen medo de non estar á súa altura e de que lle fagan sombra.
Eso amosa a ignorancia dalgúns que non son quen de entender que os funcionarios traballan pero os que levan os galóns e saen ne prensa son os políticos. Deste xeito todos saen beneficiados: o político gaña prestixio, o funcionario traballa a gusto e produce máis e os que saen máis beneficiados son os cidadáns.

Escévola disse...

Para o anónimo da 1:14:
Home eu o que creo é que non se debe confundir a esquerda co papanatismo.Claro que non se debe acosar aos traballadores e que o diálogo debe ser a primeira opción, pero para que iso ocurra os traballadores deben ser iso, traballadores e aí está o problema ao meu ver. Algúns dos traballadores do noso concello nin son compententes nin realizan o seu traballo da forma debida, algúns incluso teño dúbidas de que estén capacitados para desenvolver o seu traballo. Logo que se debe facer? Home creo eu que haberá que esixirlles que realicen o seu traballo e débeo facer o conselleiro de persoal que para iso é "de persoal". Mal imos se empezamos confundindo "esquerda" coa non esixencia de traballo e responsabilidade aos funcionarios, e peor continúamos se confundimos esa lexítima esixencia con envexas e rencores.
Este problema cos funcionarios xa o viu tempo antes Marina e outros moitos neste blog cando nas eleccións e durante as negociacións do pacto xa se dicía que moitos funcionarios ían seguir " a sueldo de su amo", que ao fin foi o que meteu a moitos aí.
Con isto non quero dicir que un funcionario non poida ser militante de calesquera ideoloxía, só que ten que reunir os coñecementos necesarios para realizar o seu traballo e desenvolvelo da mellor maneira e así si que os usuarios dun servizo estaríamos satisfeitos.

Anónimo disse...

Para María-Marina-Malina
e para os que acusan os políticos de acoso laboral desirlle que cando como traballadora do Concello che poñen un horario acorde co servisio no que traballas, e pos todos os impedimentos para faselo estás fóra da lei, nese caso eres tí quen terás que responder dos teus actos no conflicto laboral que provocas coa túa maldade. E si aínda por riba falsificaste o teu título para poder ter mais puntuación e que te escollera o teu lider, naquel concurso con trampa, ex alcalde por obra y gracia de xente como tí, pois xa sabes o que che queda. Sigue, sigue, Marinita Malina que xa todo mundo sabe o boa que eres. Tan boa que lle axudas moitísimo ao probe teu hirmán, ¿verdá? Queres que contemos eso ¿tamén?
Pois sigue facendo jatadas.
No jrobe conosémonos todos.

Anónimo disse...

PERFIL DE ACOSADOR

EVIDENCIAR FALTA DE ÉTICA

El hecho de "deber" algo a quien nunca se podrá saldar la deuda crea mugre moral, despechos, malestares metafísicos, y un empeño desesperado de borrar como sea la parte noble del acreedor



Poner de manifiesto arbitrariedades (pertenecer a un equipo de trabajo y no dar golpe) .

Evidenciar faltas de ética o de moral ( escuchar comentarios como "podemos hacer mucho daño" , verbalizados con aire de satisfacción).

Ver injusticias.

Descubrir prácticas erróneas o corruptas.

Al final del proceso de mobbing, el acosador puede conseguir eliminar la buena opinión moral o ética que tiene la víctima de sí misma y hacer que desarrolle un sentido ético negativo.

El objetivo es que la víctima de acoso psicológico pase de la aceptación de la responsabilidad por errores "supuestamente cometidos" , a la verguenza de reconocer y aceptar que el "error es ella misma". La modificación de la autoatribución ética de la víctima supone el triunfo final del acosador , que termina por convertir en "una mala persona" a quien con anterioridad al mobbing se sentía "una buena persona". Consigue el acosador igualar a la víctima por abajo con su propia naturaleza amoral y antiética.

La ausencia de criterio moral interno del acosador explica que éstos vivan "en" y "del" fraude continuado, en una especie de doble moral. Su capacidad de mentir y calumniar , puesta al servicio del mobbing , resulta temible. Ante esta capacidad para el mal, las víctimas suelen quedar paralizadas.

El acosador tiene gran capacidad para la impostura y la mentira y suelen fingir ser personas éticas, cívicas, preocupadas por la calidad del trabajo, por los valores humanos, etc.. con ello buscan unas características que les brinde la confianza de los demás.

También son incapaces de manifestar emociones y, en especial, de sentir pena o vergüenza por sus actos. Por eso nunca se arrepienten de sus actos ni piden perdón.

El acosador narcisista se comporta en la organización sin respeto a los límites de la autoridad que se le ha conferido, sobrepasando frecuentemente las atribuciones de su cargo y explotando para su exclusivo beneficio personal a las personas que dependen de él.

El narcisista no se considera obligado por las normas que rigen para todos y se caracteriza por saltarse las reglas cuando le conviene. No presenta por ello sentido alguno de culpabilidad. Se limita a un cumplimiento formal y literal de las mismas , de modo que externamente parezca que las cumple, aunque viole de manera flagrante el sentido más profundo o espíritu de esas disposiciones legales o reglamentarias.

Es incapaz de manifestar emociones genuinas. las emociones que le invaden más habitualmente son el resentimiento y la ira cuando los demás no reconocen inmediatamente su inmensa valía o su categoria social o personal. En estos casos manifiesta violentos deseos de venganza y destrucción contra quienes han atentado contra su débil "yo".

En el acosador existe una demostración de una doble moral: se quejan de la forma en que le tratan los demás , pero ofrecen a otros ese mismo trato. Tienen incapacidad para ver y asumir los efectos de su propia conducta en los demás. No están preparados para ayudar a los demás, pero siempre esperan que los demás les ayuden.

Hay un abuso de la posición privilegiada para acosar al otro. Aunque a menudo creen actuar como verdugos, en nombre de la justicia.

Pueden ser muy hábiles para crear las relaciones sociales que les interesen, pero tienen problemas para entablar lazos afectivos auténticos.

(Compendio elaborado por M. Parés - Nov 04)
acosomoral.org
www.forosdelmobbing.info

Anónimo disse...

Día: venres 7

Hora: 22.00 horas

Lugar: Cine O Mariño. O Grove

Cinemas dixitais chega ao seu ecuador co pase de Jalisco


No cine O Mariño do Grove

A produción cinematográfica Jalisco, da produtora Saga, é o film que marca o paso do ecuador do ciclo de Cinema dixital que ven organizando a concellería de Cultura do Concello do Grove. Como todas as anteriores, será o venres, ás dez da noite, no cine O Mariño.

Jalisco é unha excelente obra para comprender os vencellos que a literatura e o cine manteñen dende que os irmáns Lumiere descubriron a posibilidade de animar fotografías e secuencialas para contar historias. Neste caso nárrase a confluencia dun escritor mexicano que ven a Galicia para descubrir a autoría dun asesinato, para o que se

axuda dos coñecementos dun xove xornalista galego, e dunha amiga súa, funcionaria. Tratan de saber se se trata dun crime pasional, ou dunha montaxe interesada.

O film dirixido por Jorge Valcárcel no ano 2001, ten entre os seus principias protagonistas a algúns dos mellores actores e actrices da actual escena galega: como Xavier Deive, Santo Prego, ou Maika Aguado.

Anónimo disse...

Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!