sexta-feira, 14 de dezembro de 2007

Absolven a Dionisio Pereira


Olas a tod@s:
Pois si, o xulgado da Estrada absolveu a Dionisio Pereira das denuncias presentadas pola familia dun alcalde franquista. Segundo o tribunal o traballo do historiador estaba debidamente documentado. Debo dicir que esta é unha nova que me enche de satisfacción xa que a soa idea dunha condena era pouco menos que un escándalo e un fraude.
Quería tamén dicir que xa me parece bastante escandaloso que se admitan a trámite denuncias parecidas e pregúntome quen vai reparar a honra e o prestixio dun historiador ao que se pretendía xulgar polo simple feito de facer aquelo para o que se formou, escribir historia.
Nas xornadas que se celebraron na nosa vila nunha das mesas tratouse este tema. Alí algunha xente expuxo que os familiares dos represores e verdugos debían ter todo o dereito a acudir á xustiza como calquera outro cidadán e facendo así gala dos dereitos democráticos que os seus familiares non concederon aos represaliados durante o franquismo; viñan dicir que se trataría dunha expresión da "grandeza da democracia". Teño que dicir que non estou eu tan seguro, que poidan acudir paréceme normal outra cousa é que se chegue a xulgar. O xuiz de Cambados dicía nesa mesma charla que os xuíces debían comprobar a fiabilidade dos datos e se a obra en cuestión se axustaba a unha metodoloxía histórica. Eu quedeime coas ganas de preguntar pero tiña que irme e non puiden. A miña pregunta era: ¿ e que capacidade ten un xuiz para xulgar sobre a fiabilidade dun traballo histórico ou de se este se axusta ao método histórico ( tamén cabería preguntar que tipo de escolas ou paradigmas historiográficos serían os permitidos)?. A pregunta non é unha tontería, os xuíces non teñen os coñecementos nin as ferramentas necesarias para xulgar un traballo histórico xa que non son historiadores. ¿Como se pode confrontar dereito e historia sendo dúas ciencias diferentes que pertencen ambas ás denominadas ciencias humanas ou sociais, e que polo tanto non teñen nin a fiabilidade das matemáticas nin as súas teorías poden ser demostradas sen querer dicir isto que non teñan a súa base?. Obviamente a historia é unha construcción do pasado desde o presente, esta construcción faina o historiador manexando datos e elaborando teorías pero claro isto non é física e é imposible aportar o tipo de probas que se poden esixir cando falamos dun roubo ou doutro delicto. Vou pór un exemplo: ¿houbo celtas en Galiza? Esta cuestión é probablemente un dos debates máis importantes na historia galega e as conclusións son diferentes e contradictorias dependendo do autor, fontes empregadas, puntos de partida, etc... . ¿Quere isto dicir que esas obras non sexan históricas ou que non estén correctamente baseadas, en resume, que sexan mentira?. Obviamente non, son diferentes visións dun mesmo problema con respostas diferentes pero argumentadas, argumentacións que deben xulgar a comunidade de historiadores e non un xuíz, o mesmo que teorias físicas como a Teoría de Cordas son xulgadas polos físicos e non por xuices que non teñen os coñecementos precisos.
Fora de todas estas reflexións miñas quero saliantar que tamén é curioso que se salvagarde tanto a liberdade de expresión e de creación de toda a tomatada e telemerda que hai por aí e se teña tanto reparo coa de certos historiadores. Quero ver eu se van xulgar ou prohibir o programa do Losantos por insultar a Zapatero, chamarlle terrorista a Carod e todas as cousas que fai pola mañá. A resposta é non, o mesmo que non se xulgou a ninguén por queimar fotos de Carod e de Ibarretxe pero si aos que queimaron as do rei. Iso si a xustiza é igual para todos e vivimos nun estado de dereito onde o Constitucional é tan imparcial que xa sabe que vai votar cadaquén antes de que o faga, e entón hai que andar coas recusacións a voltas.
Liberdade de expresión e creación si, pero para a telemerda que ao final non molesta e de paso ata nos mantén entretidos; eso si, aos que poidan molestar xa se mirará.

