terça-feira, 2 de dezembro de 2008

De impostos e taxas

Olas a tod@s:

Ando algo agripallado polo que pido perdón por anticipado se o que vou escribir hoxe ten ainda menos sentido que habitualmente. Lin durante esta semana nos xornais diversas novas relacionadas co impostos e taxas. Como non sei realmente cal é a situación económica do concello
meco non podo opinar respecto de se as subas planeadas polo tetragoberno me parecen axeitadas ou non. Dito isto si quería facer unha reflexión máis xeral respecto dos problemas económicos dos concellos e algunhas das súas causas.

A causa máis importante da débeda dos concellos é o aumento na prestación de servizos de titularidade municipal. Calquera de nós pode ver como se incrementaron os servizos que os concellos prestan aos cidadáns. Agora ben, ¿ aumentaron dunha forma proporcional os recursos dos que dispoñen os concellos para facer fronte aos custos destes novos servizos?. A resposta tamén é sinxela, NON. Un gran número de concellos conta con piscina, garderías, museos... , pero o número e a cantidade de impostos que estes concellos recadan segue sendo moi similar a cando non tiña prestar estes servizos.

Este binomio MÁIS SERVIZOS-MESMOS INGRESOS é logo a causa fundamental pero non a única. Outra grande causa é a inexistencia dunha ordenación territorial axeitada ás necesidades dos concellos galegos. A ordenación territorial baseada a grandes trazos en Concello-Mancomunidades-Provincia tense amosado como calquera cousa menos como racional e axeitada ás necesidades. Como solución para non fusionar concellos difíciles de soster polo seu escaso peso demográfico, a actúal organización territorial propon unha entidade comarcal e logo unha provincial. As entidades comarcais son un absoluto fracaso. Pódense contar cos dedos dunha man aqueles proxectos comarcais que tiveran algo cercano ao éxito e , é case imposible para os cidadáns saber como funcionan e cales son as súas funcións. Os organismos provinciais, as Deputacións, non cumpliron outra función que non fose afortalar o poder político de quen as controla mediante contratacións a dedo, licitacións a dedo e cousas polo estilo. Estas entidades que na teoría deberían prestar solucións aos concellos cubren a metade do seu oscurantista presuposto en gastos de persoal. Ademais estas dous administración ( máis ben chiringuitos) son todo o contrario do que, se supón, ten que ser unha entidade pública: transparente e democrática. Os seus membros non son elixidos directamente, os seus presupostos son calquera cousa menos transparentes e ademais é sumamente dificil que os seus dirixentes teñan que presentar contas ante unha administración superior.

Visto esto non é raro que sexan ducias os concellos que están ao límite na súa situación económica. Esta mala situación ainda se agrava máis xa que todos os gobernos municipais son partidarios de recurrir ao crédito. Este recurso ao crédito permite facer cousas que os veciños demanden e apraza a necesidade de ter que subir impostos ou de tomar outras medidas. A clave está en "apraza" , xa que en realidade estes concellos hipotecan ainda máis o seu futuro nun prazo máis longo. Claro que daquela igual xa gobernan outros e xa se amañarán. Tamén é certo que o recurso aos créditos na actualidade está algo máis controlado ( tampouco moito) e que a falta doutras solucións, ás veces, é a única saída para máis dun concello.

Ante esta problemática os partidarios do centralismo propoñen iso que chaman " a segunda descentralización" que ven consistindo en arrebatar competencias ás CC.AA para darllas aos concellos. Unha idea forza que pode soar ben pero que é unha verdadeira estupidez. Pode ser certo que os concellos precisen dalgunha competencia máis e sobre todo de máis fontes de ingresos pero esas fontes non están no nível autonómico, están na administración central.

