sexta-feira, 8 de maio de 2009

Vidas paralelas: R.Madrid-BNG


Olas a tod@s:

Vidas paralelas é unha obra do escritor grego Plutarco. Nesta obra comparaba parellas formadas por un persoeiro da Grecia antiga con outro romano. Comparaba as súas virtudes e os seus defectos e tamén sinalaba as diferenzas entre ambos.

Eu propóñovos unha comparación: o BNG e o R.Madrid.

Os dous termos da comparación non atravesan na actualidade o seu mellor momento, pero esa non é a súa única similitude. Vexamos.

O R.Madrid comezaba a tempada despois de gañar a liga anterior con superioridade. O seu eterno rival non atravesaba o seu mellor momento e parecía que esta ía ser unha temporada victoriosa para o Madrid.

O BNG daba a impresión de atoparse cómodo no goberno da Xunta e parecía, segundo a súa dirixencia, sinxelo mellorar os seus resultados electorais e permanecer no goberno.

Para o R.Madrid a cousa comezou a torcerse pronto. O equipo non xogaba a nada e ademais tampouco encadeaba victorias. Mentres o BarÇa comezaba a marabillar co seu xogo e comezaba a afastarse do rival. Houbo xente, dentro e fóra do "madridismo", que buscou primeiro ao inimigo exterior: os árbitros e aquela cousa da conspiración de Villar. Pouca xente se paraba a examinar unha plantilla moi deficitaria na creación de xogo, e os que o facían rapidamente eran estigmatizados como "antimadridistas". Pero os resultados comezaron a mellorar coa chegada de Juande Ramos e comezou a formarse unha burbulla que ride vos da inmobiliaria. O xogo seguía sendo nulo, certo, pero o Madrid gañaba pequenas batallas e ía sumando puntos. Tamén chegou o primeiro aviso de que a burbulla era iso, unha burbulla: a eliminación a mans do Liverpool cunha tunda grande en Inglaterra. Era o primeiro aviso. Pero o Madrid seguía sumando puntos na Liga e xa parecía que a "actitude guerreira" e o " rendirse nunca" podía funcionar. ¿Que importaba xogar mal se ao final se gañaba?. Seguía habendo quen dicía que a burbulla ía estoupar en canto viñeran os partidos importantes pero tamén seguían sendo tildados de profetas apocalípticos e cousas polo estilo. Entón chegou o Barcelona e meteulle 6 no Bernabeu, dando unha lección de fútbol que marabillou ao mundo do balompé. Estoupara a burbulla. Quedou claro que se se xoga ben as posibilidades de gañar son maiores, que o importante non era só chegar senón tamén como se chega e que o fútbol é fútbol e non unha guerra.

O BNG levaba perdendo votos desde hai uns aniños xa. Pero non pasaba nada. "Chegamos ao goberno" dicíase. A dirixencia e moitos militantes escrbían cousas como: "mellor 13 e gobernar ca 17 e oposición". Só importaba o goberno. Reformouse a estructura interna para favorecer a dirixencia e facilitar que "o goberno gobernase". Gran parte das cousas que se facían desde o goberno non satisfacían aos votantes nacionalistas, pero a mensaxe era "é que agora gobernamos e as cousas non son tan fáciles". Cegos polo resplandor das placas e os despachos moitos no BNG só pensaban en gobernar, o importante era iso. Claro que tamén había militantes que dicían que a cousa non ía ben, que as políticas que se facían eran erradas ou dun caracter socioliberal moi afastado da base do BNG. Como os outros tamén era estigmatizados e tildados de "profetas da catástrofe, "desleais" e demais adxectivos similares. Chegaron as municipais e veu outro aviso: o BNG, pese ao goberno, non arrancaba e mesmo retrocedía. A dirixencia dicía: non hai problema gañamos en tal concello ou en tal outro. O descenso nas cidades foi brutal pero, ¿ a quen lle importaba se ao final gobernabas nun par de vilas máis e estabas na Xunta?. Seguía a medrar a burbulla. Chegaron as autonómicas, e cando as sondaxes comezaron a ir mal claramente, usaron, ao igual que o Madrid, o recurso ao inimigo exterior. Un contubernio de prensa e empresarial ía directamente a polo BNG. Cando chegou o sopapo este contubernio convertiuse na explicación oficial e causa de todos os males. Seguía dando igual que esas alianzas contra o BNG xa existiran no pasado ( e probablemente vaian a seguir existindo no futuro). A burbulla ainda non rematara de estoupar.

Como vedes, ao igual que na obra de Plutarco, o paralelismo non é completo. Ainda ten que estoupar de vez a burbulla no caso do BNG. Realmente eu creo que as autonómicas foron o Liverpool do BNG e, se a cousa non cambia, ainda queda recibir ao Barça. ¿Por que?. Pois porque ainda se ten que dar conta o BNG que na política ainda é máis importante o como se chega. Porque se ten que dar conta de que non fixo as cousas ben, de que tiña un xogo moi rácano. Tense que dar conta de que o seu camiño non é o do PSOE e de que os seus votantes esixen moito máis.

Máis vale que se vaia dando conta pronto porque senón, como no caso do Madrid, o sopapo vai ser moi grande cando estoupe a burbulla.

8 comentários:

Anónimo disse...

