quinta-feira, 6 de setembro de 2007

El mundo está loco ( ou o "comando Xabarín")


Olas a tod@s:
A verdade é que ía escribir sobre o xornalista e o ex pero despois plantexeimo mellor e decidín escribir sobre outra cousa. A verdade é que , tras pensalo un pouco, cheguei a conclusión de que non sei que máis ía decir sobre ese xornal xa que creo que o que dixen anteriormente vale tamén para esta vez ( e por desgracia que creo que para moitas máis que virán no futuro), e co ex tamén cheguei á mesma conclusión. Por iso gustaríame falarvos de un par de cousas.
A primeira delas é a causa do título. El mundo está loco pero El Mundo xornal,claro. A nova teima, que podedes ler en Vieiros, é que o Xabarín Club é un programa deseñado polos nacionalistas para incitar á loita nacionalista e á revolución socialista aos nenos e así telos adoutrinados desde pequenos. Todo isto despois da que montaron co himno ( que ademais atribuiron a Arturo Pondal e non a Eduardo Pondal) ou cos versos de Rosalía de Castro "Pobre Galicia non debes/ chamarte nunca española" e definindo á Rosalia como " simplemente es un poema escrito por una bastarda hija de un cura hace 150 años". Ademais as críticas ás Galescolas botan lume en diferentes xornais madrileños do mesmo estilo como periodistadigital.com, que califica á USC como unha universidade "pueblerina y cateta en su contenido". A verdade é que ante tal fato de barbaridades un xa non sabe que escribir ou opinar xa que son de tal calibre que elas mesmas se desacreditan. Parece que aburridos de bombardear con noticias polo estilo Euskadi e Catalunya ( con, como amosan os seus respectivos gobernos, nulo éxito) agora tócanos a nós. Parece ser que nos convertimos xa na terceira peza "disgregadora de la identidad nacional" e antes de que medre moito "el peligro separatista" hai que dar tralla por terra ,mar e aire. Pois si que manda carallo. Aproveito unha canción de Carlos Puebla: "estaba yo en mi rincón/ preguntandome hace rato/ como es posible que al gato/ le meta miedo el ratón/... con ese ir y venir me tiene como si nada/ perdone la carcajada/ pero usted me hace reir".

3 comentários:

Anónimo disse...

Méndez, tu nombre me sabe a mierda...
(Joan Manuel Serrat)

Anónimo disse...

Esas son Mundeces, cousas do mundo e mendez

Anónimo disse...

Tranki colegas que a cousa bai moito millor do que pensamos. Cando toda esa ranciada se pon dos nervios como se esta poñendo e insultando a todo Dios (agora Rosalia de Castro xa non é unha chorona como foi durante moitos anos, agora é unha bastarda filla dun cura), cando lle dan as galescolas, o hino e a todo o que se move fora dos canones nacional-españolistas, e porque algo ben debemos estar facendo que os ten medio acojonados. Este persoal non sabe con quen se xoga os cartos.
Cando a xente deste pais, polo menos as xeracions que veñen para arriba, se decaten realmente do que está pasando, que se preparen eses nacionalistas españois que os vascos e os catalans van parecer monxiñas.
En canto o MM e o ex, por favor, nin os mentedes. Non hai millor desprecio que non facer aprecio.