sábado, 29 de setembro de 2007

Quo usque tandem abutere, Flanders, patentia nostra? (tamén vale para outros do PP )


Olas a tod@s:
Probablemente xa todos teñades lido noutros blogs ou nos xornais ( nalgúns que noutro non) as novas sobre a investigación do fraude nas listas electorais do PP en Euskadi. Outra vez temos noticia sobre este asunto que para min dista de recibir a importancia e a repulsa que merece. Digo que dista de recibir a importancia que merece xa que parece cando un lee os xornais que é unha corruptela sen máis ( como quen amaña oposicións, que tamén importa claro) en vez de ser un atentado contra a base do sistema democrático (as eleccións) na súa institución máis cercana ( os concellos), ademais de contra a privacidade e a liberdade das persoas que sen saber nada foron presentadas. Claro que ao mellor todo isto non é importante e eu son un puntilloso e un "remilgado" formalista.
Hoxe recurro a un dos máis grandes oradores da historia, a Marco Tulio Cicerón, para ver se así o noso ex me fai máis caso (cousa na que non confio xa nin creo que lea estes blogs, nin que lle importa o que poñamos neles e moito me temo que nin que ainda que Cicerón revivira e llo dixera nun pleno este home fose dimitir). Pois Cicerón espetáballe isto a Lucio Serxio Catilina cando o acusaba no senado de estar conspirando contra a república. O discurso foi bo xa que Catilina foi abandoado polos seus partidarios do senado e a conspiración foi abortada. En resumen, a frase é o comezo da súa alocución ao senado e significa: Ata cando, Catilina (no noso caso Flanders), vas abusar da nosa paciencia?. Pois ben, esta é a pregunta que eu, e seguro que máis xente, lle fai a Miguel Angel Pérez.
Nas novas de hoxe, unha empregada do concello recoñece ser a autora das falsificacións, se ben afirma que o fixo baixo as presións do PP. Ainda máis denuncia que estas presións xa se tiveran producido antes e que o futuro dos empregos no concello era directamente proporcional á filiación e ideoloxía política dos traballadores eventuais.
Ante isto o PP cre que xa atopou a cabeza de turco que buscaba de forma desesperada para así non ter que cargar coas culpas ( nin con posibles penas) do fraude electoral. Xa se escoita por aí a máis de un dicindo: ves como Miguel non tiña nada que ver, que era cousa doutra persoa... . A verdade é que esta historia é moito máis simple do que en principio nos queren facer crer e que en realidade isto non ven máis que a demostrar que o PP local sabía ben o que facía e quen o facía. Vou intentar argumentar de forma sinxela:
1. Resulta que esta empregada dinos que ela falsificou as candidaturas pero tamén nos di que foi baixo presións do ex alcalde. Ademais di que se un non facía este tipo de traballos non renovaba o seu traballo. Hai que dicir que este tipo de presións son de todos coñecidas e a min xa me teñen dito traballadores do concello que incluso se lles teñen dado mitíns para avisalos que se non gobernaban eles ían quedar sen traballo.
2.Digo eu que a explicación da muller esta é crible xa que se non só nos queda pensar que a secretaria do ex e membro do Grumir non tiña que facer e entón ocurriuselle falsificar os impresos pero por falsificar, así sen ganancia ningunha. Ademais tamén é incrible o proceso de recollida: un chega dalle 20 papeis con datos de 20 fulanos ( que ao mellor non consinten ou, visto o visto, ao mellor nin existen) e vai o PP e xa os presenta e ao carallo e despois nin sequera saben quen deu os papeis, nin quen os enviou, nin se sairon dunha sede ou doutra... en fin un escándalo.
3. Se todo este razoamento non fose así só nos quedaría pensar que en realidade hai xente que falsifica documentos pero por falsificar, que estes documentos non se comproban e tampouco se rexistran, que se envían pero non se sabe nin como nin desde onde nin quen os envía e que ademais todos eses fulanos acaban indo nunha lista en Euskadi. Ademais todo isto admitido así por uns personaxes que despois aspiran a manexar a documentación, os impostos e, resumindo, o goberno de toda unha vila. Pois se así furrulaban cos seus papeis non quero pensar como o farían cos de todos nós.
Entón visto todo isto, só cabe dicir: SEÑORES DO PP ATA CANDO VAN ABUSAR DA NOSA PACIENCIA?. Estes homes querennos tomar o pelo porque senón isto non ten explicación. Resulta que para tentar zafarse dun fraude admiten que son uns incompetentes e uns irresponsables e quedan tan anchos, nin dimiten nin fan amago de dimitir, nin nada de nada. O asunto vai estar, claro, en que a Susi esta dixo que ela falsificou ( e entón para o PP ela xa dixo a verdade) pero tamén dixo que llo mandaron ou case obrigaron desde o PP ( pero claro isto para o PP xa é un invento). E o peor ainda está por chegar posto que ainda nós quereran colar que isto en realidade é algún tipo de conspiración ou de vinganza persoal desta muller, se non xa o veredes. O problema está, claro, en quen vai crer que unha señora para vingarse ,ou calquera trapallada polo estilo, se arrisca a acabar na cadea e a ter que pagar unha gran multa. