quarta-feira, 8 de agosto de 2007

Estamos de noraboa, non foi sen tempo


Olas a tod@s:
Todos os mecos e mecas estamos de noraboa estes días. Fálovos de que a nosa vila vai retirar por fin o monolito aos caidos " por Dios y por España" ( conceptos representados a nivel terreal polo ditador Francisco Franco) e porque ,ao tempo, tamén lle van retirar a ese personaxe os títulos de fillo predilecto e de alcalde honorario. Por todo isto estamos de noraboa, xa que con estas medidas a normalidade democrática e histórica retorna a unha vila máis. Con todo isto, ainda que o entendo, non me gusta que o día da retirada non se faga público por tentar evitar as homenaxes e cousas polo estilo. Son os que participan en homenaxes ao antigo rexime ditatorial os que se poñen en evidencia diante de toda a sociedade e non o concello que retira monumentos que simbolicamente retrotráenos aos tempos nos que se respetaban a liberdade e os dereitos humanos. Sempre vai haber algún que defenda a barbarie e a iniquidade pero son cousas que pasan. O argumento que eu xa levo escoitado mil veces é aquel que di " pero é algo que pasou, que esta aí". Certo, pero tamén o nazismo é algo que estivo "aí" e non por iso hai monumentos a glorificar semellante cousa. Outro é " todos os que están aí non foron franquistas ou malas persoas". Home eu iso obviamente eu iso non o sei, pero debemos recordar que o monolito non está aí para falar dos mortos na guerra, está aí para falar dos que morreron loitando no bando golpista e como homenaxe dese rexime a si mesmo. Porque hai que recordar que a Guerra Civil foi para o rexime un dos peares da súa lexitimidade e foi recordado e celebrado o momento da victoria ante a "Antiespaña" todos os anos que o rexime durou. Hai máis argumentos pero sería estenderme demasiado.
Outro tema que me causa satisfacción é a celebración dunhas xornadas sobre a memoria histórica e a investigación. Causame satisfacción porque parece que xa era hora de ter actos culturais na vila e porque ademais o tema é candente xa que moitos investigadores están a sofrer problemas xudiciais por levar a cabo a súa labor ( por exemplo Dionisio Pereira). Tamén me gusta porque pode contribuir a que os veciños teñan máis información sobre un tema no que os consensos históricos son en realidade moitos e amplos ainda que se teña por pensar o contrario. Isto é así debido á proliferación ultimamente de pseudoestudos históricos por pseudohistoriadores apoiados por grupos editoriais fortes. Estes estudos non son máis que a revisión en léxico dos postulados historiográficos do franquismo e son anunciados e publicados por grupos editoriais fortes vinculados á dereita española. Todo isto, ademais da transición democrática e o enorme poder propagandístico do rexime, fixo que en realida a visión da xente e o estado da cuestión historiograficamente non teñan case nada que ver. Por todo isto todos nós estamos de noraboa e por todo isto eu doume e douvos a miña máis sincera NORABOA.

13 comentários:

piribi disse...

Estou moi dacordo con escevola. Creo que para facer historia primeiro hai que pechar as feridas e facer xustiza con todos aqueles que foron represaliados por pensar diferente. A permanencia deste tipo de monumentos impide esa cicatrización e fai imposible pasar páxina.
Eu tamén me felicito.

Pepe Gondar disse...

¿Podemos conocer o escrito que presentou o concelleiro do Bng ao grupo de goberno para conseguir esa retirada? Sería bon saber que argumentos deron para conseguilo. Gracias anticipadas.

Anónimo disse...

DIARIO DE AROUSA
La retirada de una foto del Rey del salón de plenos genera polémica
La retirada del retrato del Rey del salón de plenos del Concello de O Grove por el edil de EU, Xan Lamelas, durante la presentación de un festival musical provocó un importante revuelo social.

Xan Lamelas, concejal por Esquerda Unida, decidió retirar ayer el retrato del rey de España que preside el salón de plenos municipal del Concello do Grove durante la rueda de prensa de presentación del Paraxe Festival, organizado por la asociación cultural Con Negro, y en el que colabora la concellería de Xuventude que dirige el edil de izquierdas.

Lamelas entró con los miembros de la asociación, y antes de tomar asiento, afimó que "iba a retirar un retrato que non tiña nada que ver", además de asegurar que sólo retiró el cuadro durante el tiempo que transcurrió la rueda de prensa, y que lo volvió a colocar en su lugar después de que esta hubiera concluido.

El portavoz del Partido Popular, Miguel Pérez, tildó ayer lo ocurrido de "disparate gordísimo e imporpio de calquera responsable político", y exigió que, "senón lle gusta a legalidade, que se dedique a outra cousa", ya que "non se pode respetar a que non respeta a lei e a Constitución". Para Pérez, el "proselitismo do republicanismo" es muy respetable, pero debe limitarse al ámbito privado.

Lamelas, en cambio, explica que efectuó la retirada por una sencilla razón, la coherencia con su ideología política: "son republicano e non me gusta que saia o rei detrás miña nunha roda de prensa".

El concejal comunista afirmó que acata la legalidad por la que tiene que estar presente en los plenos, pero no cree que tenga que extenderse a todos los usos del salón de plenos. En cualquier caso, asumió toda la responsabilidad política de un acto del que se manifiesta orgulloso ya que concuerda con los principios que "sempre mantiveron Esquerda Unida e o Partido Comunista".