16 comentários:

X.A.Ochoa disse...

Na miña intervención nas Xornadas do Grove intentei contestar a estas cuestión baseándome nunha extraordianria sentencia do Tribunal Constitucional que, ademáis, é na que se basan tódala sentencias que vai habendo. Imos a ver: o sistema xudicial está para resolver conflictos entre cidadáns. Por exemplo se se cai unha ponte non quere dicir que o xuíz saiba nin teña que saber cómo se fain unha ponte. Adique a miña intervención a esta cuestión e repartín entre os asistentes unha copia da sentencia: Un xuíz non pode entrar a coñecer se o que narra un historiador é certo ou non. Esa non é a cuestión porque un historiador pódese equivocar. Se un historiador chega a resultados erróneos na sua investigación non é culpable de nada se seguiu o método científico vixente para a ciencia da Historia. Porque a Historia é unha ciencia e, como tódalas ciencias, ten uns principios e unha metodoloxía científicas. Esa foi unha das conclusións das Xornadas de O Grove, amplamente difundidas entre os asistentes e en diversos medios de comunicación e, porqué non decilo, redactadas persoalmente por min. Quero dicir:ningún xuíz pode enxuiciar se as conclusións dun historiador son certas ou non, pero pode enxuiiciar se o seu comportamento foi o dun historiador ou se baixo o pretexto dunha investigación histórica se agacha unha simple calumnia. No asunto de Dionisio Pereira o prestixio del, a súa traxectoria personal, os seus coñecementos e publicacións avalan, xa por si solos, o seu traballo pero é que ademáis tiña fontes e datos históricos. Noraboa a Dionisio e, en realidade, á sociedade en xeral que, tamén por qué non dicilo, tamén está en débeda con el.

avogado da Opinión disse...

Carta aberta a Escévola

Os teus comentarios sobre @s traballador@s do Concello danme que pensar.
1º Ti tes acceso ao tipo de contrato deses traballadores?
2º Como coñeces o seu nivel de formación e coñecementos?
3º Podes demostrar que non teñen a formación axitada para o posto que ocupan?
4º En algún sitio consta que fixeches ese traballo para a USC e que fostes ao arquivo a pedir información?
5º Estás seguro de cal é o cometido e as tarefas que ten que desempeñar cada un deles?
6º Como sabes se as súas titulacións son falsas ou non. E, se o son, Por que non o denuncias?
Se realmente tes todos eses datos creo que o tes moi fácil para poder librarte deles, non si?
Ou o único que estás facendo é intentar desprestixialos ante a opinión pública?

Escévola disse...

Olas avogado:
Primeiro sei que a persoa a cargo do arquivo e da casa da cultura ten contrato de auxiliar administrativo. Seino porque as ofertas públicas de emprego son públicas e se poden consultar no boletín ou diario oficial correspondente e por fontes o suficientemente solventes e fora de toda dúbida.
Segundo, eu dixen que non teñen a formación acaíada porque así o considero pero iso non é algo imputable a eles senón a quen os contratou e o fixo baixo a forma de auxiliar administrativo. Considero que a persoa encargada dun arquivo municipal con documentos desde o s.XIX debe ter cando menos a diplomatura de biblioteconomía e documentación ou as especialidades universitarias en arquivística. Obviamente esa é a miña opinión pero digo eu que se se ofertan eses estudos será para poder aplicalos ao traballo de arquiveiro cando menos.
Respecto do traballo decirche que está no meu expediente académico, na miña ficha de Arquivística xeral e no departamento de paleografía e arquivística da Facultade de Historia,Xeografía e Historia da Arte da USC, agora ben ti verás se me cres ou non.
Por último nunca dixen que as súas titulacións fosen falsas nin nada polo estilo, só dixen que para min un auxiliar administrativo non é competente para realizar esas tarefas porque hai xente especializada neses temas. Ademáis se son arquiveiros con estudos acreditados nesa rama e teñen contrato de auxiliar administrativo digo eu que tamén hai un problema co tipo de contrato. Agora ben, a cuestión da capacidade ou non non é culpa deles senón da persoa que os contratou. Hai moitos exemplos disto que estou dicindo: moitos dos bens arqueolóxicos ou do patrimonio histórico están a cargo de persoas que non teñen coñecementos científicos históricos acreditados. Esto non é culpa deles senón de quen os contrata.
Outra cousa é a opinión que eu teña respecto da forma de tratar aos cidadáns e do traballo que realizan determinados funcionari@s do concello pero iso é, obviamente, a queixa dun cidadán (eu) respecto dos servizos que oferta o meu concello. Si me referín ao tipo de concurso-oposición que se empregou e aos baremos empregados que ao meu ver, como en tantos outros concursos municipais, adxudican a praza case que a dedo.
Por último, eu son responsable das cousas que digo non das que ti queiras pór na miña boca ( estilo titulacións falsas), se queres respostar aos meus comentarios non teño nada que obxectar, pero non me acuses do que non fixen ou dixen.
Rematando, critico os servizos municipais porque son claramente mellorables non porque teña ningún escuro interese en acabar coa carreira de ninguén e fagoo porque son cidadán e sintome capacitado para falar do meu concello. Se non che gusta podes dicilo pero non me acuses de texer complots e de falar de falsificacións que iso dos complots "judeo-masónicos-bolcheviques" e de conspiracións dende Moscú hai tempo que pasou.

