quarta-feira, 28 de maio de 2008

Empresarios contra o tetragoberno ( eso si, non sabemos cales)


Olas a tod@s:

O Diario de Arousa publicaba o domingo que " o empresariado de O Grove estudia crear unha plataforma de oposición ao cuatripartito". Vista e lida a noticia parece que o titular está manifestamente errado, xa que só nos din o nome dun empresario que nin sabemos a quen representa nin con que lexitimidade; ademais supoño que haberá máis dun empresario na nosa vila.

O suxeito erixido en portavoz é Alvárez Guillán ( si o mesmo que anda en todos os saraos). Obviamente o home este pode crear plataformas e manifestarse todo canto queira pero corre serio risco de ser alcumado "o de sempre" con tanta plataforma fantasma e tanto sair na prensa.

Espero que esta plataforma acabe sendo iso: unha plataforma; e non unha maneira de darlle caña ao goberno saindo nos xornais arroupado por empresarios e colectivos "pantasmas". Digo o de pantasmas porque xa non é a primeira nova que fai referencia a plataformas e lobbies que despois ou non existen ou dos que nunca sabemos máis. Como dixen arriba os empresarios e calquera, teñen dereito a crear plataformas e a manifestarse. O que parece pouco serio é facer como que hai e despois non hai nada e tampouco ninguén.

As reclamacións deste incansable opositor son as mesmas que esgrime o PP desde que se constituiu o goberno (casualidades de la vida sin duda).

Unha das reclamacións do incansable é que no Bao non hai farolas e a razón é "que seguen mandando os ecoloxistas". Manda carallo. Eu como calquera outro veciño paso en coche polo Bao e a verdade é que non teño problemas de falta de luz porque para iso os coches teñen faros (ao mellor o del non). En calquera autopista ou autovía non hai farolas porque sería unha agresión contra o medio e un despilfarro enerxético brutal. De todas maneiras e sendo serios xa, este home debería recordar que o Bao é zona natural protexida pola Rede Natura e polo tanto protexida de actuacións que poidan ser contaminantes. A contaminación lumínica existe como sabe calquera rapaz da ESO e incluso de primaria.

Outra reclamación é o famoso Tiro ao Pombiño, que segundo el non se celebra por dexación de responsabilidades do concello. Non se celebra porque a organización tardou en conquerir os permisos da Xunta e por terse negado a empregar munición libre de chumbo coa excusa de que esta non existía. E digo excusa porque basta pór no Google munición ecolóxica para percatarse da súa existencia. En resume, a empresa quería seguir coma sempre por aforrar cartos ou por facerse os poderosos e despois acabaron lastimados.

A reclamación definitiva é a mesma de sempre, o PXOM. Xa escribín abondo sobre o tema pero como apontamento digo que o PXOM é unha prioridade clara. Pero precisamente por ser prioritario non pode ser feito dun día para outro e baixo as presións daqueles polos que nos puxeron o Cuiñazo, os empresarios da construcción acostumados a facer o que lles sae do carallo, como lles sae do carallo e donde lles sae. A desfeita urbanística meca salta á vista e os culpables son os anteriores gobernos pero tamén eses depredadores do medio que fixeron cartos a moreas sen respetar nin os mínimos preceptos de urbanibilidade.

A declaración que xa pon os pelos de punta e que xa amosa cales son as verdadeiras intencións do home este e a súa suposta plataforma é aquela que di ( ao máis puro estilo pepero) que a memoria histórica ten demasiado protagonismo e que hai que centrarse no que lle importa á xente. Primeiro a min interésame a Memoria histórica pero claro eu non son xente, son persoa. Segundo, eu non sei el, pero a maioría das persoas son capaces de facer máis dunha cousa á vez, logo que, podemos prestar atención a máis dun tema, somos "multitarefa" . A recuperación da memoria está en mans dunha asociación con membros reais, non pantasmas, que teran o mesmo dereito ca el a reclamar atención por parte do goberno. Terceiro e máis importante, non se sabe que ten que ver a memoria histórica co PXOM ou co Tiro ao Pombiño. Se está en contra de que as persoas perseguidas e damnificadas por un rexime ditatorial e asasino por loitar a prol da liberdade que fai que el hoxe poida sair no xornal dicindo tonterías, que o diga pero que se deixe de caralladas e de mentiras.

A min paréceme que o problema está realmente en que a máis de un lle molesta que o goberno dure máis do que se pensaba nalgunhas cabezas. Eu desde aquí animoo a acampar diante da Xunta para pedir farolas desde Ogrobe a Ferrol ao longo da AP9. Este home ten accións en Fenosa, non?

2 comentários:

Anónimo disse...

Hai unha cousa que me chama a atención: Penso que con esta ´"iniciativa" -hai que chamarlle algo- estase a dicir que a oposición política no Concello do Grove é inútil, porque fai falta que veñan uns salvadores de fóra. Trátase, nin máis nin menos, ca dun desprecio para o PP, dun recoñecemento público ós ollos destes autodenominados empresarios -porque a verdade: empresarios, empresarios...- de que o PP está sendo inútil e teñen que argallarse estas extrañas manobras. Gustaríame ver unha foto da reunión: ¿Irán os militantes do PP? ¿irán os concelleiros do PP? ¿Ou irán, contentos e felices do recoñecemento público da incapacidade do PP os militantes de PSOE e BNG?...Bueno xa me estou contaxiando da esquizofrenia da proposta e non sei distinguir, nin o sitio que ocupo. En fin: alá eles.

Anónimo disse...

é evidente que o ciclo de pérez está esgotado, que xa non lle queda mais que o pateo mediático para facer que fai, pero á xente que de verdá controla no PP (Paula Janza, Dolores Vázquez, Leyba Junior...) non lles vale para o futuro ese manifesto aljareo de Miguel, unha vez que pasan mais militantes polo xulgado imputadas no das listas vascas e que se acerca a hora de coñecer o ditame do fiscal sobre os asuntos de Raeiros, (co aparellador desaparecido) e que se inicia a auditoría das contas do concello que poden levarlle mais leña ao lume do ex alcalde e do seu encargado dos baixos fondos Manolito Muiños, tamén defenestrado...
e os papansiños e papansiñas que o acompañan na procesión dos caladiños, non saben pa onde tirar, La Niña Otero del Puerto Meloso, anda xa descarriada ofrecñéndose a canto candidato move ficha; Bandido e o fillo de Carballo, asutados porque se acaba o ciclo; Jandrito palanquin, desairado non ma vaian clavar no xulgado; e o Julquito de Reboredo, abre a boca coma nunca para arrearlle leña ao seu budú fredibea... ¡¡¡¡Quen vos mira e quen vos mirou, tropiña!!!!