Lamelas cree que la condición de repúblicano se explica con facilidad, ya que "como demócrata, penso que a figura do Xefe de Estado debe ser escollida democraticamente, e non por pertenza a unha determinada dinastía ou pola imposición dun dictador."

El concejal de Persoal e Xuventude cree además que el discurso republicano se va introduciendo poco a poco en la sociedad y en el debate político, y asegura que "o movemento republicano está a crecer día a día, porque aos políticos encheselles a boca falando de democracia e logo a xente comproba que non podemos nin escoller nada menos que ao Xefe do Estado".

Además, Lamelas no se olvidó de la actualidad mediática, y señaló la "enorme hipocrisía dos medios de comunicación españois, que nestes días están a criticar unha proposta de reforma constitucional en Venezuela que lle permita ao Xefe de Estado ser reescollido democraticamente, suxerindo que é unha práctica totalitaria, cando aqui censuran aos defensores da causa republicana".

Anónimo disse...

""""El portavoz del Partido Popular, Miguel Pérez, tildó ayer lo ocurrido de "disparate gordísimo e imporpio de calquera responsable político", y exigió que, "senón lle gusta a legalidade, que se dedique a outra cousa", ya que "non se pode respetar a que non respeta a lei e a Constitución""""".

MEU COMENTARIO:
MIGHELITO, QUE SEXAS TÍ O ABANDEIRADO DA LEGHALIDADE TEN COMO MÍNIMO GRASSIA, É UN BÓ CHISTE, A ESTE PASO LLE QUITAS O ESPASIO DO FARO A GOGUE... CO ENCHUFE QUE TES NESTE "PREÓDICO".

xabicam disse...

De Méndez do Faro de Vigo só darvos uns datos verificables. No último mes cubreu a información de Vilagarcía, obsesionado con darlle moita caña ao novo goberno local (psoe-bng) e solamente por unha razón. Fixo toda unha campaña de desprestixio das festas que organizaba o Bloque. E ¿por qué? Pois porque é o cuñado dun tal Sabarís, un peixeiro metido a comisionista, que controla negocios varios como as barras de Fexdega e algunha empresa de contratación de festas e espectáculos; man dereita do ex-concellal Roberto Araújo, o que levou o tema festas de Vilagarcía na era Gago, e que foi defenestrado polo psoe... Mirade as informacións tendenciosas das festas que fixo o Faro e entenderedes todo mellor.

Anónimo disse...

Pero que manía co Faro co Méndez, xa aburrides, en cada tema que sae no blog acabades falando do mesmo, xa vos podían dar. A quen carallo lle importa os seus rollos de Vilagarcía, que carallo de credibilidade mínima tedes pa decir algunhas chorradas que aquí se len coma si foran verdades absolutas, eu leo a prensa a diario e non vexo esas maquinacións das que falades que máis ben parecen de mentes enfermizas, non sei si é envexa ou simplemente ignoracia pero xa aburrides, que pena non poder facer un desto un blog constructivo donde aportar ideas e solucións e deixarse de tanta paja mental!
Vasta de facer política!

Anónimo disse...

Efe
Fecha de publicación:
20/8/2007
Hora:
Actualizada a las 15:52 h
Imprimir Volver El ex alcalde popular de O Grove Miguel Angel Pérez, imputado por el uso de datos de doce vecinos del municipio, sin su consentimiento, para las listas del PP vasco en las pasadas municipales, declaró esta mañana en el juzgado de Cambados que no tiene ninguna relación con este asunto.
Un representante del Ministerio fiscal y el juez de instrucción le hicieron esta mañana varias preguntas sobre el procedimiento electoral y el conocimiento que tiene sobre este caso.
Tras prestar declaración, el ex alcalde señaló que se trata de un caso «engorroso y lamentable en el que yo no tengo nada que ver».
Miguel Angel Pérez aseguró que durante su presencia en el juzgado no le aclararon por qué está imputado y «tuve que limitarme a responder a sus preguntas sobre cómo nos enteramos de lo que había pasado, cómo se concretó el procedimiento posterior, qué pasos se dan para incluir a una persona en una lista y otros similares».
Pérez afirmó que todavía no ha sacado una conclusión sobre las causas de este asunto, denunciado por vecinos que se enteraron de que fueron propuestos o incluidos en listas electorales sin su conocimiento y agregó que sólo puede decir que sus compañeros del PP de O Grove y el mismo «no tenemos nada que ver».
El ex alcalde se enteró del asunto a través de personas que presentaron la denuncia, entre las que hay trabajadores que pertenecen al ayuntamiento y sus familias.
Ante la posibilidad de haber sido imputado al estar afectado

Anónimo disse...

o manolito voló.

coco disse...

Pois eche unha pena oh!
Eu no fondo bou botar de menos o monolito, que senpre daba que falar (e recordar), porque unha marquesina, non me amoles meu. Eu creo que o rei que estivo antes co actual ten dereito a ter os seus monolitos nonsi . . .

Anónimo disse...

pois levao pa tu horta, si tanto che mola o coco

coco disse...

Non e o obxeto senon a funcion que cumpre, que actualmente non existe nada que a sustitua porque os de esquerdas non se atreven a levar a cabo as accions nas que creen a plena luz do dia e sen dubidar.

Anónimo disse...

E o que se comenta por aqui é que un fillo do Grobe como é Xosé Lois Oubiña esta sendo boicoteado e casi non pode facer as fotos na cidade que o viu nacer. O poder do Mentireiro MM é moito...non sei como os do Faro non se enteran....

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,