quarta-feira, 11 de julho de 2007

As inmobiliarias, honradas tamén as haberá.

Olas a tod@s:
Volvo a escribir de urbanismo, o tema de moda. Fagoo a raiz da polémica cun anónimo na miña anterior columna. Ben, estou seguro de que hai promotores inmobiliarios honrados pero coincidiredes en que ultimamente non o parece. Eu coñezo dez persoas que mercaron un piso neste último ano. Das dez só dúas non tiveron que dar sumas importantes de diñeiro negro para poder facerse co piso e das dúas que non o tiveron que facer unha mercou o piso nunha cooperativa. Polo que eu escoito e leo nos xornais esta é a práctica común no mercado inmobiliario. Eu vivín 7 anos en distintos pisos de aluguer e ningún dos seus propietarios declaraba o aluguer a facenda, os contratos que firmei foron todos de dubidosa legalidade e un dos pisos nin sequera existía pois o home fixo un ático onde se supón que era o trasteiro e polo tanto o piso non existía como tal no rexistro da propiedade ( este último alugueino a través dunha inmobiliaria). Como dixen antes estou seguro que pese aos casos de sobornos, corrupción, construcción sin licencias, etc ; hai seguro promotores inmobiliarios honrados. Agora ben, o que non pode ser é que os promotores se queixen de que hai unha persecución contra eles porque parece que a corrupción tivo e ten un papel importante nos negocios inmobiliarios. O que deberían facer é a través das súas organizacións sectoriais perseguir aos corruptos e non darlles amparo.
En fin serán uns perseguidos pero a verdade é que, visto o visto, a min non me dan pena ningunha. ¿Ou é que cando facían cartos a moreas con subornos e especulación pura e dura levantaron algunha vez a voz para denunciar estas actividades ou para protexer os litorais e demais espazos protexidos onde construiron con malas artes? É todo isto non o digo eu só, dino Greenpeace, a UE, nalgúns casos famosos a Unesco e mesmo o The Economist. Cando comecen a denunciar aos seus compañeiros de viaxe igual me replantexo o da pena.

3 comentários:

Pepe Gondar disse...

Como é posible que no concello de O Grove, na oficina técnica de urbanismo, sea unha das principales funcionarias a muller dun especulador inmobiliario, e por riba irmán dun constructor especulativo e infractor; duda alguén da posibilidade de información privilexiada, trato de favor ou preferente, e da connivencia entre técnicos e especuladores. Pois por eso debía traballar esa muller no departamento de multas, por decir algo. Por supuesto e mentres a xusticia non diga o contrario, falo de posibilidades, presuntas irregularidades. Si son delito ou non xa se verá no futuro.
E xa que estamos neso, duda alguén do tráfico de ilegalidades que representa para os funcionarios que ocupan a praza de aparelladores en Marín e no Grove o feito de cruzarse as firmas dos proyectos urbanísticos ou das licencias, para facer todas as chanchulladas habidas e por haber; co mismo trato preferente e eficiente aos proyectos que levan a firma do colega, sendo propios; ollo como no caso anterior e mentras a xusticia non diga o contrario, falo de posibilidades, presuntas irregularidades. Si son delito ou non xa se verá no futuro.
Si de verdá temos un goberno de esquerdas e non fai nada por desenmarañar toda esa trama, que lle vai esplotar nas mans, deixaremos de creer na esquerda á que voatamos para acabar coas redes mafiosas. Algún día tendremos que ver cal é a linea que une a corrupción urbanística cos narcos, e Érguete ten moito que decir nesto, porque sabe, non actúa como Avendaño lles marcou o camiño, pero sabe.

Anónimo disse...

Todas son PRESUNTAS SUPOSICIÓNS INFUNDADAS EN NON SE I QUE COUOSA ESCOITEI EN NON SEI QUE TUGURIO.. e acontinuación pides que sexamos indulxentes con esa persóa ata que a lei a xulge ¿a van a arrestar ou xulgar?... E te quedas tan pancho falando doquedebeser enonser. Deixasme flipado.
Haber que che parece cando alguén fale "presuntamente" mal de ti, ou da túa familia, muller... do mesmo xeito do que ti "o deixas cair".

E non me dijas que son anonimo e que non dou a cara e non sei que cousas mais, pois un tipo que como ti, e que raja con tanta facilidade e tranquilidade dunha pesóa que non conoces... a min que me coñeces.... que VOTARIAS por esa boquita de piñón. esquerdososqueestadesnaposesióndaverdáabsoluta

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,