segunda-feira, 2 de março de 2009

...E Galiza falou, escolleu PPdG


Olas a tod@s:

Pois ben, estes son os resultados das eleccións en Galiza: PPdG 39, PSdG-PSOE 24 e BNG 12. Os galegos e as galegas decidiron darlle a maioría absoluta ao PPdG tras catro anos de bipartito. Por diante quedan as análises e as reflexións sobre estes resultados estudando os datos polo miudo pero convén deixar claro un punto de partida. ¿Cal é para min este punto de partida?. Desde logo non é que a xente sexa parva, vasalos de caciques e cousas polo estilo que se poden ler hoxe en moitos lugares da rede galega. Dicir que a xente é parva e todo iso nin é verdade, nin explica nada. A xente valorou os méritos e propostas de cada un e decidiu darlle un amplo respaldo ao PPdG, máis amplo ainda se temos en conta que a participación foi unhas décimas maior do 70%. Os motivos son moitos e temos días para analisalos con calma pero desde logo non se atopan nunha estupidez conxénita do pobo galego.

O meu punto de partida é o seguinte, que cada un se faga responsable dos seus éxitos e culpable dos seus fracasos. Os dous membros do bipartito, pese ao aumento da participación, cairon en votos: o PSdG perdeu arredor de 73.000 votos e o BNG arredor de 44.000 votos. Parece claro logo que as cousas se fixeron mal no bipartito. Débese partir da base de que a responsabilidade esta na dirección destes dous partidos, na súa estratexia e no seu traballo ao longo destes catro anos. Saindo desde aí podemos falar dunhas razóns e doutras, porque se os responsables e os militantes destes dous partidos empezan xa coas conspiracións ou historietas semellantes, peor lles irá ainda. Os culpables estarán nesas dúas formacións; o quen e o como poden ser discutibles. Onde seguro que non están nin as culpas nin os culpables e no suposto de que o pobo galego é masoquista, parvo, etc.

Responsabilidade e que cada pau aguante a súa vela.

11 comentários:

Anónimo disse...

PANAIDE DIXIT..

É de sobra sabido que o pobo galego non se ten por parvo e que o voto é soberano..Pero non son capaz de quitar esta cara de "tonto" que me quedou dende que seguín os resultados...A perda de tantos votos dos partidos do PSdG e do BNG podese entender como un fracaso sen paliativos do goberno do bipartito (non houbo chanchullos nos votos,nin abstencións,ect..). Esperemos que os seus dirixentes saiban repoñerse e analisar polo miudo cales foron as causas e cales poden ser as posibles solucións.
Esta maioría absoluta medo me dá..Haberá que estar atentos e alerta..
Saudos e ánimo para estes 4 anos que nos tocou "sufrir"..

Anónimo disse...

Os 4 anos que nos tocou sufrir son os que acabaron o domingo día 1. Por fin se impón o raciocinio e o sentido común

Anónimo disse...

Eu quixera saber que é iso do raciocinio e o sentido común, pois precisamente o sentido común é o menos común de todos o sentidos.
Coincido plenamente que máis que gañar o PP as eleccións as perdeu o bipartito, polos seus erros. Touriño xogando nun esceario que non é nin de lonxe o axeitado, a ser puro e duro presidencialista. Quintana arriando lastre pola amura de babor, quería recoller peixe no cope pola amura de estribor, xogando a ser Fred Astaire and Ginger Rogers.
E o PP ao seu, maquinaria electoral intacta, campaña de insidias e medias verdades boca a boca, etc, que permiten a un ghichinho sen carisma ningún, un ninguén de ningures, un tipo mediocre, ser da noite para a mañá Presidente dunha CA. E os desencantados, desilusionados polo que puido ser e non foi, que exercendo a súa liberdade de elección (a grande maioría formada política e ideoloxicamente polos PSOE e BNG), non foron votar, votaron en branco ou votaron a outros partidos minoritarios. Elo é claro que se produce por varios motivos, entre eles, o desbruluxamento do derroteiro da praxe política que marcaba o ideario, ideario que sustentaba unha certa credibilidade perante a sociedade e que as estratexias erradas fixeron posible que se viñera abaixo cunha certa febleza o que antes, alomenos nese aspecto, era moito máis rexo.

