sexta-feira, 9 de novembro de 2007
Uns contan, outros non. ¿Alguén o entende? ( viva el progresismo)
Olas a tod@s:
Estaba eu estes días tomando o café cando leo nos xornais un par de noticias coas que me escandalicei e, entón, decidín comentárvolas a ver o que vos parecen.
A primeira é a que dá nome a este artigo e fai referencia ao tema do voto emigrante. Ven leo nos xornais algo que xa sabía que se se contabilizaran os cidadáns con dereito a voto residentes no exterior, Galiza contaría con 5 deputados máis. Isto xa se sabía hai tempo e non é nada novo ( o que eu non sabía é que foran 5) , pero resulta que a noticia ven a conto porque foi unha pregunta do senador do BNG Francisco Jorquera ao Mtro. do Interior, Rubalcaba. O conto ven sendo que imos perder un deputado polo descenso da poboación porque os residentes no exterior non contan e dixo o Rubalcaba que si que era isto unha incongruencia pero que entón había que reformar a Lei Electoral para subsanala e que había que reformala cun acordo amplo ( xa vos dixen cal é a miña opinión sobre o que nos espera coa " reforma electoral con acordo amplo" ou pacto PSOE-PP en lingua vulgar). Pero é que o conto non acaba aí, resulta que os residentes estranxeiros, que non poden votar, si que contan para o reparto dos deputados. Ou sexa que os que votan non contan e os que non poden votar si, vaia conto do carallo ou "a mi que me lo expliquen ". Todo isto despois de que o PSdeG xa nos anunciara que ían ampliar o dereito a voto dos emigrantes de xeito que van poder votar Martin Sheen e ate Nikki Lauda, que soa raro pero é neto de Juán Lauda de Nogueira de Ramuín; tamén o van poder facer as fillas de Raul Castro, o presidente de Uruguai e unhas cantas ducias de miles máis. Pero iso si, o de votar en furnas ou o de se é lexítimo que xente que nunca viu aquí escolla concelleiros nas municipais e tal non se vai discutir por agora que éche unha cousa complexa, manda truco. O que pasa é que os votos da emigración son o que sempre foron: un "caladoiro" importante e facilmente manipulable para o partido que goberna na Xunta ou no Estado. Entón que voten pero sen esaxerar que diría o outro.
A segunda noticia ten que ver co que vai entre parénteses no título e fai referencia á última ocorrencia do progresismo hispano ( tamén coñecido como "spanish third way" pola famosa vía aquela do Blair and Co.). A ocorrencia consiste en introducir como progresista unha medida netamente neocon e moi allea á tradición socialdemócrata europea, esta medida é o retraso "voluntario" da idade de xubilación. Poño entre aspas o de voluntario porque resulta que por cada ano que se retrase a xubilación crece a pensión un 3% e polo tanto os traballadores que menos cobren e teñan unha pensión baixa polo tanto xa saben o que lles queda: traballar e 3%, traballar e 3% e así acumular para disfrutar dunha mellor pensión, pero iso si, nun prazo máis pequeno xa que igual só chegan aos 72 anos ( co que traballarían 5 anos máis para ter un 15% máis de pensión durante só dous anos, un negocio redondo que di o outro). Isto ven resultando que é progre e ademais se se che ocorre dicir algo xa che espetan o consabido: e se non como se vai manter a seguridade social ou ti non ves que demograficamente somos cada vez máis vellos e duramos máis?. Pois ben ademais resulta que os empresarios non van ter que cotizar por estes traballadores que retrasen a súa xubilación ( os mozos imos ter que agardar algo máis para ser contratados). Pero iso si, é progresista, porque trátase de manter o sistema de pensións ( e eu de toda vida pensando que os progresistas eran os que buscaban avanzar na xustiza social, dereitos ... e os conservadores eran aqueles de manter). Entón deduzo que o progreso venche sendo recortar os dereitos dos traballadores para manter un sistema no canto de buscar outras solucións ou de mudar ( moderadamente, iso si, que non falamos de revolucionarios perigosos o sistema), un progresismo do carallo. Resulta que mentres tanto seguimos unificando tramos na imposto sobre a renta e polo tanto diminuindo as diferencias do que teñen que aportar ao estado os que máis cobran e os que menos, facendo xenerosas exencíons fiscais para futbolistas e empresarios estranxeiros, deixamos que só o Real Madrid lle deba máis de 20.000 millóns dos antigos a Facenda ( xa non vos digo se contamos toda a 1ª división), etc.
