quarta-feira, 7 de novembro de 2007

Axudas para neoinformáticos ( e algún xogo)


Olas a tod@s:
Moit@s d@s que ledes este blog seredes cracks da informática pero de seguro que moitos outros non. Por iso decidín que cada certo tempo porei enlaces a programas útiles e interesantes dos que me falen ou tope por aí. Todos os programas que porei serán de software libre porque me parece unha maneira de traballar e unha forma de coñecemento novedosa, moi interesante a que se lle debe prestar apoio. Algún amigo meu debe de estar rindo a cachón mentres le este post pero que lle imos facer... .
O primeiro programa que vos invito a empregar é o SMPLAYER, é un reproductor de video que reproduce absolutamente todo, fácil de empregar, sen ter que instalar nada máis e que acaba cos problemas que moitos podedes ter para ver series con subtítulos ou en dúal. Podédelo descargar aquí.
O segundo programa é o Pidgin. Este é un messenger no que se pode estar conectado a varias redes a un tempo. Moitos empregan o MSN pero outros empregan o google talk, o de yahoo... . Con este poderedes falar cos usuarios de todas as redes á vez sempre que teñades conta nelas ( o cal é gratuíto). Por exemplo, eu teño amigos no MSN e no Google Talk e con este messenger podo falar con todos a un tempo sen ter que ter os dous ( ademais tamén vos libraredes das condenadas publicidades do MSN). Podedes descargalo aquí.
Por último vouvos deixar un xogo ao que me levo viciando toda a semana, o Frets of Fire. Este xogo é un clon libre do Guitar Hero da Playstation do que algún oiríades falar xa. O xogo consiste en tocar a guitarra eléctrica co teclado do ordenador. Coas teclas f1,f2,f3,f4 e f5 pulsaremos os trastes (por así dicilo) e co enter tocaremos as cordas. Como vedes na foto hai que agarrar o teclado dunha forma "particular". O xogo ven con algunha canción pero se queredes baixar máis non hai problema só poñendo frets of fire songs no google ou no emule atoparedes moitas cancións para darlle caña. Avísovos que engancha!!! Se tedes un teclado inalámbrico entón xa podedes "vaghear" como locos.Se queredes ver exemplos poñede Frets on fire no Youtube e xa veredes. O xogo podedes descargalo aquí.
Irei poñendo máis cousas coma estas se vos parecen útiles, se coñecedes programas de software libre que vos parezan útiles poñédeos.
Por certo, como de ben nacido é ser agradecido, moitas grazas a Sugar por descubrirme estes programas e o mundo do software libre en xeral.

5 comentários:

Panaide disse...

Tes razón amigo Escevola,eu polo menos xa estou rindo a esgalla...So che falta falar de ese novo programa creado polo noso amigo común Sugar e ó cal entre todos lle puxemos nome,lembraste de VAGALUME?..."Quien te ha visto y quien te ve..",jajajaja.

Anónimo disse...

Exposición

Etnografía do Salnés

O Deputado Provincial de Cultura da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, e o concelleiro de Cultura do Concello do Grove, Antón Mascato, teñen o pracer de convidarvos á inauguración da exposición Etnografía do Salnés, que vai ter lugar o xoves día sete de novembro, ás 17.30 horas da tarde na Casa da Cultura Manuel Lueiro, do Grove.


A exposición recolle unha escolma das mais salientables pezas do valioso patriomonio etnográfico da comarca do Salnés, presentada mediante paneis fotográficos e textos documentais, incluíndo muíños, pombais, fontes e lavadoiros, piornos e cruceiros.


Neste acto participarán, ademais de José Juan Durán e Antón Mascato, Marta Lucio, comisaria da Exposición e José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove


A mostra comisariada por Marta Lucio, do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, poderá ser visitada ata o día 22 de novembro en horario de mañá e tarde, de luns a venres, e os sábados pola mañá.

Serán organizadas visitas escolares guiadas en colaboración cos Centros educativos do Grove.

Anónimo disse...

Ai se Llimi Jendris levantara a cabeza!!

Anónimo disse...

Carlos Santana, Paco de Lucía e siño Pepe Silva xa se cagharon no quinto inferno por este comentario escevolino

Anónimo disse...

Carlos Santana, Paco de Lucía e siño Pepe Silva xa se cagharon no quinto inferno por este comentario escevolino