Todos estes centralistas adoitan dicir que España é o estado máis descentralizado do mundo, que non hai estado federal nin confederal igual e cousas ( máis ben barbaridades) polo estilo. Como calquera estudante de historia, políticas, dereito e cousas similares a comparación é inexacta xa que no estado español a soberanía pertence unicamente ao estado central. Como consecuencia as competencias son cedidas polo estado central ( ao que pertencen ) ás autonomías. Froito deste raro sistema é o problema da financiación: o estado central recauda a maioría dos impostos cedendo unhas migallas ás autonomías e ás outras institucións. Por exemplo, Galiza ten as competencias en ensino ou educación, pero o estado é o que recauda os impostos polo que, pese a ter Galiza as competencias, ten que pedirlle ao estado central os cartos necesarios para administrar o ensino ou a educación. O resultado é que eu teño as competencias e todo o que se queira pero como non teño os cartos que chos teño que pedir pouca autonomía teño. Todo este desbaraxuste tamén ten consecuencias nos concellos que ainda teñen menos ingresos e menos capacidade de xeralos nun futuro.

Toda esta situación está agravando un problema que ven de longo en moitos concellos, a corrupción. Como saída económica moitos concellos vense na obriga de facer maniobras, como mínimo pouco éticas, co solo e as súas calificacións para poder facer fronte ás débedas.

Xa pasaron uns cantos anos é a ordenación territorial segue a estar poboada de chiringuitos que non funcionan, covas de Alí Babá e cousas polo estilo. Moito levamos oido de futuras organizacións comarcais, supresión das diputacións ou de áreas metropolitanas pero polo de agora parece que imos ter que seguir agardando.

11 comentários:

Anónimo disse...

Sempre é un pracer ler as túas entradas no blog, ainda que moitas veces discrepo de algunhas das opinións. Por exemplo:

- Eu sí considero que diversas competencias autonómicas deberan ser municipais (debo ser un estúpido ou un centralista arcaico ;). Non creo que as relacións exteriores, a defensa, o sistema monetario, a xustiza e cousas polo estilo entren dentro da Cousa Municipal, pero sí moitas das competencias autonómicas.

- O tema dos impostos sabes que é un arma de dobre filo en Galicia. Somos unha comunidade deficitaria, con unha pirámide de poboación que é a que é, con un gran nivel de dispersidade da poboación, etc. Por un lado renegamos do Estado é solicitamos máis autonomía fiscal e cando vemos que outros (léase Cataluña e Madrid por exemplo) poden face-lo mesmo e reclamar a súa parte, éntranos o medo no corpo. Xa te podes imaxina-la razón. É entón cando, con máis ou menos razón, pasamos de reclamar a falar de solidaridade.

- Xestión: A nivel central, autonómico e local malgástanse moitos cartos. Se alguén discrepa poderiamos facer unha entrada específica sobre o tema. Somos un país que se move ó ritmo da subvención, do amiguismo (o da Deputación e, en menor medida a Xunta, é sangrante), da falta de control do gasto, da inhibición da Xustiza na Cousa Pública, etc.

- Corrupción: Vou ser demagogo, a ver..., agora resulta que a corrupción en Marbella foi causada pola financiación insuficiente do Concello. Son os concellos máis ricos os menos corruptos? Outra máis: a corrupción a nivel local ten como obxectivo financia-los concellos?. A mín dábaseme por pensar que na maior parte das recalificacións (e digo a maior parte) hai un factor importante de enriquecemento persoal que non busca o ben común. Este é un problema social, parécenos normal algo que debería ser un anatema, e de falta de lexislación ou de gañas de aplicala.

- Por último, a min gustaríame que O Grove fora un deses concellos dos que falas que contan cos novos servizos de piscina, museos e garderías(neste último caso paréceme que a financiación da Galescola agora é aportada por Vicepresidencia e o Concello pode usar a partida presupuestaria que lle tiña asignada para outras cousas). Supoño que non haberá moito problema en manter a fiscalidade actual se seguemos sen eles.

Saúdos

Juan Jose Lopez Vidal disse...

Houbo unha película que se titulaba "Todos a la cárcel". seguramente este será o mellor sitio para os concelleiros grovenses -os 17-; estes días sale nos papeles que hasta Corón ten edificio administrativo para biblioteca, e fai pouco tempo Ribadumia, Villalonga, Noalla. En fin: e no noso Jrove nin Plan urbanístico, nin biblioteca, nin cine, nin piscina, nin nada e a Casa dos Vellos fíxoa a xunta ou a deputación, e as carreteras e todo ven de fora. E ano tras ano os nosos 17 estadistas andan polas rúas con cara de trascendentes e de xente importante, en vez de desterrarse enon aparecer nunca mais pola terra do meco. Unha pena a clase política que nos tocou vivir. E, ademáis, todo día andan a peleas e con mala uva. poderíase entender que fosen divertidos, pero nada: solo desprenden mal comportamento, fan ganar as edicion locales dos epriódicos e todo o santo día andan a voltas consigo mesmos sin chegar nunac a ningún lado. Se houbese concencia e resposnsabilidade,que ningún foi capas de demostrar na sua vida privada, onde todos son mediocres e fracasados, dimitirian en bloque. pero o jrove non tera esa suerte. sejiran ahi dando a tabarra e contando mentiras dia tras dia, dandolle de comer os periodistas e perxudicando gravemente a todos os mecos. por favor que dimitan e se vaian lonxe

Escévola disse...

Para Anónimo:

Primeiro de nada, grazas. Despois dicir que esta entrada precisaría de moitas aclaracións xa que abordei demasiados temas ( e ademais complexos) en pouco espazo. Como na discrepancia está a gracia dos blogs e no feito de poder coversarmos aí van algunhas respostas ás túas discrepancias:

-Coincido en que os concellos poderían ter algunha competencia máis pero como tampouco dis cales non podo opinar moito. Cando facía referencia ao centralismo e ao poder municipal facía referencia ás ideas que buscan, mediante un suposto fortalecemento municipal, o retorno a un sistema máis centralista ao derivar competencias autonómicas primeiro aos concellos e logo ao goberno central deixando ao nível autonómico case sen ningún poder. Exemplos desta corrente son Francisco Vázquez ou Ibarra. Non é un modelo novidoso pois estaría baseado en postulados dos xacobinos na Francia revolucionaria.

-No tema dos impostos non estou de acordo. Todos os estudos realizados polo estado analisan os balances fiscais partindo do modelo e da situación actual. As grandes empresas que se adoitan considerar galegas teñen o seu domicilio fiscal en Madrid e polo tanto os seus impostos son contabilizados alí. Os estudos independentes, como algúns realizados polas universidades galegas, amosan que a teórica dependencia galega é moi inferior ( segundo algún autor mesmo inexistente) ao que se adoita crer. De todas maneiras o sistema de ter competencias pero non os cartos non parece moi racional.

- Referente á xestión pódese calificar de obvio que se malgastan cartos pero coincidirás conmigo en que o nível de transparencia de mancomunidades e , sobre todo, das deputacións é moi deficitario.

- Non quería dicir que a corrupción inmobiliaria ou outras estivese provocada pola financiación insuficiente. Eu referíame a que moitos concellos favorecen ,por exemplo, a especulación inmobiliaria como un método de conquerir ingresos adiccionais.

-Respecto ao Concello d'Ogrobe xa dixen que non coñecía as contas en profundidade pero si me parece claro que os servizos ofertados son maiores agora que hai 10 anos. Si existe un Centro de Interpretación do Mar, unha Casa da Cultura máis dotada de recursos, servizos de limpeza ( que ainda que me parezan malos) con recollida selectiva de lixo e outras cousas que hai dez anos non existían.

Como dixen antes non coñezo o suficiente a situación para poder opinar claramente sobre a suba dos impostos e polo tanto non sei se as subas son excesivas ou se, pola contra, ainda que nos foda pagar máis son necesarias. Si quero dicir que as subas de taxas e impostos, se se producen, teñen que contribuir a mellorar servizos que levan anos sendo desastrosos como a limpeza.

Anónimo disse...

Quero facer un comentario sobre o tema do campo de golf. Todo o que se di hoxe no Todogrove é mentira. Temos aquí ben cerca o campo de golf de Meis: ¿Cántos postos de traballo se crearon? ¿Desestacionalizouse o turismo en Meis? ¿Creáronse prazas hoteleras?. Todo é unha mentira e un paletada increíble. Ninguén vai a ir ós hoteis do Grove por ter un campo de golf. Ademáis, un municipio coma o noso o que non pode e por en peligro os seus recursos naturais por darlle traballo a un indocumentado. Hai que actuar con seriedade e parece mentira que unha rapaza con formación e que saca adiante cousas interesantes se deixe tiamr polos que actuan en representación do CIT e da Hosteleria.