avogado da opinión disse...

Escévola, recomendaríache que te informaras ben antes de desprestixiar a ninguén
Ti dis que as
ofertas de emprego son públicas, pois aquí tes da que falas a ver se recoñeces o teu erro
Como ves non é auxiliar administrativo senon ENCARGADO CASA DE CULTURA.


20 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 127 — Jueves 4 julio 2002

O GROVE
A N U N C I O
Aprobada por la comisión de gobierno las bases para la provisión de una plaza de encargado/a de la Casa de la Cultura, mediante el sistema de concurso oposición, se hace público el texto íntegro, para
así dar cumplimiento a las mismas:
BASES DEL PROCESO SELECTIVO DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL ENCARGADA DE LA CASA DE LA CULTURA
PRIMERA.—Objeto de la presente convocatoria es la provisión como personal laboral temporal, a
través de un contrato de interinidad, hasta el vencimiento
del plazo legalmente establecido para la
reincorporación de la trabajadora sustituida, de la
plaza de encargada de la casa de cultura del Concello
de O Grove.
SEGUNDA.—El sistema de selección de los aspirantes
será el concurso oposición. La fase de concurso
será previa a la de oposición y en ningún caso
tendrá carácter eliminatorio.
TERCERA.—La realización de las pruebas selectivas
se ajustará a lo dispuesto en las presentes
bases y en la legislación vigente, que está contenida
con carácter básico en el art. 19.1 de la LMRPF y
arts. 21.1 h), 34.1 h), 91.2 y 103 de la LRBRL; como
legislación autonómica de desarrollo arts. 1, 3 y 32
de la Ley 4/1988 de Función Pública de Galicia y
arts. 245.6, 249 y 250 de la Ley de Administración
Local de Galicia. Además, art. 10 de la Ley Orgánica
4/2000 de 11 de enero, sobre derechos y libertades
de los extranjeros en España y su integración
social, en su redacción por la Ley Orgánica, 8/2000
de 22 de diciembre.
CUARTA.—Para ser admitido a la realización de
estas pruebas los aspirantes deben cumplir los siguientes
requisitos:
a) Tener cumplidos los 18 años de edad.
b) No padecer enfermedad ni estar afectado por
limitación física o psíquica que sea incompatible
con el desempeño de las funciones.
c) No haber sido separado mediante expediente
disciplinario del servicio de cualquiera de las
administraciones púriblicas ni hallarse inhabilitado
para el ejercicio de funciones públicas.
d) Estar en posesión del título de bachiller superior.
e) Ser español, nacional de un estado miembro
de la Unión Europea o extranjero residente
en España (art. 10.2 de la Ley Orgánica de
Derechos y Libertades de los Extranjeros en
España).
QUINTA.—Las instancias solicitando tomar
parte en la convocatoria, en la que los aspirantes
deberán manifestar que reunen todas y cada una de
las condiciones exigidas, referidas siempre a la
fecha de expiración del plazo señalado para la presentación
de instancias se dirigirán al Alcalde y se
presentarán en el registro general del Ayuntamiento
en horas de oficina. El plazo será de 20 días hábiles
a partir del siguiente al de publicación de la
convocatoria en el B.O. de la provincia. Los derechos
de examen se fijan en 18 euros y serán satisfechos
por los aspirantes, adjuntando el resguardo de
pago a la instancia. Con la instancia se acompañarán
los documentos acreditativos de los méritos a
que se hace referencia en la base octava.
SEXTA.—Expirado el plazo de presentación de
instancias, el Alcalde dictará resolución en el plazo
máximo de 5 días naturales declarando aprobada
la lista de admitidos y excluidos. Esta resolución se
publicará en el B.O. de la provincia y en el tablón
de edictos del Ayuntamiento, en la misma se indicará
la causa de la exclusión y se concederá un
plazo de diez días para subsanación de defectos, en
su caso.
