quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Dereito a saber, liberdade a investigar ( e obriga de investigar)


Olas a tod@s:
Como vedes engado algo ao cartaz das xornadas que se celebrarán do 19 ao 22 na nosa vila. Engado "a obriga de investigar" xa que para os historiadores é tamén unha obriga esa tarefa. Pero hoxe en día parece que esa obriga non pode realizarse facilmente porque a falta de liberdade para investigar en torno ao franquismo está sendo atacada un día si e outro tamén. Os casos de Garrido e Pereira son probablemente os máis coñecidos pero tras estes hai moitos máis. A moitos historiadores se lle ten negado o acceso a documentación por parte de numerosos concellos desde hai anos. As trabas postas por numerosos municipios e pola igrexa á investigación son coñecidos por moitos historiadores.
Cando me refería a obriga dos historiadores refírome a que historia ten como obxectivo o coñecemento do pasado e as súas repercusións no presente pero isto debe conlevar a "socializaciónd dese coñecemento" para que teña utilidade social. Xa dicía o gran Hobsbawn que unha historia que non chegue ao coñecemento da sociedade ten pouco que facer. Todas as trabas que se poñen á investigación palidecen fronte as dificultades para conseguir a socialización a que antes me refería. Resulta que as obras que máis difusión teñen non son obra de especialistas e nin sequera teñen o mínimo esixible de credibilidade e rigor. Ademais os historiadores tamén teñen grandes dificultades en escribir libros accesibles para a xente e logo está a cuestión da desprofesionalización da historia ( quen vive de ser historiador?).
Por mor de todo isto ( e algunhas cousas máis) pódese detectar a diverxencia entre coñecemento histórico e coñecemento "social". Moitas ideas difundidas a nivel social teñen sido desmentidas hai tempo pola historiografía pero iso non impide a súa difusión. Casos claros son o "éxito económico" franquista no que moita xente cre pero dista de ser real ou o golpe de estado fracasado como xérmolo da guerra civil, os males da República... . Un dos casos máis claros é que parece que a situación española é un aparte con respecto de Europa cando as Frontes Populares e as ameazas da ultradereita ás democracias son casos con paralelismos europeos. Pero probablemente o mito máis extendido é que o franquismo non foi realmente un rexime asasino e dictatorial tan condenable e lamentable e a equidistancia entre o franquismo e a República. En todo isto ten grande culpa a transición, recordemos que o PP ainda non condeou nunca no Congreso o franquismo e as súas opinións sobre a memoria histórica ou sobre a República. E así parece que non había republicanos conservadores porque para o PP a República non é mellor que o franquismo e por iso nacen todos eses libros que proclaman o perigo comunista republicano e que se o franquismo foi malo non era mellor a república e cousas polo estilo. Así vemos como o PP meco sacou nun boletín seu unha oda a Pío Moa e revisionistas semellantes. Todo isto é así porque a historia ainda non foi quen de chegar á xente e pór os seus coñecementos ao servizo da sociedade e porque o PP segue a ter máis ligazóns históricas co franquismo que coa democracia e porque moitos dos seus dirixentes son expoñentes claros da dereita tradicional e católica e non do liberalismo ou da democracia cristiá europea. E así nos vai.
Por todo iso todas estas actividades e xornadas son tan importantes, porque é importante que a xente coñeza os traballos dos profesionais, porque non se pode seguir equiparando a membros do exilio republicano que loitaron contra os nazis coa División Azul que combatiu con eles ( e isto fixoo o PSOE) e porque o pasado importa por si mesmo e polas súas repercusións no presente. Por iso invítovos a todos a disfrutar destas marabillosas xornadas e a que vos animedes a participar nelas e por iso felicito aos organizadores por ofrecernos aos mecos actos culturais deste calado na nosa vila. Grazas.
Aquí tedes o enlace á páxina das xornadas: O DEREITO A SABER

7 comentários:

Pepe, non Pepé disse...

Mariano Rajoy, Zaplana, Aznar e Miguel Péres leerán este blog? Pois eche ben de pena que non o fajan porque aljo podían aprender. ¿Non?

Anónimo disse...

Felicidades pola análisis escévola, tan agudo e certeiro como sempre. Agardamos verte e opinar nas xornadas.

coco disse...

Escebola ben se nota que non sabes ben do que falas, porque che faltan datos e estas a dar paus de cego.

Anónimo disse...

BRINDO POR ESAS XORNADAS TAN BEN ORGANIZADAS, UN EXEMPLO DE QUE HAI OUTRA FORMA DE FACER CUULTURA

Anónimo disse...

Ogrovetolerante.blogspot.com un blog no que se fala dos temas actuais e que nos afectan a todos

Anónimo disse...

A DELFOS ME REFIERO...TODAS ESTA MERDADA DE INICIATIVAS, ESTAN ENCAMINADAS A PROVOCAR REACCION DE PERSONAS, QUE, ESTANDO TRANQUILAS POR QUE ASI SE ACORDOU CANDO COMENZAMOS A CONVIVIR EN DEMOCRACIA, APARECEN ESTOS "SALVA PATRIAS" COMO MASCATO Y SUS ACOLICOS...LEASE SOCIALISTAS, COMUNITAS, NACIONALISTAS DO BLOQUE, E TODA ESA MERDADA DE POLITIQUILLOS. RECOMANDARIALLE MAS PRUDENCIA, NOS SEA QUE "O MOUSTRO DESPERTE".

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,