Anónimo disse...

Eu tamén:

-cando teña unha idea para montar un negocio, tamén hei de ir falar co Concello para que me escoite dúas ou tres horas, e me facilite terreos, e que mos recalifique
-Fai falta unha recalificación urbanística de solo de protección forestal e medioambiental, a equipamentos
-Hai que ir a equipamentos mancomunados. Xa chega co campo de Meis, que, como di o anterior, unicamente significa ingresos para a Comunidade de Montes dalí, a cambio do uso privativo daquel espacio.
- Cál será a razón pola que se elixe a O Grove para esta cuestión: Por qué non van a Vilagarcía, a Sanxenxo ou a Cambados que teñen espacio dabondo. ¿Será que ven ó cuatripartito como o que é: Unha rapazada de rapaces que non teñen a máis remota idea de nada?
-Quén é o promotor desto? A qué se dedica? Onde ten os cartos? Quen o apoia?
-Como se pode entender que as Asociacións turístiucas que teñen o seu futuro na protección da Naturaleza, queiran privatiar o maior espacio natural protexido do Grove?
-Cómo é posible que teñamos un Alcalde tan simplón?
-No Grove ha espacios non protexidos medioambientalmente no que se podería facer un campo de golf, pero non están a carón dos terreos do Banco Pastor ou de sociedades saídas del?
-Qué relación ten coa Toxa un promotor nacido e criado alí? E qué relación co Grove?
-A alguén se lle pode pasar pola cabeza que o Secretario do CIT que non convoca eleccións, nin cobra as cotas do CIT so para poder aparecer como xestor de algo, vai a actuar en favor dos intereses xerais dos veciños do Grove?
-POr qué non lle pide o promotor do campo de golf ó goberno da Xunta e ó goberno de Bruselas que estea unido para apoiar o seus proyecto?
-Cál é a segunda fase da construcción do campo de golf?
-Qué pasou en meis co promotor?
-Por qué pasou o campo de Meis a mans da Federación Galega de Golf?

Estas son so preguntas simples que estaría ben que os responsables actuais do goberno municipal se fixesen. Pero quén llas plantea?

Anónimo disse...

Eu o que lle diría ós partidos políticos de O Grove é : Programa, programa, programa, e que non se deixen levar por cantos de serea...

Anónimo disse...

Que yo sepa en la zona donde se pretende instalar el campo degolf tamién está protegida la flora y se trata de un terreno dunar. Es de todo punto evidente que la vegetación característica y en algunos casos endémica de la zona desaparecería.
También habría que habla de las necesidades de agua en ese terreno arenoso. Incluso de la extraordinaria dificultad de caminar sobre la arena. Pero de verdad el sr. Sáez Díez, con su barba y su bigote añejos, se han parado a caminar sobre la arena de aquellas dunas? Es imposible recorrerlas con normalidad. Por lo tanto será encesario colocar una capa de tierra sobre esa arena y, además, eliminar todo la flora. Me gustaría que alguien fuese a pasear por esa zoan que, por cierto, está vallada para que no se pueda pisar la flora y el sistema dunar. No sería fácil entender que por el hecho de instalar allí un campo de golf pudiésemos pisar ya. ¿O será que los golfistas levitan?

Anónimo disse...

O irma do alcalde cobra 60.000 euros por un proxecto po concello e o socio de tenente alcalde fai a obra?
O pai da concelleira Noemi traballa para o concello?
O cuñada do alcalde tamen traballa no concello?
Para as vindeiras eleccions tamen me presento eu. Manda carallo e eu no paro. Onde hai que apuntarse?

Anónimo disse...

Fai o carnet do PSOE ou do BNG e xa está. Xa entras a traballar sen mais

I LOVE YOU disse...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,a片,AV女優,聊天室,情色,性愛

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,