domingo, 29 de julho de 2007

Duascentas candidaturas? Así fago eu 2000.


Olas a tod@s:
Pois eso, segundo a Voz de Galicia o PP de Pontevedra presentou a máis de 200 pontevedreses ás eleccións municipais igualando ou superando ás que recolleu o PP de toda Andalucía. O asunto é que segundo a dirección cada provincia galega tiña que presentar 100 candidatos mínimo. Esta cifra só foi conseguida polo PP de Pontevedra e polo de Ourense. O mellor de todo é que fontes do PP de Lugo atribuen os famosos casos de Ogrobe a "la bisoñez de primerizos que lo malinterpretaron todo". Debe ser que a estes primerizos dixéronlle que había que xuntar 400 en toda Galiza e como non se chegaba tiverón que meter ata xente que non quería ir. Surrealista, é como se dixeran: robar robamos pero claro fue porque dijimos que había que conseguir dinero y la gente, que es muy bruta, lo malinterpretó y atracó el banco. Ala machiños que xa vos vale.
Por outra banda, dúas das persoas afectadas xa presentaron denuncias e as penas de cárcere poden ser importantes para os responsables da corruptela, ademais o cuatripartito xa anunciou que vai investigar e enxuizar aos responsables. Unha curiosidade que teño é ver se o fiscal da Audiencia xa se digna a investigar o asunto como dixo que faría cando se presentasen as denuncias ( debía ser que antes o asunto non era moi importante e entón non facía falta investigar, entón ¿ cales serán os delitos importantes?). Pero o mellor de todos é o noso ex ( exalcalde, que non se malinterprete) que ainda non dimitiu e, polo que parece, tampouco ten intención de facelo. Despois de falar os primeiros días e decir que pedía perdón o home xa non dixo máis, debe estar esperando a ver se ao pasar o día pasa tamén a romería e se zafa do asunto. E así nos vai con sospeitosos de 3 delitos ( e de bastantes temas de corrupción urbanística) estando de representantes no concello. Eso si, ainda que desto non dixo nada esixiulle a Fredi Bea que retirase a publicidade electoral das partes de atrás dos sinais de tráfico, que ainda que a min tamén me parece ben, paréceme un tema menor comparado con este. Por favor, ese home que se vaia para a súa casa se quere conservar un pouco de dignidade e que non siga a manchar o nome de todos os cidadáns de Ogrobe sendo un dos seus representantes.
Para rematar, parece que os avogados do ex van ter traballo abondo para despois do verán, como decía a canción: ¿Que le estará pasando al probe de Miguel?.
P.D: xa vimos como a xente do PP no canto de pedir dimisións acreditan en conspiracións e tonterías, máis unha vez a mesma historia. Señores, non somos tontos nin chupamos o dedo, o que teñen que facer os responsables políticos salpicados por delitos é dimitir. Xa sabemos que no estado español é raro pero se os cidadáns llo esixísemos ( e máis os seus votantes) xa veriades se o facían, pero claro temos os políticos que nós permitimos que estén.

14 comentários:

Anónimo disse...

ollade este sitio
http://ogrovequeixase.blogspot.com/

Panaide disse...

Que se pode esperar dun partido donde os seus votantes (non todos que conste) son máis corruptos que os propios políticos ós que votan...

Léde "Más allá de la Política",unha revista "sería e rigurosa" que trata con moi marcado caracter "obxetivo" a cospiración formada polos grupos nacionalistas e a esquerda para desacreditar o PP de Ogrove.Firma un tal J. Losantos...

P.D.-Ó da revista é coña,que seguro que algún/a ainda cré na tal conspiración...ASÍ NOS VAI
P.D2._Sufraxista te hecho de menos...

Anónimo disse...

Felicidades aos da Voz que levan unha investigació moi ben feita con este caso, e cos anteriores. E haber si Pérez dimite, ¿como e posible que aínda esté aí? Pido que se inicie a campaña para esixir a dimisión de Miguel Pérez.

Anónimo disse...

Demagoxia, demagoxia, demagoxia

Carlos Lema disse...

Despois de todo o que está caindo e que aqui non roden cabezas, da que pensar si realmente somos un pobo san (no tema da democracia me refiro, no outro, habera de todo). Como se decia nun dos artigos deste blog, que fará falla para que aqui a xente se mosquee e saque a gorrazos a estos impresentables das institucions (e os meta donde tiñan que estar).
Contabame unha vez unha compañeira que nunha fábrica de Cambados se lle facían toda clase de xudiadas as traballadoras pera ali non había maneira de que alzaran a voz e protestaran, e non sería porque algún sindicato intentara facerlle ver as putadas de que eran obxecto. Non habia maneira. Pero vaites que un día, unha desas escravas (perdon, traballadoras) que se atopaba embarazada tivo que ir o médico e atopouse que se encontraba sen asegurar. Armouse a de Dios é Cristo e iso foi o detonante para que sairan a luz todas as putadas e inxustizas que lle facían a esa xente. Hoxe en día, esa fábrica e punteira en dereitos dos traballadores.
Teñamos fe. Agardemos que Cachuli e Cía fagan algunha trastada que encrespe tanto os animos que o pobo de Ogrobe os corra a gorrazos.

