quarta-feira, 18 de julho de 2007

¿Pedir disculpas por que?


Olas a tod@s:
Leo hoxe no Diario de arousa que o noso novo alcalde pide perdón a todos os veciños que se sentiron agraviados por non ter ido á misa do Carme e que por evitar confrontacións non se voltará a repetir. Pareceme lamentable. Non entendo primeiro porqué ten que pedir perdón xa que non están entre as obligacións dos alcaldes acudir ás misas en representación do conxunto da cidadanía xa que esta non ten porque ser crente de tal relixión, nin a igrexa é unha institución que forme parte da res publica. Sei que sempre se di deste tipo de cousas que en realidade son tradicións, non estou de acordo, se fosen tradicións, entón ¿cal é a liña que separa relixión e tradición cultural?. Ademais asistir a un acto relixioso debe ser unha decisión persoal e só atinxir ao ambito da privacidade persoal, non , como no caso de cargos públicos, atinxir ao cargo e polo tanto á representación dunha cidadanía que non ten porqué compartir ese conxunto de crenzas. Isto obviamente ten ademais a súa orixe na escenificación da subordinación histórica ( e no caso do estado español ate hai moi pouco) do poder temporal perante o poder relixioso ou, cando menos da ligazón entre relixión e poder político. Paréceme peor ainda o de "evitar confrontacións" e polo tanto ir en anos próximos, ¿quere dicir iso que se en anos posteriores os ateos nos vemos ofendidos pola asistencia o alcalde vai deixar de ir ou iso só funciona no caso dos católicos?. Eu estou bastante canso de ver como certos políticos se pregan ante esixencias relixiosas únicas na Europa occidental, temos o caso do ensino concertado e as prazas que nunca ofertan a inmigrantes, a asignatura de relixión nas escolas, agora a obxección que disque van facer os centros concertados católicos da asignatura de educación para a cidadanía ( ¿se un alumno se nega a ir a calesquera outra asignatura tampouco vai pasar nada ou tamén só o poden facer os católicos?). Sr. Alcalde se vostede é católico e quere ir á procesión, a misa ou a romería, vaia pero vaia a título persoal porque eu desde logo non quero que vostede me represente en ningún acto relixioso, ¿ vai atender esta petición ou eu merezo menos respeto que os cidadáns católicos?. Os tempos eses de que os políticos tiñan que ir á misa coido que xa pasaron, ao igual que os tempos onde unha relixión era a verdadeira e propia do estado. A min dame igual as crenzas persoais de cada un porque estas pertencen ao ámbito privado e individual pero logo tampouco temos que facelas actos públicos coa asistencia de alcaldes en cualidade de alcalde xa que entón xa estaremos traspasando a barreira do privado e invandindo a esfera pública. Digo que eu que os crentes católicos non terán porqué imporlle a ninguén a súa participación en actos de relixión e menos a toda o pobo pois isto é o que representa un alcalde, a totalidade do concello.Non sei despois resulta que a igrexa está perseguida e que os ateos non somos respetuosos ( por certo para a igrexa non hai ateos só agnósticos), xa xa, xa se ve que si.

18 comentários:

todogrove disse...

totalmente de acordo! ao 100% e máis lamentable pareceme o trato que lle da da o Diario de Arousa con ese titualar tan amarillo, cando o titular debería ser da noticia en si da msia ou das medallas pero nunca esto que como moito pode ser anecdotico ou comentalo aparte en menor medida

ostias disse...

Ir ou non ir a unha misa, sendo alcalde ou sendo o responsable da limpeza da rúa, é unha opción persoal, que só pode afectar ao ámbito do privado, á liberdade de opción relixiosa e de culto.
O problema xurde cando individuos da catadura moral, ética e política de Fujas se atreven a cuestionar esa liberdade de culto, poñendo a man para recoller o que lle dan no Concello; cando un xornal que financia a Deputación de Louzán xoga co Pepé a apretarlle as bolas do cutriparto; e cando un alcalde timorato non é quen de manter a súa posición inicial de non aistir a actos litúrxicos e decide poñerse de rodillas pedindo perdón, por riba de darlle 20.000 euros.
Que tristeza, que panorama tan pobre, que miseria ética. Ai Grovegrove!, das pena con toda esa pandilla de incoherentes, zafios e vulgares. Os de dereitas e os de esquerdas. O reparto de ostias tamén polas rúas e nos xornais, manda carallo, o que hai que ver! Os das comparsas xa teñen tema.

Anónimo disse...

