quarta-feira, 20 de agosto de 2008

A Guerra das Galaxias


Olas a tod@s:

Levaba uns cantos días sen escribir nada novo por estar sen conexión a internet e non ter demasiado tempo. Probablemente un dos temas dos últimos tempos sexa a guerra existente entre o Concello de O Grove e a Deputación de Pontevedra. O último dos seus esporádicos episodios tivo lugar cando os obreiros contratados pola Deputación asfaltaron un tramo de 300m preto da igrexa de S.Martiño que , cousas da vida, coincidía co tramo onde o Concello tiña que meter tuberias para o saneamento das vivendas cercanas. Obviamente este non deixa de ser un episodio máis, probablemente un dos máis esperpénticos, dunha guerra que xa comezou hai tempo e da que, polo que parece, temos lonxe o final.


Digo que comezou hai tempo porque probablemente a súa orixe está na forte implicación de Rafael Louzán, Presidente da Deputación, nas negociacións do PP para formar goberno. Hai máis ou menos un ano, comentábamos nesta bitácora unhas declaracións de Louzán onde case que ameazaba

con que a Deputación non ía invertir un euro máis na vila se o PP non era quen de ter o goberno municipal. Xa daquela quedaban claras as intencións da Deputación con respecto xa non ao goberno municipal, senón para cos veciños dunha vila que contan cun goberno da súa elección. Dicía tamén daquela que estabamos instaldos na confusión permanente entre privado e público, xa que os investimentos da Deputación teñen como obxectivo a mellora dos servizos e infraestructuras dos concellos e non o cumplimento ou non dos desexos persoais do seu presidente e do partido deste.


E así chegamos á actualidade onde o señor Louzan, como monarca provincial efectivo, ten a ben boiquetear obras para as que o Concello precisa da colaboración do ente provincial, verbi gratia Adro Vello. Tamén gosta de facernos “desfrutar” un ano máis das sempiternas obras da estrada a S. Vicente. O destas obras é xa de risa, todas as veces que fun por esa estrada neste verán non contei nunca máis de seis obreiros; seis obreiros que ademais estaban dispostos cada un deles a 1Km do anterior. Coido que con esa cantidade de man de obra podemos contar con que a obra pode estar rematada máis ou menos ao mesmo tempo que o AVE famoso.


A estratexia de Louzán e o PP está clara, investir o menos posible n´O Grove e causar os máximos problemas posibles para, aproveitando que normalmente os veciños soen culpar ao goberno municipal de todo o acontecido na vila sexan ou non os responsables, erosionar ao goberno e aos partidos que o conforman. E como parece que para estes señores o fin xustifica os medios, os danos calculados ao desenvolvemento da vila e aos servizos aos cidadáns poden ser considerados simplesmente “baixas asumibles” no proceso. Pero a estratexia ten un problema, que ao mellor os tempos eses nos que a xente era parva e chupaba o dedo xa acabaron e o sopapo, ao fin, podeno levar acabando eles ou como di o refraneiro: quen sembra ventos colleita tempestades.

4 comentários:

Anónimo disse...

Ai, ai!!! Dalle duro ao chorizo ese!!

Anónimo disse...

Por certo, logo dos acontecementos que se deron neste pobo e na Confraría, para mín o Patrón Maior é sinónimo de Rafael Louzán, polo tanto, a quen se lle ocurreu nomealo pregoeiro nos actos do 25 de xulio deste pobo? Quen tivo a cabeza pensante tan quente como para querer lavala imaxe dun persoeiro tan déspota como D. Francisco Iglesias, que vai pola vida jodendo a xente, a familia, a traballadores/as, a xente que lle axudou fielmente durante anos coma a súa secretaria e que logo a machacou como todos sabemos de xeito déspota e sen sentido, nomealo para ser pregoeiro?
Xa non sei quen é mellor, se Louzán, se Iglesias ou se quen o nomea para darlle un lavado de imaxe a unha persoa que leva anos enganando a moita xente, e leva anos xogando a varias caras sempre para sair gañando él personalmente.
Estou seguro, de que a proposta saiu do seu gran amigo e colega Antón Mascato, concellal de cultura, tal para cual, que xunto con Louzan, vaia tres patas para unha cadeira.

Anónimo disse...

Sinceramente pareceme unha metedura de pata querer "desligarse" da Diputación (que non de Louzan).
A Diputación somos todos e o Alcalde e company non son quenes de privarlles os veciños dun dereitos de inversións para o seu pobo. Outra cousa e que a Diputación invirta pouco.
Aplaudir este acto de rebeldía non é outra cousa que entrar no xogo daqueles que apoian rexímenes autotitarios (outra cousa é que Louzán o sexa). A min dame a impresión que Cacabelos o fixo para facerse ver diante de Touriño, ¡menuda responsabilidade para un Alcalde!. Di moi pouco del sobre "o talante negociador" que debe ter un representante municipal.

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,