Anónimo disse...

Trastadas hai moitas, e teño a esperanza de que saian á luz. O problema é que ás veces, hai persoas con un certo grao de fanatismo político. Inclúo a simpatizandes de tódolos partidos. Agora ben, en certo partido político, sobre todo a nivel local e un pouco a nivel autonómico,(quero creer que a nivel nacional pola repercusión social isto non acontece), abunda unha idea en moitos simpatizantes e votantes, non todos, tamén é certo, de que a política é para arreglarche os teus problemas persoais chapuzeando, amañando, desprezando as leis, se hai que mentir míntese, ti fai que eu miro para o outro lado, veña que si me contratas ó fillo bótoche unha man e a miña familia e fiel e numerosa, "ínchoche" a factura e despois se tes algo na tua casa xa falaremos,gasta ben (se deixamos facturas no caixón mellor que mellor)que vamos perder as eleccións e despois lle van quedar cartos a eses listos que veñen ahí, bótame as baldosas na rúa que despois igual non estamos inda que sexa que só chege á altura da miña casa (mirade detrás do quiosco da portuguesa e a só 100 metros a desfeiteira das riadas)e ademáis por alí hai moito rojo, e así miles.
Pero insisto que hai moita xente á que iso lle vai e xa poden cair ostias a mares que seguirán votando e apoiando.

prensa do concello disse...

O xoves día 2 de agosto, ás nove e media da noite, na Casa da Cultura Manuel Lueiro de O Grove representación da obra de Teatro

ÁS VECES SENTÍMONOS TAN CANSOS QUE FACEMOS ESTAS COUSAS, da compañía NOVE DOUS TEATRO.

Entrada libre restrinxida para maiores de 18 anos. Organiza a Concellería de Cultura do Concello de O Grove.

prensa do concello disse...

Arte e música en San Vicente de O Grove

O venres, 3 de agosto,. ás 21.00 horas, inaugúrase a exposición de pintura de Víctor Mejuto, no Club Náutico de San Vicente. No acto intervendrán, ademáis do artista, Antón Mascato, concelleiro de Cultura, e Xosé Avelino Ochoa, presidente do Club Náutico.



O mesmo día, ás 10.30 da noite, na Praza do Club Náutico, Porto Deportivo, de San Vicente de O Grove, terá lugar a actuación do grupo de pop rock, Jailanders, un dos grupos emerxentes na nova música que se está facendo na comarca de Arousa.



Os dous actos, con entrada libre, están organizados polo Club Náutico e Concellería de Cultura do Concello de O Grove, nun proxecto de colaboración do Concello e diferentes entidades sociais. Antón Mascato salientou a necesidade de descentralizar a actividade cultural no Grove, tendo en conta o incremento poboacional que nos meses do verán ten lugar na parroquia de San Vicente.

piribi disse...

Leo no faro de Vigo que Miguel Pérez "lógicamente tendrá que ir a declarar ante la jueza"... estes non se enteran: non vai declarar por lóxica, vai porque ESTÁ IMPUTADO por tres delitos... flipo!!

Carlos Lema disse...

Meu deus. En que facultade de periodismo estudiarian esas lumbreras (bueno, dun xa sabemos que non foi quen de rematar, non nos estraña). A non ser que vexan tan lóxico que el sexa o culpable para poñer ese título.
De todolos xeitos, son chamativas as suas declaracions a saida do xulgado cando di que el "vai comerse un marron do que non e culpable". Home, algo si que ten que ver como máximo responsable que era dese partido e do concello, polo que non é aventurado dicer que el sabia algo do tema. Outra cousa é que o fixera el ou non (cousa que honestamente penso que o fixeron outras persoas). Pero e que cando se xuntan Cachulis e Pantojas e se dan situacións e separacións e malquerencias, acontecen a pasar esas cousas, unhas veces por vinganza e outras por iñorancia. Que para o caso, veñen ser o mesmo.

camipla disse...

Y El gran Falo de Vigo, con su Gurú, Manolito Méndez, continúa con su estilo limpiamierdas del Pepé, venga ya que lo subvencione Louzán y los hermanos Dalton, o mejor que ejerzan su poder de compra y pasen por el registro. Os dejo tengo que vomitar. Y el bigotes va de bombero involuntario cobrando parné. Cuando empezaremos a correrlos a gorrazos...

Anónimo disse...

E o que se comenta por aqui é que un fillo do Grobe como é Xosé Lois Oubiña esta sendo boicoteado e casi non pode facer as fotos na cidade que o viu nacer. O poder do Mentireiro MM é moito...non sei como os do Faro non se enteran....

cabeza de moro disse...

Creo que non se precisan comentarios ao respecto, os feitos son obxetivos por si mesmos e se houbera algo de dignidade da indecencia cometida, algunha persoa debería de ter xa dimitido e isto amósanos algunhas cousas: primeiro que a corda sempre rompe polo sitio máis feble, que no PP non demite ninguén e que o verdadeiro culpable vai saír de rositas.

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,