domingo, 22 de julho de 2007

¡Que se vaian para a súa casa ( ou para o carcere)!


Olas a tod@s:
Sabedes que normalmente non me gusta acusar a persoas ou partidos políticos de delitos sen que estes se tivesen constatado como tales, hoxe vou facer unha excepción posto que este asunto xa non é que sexa un escandalo, senón que é unha das barbaridades máis grandes que se teñen dado neste noso concello. Escribo este artigo desde a máis profunda indignación así que se hoxe son moi duro, polo menos xa vos aviso antes. O tema en cuestión é o escándalo da presentación de traballadores do concello ás eleccións municipais en Euskadi sen teren estes dado o seu consentimento. En si que haxa polo momento 5 casos e a gravidade dos feitos xa fai que polo menos máis de un xa tivese que ir para a súa casa ( polo menos). A resposta do PP é xa de traca, por un lado fontes do PP din que tiñan o consentimento; por outro o noso Flanders tenta reunirse cos afectados para tentar evitar as denuncias; o Louzán ( xefe do PP pontevedrés) nin abre a boca para decir calquera cousa e finalmente, o Nuñez Feijoo pide desculpas e di que se investigará e que haberá depuración de responsabilidades. Bonito lío, ou sexa todo á vez que así xa non hai equivocación posible. En román paladino, un escándalo e unha tomadura de pelo a todos os cidadáns e ao sistema democrático. Cabe preguntarse por unha serie de casualidades e declaracións. Primeiro, ¿ se xa tiñan o consentimento porqué se oculta e se tentan evitar as denuncias a calquera prezo?, ¿se non hai nada que agochar que problema hai en sair e dicilo ou mesmo en que te denuncien?. Segundo, ¿como é posible que sendo todo legal para algúns, Flanders e Feijoo xa pidan perdón e aseguren depuración de responsabilidades?. Terceiro, ¿ se está todo tan legal por que non sae o Louzán a contarnos algo?. Despois temos as "casualidades de la vida", catro traballadores do concello no Grumir e outro que fixo un curso no concello, que ademais o concello tiña a fotocopia do DNI para o contrato laboral e que ademais ningún sexa militante do PP e nalgún caso que eu coñezo nin simpatizante nin votante. Entón teremos que crer que en realidade pese a non ser simpatizantes do PP si que consinten voluntariamente ir nas súas listas e despois queixanse pero por molestar. Xa, e nós somos tontos e chupamos o dedo. Pero claro para ser todo tan legal resulta que hai moito medo ás denuncias ( xa sabedes que como se di popularmente "quen ten cu ten medo") xa que os cargos poderían ser tres, e por riba graves, usurpación de identidade, fraude electoral e falsificación de documento público. Eu creo que o mínimo que xa se lles pode esixir aos dirixentes do PP é a súa dimisión de calquera posto de responsabilidade política ou pública en Ogrobe, a dimisión de Louzán e unhas pormenorizadas explicacións por parte de Nuñez Feijoó. Isto como mínimo e se polo menos queren marchar con certa imaxe de dignidade que eu hoxe non lles outorgo. Ademais a fiscalía xa podería actuar de oficio xa que considero que estes delitos son o bastante graves. Agora ben, tamén todo o pobo meco lles debe deixar clariño a esta caste de individuos que non toleramos aos trampóns e aos mentireiros, que non toleramos a quen quere convertirse en paladín da democracia pero non lle importa pervertila e violala e , en definitiva, a quenes abusan desde o poder co único obxectivo de alcanzar máis poder. E todo isto débese dicir e se , ainda así, estas persoas teiman en seguir sendo representantes do pobo nas próximas eleccións non as debería votar nin a familia. Porque tamén vos digo outra cousa, se isto non ocorre, que ninguén se queixe nunca máis dos políticos que hai porque entón o que ocorre e que tragamos todo ou , como dixo Castelao, mexan por nós e dicimos que chove.E ainda vos digo máis, ¿ se isto non chega para que estes fulanos se vaian ou os botemos, que se supón que teñen que facer? Porque eu a verdade xa non sei que máis teñen que facer para que a xente os largue para as súas casas ( ou a xustiza para algún outro sitio).
A noticia na Voz de Galicia

20 comentários:

Panaide disse...

Totalmente dacordo con todo o dito.É máis,constame de primeira man que o luns dous dos afectados van ir o xulgado a presentar unha denuncia polo tema...tempo o tempo que esto non vai quedar así (NIN QUEREMOS)

Strashnij disse...

ainda non foches demasiado duro amigo escébola, a fogueira con eles, moi ben falado.