Este veñen sendo os progresistas, sempre buscando o progreso e tal. Pero claro un recorda logo a Paul Lafargue que a finais do século XIX dicía que os traballadores non debían reclamar o dereito ao traballo senón o dereito ao ocio. Froito doutros moitos pensadores, revolucionarios e, sobre todo, da clase traballadora conqueriuse o dereito ao ocio encarnado nas horas libres, días libres e na xubilación ao longo da segunda metade do século XX. Se agora facemos isto no século XXI non vexo eu onde anda o progreso ese que nos anuncian. Pobre Lafargue, dous séculos máis tarde e ainda andamos así. A todo isto, dos sindicatos ainda non temos noticia( tampouco deberon ler a Lafargue) e non sei eu se teremos.
En resume, a cousa do progresismo non ven sendo o progreso do sistema ( outro día fálovos do chamado "sistema nórdico" e comparades).
Post Scriptum: Ahhhh, pobre de nós se logo nos pillan os conservadores porque se os progres son así...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
Eu non sei, pero acabo de decatarme de que debo estar un pouco fora do tempo. O motivo cal ven sendo? pois que acabo de botarlle unha ollada as páxinas webs dos partidos políticos do pobo de Ogrobe, e as miñas conclusións son:
1º.- o pesoe é o partido mais probiño porque non ten páxina web
2º.- seguimos tendo un alcalde do PP.- Como? pero que dis?.... pois sí amijosssssss...! na páxina web do PP, hoxe día 10/11/2007, dí:
PARTIDO POPULAR
Saúdo do Alcalde
Ideoloxía
O Grove que queremos
A historia do PP local
Resultados electoráis
Sede do PP de O Grove
Executiva local
Contacta con nós
SAúDO DO ALCALDE
PARTIDO POPULAR > Saúdo do Alcalde
Benvida de Miguel Pérez.
Na actualidade a Sociedade da Información estase a converter na pedra angular da eficiencia económica, grazas ....
despois de que no mes de xuño tomase posesión o novo alcalde, na paxina web do PP de Ogrobe aparece nun primeiro apartado o "Saúdo do Alcalde".... pregúntome eu, a ver si é que Cacabelos se pasou o PP?, a ver si é que Pérez aínda non se decatou de que xa non é Alcalde? A ver si resulta que é todo un mal soño meu?
jjjjajaaaa, pois creo que non é un soño meu... na mesma páxina web do PP de Ogrobe seguen decindo:
Miguel A. Pérez, o Alcalde que desbloqueou xestión aprazadas dende hai tempo, xestións de vital importancia para o Grove.
Un Alcalde comprometido co seu pobo, acompañado dun equipo que supo estar a altura das circunstancias. O Grove non é o mesmo que fai uns anos, Catro Carrís de entrada polo Bao, reordenación do tráfico, mellora da estrada de ardía, nova ponte da Toxa, novas instalacións portuarias, plan de excelencia turística, Casa de Acollida, Paso de Meloxo, Praia de Peralto, recuperación do rural, Campo de Fútbol, humanización da vila e así un largo etc de obras que nos permitiron facerlle unha lavada o noso municipio en beneficio de todos.
E que decir da prensa dixital que ma citada web se recomenda, mirade, mirade amijos, "el no va mas":
www.libertaddigital.com
www.elmundo.es
www.fundacionbranas.org
www.fundacionfaes.com
¿Alguien da mas? Abran juego Señores......!
a verdade é que a páxina está moi ben porque ao fin e ao cabo foi o alcalde que saiu lexítimamente nas eleccións. Non coma outros qeue se chaman alcalde progresista e si por él fora vilvíamos ao réxime dictatorial. Señor Jose kkbelos creo que te confundiste de partido como mínimo deberías fichar polo partido nazi
En relación coas Festas Locais, na reunión do goberno celebrada o luns pasado pedín que se considerase o feito de que non deixamos establecido, no pacto de goberno, quen se ía responsabilizar da organización das Festas. Referín que varias desas festas incluían responsabilidades, competencias, e necesidade de recursos económicos, que ían máis alá dunha única area de xestión, e que a organización dalgunha delas trascendía as competencias dun único concelleiro. Algo no que estiveron dacordo todos os membros do goberno presentes. E que foi ratificado polo propio Alcalde. Puxen o exemplo da celebración do Nadal, que na miña opinión incumbía a diversos concelleiros, no que eu debería responsabilizarme dos concertos conmemorativos tal e como xa me comprometín coas corais de San Martiño e San Vicente, pero non da Cabalgata, que incumbía a outros colectivos, como as Anpa´s, ou as Asociacións de Veciños e a Alfredo Bea o relacionado coa seguridade vial; ou o Entroido, no que eu tería que asumir a responsabilidade principal, e que xa comecei a organizar cos directivos das comparsas; pedindo o apoio doutros compañeiros con delegacións en educación ou seguridade pública; e dese xeito acordamos que a concelleira de Educación, Noemí Outeda, excelente compañeira, fixera de coordinadora da organización das Festas Locais, contando coa colaboración de cada concelleiro delegado cando se estimase necesario, e según a celebración específica.