En la misma resolución el Alcalde determinará
el lugar y fecha de la constitución del tribunal calificador
y de su composión.
SÉPTIMA.—El tribunal calificador estará integrado
por los siguientes miembros:
Presidente, el de la Corporación o en quien delegue.
Secretario, el de la Corporación o funcionario en
quien delegue.
Vocales:
— Concejala delegada de cultura.
— Funcionario de carrera de igual o superior titulación
a la exigida para la provisión de la
plaza.
— Representante de la Comunidad Autónoma.
— Representante de los trabajadores.
— Un concejal en representación de los grupos
políticos.
OCTAVA.—El tribunal seleccionará los aspirantes
con arreglo a los siguientes criterios: En la fase
de concurso serán valorados los siguientes méritos:
a) Por títulos o certificados de estudios relacionados
con la tarea a desempeñar: máximo 5
puntos.
b) Por conocimiento y experiencia profesional
en puestos análogos desempeñados anteriormente:
máximo 5 puntos.
Los títulos y cursos se valorarán de acuerdo con
el siguiente baremo:
— Título de licenciado universitario: 2,5 puntos.
— Diplomatura universitaria: 1,5 puntos.
— Cursos homologados con un mínimo de 20
horas: 0,90 puntos.
La puntuación obtenida por títulos y cursos alcanzará
como máximo los anteriormente mencionados
5 puntos, que en ningún caso podrán superarse
por este concepto.
Se valorarán preferentemente los conocimientos
y experiencia en animación sociocultural, archivo
de documentación, manejo y confección de ficheros
y conocimiento de informática a nivel usuario.
Los aspirantes mantendrán una entrevista curricular,
basada única y exclusivamente en dialogar
el tribunal seleccionador con el concursante
sobre los méritos que este halla alegado y acreditado.
La fase de oposición consistirá en una prueba de
carácter práctico. Esta prueba de carácter práctico
tendrá dos partes, una primera consistirá en la elaboración
de un programa de actividades culturales
para un periodo de un año, la segunda consistirá en
una prueba de carácter práctico sobre el archivo de
la documentación ya existente en la Casa de la Cultura
del Concello de O Grove. Esta prueba de carácter
práctico tiene carácter obligatorio y eliminatorio.
Esta prueba se puntuará con un máximo de
25 puntos, siendo necesario conseguir 12,5 para superarla.
El número de puntos que puede otorgar
cada miembro del tribunal será de 0 a 25 y la calificación
será el cociente de dividir por el número de
miembros del tribunal la suma de los puntos. (Se
desechará la puntuación máxima y la mínima),
NOVENA.—El tribunal tiene la facultad de resolver
las dudas que surjan en la aplicación de las
bases y podrá tomar los acuerdos que correspondan
para aquellos supuestos no previstos en las bases.
DÉCIMA.—Terminada la calificación el tribunal
publicará la resolución indicando la persona seleccionada
que nunca podrá ser más de una, y elevará
al Alcalde la propuesta para que formule el nombramiento.
UNDÉCIMA.—La persona seleccionada presentará
dentro del plazo de 5 días naturales desde que se
haga pública la resolución los documentos acreditativos
de las condiciones exigidas para tomar
parte en el proceso selectivo, entre ellas:
a) Fotocopia compulsada del DNI.
b) Certificado de no padecer enfermedad o defecto
físico que impida el normal desempeño
de la función.
e) Declaración responsable de no haber sido separado
mediante procedimiento disciplinario
de ninguna administración pública ni hallarse
inhabilitado para el ejercicio de funciones
públicas.
DUODÉCIMA.—Concluído el proceso selectivo y
aportados los documentos a que se refiere la base
anterior el Alcalde procederá a la contratación de la persona que resulte seleccionada
O Grove, 11 de junio de 2002.—El Alcalde, Miguel
Ángel Pérez García