Anónimo disse...

Segundo rumores que circulan por Ogrobe, parece ser que a ex-concelleira (A Pantoja) pudera ter algunha relación con este tema. Si temos en conta que naquel entonces (non sabemos agora) a Pantoja era asalariada (asesora) da Deputacion Provincial de Louzan, podese comprender perfectamente o silencio do Rabizo . Acaso non estaria a Pantoja recibindo órdenes de mais arriba para facer esta manobra?

Panaide disse...

E agora tamen sae Marinita nos "preódicos"...Parece que por fin se empezan a destapar todolos chanchullos,cambalaches e plans ocultos dalgúns que pensaban que o noso pobo era só deles catro...O Watergate vai ser unha tormentiña de verán comparado con este tifón que se aveciña...

Anónimo disse...

Ó das 14:05.
Hai qu chamar a cadaquén polo seu nome. Esa non é a pantoja, é a "jurado". A "pantoja" é @ amig@ de cachuli, é decir, o da empresa de levar ós defuntos ó cementerio.
Joder, e que sinón armamonos un follón.

Nel Blue disse...

Marina a malina, por fin leva veneno do que tanto sulfatou dende que empezou amargando á boa de Carmen Barreiro, que hasta lle meteu unha depersión de baixa laboral tamén por acoso. Que o os do goberno empecen a limpar esa porquería, Marinita, Yovana, Cacharra, Caralla, esas catro son os pés do banco do Pepé no Concello, as que lle van facer a puñeta aos catro grupos. Leña ao mono, sen piedade, que son bazofia humana. Acosadoras, mentireiras, pasan documentos aos que xa non gobernan, e son malas como a pesta.

Anónimo disse...

perdón pola miña falta de posta a punto.
¿a cacharra é a psicóloja ou aljo paresido, sobriña dun que anda no allo?

Piribi disse...

Di Feijoo que se trata de un "error imperdonable". Pois se é tan imperdonable que os responsables se vaian para a súa casa e que vaia pensando que igual non foi un erro, senón un delicto.

nel blue disse...

A Cacharra é a que colle os papeles que metes no rexistro e xa lle pasa copia a quen a meteu alí dentro, e de paso quen se engarga de darlle os papeles que lle fai falta que desaparescan. Un pelijro para a salú do axuntamento e un problema para os que mandan ajora. Pero eles que non limpen, non, que a porquería váilles salir polas torres e o tellado.

a sufraxista disse...

A todos os que inxuriades contra a xente en xeral e contra a dignidade humana en xeral dende a impunidade mailo anonimato vos pediria un exercicio de reflexión. Aquel que pon unha bomba contra unha persoa ou atenta contra ela pola sua ideoloxia politica, non defende a democracia nin a liberdade senon que defende o fascismo miala epoca do terror. Creo que nas carceres hai casos moito mais humanitarios e moitos mais dignos de apoio popular ca os de un terrorista porque todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade e a reintegrarse socialmente e a demostrar que pode facer as cousas ben pero un terrorista cando sae pola porta o primeiro que fai e plantexarse como volver a atentar.
Lle pregunto a aquel que defende o terror que pasaria se a bomba collera unha perna da sua nai, deixara ao seu pai en cadeira de rodas ou desfigurara o rostro da sua filla..¿como te sentirias?
Ademais soltar a De juana Chaos por unha folga de fame como se se tratara da pataleta dun neno pequeno supon que o resto dos presos teñen exactamente o mesmo dereito senon se trataria dunha desigualdade comparativa e de seguro que hai moitos casos que merecen mais o terceiro grado e maila posta en liberdade.E un EStado que defende a legalidade non o pode consentir. Cada vez que alabades o terror, tirades abaixo a democracia.Cada vez que utilizades este medio para insultar a xente en xeral, aos nosos veciños, como se estivesemos nun estado fascista ferides de morte á democracia. ¿Porqué non alabades a Platón que foi unha persoa que non dudou en da-lo todo pola sua cidade, polas suas ideas e polos seus valores?

Panaide disse...