Moi atinado o artigo en todo o seu conxunto analítico. Para o BNG (digo os seus dirixentes), desde a perda dos 18 aos 13 deputados, sempre foi máis doado pasar páxina e non levar aos seu foros de debate as cuestións fundamentais internas, e así está a pasar páxina porque nunca é tempo de debater, toda vez que é millor deixar pasar as eleccións, e despois da cada baticaso, veñen outras eleccións e novamente non convén, e así polos tempos dos tempos, adiando cuestións fundamentais sen resolver no plano político e quizais o máis importante no plano ideolóxico. A Asemblea de hoxe, ogallá me equivoque, non vai ser outra cousa que unha páxina que se deixa atrás, e o que dá máis mágoa, sen visión de futuro.
Outravolta, noraboa polo artigo.

Vilagonde disse...

O que non entendo é que queres dicir con que o camiño do BNG non é o do PSOE, no resto, estou dacordo.

Escévola disse...

Ola, grazas polos comentarios. Para Vilagonde:

Cando digo que o BNG non pode seguir o camiño do PSOE estoume referindo a que non pode facer as mesmas políticas e usas os mesmos medios e métodos para chegar á cidadanía. Isto é o que está facendo nos últimos anos como nos amosa o xiro cara políticas socioliberais decepcionando ás súas bases sociais. No tocante aos medios e aos métodos o xiro é ainda máis claro: desde a chegada ao goberno nas grandes cidades comezou o proceso de cambio na metodoloxía de transmisión da mensaxe do BNG. Este cambio consistiu na asunción por parte da militancia, e moito máis da dirixencia, da crenza de poder competiren co PP e co PSOE usando os seus propios medios: a transmisión de mensaxes simples e sinxelas a través dos media e de campañas case publicitarias abandonando o traballo nas organizacións sociais que o levaran ata uns resultados históricos.
Estes dous cambios teñen ademais moita relación entre si. Para que os media transmitan a túa mensaxe esta debe axeitarse ao politicamente correcto para non ser tildado de radical e cousas similares, ¿ pero pódense manter logo claras diferenzas ideolóxicas co socioliberalismo sen ser tildado de radical polos mesmos medios nos que confías como transmisores da túa mensaxe?. Eu coido que non. Isto tampouco quere dicir que se abandonen estas políticas de comunicación senón que hai que combinalas co traballo social que desde os oitenta caracterizou ao nacionalismo galego.
Non me vou alongar máis porque quería dedicar a este tema unha entrada no blog proximamente e xa explicarei alí a miña visión sobre o tema.

Anónimo disse...

Antes de ayer tuve la primera prueba para optar a las pruebas de policia local, la física, eramos cerca de 40 inscritos para 10 plazas que ofertan.

Empezaron por tomarnos la estatura, aquí ya vino el primer lio, aunque no tuve ese problema vi como a una chica por 3 cm la dejaron fuera sin posibilidad de realizar las pruebas, mientras que a otra por la misma estatura le dieron como apta para hacer las pruebas.

En otra de las pruebas a dos chicas le dieron la posibilidad de hacer 3 intentos, y en la normativa aparecia que solo se podian hacer 2 intentos para realizar un salto vertical de 43 cm para nosotros y 30 para ellas. Mientras que a otras chicas no tuvieron la posibilidad de hacer el 3º intento que si se lo dieron a estas dos primeras mujeres.

Y lo mas escándaloso en la última prueba que tuvimos que hacer, que era correr 1 km en 4 minutos para nosotros y 5 para ellas. A esta prueba ya solo llegamos 17 de los cuales quedamos 11 legalmente. Digo legalmente porque hubo varias, en concreto 3 que se pasaron del tiempo 5, 7 y 15 segundos, pero como a mitad de recorrido teniamos que dar la vuelta ( la hicimos en el paseo marítimo de aqui de o grove ) pues le dijeron que como al girar se perdian unos segundos pues les quitaron 10 segundos a cada una ... MENUDO ESCÁNDALO!!!

Además la manera tan cutre de hacer las pruebas, que la estatura se la tomaban a la gente con un metro

Anónimo disse...

Eló que querias, ¿que lla tomaran en puljadas ou por cuartas?

Anxo Bama disse...

plenamente dacordo contigo, "delfos", no BNG estívose adiando un profundo debate e na última "asemblea" non se deu, así que ou moito cambia as ccousas (e eu véxoas coma sempre...) ou mal imos

Anónimo disse...

Sen faltarche o respecto, compañeir@ blogeiro; pareceme patético chegar ó punto de comparar a progresión-decadencia dun partido político, cun equipo de fútbol..

Aínda que cecáis, teñas razón e esteamos vivindo nun novo espacio-tempo, no cal a política resulte tan decadente, podre e "freak" coma o "deporte" (por non chamarlle bussiness) do balón pé.

Non estou para nada dacordo contigo, nas tuas ideas políticas.

A política, sempre me pareceu a arma dos poderosos, herdada de pais a fillos; na cal os "parias" da sociedade apoiamos as nosas esperanzas e ilusións, que nunca se converten en realidade.

Transforman esas ilusións en fé dogmática e dominación das mentes, penso isto porque dentro dun partido político non se teñen ideas/conviccións/principios propios e individuais, tense o dogma do partido ou pola contra á exclusión do grupo.

Un saúdo.

be disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,