segunda-feira, 23 de junho de 2008

E fixo crack


Olas a tod@s:

É a noticia meca da semana e , probablemente, tamén será noticia durante algún tempo máis: o tetragoberno fixo crack.

Hai algúns meses escribía que me parecía que o goberno corría serio risco de implosionar, isto é, de estourar desde dentro polas tensións que comezaban a agromar entre os grupos que o conforman e a militancia e simpatizantes deses partidos. A verdade é que non pensaba que o proceso se acelerase e a ruptura ameazase tan pronto. Desde o comezo moita xente considerábamos que ía resultar complicado tanta cohabitacion, se ben é certo que esta cohabitación pareceu posible e tranquila durante certo tempo sorprendendonos a máis de un.

O detonante desta crise está no conflicto entre o BNG e EU pola xestión de persoal adscrito a área de cultura municipal. Como sempre que ocorren estas cousas as versións son moitas e variadas, as respostas duras e as mensaxes contradictorias. Isto é normal que ocorra xa que ningún grupo quere ser considerado "culpable" da ruptura do goberno polas consecuencias que pode traer e, obviamente, porque os puntos de vista son moi diferentes. Como esto é o normal propóñovos obviar os "dígo-díxome" e analisar exclusivamente os feitos.

A cousa comezou coa imposibilidade de abrir a Casa de Cultura e a Biblioteca de San Vicente pola falta de persoal debida á mala planificación por parte do Concello. Fíxose a cousa máis pública por ser a semana pasada a selectividade, logo, pola imposibilidade dos estudantes de acceder a estes lugares de estudo. O asunto non rematou aí pois o concelleiro de Cultura achacou publicamente ao de Persoal unha mala xestión do persoal que tamén impedía o bo funcionamento doutras instalacións culturais municipais. Segundo o concelleiro de Cultura todos estes problemas xa foran plantexados no goberno máis unha vez sen que se tivesen tomado as medidas oportunas. Despois de comezar a liorta na prensa PSdG, BNG e PG acordan retirarlle as competencias de persoal ao edil de EU facendo uso dunha clausula do pacto que obriga a cumprir as decisións tomadas por tres dos catro grupos. A cousa non podía rematar aí e EU, nun comunicado de prensa e en declaracións do seu edil, contesta que non ten noticias de que se lle retirasen as competencias e , que no caso de que llas retiren, abandoará o goberno. Ademais esixe ao alcalde que poña orde e acusa ao BNG de buscar a saida de EU do goberno na busca de réditos electorais.

Estes son os feitos ata o de agora e aí vai a miña opinión. A xestión do persoal municipal deixa moito que desexar desde hai moitos anos pero o certo é, que se se promete cambio, o obxectivo é ese: mudar as cousas. Trás unha atenta lectura dos comunicados observo con sorpresa que EU e o seu concelleiro non desminten as acusacións de erros e eivas na xestión do persoal e, polo tanto, a responsabilidade do problema co persoal de cultura. Tanto é así que incluso piden axuda ante a dificultade da tarefa: "se un compañeiro de goberno ten dificultades, o normal sería botarlle unha man, pero non ao pescozo, e axudar sen montar broncase faltar ao respeito" . Esta é para min a clave do asunto. Parece claro logo que se admiten cando menos erros na xestión do persoal por parte do concelleiro do ramo. Home, digo eu que os de EU non pensaran en serio que outro partido, neste caso o Bloque, vai cargar coas culpas facendo ao tempo de paraugas porque o seu edil teña "dificultades" para realizar ben as tarefas que lle corresponden. Sorprende tamén a alusión á complicación da área de persoal para ser levada por un concelleiro sen dedicación exclusiva. A ver, EU quixo a área de persoal e digo eu que o farían sabendo a complicación que conlevaba. Outra cousa son as alusións a que o asunto non se debeu ter tratado na prensa senón nas reunións do goberno. Niso si podo estar dacordo pero convén aclarar se algún dos temas de persoal non se tratou antes con nula resposta por parte do goberno. Eu non sei se é así ou non polo que non podo opinar sobre se o tema debeu saltar á prensa ou non.

En resume, en EU terán que comprender que o seu edil está aí con responsabilidades nunha área. Se non desempeña esas tarefas polo motivo que sexa dunha forma correcta non poden esperar que os demais carguen coa responsabilidade por "compañerismo". Estamos falando de cousas serias, dos servizos que o Concello ten que proporcionar aos cidadáns, e tenos que proporcionar dunha maneira correcta. Se non é así o responsable, pois, terá que facer o que facemos todos diariamente no traballo ou en calquera outro ámbito, asumir as súas culpas e a súa responsabilidade. Cando, na vida política, un non se sinte capaz de realizar unha tarefa que el mesmo escolleu as opcións son mudar de tarefas ou irse para casa. Pode parecer duro pero creo que os veciños demandan dun goberno que goberne non que sexan bos compañeiros.

8 comentários:

Anónimo disse...

Si é por incompetencia das súas xestión, temome que todos os do goberno deberían dimitir,é o 1º Mascato( mirar a palla no ollo axeno e non a viga no propio e moi común). Non se pode ampliar o horario da blibioteca sabendo que non tes persoal que o cubra.Pero esto bn de atrás.Este señor quixo facer o que lle dou a gaña dende que entrou pero no foi capaz ( o caso de botar a 1 empleada da biblioteca polo simple feito de que non a quería alí). Os que coñecen a Mascato saben de quen estamos falando e de como as gasta, que nin sequera os do seu grupo se libraron dos seus improperios. O do alcalde e caso a parte ¿Como se pode "cesar" a 1 concejal pola prensa sin que llo notifiquen antes ? O final o que querían era contratar cada conselleiro ó seu persoal sin ter que contar co conselleiro do mismo, ou sexa facer un cortijo privado cada 1 na súa área. Este é 1 goberno de esquerdas e de progreso. Todo pa vos.