A ver...Creo que se nos está indo a perola a todos un pouquiño non?.Penso ( e estou por afirmalo) que nestes comentarios ninguén defende o terrorismo,nin ós asesinos que no nome da "independencia" dun pobo matan a xente que non ten culpa ningunha de nada..
Aquí do que se fala é da terxiversación das leis que os partidos de turno fan con fins partidistas.Eu persoalmente penso que cada un ten que cumprir coa pena que se lle impute nun xuizo,pero sempre seguindo as bases que se tipifican no codigo penal.
Por certo,eu son Nacionalista,demócrata,antiterrorista e republicano (a ver si agora xa queda claro dunha vez).

Antes de marchar,vou deixar unha pregunta no aire....Se todos contra os que atenta a banda terrorista son victimas do terrorismo,digo eu...Nunca vos preguntachedes porque hay tantas asosiacións de victimas diferentes e que non todas comulgan unhas con outras????.Victimas sí,pero antes deso PARTIDISTAS..

A SUFRAXISTA disse...

¿E porqué no Grove hai xa duas asociacions para a utilizacion de artes tradicionais de pesca como hobbie se é un pobo de 11.000 habitantes? ¿e dous ou mais equipos de futbol? ¿e varias de turismo? Porque onde hai xente, existe a diversidade de opinións, pero eso non lle da dereito a ninguén a insultar a nadie por non pensar igual, nin a masacrar a ninguén, nin a dicir que somos un pobo nin unha nazon manipulada polo odio aos terroristas, xa que ainda que nalguns puntos poidamos estar en desacordo, alguen que mata por ideoloxia politica está comentendo o maior atentado contra a dignidade humana, e o peor crimen e delicto que se pode cometer. O que se vota de menos e unha politica de Estado consensuada contra este tipo de barbaries, onde participen PSOE, PP e todolos partidos con representación politica. Pero os cidadans non estamos manipulados cando non queremos deixar que nos vacilen con De Juana Chaos, Otegui ou outros terroristas. Que loiten coa palabra e coa democracia se queren e se non que se vaian porque as cárceres nos supoñen moito gasto para os cidadans.

Escévola disse...

Amig@ sufraxista: Cando eu me referín noutro blog ás manipulacións que existen no tema do terrorismo referíame precisamente a discursos como o teu. Primeiro disnos que a diversidade é marabillosa pero só mentres non inclúa diversas solucións e análises do problema terrorista. Boa contradicción. Despois sempre podemos opinar sobre o tema pero se nos saímos algo do discurso oficial entón xa somos sospeitosos de connivencia cos violentos, esta ben. Obviamente eu condeo a violencia dentro dun estado democrático como modo de expresión política pero iso non quere dicir que comparta a solución policial como única ao problema. Se queres póñoche uns cantos exemplos de manipulación. O caso de Nafarroa Bai é paradigmático, para gran parte do estado é unha forza sospeitosa de terrorismo. Isto é así porque nesa plataforma hai dúas escisións de Batasuna; Aralar e Batzarre pero resulta que se escindiron precisamente por condear a violencia. Entón cando non condenaban porque non o facían e agora que o fan tampouco vale. Despois recórdoche que España é o único estado europeu cun caso probado de terrorismo de estado (os GAL) e os seus promotores lonxe de estar na cadea están na rúa amnistiados por PSOE e PP ( vese que eses eran terroristas doutra clase). O estado tamén pechou Egunkaria e Egin e despois tivo que volver abrilos por orde do Tribunal Europeu pero iso non saiu nos telediarios. Despois todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade menos os de ETA disnos ti, do que deduzo que logo estes teñen que estar no cárcere sempre pois ainda que cumplan a súa condea non nos parece ben que saian e buscamos calquera método para voltalos a encerrar. Despois temos o caso das ilegalizacións, se un foi militante de Batasuna non pode ir en ningunha lista electoral xa que entón a contamina e polo tanto se ilegaliza. Este proceso xa esta no Tribunal Europeu e segundo xuristas europeus moi importantes pode ser que se anulen en 5 ou 6 anos as primeiras ilegalizacións feitas con ese método. De Juana xa cumplira a pena polos asasinatos e estaba condenado por ter escrito tres artigos en Gara non por matar a ninguén, pero eu iso tampouco o escoitei nos xornais. Despois vemos que a democracia consiste que goberne o PP nun pobo de Euskadi con 27 votos mentres a lista anulada de ANV conseguiu máis de 300 e aos do PNV e EA outros máis de douscentos. Está claro que non hai manipulación ningunha por iso xa verás como se van anular as listas do PP de Euskadi con xente que non deu o seu consentimento. Por último, Batasuna ten arredor de douscentos mil votos logo o problema non debe ser tan facil de solucionar e a idea de que se vai acabar co terrorismo só mediante a loita policial ten graves eivas. Tanto é así que te reto a que me digas un so conflicto de terrorismo con base social ampla que fose derrotado pola policia en toda a historia contemporanea. Xa cho adianto, non hai ningún, todos as bandas terroristas disoltas pola policia non tiñan apoio social ningún; onde houbo base social a solución foi sempre negociada. Por iso cho repito para evitar malas interpretacións eu estou en contra do terrorismo pero non me veñas acusando de nada con discursos totalmente simplistas cando estamos a falar de problemas moi complexos e de dificil solución, porque se a solución fose tan simple onde vai que se tivese acabado con ETA.