avogado da opinión disse...

Necesitas algunha convocatoria máis?
Ben, entón creo que o BOP é unha fonte o suficientemente fiable non si?
1º Creo que non debes de fiarte do que oias e, se realmente es un profesional, DOCUMENTARTE porque, como acabo de demostrarche, estás a desprestixiar aos traballadores tan só co fin de manipular a opinión pública.
2º Debo dicir que os empregados públicos non son personaxes públicas e, polo tanto, me parece denigrante que se fale continuamente deles nestes blogs.
3º Ti tivestes acceso aos currículos para saber se teñen formación ou non? Non creo porque esa información non é pública e, como supoño que saberás, os empregados teñen a obriga de gardar segredo profesional pero OS CONCELLEIROS tamén. E se hai filtracións non están cumprindo co seu deber e ese sería un feito denunciable .
4º Se realmente es historiador, nono seu e terei que fiarme do que ti dis, é de supoñer que antes de escudarte nun seudónimo para difamar e desprestixiar, terás que investigar e comprobar que as túas fontes son fiables

avogado da opinión disse...

"Ademáis se son arquiveiros con estudos acreditados nesa rama e teñen contrato de auxiliar administrativo digo eu que tamén hai un problema co tipo de contrato".

Ah, esquecíame seguro que moitos traballadores estarán encantados de que fales co equipo de goberno para que teña en conta esta suxestión porque asegúroche que moitos ían a subir de categoría e, consecuentemente, de sueldo.
Claro que isto non convén

Escévola disse...

