segunda-feira, 29 de outubro de 2007
Tuneando a democracia
Olas a tod@s:
Levaba algúns días sen escribir porque non se me ocorría de que facelo pero escoitei na radio unha noticia que facía referencia ás propostas do PP de mudar a lei electoral e alá imos.
Facía no título referencia á demagoxia porque creo que o discurso que se fai neste tema ten moito disto. Este tipo de propostas ainda non se fixeron nunca en serio ainda que, desde distintos medios de comunicación, se ven preparando o terreo desde hai tempo. Pero resulta que agora o PP leva a reforma do sistema electoral no seu programa para as próximas eleccións xerais. Estas reformas que se levan publicitando desde hai tempo teñen un obxectivo final claro: a instauración dun ferreo modelo bipartidista que busca a alternancia no poder de PP e PSOE. Obviamente isto conleva a súa vez unhas consecuencias claras: a desaparición na praxe de calquera tipo de poder ou influencia das forzas nacionalistas e de IU. Pero claro resulta que o gran beneficiado é o PP, o partido que a propón ( xa é casualidade ¿non?). Digo isto porque a ninguén se lle escapa que o aillamento no que se instalou fai moi dificil que acade apoios para gobernar alá onde non teña maioría absoluta. Este aillamento que o PP atribúe ao sectarismo "de la izquierda y el nacionalismo" non é máis que o froito dunha política de renunciar aos votos nas nacións sen estado a cambio de arrebatarllos ao PSOE no resto do estado.
Opino que estas propostas son tremendamente demagóxicas xa que se aproveitan do descoñecemento da poboación do sistema electoral e se revisten dunha caste de "paradigma do xusto". Normalmente falamos de alcalde máis votado polos cidadáns e cousas así, isto ainda que poida parecer correcto, non o é. O alcalde non é escollido polos cidadáns ( ao igual que o presidente galego ou o español) senón polos concelleiros escollidos por estes. Por iso realmente non se pode falar de alcalde máis votado, só de partido ou lista. Ademais debemos recordar que non se esixe ter a maioría dos votos cidadáns senón a maioría dos votos dos concelleiros ou deputados, ainda que pareza unha diferencia menor non é así xa que, pode ter un partido a maioría dos votos pero non ser quen de conformar unha maioría de concelleiros ou deputados coa que formar goberno. Por todo isto os pactos son perfectamente éticos e legais no sistema democrático español. Agora resulta que din que debe ser alcalde o máis votado pero nunca se aclara como vai a gobernar este alcalde sen ter a maioría de concelleiros. Moitos diredes: pois gobernando en minoría, isto é certo pero resulta que causaría iso que en teoría se tenta evitar coa reforma: gobernos inestables. Hai outras propostas como segundas voltas e cousas polo estilo. Normalmente poñénnolas como paradigma democrático pero o certo é que causan tamén numerosos problemas, só hai que botar unha ollada a Francia onde os cidadáns tiveron que escoller entre dereita e ultradereita non hai tanto. O certo é que estes sistemas condean a cidadáns a non poder votar o que queiran só por ter sido menos nunha primeira fase electoral.
Expostos todos estes argumentos, hai máis pero entón ía parecer isto a Biblia, resulta claro para min que o que se agocha é unha proposta demagóxica que consiste en tunear o sistema electoral para acabar cos problemas que ten o PP para formar gobernos pola súa nula capacidade negociadora e polo aillamento ao que se somete co seu discurso centralista e reaccionario. O curioso é que para estes pódese cambiar a lei electoral sen problema pero da Constitución nin falar que esa xa a deu Yahve no monte Sinaí.
Tampouco hai que descartar un entendemento co PSOE nun futuro para mudar todo isto e instalar un bipartidismo de laboristas e conservadores ou de democratas e republicanos, e claro, aos demais que nos den polo saco. Moitos diredes que o PSOE non querería; estou de acordo agora pero ao PSOE tamén lle convén en moitos lugares e xa sabedes que o progresismo é directamente proporcional á aritmética electoral, senón que llo digan ás transferencias paralizadas porque xa queda pouco para as eleccións.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Amigo Escévola: Comparto a túa análise. Tén un tanto (moito) de hipocresía a pretensión do PP. Mentras se serviron do uso e do abuso de sistema electoral non houbo problema ningún, raiando a prostitución política. E dicir mentras foi o PP maioiritario, "cojonudo", porque ademais a Lei D´Hont primaba e prima aos partidos maioritarios, pero agora como os "descabalgan" e tamen se descabalgan eles polos seus posicionamentos dunha "extrema reaccionaria", pois xa non lles vale, na cal efectivamente inflúe que ninguén se queira xuntar ou coaligar con eles. No fondo son automarxinais, e o problema está nos demais.
Desde logo o tiñan moi doado, se tan democráticos son (lo dudo, lo dudo...) na vez de formular cuestións afectivas de apelar "al papaíto más votadito", demandaran listas abertas, coas problemáticas imprícitas a respecto da tal medida. Está supernídio, o PP abusou do sistema electoral e agora que lles é contrario aos seus interesas quere facer deste un auténtico "kleenex".
O Cine O Mariño acolle de novo unha programación estable de cinema
A Concellería de Cultura do Concello do Grove continúa dotando de contidos culturais ao recuperado Cine O Mariño, e nesta ocasión súmase ao proxecto Cinemas Dixitais, organizado pola Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración co Igaem.
Ao longo dos meses de novembro, decembro e xaneiro, todos os venres ás dez da noite realizarase a proxección de trece filmes, non comerciais, feitos en Galicia, que contarán nalgúns casos coa presenza no mesmo cine O Mariño de directores, actores, guionistas, produtores ou actrices que participaron nalgunhas das películas que se inclúen neste ciclo
O concelleiro de Cultura, Antón Mascato, valorou de xeito positivo “o feito de recuperarmos no Grove unha programación estable de cine”, e que esta veña marcada polas “producións que actualmente se realizan en Galicia e que normalmente non chega ao circuítos comerciais” nos que dominan os carísmos e ben promocionados proxectos norteamericanos. “Estou convencido de que se conseguimos interesar ao público na visisón destas producións acabaremos vendo con absoluta normalidade a nosa produción cinematográfica”, que neste caso foi ben seleccionada nestas trece obras de ficción cinematográfica.
A primeira proxección terá lugar o venres, 2 de novembro ás 10 da noite. Trátase do filme que leva por título A Atlántida, dirixida por Belén Macías, e que ten a Nancho Novo como protagonista, e na que participan ademais Antonio Durán Morris e Isabel Blanco. Un film de ficción que narra historias actuais nas que o drama e os conflitos socias toman a forma de crónica.
Enviar um comentário