sexta-feira, 31 de outubro de 2008

Unha cousa non quita a outra


Olas a tod@s:

Aos dous concelleiros do PP d'Ogrobe imputados no caso das listas electorais de Euskadi ( Alexandre Aguín e Miguel Angel Pérez) levantaronlles as imputacións por falta de probas para mantela. Considera a xuiza que non existen probas suficientes porque as declaracións da funcionaria, que recordemos se confesara autora das falsificacións se ben acusaba ao ex-alcalde de terllo ordenado, non teñen proba algunha para ser respaldadas. Ademáis di a xuiza que en todo caso a falsificacións das firmas fíxoa a funcionaria como ela misma admitiu.

Despois de todo esto parece que xa acabou todo para os do PP e que aquí paz e despois gloria. Eu non son da mesma opinión, que a xustiza lle levante as imputacións por falta de probas non quere dicir que todo teña acabado porque o plano político da cuestión segue estando aí. A xuiza tamén consideraba normal que persoal administrativo encha formular cumplindo ordes pero en ningún caso esas ordes implican que se falsifique unha firma. Segue habendo cousas raras abondo que precisan dunha explicación. Por exemplo: por que se deron outros casos noutros lugares da comarca?, por que funcionarios do concello e pagados por todos cubren formularios de listas do PP durante o seu horario laboral?, que motivos se ninguén lle ordeou cubrir formularios podía ter unha funcionaria para falsificar as firmas?, por que se non houbo mangoneos no concello non se deu nin un só caso fóra do mesmo? e un longo etc. Isto por non falar de que a xestión dos datos das persoas foi manifestamente incorrecta como revelou a sanción da APD. En resume parece que hai bastantes puntos oscuros.

De todas maneiras a non imputación non os exime das responsabilidades ante os electores das que, polo de agora, seguen sen dar cumprida conta. De todas formas o conto ainda non acabou e segue tendo recorrido. Este asunto segue transmitindo certo aire de que " se vai comer todo o marrón" alguén que non parece a única responsable. Que opinades vos?

10 comentários:

Anónimo disse...

Que o marrón o ía comer unha soa persoa estaba máis que claro.
E que todo isto ao final será esquecido, por esa extraña amnesia política que todos e todas padecemos, tamén. Hoxe paz e despois gloria.

Anónimo disse...

Eu como veciña de O Grove, pregúntolle o "Sr. Péres" ¿e logo a vostede nunca se lle ocurreu preguntar, ou dar as grazas a esas persoas que se ofreceron voluntarias para ir nas listas do país vasco, ou a eses empregados municipais darlle as grazas por apoiar ao partido?. Que extraño que vostede nunca lle comentara nada.

Anónimo disse...

E por certo, menuda "jeta" pedir que sexa o Concello e dicir, "todos", os que paguemos o avogado dun problema que ten o PP como é o caso que nos ocupa.

Escévola disse...

Eu estou de acordo con vos pero é que ademais agora resulta que todo o mundo lle ten que pedir perdón ao PP. Conviría aclarar un par de cousas: o caso ainda está sub iudice, a APD si multou ao PP por este caso e ademáis hai que lembrar que por moito que se lles levantara a imputación o certo é que o PP presentou ás eleccións en Euskadi a persoas sen o seu consentimento. Presentounas o PP e non un funcionario así que o PP, encarnado nos seus dirixentes segue sendo responsable no caso ou tamén vai resultar que non saben a quen presentan e a quen non?. Si é así tamén o poden dicir para que a xente saiba que nin saben nin deixan de saber quen vai nas súas listas. Ademais tamén resulta preocupante que un fraude electoral tal quede sen castigo ningún. A ver, todos estamos a ver que pasa coa funcionaria, co ex, ect, pero hai unhas listas electorais fraudulentas ( feitas con datos falsificados de persoas) e non pasa nada de nada.

Anónimo disse...