Olas de novo:
Primeiro dicirche outra vez que non tento desprestixiar a ninguén senón expresar a miña opinión sobre servizos do meu concello. Quero deixar esto claro xa que voltas acusarme do mesmo e quero saliantar que din cumprida resposta as túas demandas e que podes escribir neste blog o que queiras, o cal, coincidirás comigo, non casa moi ben coas túas acusacións de desprestixio e de complots. Despois tamén me gustaría dicir que eres libre de crerme respecto do meu curriculum ou non, pero non creo que ser licenciado en historia sexa unha titulación tan valorada socialmente como para andar dicindo que son historiador sen selo.
Vexo que non volves falar de títulos falsos e agradézocho posto que verías que non me referira nunca a cousa semellante.
A convocatoria que me amosas creo que me dá a razón en bastantes cousas.
Imos ver: resulta que a titulación esixida para o posto é " título de bachiller superior" o cal non é na miña opinión a necesaria para ser encargada dun servizo municipal e moito menos do seu arquivo. Como dixen antes a titulación debía ser cando menos unha diplomatura. Despois resulta que dous cursos de 20h. dan a mesma puntuación que unha diplomatura universitaria como biblioteconomía que anda arredor dos 150 créditos (unhas 1500 horas) o que a min non me parece nin xusto nin acaído. Nos concursos oposición fora de dúbida como poden ser os de ensino un curso de 20h. non puntúa nada de nada, só o poño como exemplo. Cando me refería ao posto de aux.administrativo non facía referencia ao posto desempeñado senón á súa cualificación laboral que como podemos ver é de interinidade na escala salarial do grupo C (aux.administrativo), isto é asi por ser a titulación esixida o bacharelato.
Sigo decindo que dous cursos de vinte horas de ofimática nivel usuario non deberían valer 1´8 pero claro, esa é unha apreciación miña.
A fase de oposición é de chufla pois consiste nunha simple presentación dun programa cultural para un ano simplesmente, isto a min non me parece nada serio pero bueno está en relación coa titulación esixida. O da outra metade xa nen se sabe como é senón que queda ao arbitrio do tribunal de turno, o cal dende logo non favorece a trasparencia nin a ecuanimidade.
Respecto do asunto das fontes volto a dicirche o mesmo: a titulación requerida é bacharelato como ben podes ver na convocatoria. Respecto das miñas fontes; para min están fóra de dúbida e nada máis teño que dicir salvo que esa obsesión de mezclar concelleiros na opinión dos blogueiros paréceme paranoide e froito da obsesión particular dalguén.
Resulta curioso que se volte co tema do pseudónimo cando ti tamén empregas un e non sei se as miñas opinións se fan máis ou menos importantes en función de se firmo como Escévola ou co meu nome.
Respecto do último comentario dicirche que para subir de soldo tamén hai que subir de categoría profesional, isto é, se se presenta un a unha oposición do grupo C (bacharelato) vai cobrar o salario de ese grupo; e se se quere cobrar máis terse presentado a oposicións do grupo A ou B acreditando os requisitos esixidos.
Por último, non vou respostar máis porque me parece que xa o fixen bastante e porque o artigo fala doutras cousas, ademais eu non tratei este tema neste blog senón en outro onde se escribía sobre o tema. Tampouco o vou facer porque xa vexo que persistes na teoría conspirativa e home, tamén hai xente que cre que o home non chegou
á lúa. Se queres seguir crendo en campañas de desprestixio orquestadas por malvados concelleiros é problema teu pero agradeceríache que a min non me misturases en semellantes "plans maléficos" e que tratases a miña opinión como a dun cidadán máis.
Eu non sei a quen lle convén cobrar máis ou menos pero supoño que a todo mundo lle gusta cobrar máis pero para iso hai que presentarse aos grupos que hai que presentarse. Se queren cobrar máis que vaian a oposicións do grupo A porque o que non vale e presentarse ao grupo C e querer cobrar como os do A (nisto estaremos de acordo todos digo eu).
Ah, non vou seguir coa discusión pero podes participar neste blog sempre que queiras porque agardo que, como podes ver, te des conta que aquí só se opina sobre temas que a xente que participa considera importantes e non sobre plans maléficos para fundir á xente. Se queres seguir coa discusión eres libre de facelo pero por favor non escribas os comentarios de catro en catro se o podes facer nun por unha cuestión de espazo na web.

piribi disse...

O título de bacharel é o acaido para facerse cargo dun arquivo municipal ou dunha biblioteca??? Para que estamos formando cos nosos impostos a bibliotecarios e especialistas en arquivística nas nosas universidades??
Non dubido da titulación de escévola, o que pasa é que creo que tedes a teima de que é quen non é... e non acabades de crelo.
Moito me gustan os que critican o anonimato e despois non asinan co seu nome...
Vai por ti avogado da opinión.

o avogado da opinión disse...

Olas Escévola
Unha vez máis estás errado
1ºGrupo C é administrativo e grupo D auxiliar administrativo
2º Esas bases son exactamente as mesmas das de 1998, así que non inventes ti tramas políticas
3º As bases son de Encargado de Casa de Cultura non de arquiveiro e, que eu sepa, as bibliotecas son centros culturais dinámicos onde ten que haber unha programación ao longo do ano.Ademais da programación de actividades culturais nas bases pídese unha proba de arquivos.
4º Vólvoche a dicir que ti non coñeces a formación dos traballadores e, por tanto, non sabes se teñen a diplomatura ou licenciatura ou cursos ou calquera outra formación e que as túas fontes amosaron non ser fibles
5º Unha cousa é a categoría profesional (grupo a, b, c,d ) e outra moi distinta o tipo de contrato que tes ou as bases da oposición a que se presentan porque a maior parte dos traballadores estarían encantados de que a oposición foran grupo a ou b.
6º As administracións prefiren pagar grupos c e d porque aforran nos soldos pero iso non quere dicir que as persoas que aproban non estean preparadas
7º Ademáis creo que deberías darte unha volta e ver as persoas que acaban de contratar. Non decías que para ser bibliotecario fai falta a diplomatura de biblioteconomía?
8º Desprestixiar á xente é escribir mentiras sobre oposicións e sobre formación cando sabes que non é certo. Ou ti non segues o método científico como di o señor Avelino?
9º E si vou seguir opinando porque eu non insulto nin minto sobre ninguén coma outros e menos baseándome en simples rumores dos que pretenden DESPRESTIXIAR aos traballadores.
10º Non é que non crea que seas historiador o que non creo son outras cousas

