terça-feira, 21 de agosto de 2007

Xornalismo panfletario

Ola a tod@s:
Xa levaba tempo sen poder escribir por mor das ocupacións pero xa todos sabedes que agosto en Ogrobe é un mes de moito traballo. Pero aproveitando os ratos libres podo seguir durante este mes dándolle "vidilla" ao blog e para o mes que ven xa volvo á normalidade.
O tema do que vos quería falar é un vello tema nestes nosos foros, o xornal e o xornalista ese que todos coñecemos. Lía o outro día no Faro a seguinte noticia "la Lanzada podría perder la bandera azul despues de dos decadas". Segundo o titular e a cabeceira parecía que a Lanzada ía perder a bandeira azul por non se sabe que problemas de basura. Entón calquera se pregunta ¿ dirían algo os organismos europeos que as conceden e tamén as retiran?, pois resulta que non, todo eran afirmacións do lider da oposición e exalcalde do PP da vila. Entón a noticia transcurría como unha mera entrevista ao ex ( no medio intercalaba unhas declaracións de Bea e despois outra vez ao ex rebatindoas) e por ningunha parte saían fontes calesquera que tivesen que ver con quen en realidade ten a potestade de dar e quitar as bandeiras. Digo eu que se se quere facer así a noticia o titular debía ter engadido a muletiña de "segun el PP de Ogrobe". Digoo porque senón o que se está a facer e terxiversar a realidade para favorecer intereses políticos do PP agora que comezan a sair problemas como os das listas. Ben todo isto a min non me parece Xornalismo, paréceme xornalismo panfletario. Esta claro xa que cada un pode escribir o que lle veña en gana pois ten a liberdade para facelo, faltaría máis, pero o que non se pode facer dende un xornal que pretende ser serio e terxiversar a realidade para favorecer os intereses dun grupo político. Haberá quen dirá que son un "puntilloso" e que todo se pode deber a unha deficiente redacción. Probablemente se non fose por ser este xornalista e este xornal, isto podería ser así pero vendo o que publica cada día esta persoa e este xornal eu non lle deu ese beneficio da dúbida.
E isto co tema da Lanzada porque ainda me podería estender máis falando do tratamento informativo deste xornal a respecto do problema das listas, dos asuntos urbanísticos ou da cousa esa da foto do rei ( os turistas que leron a noticia deberon pensar que estaban nunha vila totalmente dominada por unha insurrección republicana). Visto o visto, o raro non é que este home faga semellantes artigos, o raro é que os seus xefes non lle digan nada e lle continuen a publicar semellantes manipulacións sen ter en conta que moitos de nós xa consideramos ao Faro como unicamente o podemos considerar no que respecta a Ogrobe: nin máis nin menos que un simple panfleto. Alá cada un co seu negocio e a súa ética profesional.

12 comentários:

Anónimo disse...

Si e ainda por riba publicanlle a historia esa do reloxo de pajanini e carlos besada no Lagar que xa lle podían dar áos dous tamén!

Anónimo disse...

Imaxinade por un momento que a noticia da retirada da bandeira azul fora o reves, e dicer que gobernando o PP os da oposición fixeran tal cousa: O titular, asegurovos non ia a diferir moito deste : "La oposicion contra los intereses turisticos de O Grove". Menos mal que vindo as cousas do Mentireiro Manipulador a xente xa sabe que de que xeito ten que leelas.

Anónimo disse...

O conto é que o inspector estubo na praia e tiñan toda a merda acumulada de varios días nunha duna, sinon que volo digan os empregados de limpeza que ao día seguint por orden do concelleiro correspondente anduveron a toda ostia pa retirar a merda!

Anónimo disse...

Claro porque o xuntaletras da Vos é moito mais lejal. Non fai acusasións en falso nin obedece a ninjún partido político, sobre todo desde que conta cun amijo corresponsal no propio axuntamento do jrove e despois as culpas son para os funsionarios.Si, si, ese xornal é de todo imparsial. Anda sempre pola extrema e nunca se desvía cara á esquerda.

Anónimo disse...

Home están facendo amijos a maiores do que xa teñen no joberno e non van publicar contra a esquerda despois de estar filtrandolle erroneamente durante as negocioacións do cuatripartito e máis agora desde dentro porque pensa que van ter aqui un filón de noticias e o único que van ter son problemas porque toda acabará dando a volta e cuspir ao aire saldralle caro, caso marinita, caso conexiño, caso listas do pp que apuntaron a miguelito e os tiron non van pro ahi e podera demostralo, ou o caso raeiros que foi unha teima do bng donde hai intereses de femiliares de lamelas e demáis altas esferas do PSOE... sinxelamente este xunta letras como ben dis estase cabando a súa propia tunda ainda máis no fondo, todo por ser un lamexosechas de dous presuntos homes con estudos pero sin escrupulos!

Anónimo disse...

Manuel Méndez, periodista sobre colledor, jefe de propaganda de Miguel Pérez, retorna arreando duro aos do goberno local (sobre todo a Fredi), para mallor aborregamiento desa prensa parroquial indecente. Si temos La Voz de Galicia e o Diario de Arousa para ler prensa sin veneno.
O xunta letras recórdache aquelo de Cuñaaoooo, de Sabarís, nejro de Roberto Araujo

Anónimo disse...

