quinta-feira, 20 de novembro de 2008

A casa da cultura queda pequena


Olas a tod@s:

Lin esta semana nun dos xornais unha nova que relataba como a Casa da Cultura se quedara pequena debido ás numerosas e variadas formas de utilización que está soportando. A Casa da Cultura é a biblioteca principal da vila, é a sede do Arquivo Municipal e acolle cursos ou conferencias. A catalogación dos fundos doados por Xoán González Millán está preto de se finalizar e unha reordenación do espazo semella inevitable.

Como diciamos está problemático ven de tempo atrás e ten a súa causa principal na falla doutros edificios de uso cultural. A Casa da Cultura ten que soportar tantos e tan diferentes usos logo pola falla de equipamentos culturais. O xornalista poñía no artigo o obxectivo no PXOM, e en como o retraso na súa aprobación impedía conquerir estes equipamentos. Isto é unha verdade a medias. Certo é que os atrasos na planificación urbanística son unha traba importante a eses "futuribles" equipamentos culturais; pero non é menos certo que esta situación ten unha orixe e un percorrido bastante máis longo.

O primeiro obstáculo para os "futuribles" é a falta de chan. Este obstáculo está ligado á aprobación dun PXOM pero a súa orixe non está na planificación urbanística actúal senón moito máis atrás. O Concello d'Ogrobe case non ten chan da súa propiedade pero non debido aos atrasos deste PXOM senón á nefasta xestión de numerosos gobernos anteriores que non superon ou/e non quixeron conservar as propiedades públicas, que as destinaron a outros usos menos urxentes, á venda de terreos e a unha nefasta planifición urbanística. O PXOM pode aprobarse mañá mesmo pero os terreos que se poidan adicar a equipamentos culturais e situados en lugares axeitados non van caer do ceo dun día para outro.

O segundo obstáculo é doutro tipo: a pouca importancia que nós, os veciños, lle concedemos á cultura. Só hai que ver os programas culturais desenvolvidos neste concello durante anos para facerse unha idea da súa calidade e polo tanto da importancia que os cidadáns lle adican á cultura. Máis de un poderá dicir: " Si, pero a programación cultural non a facían os veciños" pero eu tamén podería recuncar dicindo que sendo isto certo, non é menos certo que unha maioría o consentía. Outra proba está nas demandas veciñais, case ningunha das demandas históricas xa n'Ogrobe ten algo a ver coa cultura. A única demanda cultural é a construcción dun auditorio e non pasa de ser máis ben recente. Calquera de nós en calquera bar ou cafetaría escoita demandas de paseos marítimos, portos deportivos, campos de golf e ata de campionatos de tiro ao pombiño pero poucas demandas que teñan que ver coa cultura. Hai responsables na política ( e moitos poderíase dicir) pero tamén nos o somos.

Parece ser que conqueridos estes futuros equipamentos buscaríase que a Casa da Cultura actual se adicase só ás tarefas de biblioteca. Non me gusta demasiado unha proposta deste tipo. Sempre que o espazo o permitise, a Casa da Cultura debería manter ciclos de conferencias, aulas culturais e exposicións. As bibliotecas locais teñen que ser máis que simples bibliotecas para convertirse en espazos que acheguen aos cidadáns á cultura. Deben ser espazos dinámicos tanto no plano de transmitir dinamismo cultural á vila como no sentido de recoller e facilitar as dinámicas culturais xeradas polos veciños da vila. Isto pode parecer moi complicado pero basicamente só consiste en manter programas e iniciativas adicadas a espallar a cultura e en facilitar o máximo posible as inquedanzas culturais da vila ofertando consellos, axuda e un lugar para onde desenvolver actividades. Certo é que o espazo é limitado pero, sendo certo a sobrecarga de usos do edificio, non é menos certo que os traballadores deste servizo non ofertaron demasiado ou ningún "dinamismo cultural"; e non creo só que isto fose a causa do espazo...

1 comentário:

Anónimo disse...

Estou de acordo contigo en que a Casa de Cultura ten que ser un centro cultural
Pero é moi fácil cargarlle a culpa aos traballadores ainda que, según din, os traballadores fixeron numerosas propostas de actividades e foi o propio concelleiro de cultura o que ten prohibidas as actividades culturais na casa de cultura.
O que falta non é espazo é personal para atender as actividades e un concelleiro que llelas deixe facer.
Pregúntalle ao teu amigo xarabal o que é para el a casa de cultura