Anónimo disse...

Esa eres ti, a mais mala persona do pueblo. A ese concurso presentamonos varias personas non solo tí Marina, pero xa se sabia que o posto era para ti porque xa eras do PP, e entrastes pola porta falsa. E moi simple de comprobar si tiñas ou non título cando presentaste a documentacion, solo hai que contrastar os datos. Pero esa irregularidad no titulo non seria o peor, o mais malo e todo daño que levas feito a tanta xente que non te pode ver, e ahora que te puxeron a traballar no teu sitio e a facer todas as horas, pois sigues con esa maldá que destruye a compañeiras como Clara e Uxia, e antes a Carmen Barreiro. Esa eres e eu alegrome de que o alcalde e o concejal que mandan ahora se ocuparan de ti.
Traballa e cala e deixa de facer daño hasta a amigas, concejalas como Paula e Ana, funcionarias e familiares. Eres moito veneno.

piribi disse...

Alucino...
Resulta que dicir que os traballadores están contratados con un tipo de contrato por debaixo das súas funcións é desprestixiar aos traballadores... Eu máis ben penso que é criticar á administración que os contratou, que como todo o mundo sabe o ámbito municipal caracterízase por realizar oposicións xustas, sobre todo os governos do PP (Baltar en Ourense é un claro exemplo de transparencia na contratación). Por outro lado, querido amigo avogado da opinión, estás dicindo que as funcionarias das que estamos falando teñen titulación oficial en arquivística e biblioteconomía? (e non valen cursos do INEM. Non podemos os demáis opinar que hai persoas mellor preparadas para eses traballos aos que a administración non contrata porque intenta que persoas con menor cualificación e polo tanto con contratos máis baratos faga o seu traballo?? Cres que este tipo de conductas son premiables??
Non creo que ninguén diga que as funcionarias en cuestión non teñan os seus dereitos, e poderán exercer a súa profesión. Pero terán unhas obrigas como empregadas públicas, de prestación de servizos. Non só teñen dereito como traballadoras, senón que tamén teñen obrigas, e o servizo público deberá estar cuberto... Ou alguén se imaxina un hospital ou un xulgado pechado por que os médicos, xuices e funcionarios deciden todos coller as vacacións á vez???
Hai que ver as cousas na súa xusta medida e o que está claro e que tanto administrativo como auxiliar administrativo non é unha titulación axeitada para facerse cargo da custodia dun arquivo. E non é culpa dos traballadores, senón da administración.

Anónimo disse...

A todos y todas los que mienten, critican y calumnian.
A todos y todas los que día a día convertís a cualquier persona en el objeto de vuestro odio
A todos aquellos que no les importa dañar a las personas y a sus familias
A todos y todas los que se entrometen en la vida íntima y personal de los demás
FELIZ NAVIDAD
Y que los Reyes Magos os traigan la capacidad de aprender a respetar a los demás

Anónimo disse...

Caramba!! Qué poético...

cultura informa disse...

Día: Venres 21 de decembro.
Ciclo: Cinema Dixital
Lugar: Cine O Mariño, do Grove
Hora: Dez da noite
Entrada: Libre ata completar aforo
Organiza: Concellería de Cultura. Concello do Grove

Mentíndolle á vida no Cine O Mariño do Grove

Unha nova sesión de Cinema dixital vai ter lugar no Cine O Mariño do Grove, no que se proxecta este venres, ás dez da noite o trhiller sicolóxico Mentíndolle á vida, dirixido por Jorge Algora no ano 2005. Un film de Adiviña Producións, que ten entre os seus protagonistas aos actores revelación do panorama artístico de Galicia, como Marta Larralde ou Chete Lera.