Anónimo disse...

Quen tivo a xenial idea de meter o persoal das garderias a cobrar menos amparados non sei en que lei de galescolas??,non foi EU...Eu estou a favor das galescolas no concello,pero non a costa do persoal que traballa alí...E sintoo por Lamelas porque el xa sabía que a concellería de Persoal no Grove é como unha batalla das Termopilas,un contra todol@s que pensan que por estar nun posto xa creen que é vitalicio e que loitarán por el con puñaladas e texemanexes para que non llos quiten.
O peor de todo é que a partir de agora que cada concelleiro leve o seu persoal,vaise parecer a unha especie de convencion de señores feudais xuntados nun pleno no que un rei vido a menos intenta que todos se leven ben,ainda que seña con pactos secretos entre cada un de eles (Lastima de goberno,con todo o bo que poderíades facer).

Son simpatizante do BNG pero non me gusta a forma coa que se está a levar ese "noso" goberno de "a ver quen sae mais na prensa".Mascato non me gusta como concelleiro,e Besada debería atalo mais en corto...Estaba claro que esto ía romper mais tarde ou mais cedo,pero sinceramente non pensei que fose ser por desaveniencias entre o BNG e EU

Anónimo disse...

Imos ver: Xan Lamelas recoñece taxativamente que non pode coas tareas que EU pideu para sí. Este é un feito.
Antes de que Mascato saíra na prensa "petando na mesa", o BNG tivo que aguantar, desde antes da sinatura do governo a presión continuada dos demais e acatar un acordo pre-cociñado por outros, e asinou, e despois unha e outra vez e deforma distinta e ridícula foron saíndo cousas nos periódicos, algunhas verdades e outros inventos de MM para petardear... nas que o BNG non fixo caso. Pero o tema da Gardería e da Biblioteca fan que alguén, que pode cair peor ou mellor, pero que sin dúbidas está sendo o mellor e mais fructífero concelleiro de Cultura que tivo OGrobe,salte polos aires e mande unha nota de prensa na que depende donde leas quedaba mellor ou pior o Xan e EU.
En resumo: si tes a alguén que che mete a man nun ollo un día, o seguinte na orella, logo noutro ollo, e así sucesivamente pois acabarás dándolle unha ostia (petando na mesa). Isto foi o que para min aconteceu. Naturalmente todo isto se arranxará, sen dúbidas, unha vez que deixen a EU ben nos periódicos.
Así que tranquis que a vida continua.

Anónimo disse...

Sempre co mesmo .... non se cansa o BNG de andar de victima. Todo é culpa dos demáis. O que saiu a dar o cante nos medios de comunicación foi Mascato ( con coñecemento do bloque ou non)poñendo a parir a Lamelas e facendoo responsable do mal que vai a súa concellería .Creo que el so se basta para iso.

Anónimo disse...

E agora salen a dicir que este ano de governo sempre respectaron aos seu compañeiros
Pero estes cren que nos chupamos o dedo? A que lle chaman respecto os do BNG?
Mascato respectuoso co quen? Nin tan siquera cos do seu propio partido porque non hai mais que ver as lindezas que lle dedica a Carlos ou a Canoura

Anónimo disse...

Non é certo que Lamelas recoñeceu non ser capaz de levar a súa responsabilidade? É que os demáis temos culpa diso? Se non pode, teno fácil: que dimita e que outro de EU máis capaz faga o seu traballo, pero que non nos fagan parvos aos demais. Mascato leva máis dun ano esperando que Lamelas arranxe temas de persoal para pór en marcha o museo da salazon, as bibliotecas, o arquivo, etc... e o rapaz non se pon as pilas?
Agora quere que todos os grovenses paguemos 4 administrativos para que el poida facer o seu traballo... Será bo rapaz, pero saenos caro de carallo!!!

Anónimo disse...

Polo que sei Antón Mascato leva desde que é Concelleiro de Cultura demandando que se arranxen situacións que se están a levar adiante baixo mínimos. Moitas veces o tén demandado. Se ben podo non compartir as formas, no que respecta ao fondo da cuestión tén toda a razón do mundo. É unha falacía que a cuestión veña de atrás, pois a grande maioría son novos no cargo polo tanto non é creíble que haxa cuestións personais. A súa valía está máis que demostrada, nun só ano fixo máis actos culturais que o PP nos 8 anos de goberno de Mighelito e da súa alma-mater e ama de chaves e pretendida dirixidora en "cultura": a empregada que disque quixo botar, só que para min a puxo no seu sitio, que é donde sempre debera de estar. Por certo como anécdota, houbo un colectivo que quixo montar unha exposición na Casa da Cultura, por diante dicía que non había problema e por atrás tentando o boicot, porque xa acordara co anterior Concelleiro de Cultura e aínda non se decatara de que había novo goberno municipal, e polo tanto novo Concelleiro. Máis ou menos o que lle pasara ao PP no goberno do Estado, despois das eleccións do 11-M.
Opinión persoal: O cuatripartito non vai rachar por moito que queiran algúns nostálxicos (por suposto, incluídos os do PP). O que debera de existir unha especie de comisión, incluídos cargos políticos non institucionais, donde se plasmaran acordos con prazos para levar cuestións adiante, pero co compromiso de esixir responsabilidades, e o Sr. Alcalde que dunha puñetera vez colla o timón do barco e non estea a velas vir a deixalas ir.

Anónimo disse...

Cóllese antes a un mintireiro que a un coxo.