Manda carallo na Habana. "Pedir perdon por non ir a misa", "Non lle tocar o persoal para que non se pense que hai caza de bruxas", etc. etc. Meu Deus o que nos espera con este homiño "politicamente correcto". Creedes que con estos bimbios este home vai deixar que se mova o Manolito, ou que se poña a andar o persoal do concello, ou .......
Cando nos pedirán alguns politicos perdon e disculpas ós cidadans por incumplir aquelo que dixeron que iban a facer e para o que nos pediron o voto.
Por certo, comentame un paxariño que a Barby do concello ten mais de unha denuncia pola sua actitude despotica cos seus supostos compañeiros de traballo. Vai facer algo o alcalde ou o responsable de persoal con este caso ou teremos que esperar que salga algunha denuncia por Mobbing co conseguinte gasto para o concello.
E certo que leva pouco tempo, pero as prespectivas para aqueles que agardabamos un cambio non che son precisamente moi esperanzadoras. Pacencia que catro anos pasan pronto e haberá que seguir buscando. Tempo e pacencia é o que nos sobra.

Anónimo disse...

e cando pedira Fujas perdón? porque tamen ten que rascar... xa iremos desbullando...

Anónimo disse...

Con respecto o comentario sobre a Barbi, o primeiro que terá que decir algo o respeito será o seu responsable politico Anton Mascato, digo eu non?

Anónimo disse...

si o alcalde decide disculparse, por non haber estado en representación do cargo que ocupa na misa do Carmen. ¿Dónde está o problema?
E unha decisión persoal.Tan de respetar como a de ir ou a de non ir a Misa.

Anónimo disse...

Si, si e que pasa con algunha mestra do Concello que deixaba a outras persoas dando clase mentres ela andaba de paseo?
Van a volver a contratala outra vez?

Anónimo disse...

Hai que ter unha boa información e probas antes de facer comentarios que tentan contra a integridade das persoas.
Non sei porque te empeñas tanto en desprestixiar o traballo do novo equipo de goberno sen coñecelo.
Nin o alcalde, nin o Concelleiro de persoal nin o do dito departamento teñen que tomar ningunha medida cotra ninguén porque non existen tales denuncias nin casos de mobbing e os compañeiros de traballo están con esa persoa incluso fora do seu horario laboral polo que non creo que se sintan acosad@s.
Supoño que vos pensabades que o equipo de goberno ía chegar e despedir a todos os que vos caen mal, simplemente por ter opinións diferentes ás vosas, pero grazas a Deus son o bastante competentes como para obrar con prudencia e equidade.
Hai moitas persoas traballando no Concello que levan moitísimos anos e pasaron por moitos gobernos diferentes. A súa ideoloxía política ou relixiosa non interfire para nada no seu traballo e non se pode discriminar a ninguén poas súas ideoloxías.
Vos tamén podedes ser funcionarios o único que tendes que facer é presentaros ás oposicións e ter os estudos e a preparación necesaria para aprobar. De momento as probas son libres e todo o mundo ten opción a elas.
Así que ánimo e a estudar!

Escévola disse...

olas a tod@s: ando algo liado estes días e por iso acabo agora de ver as mensaxes. Sobre o da barbie do concello non teño opinión porque non sei exactamente quen é nin cal é o problema polo tanto non vou opinar ( só os tertualianos da radio falan do que non saben e o caso é o que o fan como se soubesen, pero é outro tema). Do de pedir perdón, para min non o fai de modo persoal xa que a suposta afrenta non é porque non fora el persoa senón porque non foi el na dignidade de alcalde. Entón xa non é unha cuestión súa persoal senón súa como autoridade e representación dos veciños. Respecto dos funcionarios, teño que dicir que obviamente hai que demandar probas antes de despedir a unha persoa. O que non me gusta tanto é a referencia a que as oposicións están aí para todos. Nos concellos a maioría das oposicións son daquela maneira, xa que son concurso-oposición e os meritos (e os puntos que se lle atribuen) están moitas veces postos para que se faga coa praza alguén en concreto, un exemplo: hai casos nos que se puntuou máis un curso de 30 horas que unha especialización universitaria (as dúas do mesmo campo) simplesmente para outorgar a praza a alguén en concreto. Polo tanto eu no que atinxe aos concellos teño as miñas dúbidas sobre a limpeza das oposicións e xa vivín persoalmente algún atropello.

Anónimo disse...

eu tamen andoche liadismo,(non preparando oposicións )pero teño algo de tempo para darñe un vistazo os menxases, e volvo a decir.¿dónde esta o problema? si Josë cacabelos, que asume a responsabilidade de ser alcalde de O Grove, decidi EL, por o que sexa, E A SUA DECISION pedir disculpaas.¿Dónde esta o problema?
Si ti chegas a ser alcalde de este pobo, pois fai o que ti consideres que tes que facer.SERA A TUA DECISIÓN ,para ben ou para mal.Peo eu supoño que o cargo politio que se ocupa sopresara nesa decisión.

Carlos Lema disse...