Dese xeito, o concelleiro Antón Mascato, colaborará coa concelleira Noemí Outeda, igual que os restantes membros deste goberno, naquela parte da programación que se refira a actividade cultural. Non sendo da súa competencia a organización de actos relixiosos, nin actividades escolares, nin aqueles aspectos relacionados con protección civil, ou o regulamento do tráfico. Eso é todo. Nese sentido teño que rexeitar as distorsionadas informacións que hoxe se publican. Lamentando que podan darse falsas interpretacións de problemas internos no grupo de goberno do Concello do Grove, algo que non se corresponde coa realidade. E que o único que conseguen é reforzar a cohesión interna deste grupo de catro forzas políticas e nove persoas diferentes.
Cine dixital no Cine
O Mariño do Grove
Continuando co ciclo de cinemas dixitais que se proxecta no Cine O Mariño de O Grove todos os venres dos meses de novembro, decembro e xaneiro, sempre ás dez da noite, chega á programación o film titulado Autopsia, dirixido por Milagros Bará no ano 2002. Esta película protagonizada por Isabel Blanco, Lino Braxe, Luís Zahera e Santi Prego, entre outros, conta a historia dun xornalista, Daniel Casares, que malvive do seu oficio e que intenta resolver o caso de dous asesinatos dos que intúe que teñen relación entre eles. A súa relación con Amanda, irmá dun dos asesinados fai que se involucre moito máis a fono na investifgacioón na que será unha peza fundamental a figura do médico forense.
Cinemas Dixitais é un proxecto da Axencia Audiovisual Galega, e da Concellería de Cultura do Concello do Grove para, en palabras do concelleiro Antón Mascato, “achegar o cine feito en Galicia aos espectadores, xa que normalmente teñen moitas dificultades para poder velo pola falta de interese das redes distribuidoras americanas e a súa tendencia a pasar só o cine que elas promoven e financian” Deste xeito normalízase a proxección audiovisual en galego, nos cines, as salas propias para esta actividade.
A versión galega da vida de Ramón Sampedro no Cine O Mariño do Grove
Co título Condenado a vivir, que conta a historia do tetrapléxico Ramón Sanpedro, a industria cinematográfica galega adiantouse en varios anos á versión que realizou Alejandro Amenábar, e que tanta sona lle deu aos que reivindicaban o dereito á eutanasia e a morrer dignamente.
Dirixida por Roberto Bodegas e protagonizada, entre outros, por María Bouzas, Ernesto Chao, Rosa Álvarez e Sonia Castelo, nunha produción de Continental. Esta versión, ten todos os ingredientes para ser do agrado do público, tanto polo seu elenco de actores, como pola xa coñecida historia, como pola ben levada gravación e montaxe deste film que sorprende pola calidade da súa realización.
Proxectase no Cine O Mariño do Grove, dentro do ciclo de Cinemas Dixitais, o venres 23, ás dez da noite, con entrada libre ata completar o aforo.
O Cine O Mariño acolle de novo unha programación estable de cinema
A Concellería de Cultura do Concello do Grove continúa dotando de contidos culturais ao recuperado Cine O Mariño, e nesta ocasión súmase ao proxecto Cinemas Dixitais , organizado pola Consellería de Cultura e Deporte a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Axencia Audiovisual Galega en colaboración co Igaem.
Ao longo dos meses de novembro, decembro e xaneiro , todos os venres ás dez da noite realizarase a proxección de trece filmes, non comerciais, feitos en Galicia, que contarán nalgúns casos coa presenza no mesmo cine O Mariño de directores, actores, guionistas, produtores ou actrices que participaron nalgunhas das películas que se inclúen neste ciclo
Enviar um comentário