A SUFRAXISTA disse...

Hola Esceévola

¿Donde fixeche lo master de ETA? Todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade sempre e cando non vaias pegendo tiros e poñendolle bombas á xente porque non pensa coma ti.
Eso é a DEMOCRACIA. Non chegar ao goberno mediante a violencia, eso é FASCISMO. E non fai falla ningún master en terrorismo nin en violencia pra sabelo.

Escévola disse...

Non sei se desprendo do teu comentario que me acusas de connivencia con ETA ou algunha cousa polo estilo. Volto a decirche o mesmo, eu estou en contra do terrorismo. Así mesmo tamén estou en contra da pena de morte e da cadea perpetua, se ti non o estás e cres que se deben aplicar no caso dos terroristas dio claramente e deixate de rodeos. Digoo porque ti eres a que está a dicir que os terroristas non deben sair da cadea, moi ben, é a túa opinión pero entón dio claramente. Non teño ningún master en terrorismo e moito menos en violencia e desde logo non me dedico a acusar aos demais de semellantes crimes, por certo xa que falas de fascismo ¿ como lle chamas ti a chamarme terrorista por porche algúns exemplos de casos de manipulación informativa relacionada co terrorismo?. Eu non defendo a ETA pero si a aqueles, como no caso de Egunkaria, acusados de ser terroristas e sometidos a linchamento público polo estado e os medios de comunicación sen ningunha proba como logo a xustiza amosou. Eu defendo o estado de dereito e, polo tanto, non podo defender retorcimentos de leis e falsas acusacións , que na busca de acabar con ETA, acaba con persoas inocentes e polo tanto pervirte os alicerces mesmos do estado de dereito. Se a ti isto che parece "connivencia" co terrorismo ou algunha cousa polo estilo creo que xa demostras cal é a túa catadura moral.
Postdata: perdón por ter certa cultura e coñecementos que che poidan molestar.

Anónimo disse...

SCÉVOLA, POR SE CHE SERVE DE ALGO, ALGÚNS SABEMOS LER E NON VEMOS DEFENSA DE ETA POR NINGURES DOS TEUS ESCRITOS, SÍ DO ESTADO DE DEREITO, DAS LIBERDADES E DA DEMOCRACIA. PERO CANDO OS TALIBÁNS QUEREN TAPARLLE OS OLLOS ÁS SUFRAXISTAS, POIS RESULTA QUE SE MIRA O CONTRARIO DO QUE SE VE.
SUFRAXISTA LE O QUE PON, NON O QUE QUERES QUE POÑA E SACUDE O TALIBÁN QUE LEVAS AO LOMBO, CARIÑO.

Anónimo disse...

¡Por fin van tomando conciencia! Resulta que o presidente da diputación de Pontevedra compara o sucedido no noso pobo co as listas no PV, co sucedido en Vilagarcía de Arousa. Nesta localidade o alcalde dimitiu ó non estar claro o tema da compatibilidade.
Por ende, e sendo coherentes, o/s responsable/s de tal desfeita irá/n dimitir. ¿Ou será que teño unha mañá inxenua?.

Anónimo disse...

Miguel Pérez e a súa rede mafiosa é un cancer para Ogrove. Que dimita xa e que se vaian con el o Emparellador, a Emparellada, Jaroto e Méndez o que lles sirve de colchón para as noticias malas e de altavoz para as que lles sale da gana.

piribi disse...

Vaia, vaia... estou abraiada... Así que a lóxica di que se uns tíos usan o meu nome sen o meu consentimento e me presentan a unhas eleicións e o denuncio... son unha terrorista?!?!?!?!?!?
Que deus me asista!!! Non entendo nada

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,