Anónimo disse...

que permiten a un ghichinho sen carisma ningún, un ninguén de ningures, un tipo mediocre, ser da noite para a mañá Presidente dunha CA.
Caramba pero vosotros no sois los demócratas y los que apoyan a la gente "anónima"
Ahora para ser Presidente de la CA de Galicia hay que tener carisma!
No hay que tener formación, ni inteligenica, ni capacidad de gestión, ni.... no señores no ¡HAI QUE TER CARISMA!
Claro, hay que pasearse en yate como Quintana, viajar en limusina, vivir en Villa PSOE y secuestrar autobuses de personas mayores.
Y yo que pensaba que en las elecciones se votaba al Presidente de la Xunta de Galicia y resulta que lo que se trataba era un sondeo de fama, popularidad y CARISMA.
En fin, con tanto carisma quizás podáis presentaros a los próximos Oscar en la modalidad de "mejores efectos especiales" o "mejor actor secundario"

Anónimo disse...

sistema electoral: concellos, autonómicas e estatais. Nin se vota para elixir alcaldes, nin para elixir Presidentes. Saen elixidos Concelleiros e Deputados, e son estes os que elixen Alcaldes e Presidentes de CCAA ou Estado. Hai muito, pero que muito listiño por aí adiante. Que eu saiba polo de agora aínda non xogamos a eleccións directas, polo tanto o votante non escolle nin ao Alcalde, nin aos Presidentes.
Por certo anonimo do 14 m que o GAGA, o xenro de Asnar na etapa deste se embolsou a cantidade de 10 millóns de euros por facer xestións para SIEMENS no tren de alta velocidade. (AVE). Que o AVE non para en Guadalajara e sí nun pobo a unhos klms. por pelotazo para que unha coñecida muller casada cun cargo do PP puidera recalificar a súa finca e así facer unha boa morea de vivendas e así poderiamos seguir de aquí a mañá. Polo tanto non mires a palla en ollo alleo senón a vija de batea na túa propia familia.

Anónimo disse...

sistema electoral: concellos, autonómicas e estatais. Nin se vota para elixir alcaldes, nin para elixir Presidentes. Saen elixidos Concelleiros e Deputados, e son estes os que elixen Alcaldes e Presidentes de CCAA ou Estado. Hai muito, pero que muito listiño por aí adiante. Que eu saiba polo de agora aínda non xogamos a eleccións directas, polo tanto o votante non escolle nin ao Alcalde, nin aos Presidentes.
Por certo anonimo do 14 m que o GAGA, o xenro de Asnar na etapa deste se embolsou a cantidade de 10 millóns de euros por facer xestións para SIEMENS no tren de alta velocidade. (AVE). Que o AVE non para en Guadalajara e sí nun pobo a unhos klms. por pelotazo para que unha coñecida muller casada cun cargo do PP puidera recalificar a súa finca e así facer unha boa morea de vivendas e así poderiamos seguir de aquí a mañá. Polo tanto non mires a palla en ollo alleo senón a vija de batea na túa propia familia.

Anónimo disse...

Está o PP desnortado?. Está Miguel-Ángel Pérez rexurdindo das súas cinzas coa esperanza de ser el quen relidere outra vez a posible volta, aínda que afirme tantas sandeces que non teñen nin pés nin cabeza e non haxa ninguén que lle saia ao paso?. É que o que está a pasar no mundo non é acaso producto desa libre economía de mercado da que o PP e "hooligan" seguidor empedernido?.Non entendo como o PP de O Grove, pode pidirlle ao goberno local puro e duro intervencionismo no mercado das adxudicacións municipais?. O PP que no seu credo político é partidario "a pies juntillas" desa libre economía de mercado que tanto estrago nos está a facer, de que o mercado xa se regula só, de que os empresarios son máis que autosuficientes nas súas relacións, que a libre economía vai de marabilla sen intervención estatal, autonómica ou local, e de súpeto vira e tira polo chan os seus dogmas e credos. En verdade que non o entendo. Ao millor aquí hai que defender ese non intervencionismo, e que o goberno municipal en aras do interese xeral, avogue polas ofertas máis ventaxosas na relación cualidade prezo, é o que faria calquer pai de familia mirando a economía da súa casa en relación coas súas necesidades e coas ofertas que mellor lle veñen. Queridiño Miguel o sol xa che pasou pola porta, afortunado eres de que che enchufaran politicamente na sé dos bombeiros. Polo que sei Rafael Louzán con anterioridade as eleccións autonómicas estaba a buscar recambio entre personaxes coñecidos no ámbito social de O Grove que poderían dárlle ao PP a Alcaldía de O Grove, agora coa volta do PP á Xunta e Miguel tocando a ghaita de xeito tan insistente para dicir que el é O Ghaiteiro Maior, Louzán váino ter un tanto chusco, amais que na estructura do PP en O Grove, non haxe ninguén que lle poida facer sombra.

Anónimo disse...

Qué medo tedes de perder o cuatrisillón¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo disse...

PANAIDE DIXIT..

Un mundo!!!
O medo tendelo vós imPPresentables,que non as tedes todas consigo..."Ay noso Mijel,si nos faltas ti que vai ser de nós?"..Xa se oe a mais de catro PPersonaxes laiandose polas esquinas..

I LOVE YOU disse...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,聊天室,情色,a片,AV女優

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,