Coincido plenamente ca manifestacion de escevola cando di que o alcalde non está pedindo perdon como persoa a titulo particular (que pode ser do credo, idea, ou tendencia que lle veña en gana), senon como alcalde dun concello de 11000 habitantes donde non todos somos do mesmo credo e donde por suposto nunca nos enfadamos porque nin este nin ningun asistiran as nosas celebracions, entre outras cousas porque entendemos que esas celebracions atinxen o ambito do privado e non o do publico. Con respecto as oposicion no concello, penso que neste e noutros blogs, asi como na prensa e inclusive no caso concreto de Ogrobe por propia denuncia dun membro do tribunal, se ten falado abondo da manipulación, enchufismo e pouca transparencia de ditos procesos selectivos. O feito de que máis do 50% do tribunal estuvera o seu nomeamento na man do alcalde fala por si solo. Sinto decilo pero eu teño dereito a deconfiar dun persoal (non todo) que entra desa maneira, entre outras cousas porque somos moi amigos de pagar favores. En canto a sua valia profesional permitideme que dubide dela visto o visto.
Da Barby, que dicer, non sei quen tera que tomar medidas nese caso, Eu so pregunto en voz alta sin son certos ou non tres extremos denunciados noutros lugares: É certo ou non que hai denuncias por escrito rexistradas no Concello contra esta persoa (hai quen me asegurou que veu dita denuncia). E certo ou non que esta muller e ou era a responsable do arquivo. E certo ou non que dese arquivo falta documentacion que pudera estar relacionada con obras obxecto de investigación.
Penso que os veciños de Ogrobe merecemos unha aclaración. Logo, será o momento de que cada un pense o que lle pareza.

Anónimo disse...

En canto ao das oposicións creo que para evitar problemas á hora de avaliar os méritos as puntuacións deberían xa vir recollidas nunha ordenaza ou no mesmo convenio dos traballadores (como noutros concellos): qué clase de cursos se avalían, que puntuación se lle da a cada un, como é posible que unha materia universitaria non puntúe e si o faga unha xornada de 4 horas, etc. Si todo esto estivera regulado como nas oposicións nacionais ou as da Xunta non se adaptarían as bases a cada un según conveña.

En canto á documentación do arquivo municipal os encargados son totalmente conscientes da responsabilidade que teñen nas súas mans polo que hai un rexistro de entrada e saída de documentos en case todos os arquivos e no arquivo do Grove e nese rexistro indícase quen ten o documento e cando o solicitou coas firmas correspondentes de quen entrega e quen recibe os documentos polo que alí non se perden.
Coa documentacón do arquivo non se pode xogar e os seus encargados teñen que ser responsables do mesmo e, desde logo hai un control moi estricto del que está regulamentado, como ten que ser,e que os seus encargados non é a primeira vez nin será a última que non deixan consultar documentación por non ser persoas autorizadas.
E tampouco se escoita dicir que desaparecera documentación dos casos que están a ser investigados.

Carlos Lema disse...

Cando pregunto si falta documentacion do arquivo municipal, non é por simple suposicion, desconfianza ou por "largar". Teño no meu poder datos que avalan esa pregunta. A maior abondamento podo decirche que Barby chegou a decirlle a algun responsable municipal que ela non era responsable desa falta de documentacion (ergo, recoñecia que estaba faltando), dado que, pola urxencia que pedian as cousas, non se levaba control de ningun tipo. Vamos, a casa de tocame roque. En canto o tema das oposicions, coincido contigo o cento por cento.

Anónimo disse...

Pódoche asegurar que se leva un control moi estricto no arquivo municipal e calquera o pode comprobar. Á documentación solo se pode acceder mediante petición e sigo dicindo que hai rexistro de entrada e saída de documentos do arquivo, onde se perdeu a documentación foi nas oficinas municipais. Eu fun un dos afectados pola perda temporal dun expediente e no arquivo demostráronme quen o tiña levado e en que data. Ao final tiñao a persoa que me dixeron o que pasa e que nas oficinas municipais non teñen registro de entrada e saída dos documentos pedidos e moitas veces non saben onde están. Pero eu si que vin os rexistros do arquivo e as follas firmadas polos que reciben e e entregan os documentos. Non lle votedes as culpas a quen non as ten

Anónimo disse...

Carlos Barby como ti dis non leva tanto tempo no arquivo e antes de iso si que non se levaba control ningún. Polo menos ahora si se leva e de feito non é a primeira vez que os que piden os documentos protesten por ter que encher e firmar as solicitudes dos documentos.
Ela en ningún momento dixo iso, o que dixo foi que faltaba documentación pero de antes de que ela empezara a traballar porque houbo uns meses en que o arquivo non estaba atendido por ninguén e todos os empleados municipais entraban a coller os expedientes sin levar ningún tipo de control

Anónimo disse...

Manda carallo. E pensar que a primeira persoaxe comunista foi xesucristo.....

Anónimo disse...

A Malina de Marina ten a todo cristo cabreado, non hai colectivo cultural que non dera as queixas sobre ela, e algúns aos que lle pediron que puxeran eso nun escrito fixérono, vaia lampaso a elemanta esa, e disque anda ahora queixándose de persecución política (milita no PP) e represalias sindical de Comisións (afiliada e vocal no Concello da AGT). O mellor non é vela no periódico con pinta de delincuente coas esposas, no Xuzgado, o mellor é saber que lle retiraron o mando de cultura, e vaipolas esquinas queixándose e deixándose querer, amores de esquina, xa se sabe o que valen.

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,