Esta película narra o conflito que manteñen dúas familias, os Durán e os Souto, ante a desaparición de moza Cristina Durán. Todo indica que o culpable é o seu mozo, Enrique Souto, ata que a investigación policial, dirixida polo inspector Diego Martí, exculpa ao principal sospeitoso.
A intervención do xornalista Hannibal Bretal será determinante na resolución do caso.

O ciclo cinematográfico denominado Cinemas Dixitais está organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Grove, e ten lugar todos os venres, ás dez da noite, de decembro e xaneiro, con entrada libre ata completar o aforo. Nesta serie poden verse as mellores películas producidas en Galicia nos últimos anos, e ten por obxectivo vencer as dificultades de exhibición do cine galego nas salas comerciais dominadas pola industria norteamericana.

cultura informa disse...

Concellería de Cultura do Concello do Grove.

Programación Cultural Nadal 2007

Día 22, decembro, sábado. Ás 19.45 na Igrexa de San Martiño
Concerto de Nadal da Coral Polifónica da Confraría de San Martiño.
Concerto do Coro infantil e xuvenil da Coral Polífónica da Confraría de San Martiño.



Días 26 a 30, decembro. Cine O Mariño.
Xornadas de Teatro Afeccionado do Grupo Enxebre.



Día 26. Ás 21.00 horas. Inauguración.
O grupo O Trasno, representa a
obra D2N23.

Día 27. Ás 21.30 horas.
O grupo Expresión Teatro, representa a obra Ofimax.

Día 28. Ás 21.30 horas.
O grupo Porta Aberta, representa a a obra O arce no xardín.

Día 29. Ás 21.30 horas.
O grupo Libélula, representa a obra Un mal día

Día 30. Ás 21.30 horas.
O grupo Enxebre, representa a obra Lacras.


Todas as representacións das Xornadas de Teatro Afeccionado do Grupo Enxebre son con acceso mediante pagamento de entrada.

O Concello do Grove colabora co grupo de Teatro Enxebre, a quen lle agradece o seu compromiso co Teatro e a Cultura, cedéndolle o Salón do Cine para o desenvolvemento desta importante actividade.


Día 30, decembro, domingo. Ás 12.45horas da mañá. Igrexa de San Vicente
Concerto de Panxoliñas da Coral Polifónica Boca da Ría de San Vicente.

Día 2 de xaneiro, mércores. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Concerto do grupo de música Infantil MAMACABRA.


Día 3 de xaneiro, xoves. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Proxección do Cine de Animación O Vello e o Mar.

Día 4 de xaneiro, venres. Ás 18.00 horas da tarde. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Actuación do Grupo de Monicreques de Kukas. Coa obra Sen Título

Día 4 de xaneiro, venres. Ás 22.00 horas da noite. Cine O Mariño.
Entrada libre ata completar aforo.
Proxección do cinema dixital O Partido. Film producido pola govense Emma Lustres.

Día 5 de xaneiro, sábado. Ás 13.00 horas da mañá. Biblioteca Lueiro Rey, do Monte da Vila.
Entrada libre ata completar aforo.
Presentación da obra e entrega do premio Lueiro Rey de Novela ao gañador da XV edición Ramón Caride Ogando.
Participan: Olegario Sotelo, editor; Francisco Martínez Bouzas, profesor e crítico literario; Ramón Caride, escritor; José Antonio Cacabelos, alcalde e Antón Mascato, Concelleiro de Cultura.

Día 5 de xaneiro, sábado. Ás 18.00 horas da tarde. Cabalgata de Reis.


A Biblioteca Manuel Lueiro Rey, do Monte da Vila permanece aberta dende as 8.30 horas da mañá ata as 21.30 horas da noite, ininterrompidamente, de luns a venres. Os sábados abre de 9.30 a 14.00. Durante todo o ano, non sendo os festivos.

Anónimo disse...

Perche non:)