Non sei por que defendedes tanto á falsificadora. A ela non lle importou implicar falsamente a compañeiras de traballo, non aos políticos, se non á súas propias compañeiras. Esa é a boa intención da pobre rapaza? Intentar facer que carje coa culpa calquera menos ela?
Pois a min non me da pena ningunha, os que me dan pena son os compañeiros que mandou ás listas do Pais Vasco, as compañeiras que foron acusadas falsa e impunemente por esta persoa sen escrúpulos e os compañeiros e compañeiras que ten actualmente. Non olvidemos que segue manexando toda a documentación e, visto o visto, pode pasar calquera cousa ¿de quen será a culpa?

En canto ao anónimo das 22:22 Sabes o que é ter jeta? Que todos nos esteamos pajando a defensa dunha falsificadora que puxo e pon en perigo aos seus compañeiros e aos membros da súa propia familia.

Anónimo disse...

PANAIDE:
Coincido plenamente con Escevola cando di que é lamentable que un fraude dese calado político quede impune..Que se cometa semellante atropelo político falsificando firmas e listas para presentar candidatos ficticios nunhas eleccións é de Republica Bananera,sin mencionar o perigo que supón para as victimas incluidas nestas listas.

O do PP daquí e de acolá xa se sabe como vai..Si podemos escorrer o bulto e carjarlle coas culpas a esa GRUMIRA mellor que mellor,pedimos a todo dios que nos acusou FALSAMENTE???, que se arrepintan, que nos defendan e que dimitan..Flanders and cia..Que carallo estades a dicir? se tiñades que ir pola calle coa cabeza gacha e pedindo perdón a todo o que se vos cruzase polo camiño..Panda de mafiosos..

En canto a "GRUMIRA" que ten nome de Cristo afeminado..Vaia elemento,independientemente de que fose ela soa ou non, había que deixala encerrada de por vida..Semellante personaxe que vai polo traballo e pola calle con esa altanería innata froito de tantos anos mamando "d@s mellores mestres que tivo"(modo irónico)..Concelleiras e alcaldes do PP, criada no seo de Perdisión Sivil..Esta "rapariga" non só non lle pediu disculpas a ningún/ningunha d@s seus compañeir@s senón que ainda (perdoenme a frase) "caja de alto" con esa altanería otorgada po-los seus "padriños e mentores" dende hay tantos anos..Preguntadevos porque ainda sendo excluida polo señor Alcalde cando foi do conflicto dos Socorreros e incluso sendo Criticada e repudiada por todolos seus compañeiros ainda segue ahí defendida ata a saciedade polos seus xefes-colaboradores-padriños??.
Tanto "amor-pena-cariño" pode dar esa GRUMIRA que por moito que digan os mandatarios do concello e de Perdisión Sivil que hay que darlle un voto de confianza,que a rapaza ten unha filla e que nos temos que apiadar dela e todas esas chorradas que os seus compañeiros e subalternos (non sabedes que ela organizaba todo o tema dos Socorreros e do Grumir o seu antoxo "asesorada e respaldada" por certos Mandatarios tipo capitulo dos Soprano?).
Asique eu lle pido a esta "señorita" que sexa moi humilde a partir de agora, que pida perdón a quen ten que pedilo e que os seus "padriños" non a defendan tanto cando saben de sobra a clase de "tipiña" que é..

Anónimo disse...

Pasra o anónimo do 4 de novembro ás 0:45: ¿Queres dicir que o Concello paga ó avogado/a da GRUMIRA? CONFÍRMANOS ESO, porque polo que se ve nos xornais ela ten unha avogada, o Concello e os afectdos outros, e o resto dos acusados, cadaunseu. ¿ Ou é que o Concello paga ó avogado/a da GRUMIRA?

Anónimo disse...

Pois eso parece compañeiro. O Concello paga os gastos da grumira
E tan solo tendes que preguntar a Avelino, que é o que leva a acusación particular do Concello e algunha avogada que...

Anónimo disse...

POis non debera ser así, nin creo que xustiza o permitira porque penso que non se pode ser acusador e acusado a un tempo

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,