Ola a tod@s:
Xa vai acabando o verán e polo tanto teño máis tempo para poder escribir que este último mes. O tema que escollín hoxe é un vello coñecido de tod@s nos: o lixo. Sei que o meu anterior artigo sobre este tema non suscitou moito apoio e que moitos de vos vedes este problema de forma diferente. Este agosto mentres tomaba unhas cervexas cuns amigos na terraza do Catorsse puiden observar como había montes e montes de lixo acumulados nas aceras ( falo de montes de máis de catro sacos de basura grandes uns enriba doutros) diante dos comercios e bares porque ainda non pasara o camión da recollida. Como xa dixen no outro artigo esto a min paréceme incrible, montes de sacos na rúa "principal" da vila ás tres da mañá máis ou menos e coa xente toda de marcha por aí porque era fin de semana. Ademais puiden contemplar como os cans abandoados ( outra mostra máis de barbarie das que abundan por Galiza adiante) e os gatos arañaban e rompían os sacos en busca de algo que levarse á boca. Moitos dixestesme cando escribín anteriormente do lixo que ninguén quere os contentores, que cheiran, etc. Eu sigo preguntándome: ¿ e logo é mellor ter todo o lixo aí ás portas dun e que os sacos se rompan e todo iso?. Pero este non é o único problema, en moitas rúas onde hai bares e comercios o camión do lixo non recolle os sábados, e como tampouco hai contentores, estes comerciantes e hosteleiros teñen que quedar co lixo dentro dos locais ate o domingo ou cargar cos sacos ata unha rúa onde si haxa recollida e deixalo alí ( iso supoñendo que o veciño de turno lles deixe pór os sacos na súa fachada). Eu non saio do meu asombro posto que non coñezo outro concello onde os sacos do lixo se poñan na porta dun e non nun contentor. Logo está o tema da reciclaxe, no que xa levamos a palma e mais a palmeira, a min gustaríame que pensáramos un momento en como desde o concello se lle facilita aos veciños a reciclaxe. Acabou o tempo. A resposta é: de ningunha maneira, os contentores de reciclaxe brillan pola súa ausencia e entón, ademais de pedirlle á xente que recicle, pedímoslle que se pegue unha pateada ata o contentor máis próximo ( e iso se non eres comerciante, que entón tes que cargar co cartón ata o punto limpo ainda por enriba de pagar máis pola recollida por que se supón que xerás máis lixo). O asunto será pór as máximas facilidades para a reciclaxe e non ao contrario, isto claro se queremos que se recicle senón está claro que o facemos ben. Pois ben todo este tema non é culpa só do concello, somos nós, os veciños aos que nós da igual o lixo na rúa porque molestan os contentores, os que non pedimos contentores de reciclaxe porque ademais de molestar como os outros é máis cómodo tirar todo no mesmo e, isto para min é o máis importante, porque nós enganamos a nós mesmos con historias sobre a molestia dos contentores , cheiros, etc... para non admitir que xa nos acostumamos a ter as rúas cheas de lixo, e se ademais nos vai ben ¿para que imos cambiar?. ¿Ou non ?
Por certo, un colega sacou co mobil a foto da Catorse cos sacos da basura, cando a teña poñoa.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Hai como dez anos vivía eu en Santiago, e xa daquela dispuñan dun camión específico para lavado de contedores, que pasaba pola rúa unha vez á semán. Aparte do feito de que (penso eu) o tema do lixo nas rúas é máis un problema de conciencia cívica, dispor de medios coma este que comento que había en Santiago para que os contedores estean limpos penso que pode ser un dato a ter en conta polo governo local, xa que tanto nos queixamos todos, e especialmente no verán, do tremendo cheiro que desprenden os contedores.
De todos os xeitos, tamén e verdade que mentres todos os veciños e veciñas non poñamos algo da nosa parte, as solucións son complicadas.
este sábado as duas da madrugada, estaba o camión, da basura recollendo ó lixo na rua Castelao, eu ó vin.Non tiña camara para quitarlle unha foto, pero foi asi.
hoxe sae publicado no diario de arousa o convenio de raeiros aprobado dous dias antes das eleccions, espero que o governo alegue contra o mesmo.
POia onte a tardiña estaban lavando e limpando os contedores marelos. Teño tres xunto a miña casa e resulta que un non o lavarón pois xa habian votado 5 BULSAS no contedor (as vin eu!!). Ta claro que o civismo ainda lle queda ,oito.
Enviar um comentário