quarta-feira, 13 de fevereiro de 2008
Que alegría, que alboroto, un perrito piloto!
Olas a tod@s:
Hoxe decidinme por este título porque creo que reflexa o meu sentir respecto do tema do que vou escribir. O tema en cuestión son as eleccións xerais de marzo, e digo que reflexa o meu parecer porque ata o de agora, en vez de estar en campaña electoral parece que estamos nunha feira ou nun zoco árabe.
Levo uns cantos días vendo e escoitando as propostas do PP e do PSOE na campaña electoral é paréceme que estou asistindo a unha especie de feira onde uns ofrecen darche tanto e os outros cuanto. Certo é que en campaña electoral soen ocorrer este tipo de cousas pero paréceme que nesta xa se está esaxerando. Si un exime aos mileuristas de facer a declaración da renda o outro xa nos regala 400 euros, si un nos dá axudas á natalidade o outro ofrécenos a mesma axuda pero dunha contía maior e así ata a esaxeración esa das catro árbores por segundo. Se non fose porque o tema é serio, seríache unha cousa de escangallarse de risa.
Parece que o tema estrela son os recortes de impostos xa que tanto PP e PSOE o leván nos seus programas. Como a todos nos gusta pagar menos a xente está encantadísima pero claro, non se pararon a pensar nunha serie de consecuencias ou problemas destas medidas. O problema maior na miña opinión é que sempre se fala de recortes no IRPF, digo isto porque este é un imposto que grava a cada cidadán en función dos seus ingresos e posesións. Falamos, por tanto, do máis "xusto" dos impostos. Entón aí ven o problema, todas as veces que se recortou o IRPF en España,trouxo consigo o aumento doutros impostos estes xa indirectos ( ou sexa que gravan igualmente a todos sen ter en conta a súa posición económica) e polo tanto beneficiou a quenes máis teñen. Outro problema é que as dúas rebaixas agochan trás de si a reducción dos tramos existentes no imposto ou a disminución da aportación das persoas con maiores ingresos, é dicir, a rebaixa importante non será para os cidadáns do común senón para as grandes fortunas. Así por exemplo o PP reduce o tramo superior nun 2% ademais de facer desaparecer un dos tramos o que, en cristiano, lle reporta por exemplo a Pizarro un aforro de centos de millóns. O terceiro problema é para min o de maior alcance, falo de estender entre a cidadanía a idea neoliberal de menos impostos máis ingresos e maior nivel de vida. Digo isto porque, ainda que non o pareza ás veces, os impostos son necesarios para o obxectivo de redistribución da riqueza e do benestar social dos estados do wellfare state (sociedade do benestar).
Isto demóstrase facilmente, se comezamos a rebaixar os impostos continuamente o estado recauda menos e polo tanto ten maiores dificultades para levar a cabo unha política social. O resultado é peor sanidade pública, educación pública... . Dous exemplos, en USA os impostos son moi baixos e os seus servizos públicos están por debaixo do nivel, xa non europeo, senón incluso de America do Sul; en troques, dous dos estados con maiores impostos son Suecia e Finlandia onde se roza o 50% do salario pero teñen os mellores servizos públicos do planeta. En Suecia cando un é vello e comeza ter problemas de mobilidade e ten que usar unha cadeira de rodas, o concello corre cos cargos de facer na túa casa todas as reformas necesarias para poder vivir e este é so un exemplo.
O outro punto era a redistribución da riqueza. Nos estados europeos tras a II Guerra Mundial comezouse a construir o chamado "estado do benestar" que facía universais unha serie de servizos (sanidade , educación) e que ademais tiña como obxectivo a redistribución da riqueza. Poderiamos dicir que a grandes rasgos consistía en que se consideraba unha obriga que os máis favorecidos da sociedade tiñan que contribuir moito máis á sociedade que os fixera tan ricos. Por iso unha persoa como Botín, o do Santander, ten que dar a facenda o 42% dos seus ingresos mentres que persoas con menores ingresos aportan o 18% por exemplo.
Por iso se comezamos a acabar co estado do benestar debemos ser conscientes de cara onde camiñamos, isto é, cara un sistema como o estadounidense. Nas películas píntano moi ben pero se queredes saber algún dato aí vos van uns cantos: máis do 20% da poboación vive na pobreza, arredor do 25% non ten cobertura sanitaria de ningún tipo, ten a mesma ratio de mortalidade infantil que os estados do terceiro mundo e o seu nivel de alfabetización está na media de centroamérica. Haberá a quen lle guste pero eu a verdade sigo a preferir o perrito piloto.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Xa levaba eu tempo oindo por este e outros lugares os problemas cos funcionarios como se non fosen cousa do concelleiro de persoal e xa ía sendo hora de darlle ao Cesar o que lle pertence. A verdade é que ten unha difícil tarefa pero tamén é verdade que se debería ir poñendo a ela porque senón despois igual é demasiado tarde. Estes problemas están ocorrendo en moitos concellos como froito das políticas de gobernos que metían a funcionarios a colegas seus ou coñecidos como metodo de pagar favores ou gañar votantes.
O resultado desta política é que hai moitas persoas traballando en postos para os que nen sequera teñen os coñecementos necesarios e cando isto pasa os perxudicados somos os usuarios. Así hai moitos concellos onde se busca contratar ao maior número de xente posible escatimando en preparación e condicións salariais para así poder gañar o voto dos empregados e máis das familias e, claro, cen votos nunha vila sonche moitos votos. Como resuldo hai moitos funcionarios sen a preparación mínima requerida ocupando postos daquela maneira e dando un mal servizo aos cidadáns
Hola Escévola sónache o comentario? Por qué non lle preguntas ao teu caro amigo se a persoa que se contratou co diñeiro de tódolos grovenses ten a preparación mínima requerida para traballar no posto que o puxo?Desde cando é un mérito para ocupar esa praza un cursiño de 15 horas de informática e non unha licenciatura en Historia?
Eso non é escatimar en preparación? Eso non é meter a un colega? Ti realmente cres qu esa persoa pode dar o servizo aos cidadáns? E por qué non lle preguntas quen o contratou ? Unha pista...non foi o concelleiro de persoal.
Que pouca vergoña!!!
Olas anónim@: Obviamente ese trozo de comentario ou comentario enteiro ( non o recordo) é meu e non teño ningún problema en recoñecelo. Non sei a quen te refires co meu caro amigo ( espero ter máis de un) , nin cal é o caso ao que te refires pois levo algún tempo desconectado do ámbito local por mor de causas persoais. Non sei cal é o caso e polo tanto non podo opinar pero dígoche que manteño o comentario e se seguén contratando persoas de baixa cualificación para postos públicos onde se precisaría máis digo o mesmo de antes. Non mudo de opinión dependendo de quen goberne ou non, o que dixen antes é aplicable a calquera caso que poida ocorrer agora pero a verdade é que non coñezo o tema. Se mo podes contar agradeceríacho.
Ela non cho vai decir porque é mentirosa e falsa, e como está a falar dun compañeiro (xa antes contratado varias veces) que colleu O CONCELLO, para facer sustitucións en varios departamentos pois ten que calar a boca sucia que ten.
Esperemos que as súas mentiras e maldade, conocidas por todos os que traballamos no concello, rematen algún día.
Ela non cho vai decir porque é mentirosa e falsa, e como está a falar dun compañeiro (xa antes contratado varias veces) que colleu O CONCELLO, para facer sustitucións en varios departamentos pois ten que calar a boca sucia que ten.
Esperemos que as súas mentiras e maldade, conocidas por todos os que traballamos no concello, rematen algún día.
Enviar um comentário