O que teño que dicir o respeto é o seguinte: para todos aqueles que saben o que conleva ter unha praia con bandeira azul, como para os que non; podo dicirlles que traballei no servizo de "socorrismo" (por darllle un nome), durante cinco anos, e o desengano dende o primeiro día foi total, (estou falando do goberno do Sr. Miguel Perez); todo é unha trapallada e unha politicada, os alcaldes coma este señor, e tamen coma o Sr. Cacabelos, o que se limitan é a recibir a oportuna subvención para o mantenemento dos servizos da praia así como para a contratación do persoal, pois ben, o que quero dicir é que estas actuacións non se reflexan na calidade dos servizos da praia, incluido o socorrismo e a limpeza. E dicir, O Grove, non se merece que lle saquen a Bandeira Azul da Lanzada, senon que o que se merece é que lle saquen todas as bandeiras azuis, porque o do lixo nas dunas vense repetindo dende fai anos, é podo dicir que nesa ocasión persoalmente falei co Sr. Palacios, inspector entonces da bandeira azul e presidente da FESSGA federacion galega de socorrismo, e xa é un tema de vello. Outra mención quero facer para que todo o pobo se entere, que a contratación do persoal de praias (socorrismo) sigue sendo precaria (en numero de contratados e en formacion do persoal), deberiades saber (para facervos unha idea) que por cada un contratado con formación en socorrismo e salvamento, seis persoas non teñen ningunha formación e esas persoas non teñen culpa de optar a ese traballo, a culpa e do contratador; neste caso o axuntamento, un cursiño de 48 horas non pode formar a unha persoa para ese traballo, pero para o Sr. Perez e Sr. Cacabelos o mar desde o monte parece unha fonte. Isto é lamentable, pensando que as cousas poderían cambiar seguimos como fai oito anos; non querendo facer as cousas ben. Seguimos co "todo vale" e "la imagen es lo que cuenta", lemas proprios do governo "Perez", e dalgún personaxe que sigue tirando da "teta", verdade?; pois sigan así Sr. Cacabelos e Sr. Bea, o da basura podese solucionar rápidamente, e enganar a o inspector, o que non se soluciona rápidamente e espero que nas suas conciencias tampouco, é unha morte por afogamento, porque de seguro que se todo cidadán estivese ó tanto das súas "trapalladas" andarían vostedes con máis tino e fiarian máis fino.

Anónimo disse...

Tirade de hemeroteca, nunha semana dous grandes reportaxes de Méndez falando ben no Faro do PP e de Pérez polo das bandeiras, e o comunicado do goberno dedicoulle catro lineas e coa metade ocupada en desmontar as acusacións do cuatripartito. Un exemplo de rigor, de obxetividade., de profesionalismo... Méndez, canto vale o teu cazo? Eres sobre colledor.

Anónimo disse...

xan caneda


DE VERGOÑA



Os próximos días 8 e 9 do actual, celebrase en Hungría o Campeonato do Mundo de Maratón de piraguismo. Integran a Selección de España seis palistas de Ogrove, Fredi Bea, Tono Campos, Alvaro Bravo, Cristian Ribadomar, Yoel Alonso e Jaime Dobarro, todos eles con posibilidades de medalla. O que me leva a escribir esta carta de denuncia é as condicións nas que éstes rapaces, a maioría xuvenís, teñen que participar nunha competición o mais alto nivel representando a España, en condicións inferiores os deportistas doutros paises, xa que as Federacións españolas non lles facilitan o material (embarcacións, palas, etc), material que para competir a éste nivel non é barato, e os rapaces, fillos de familias modestas, non están en moitos casos en condicións de afrontar estes gastos, polo cal teñen que buscar axudas, chegados a este punto, a pregunta é ¿entón para que están as Federacións de Galicia e España, en que gastan os directivos os presupostos?, non creo que noutros deportes os deportistas teñan que comprar eles as pelotas, os balons, as canastas, as porterías, etc,etc., o traballo dos deportistas e facer deporte e traballar para conseguir estar no mais alto, e o traballo dos directivos das Federacións debería ser procurarlle ós mesmos os medios materiais axeitados para competir cando menos en igualdade de condicións que os demáis paises, pois estes rapaces están representando a todo un Estado. Gustaríame coñecer en que gastan as Federacións os cartos, polo que parece nos deportistas non, será en viaxes de luxo para eles. En todo caso pareceme de vergoña que os chavales que van representar a España, a Galicia e a Ogrove, teñan que buscarse a vida para ter un material en condicións que entendo que lle debería ser aportado polas Federacións, so con boas palabras e palmadiñas na espalda e sacarse a foto con eles cando gañan non chega e non se consiguen éxitos deportivos. En calqueira caso e a pesar deles, adiante chavales.

Anónimo disse...

Méndez, periodista casposo, jefe de prensa del pepegrove, y del psoearaujovillagarciano, miserillas que enchufa familiares en chollitos de la diputación. Ya vereis como coje algo del nuevo jefe de bomberos gaiteros. ¿A
quien le vas a dar lecciones de ética? mamoncete engominado. Saludillos al Sabarís de nuestra parte, y no olvides llevar el cazo que os llena Roberto a los dos.

Anónimo disse...

Ola xente

Noraboa polo blog.
Non son meco (grovense) senón un tiñoso (cambadés) que traballa en Ogrobe con frecuencia.
Só quería puntualizar que as bandeiras azuis NON AS CONCEDE NINGUN ORGANISMO EUROPEU, senón unha asociación.
Dito isto, que por dios! tou farto de escoitar, non entro nin saio en todo o demais, só dicir qeu as bandeiras azuis non son todo, nen implican coidado ambiental; é máis, para levar a bandeira de marras, a miúdo fanse actuacións que escarallan o contorno.
E nada máis, coidade o voso pobo, que non sabedes o que tedes.

Anónimo disse...

E o que se comenta por aqui é que un fillo do Grobe como é Xosé Lois Oubiña esta sendo boicoteado e casi non pode facer as fotos na cidade que o viu nacer. O poder do Mentireiro MM é moito...non sei como os do Faro non se enteran....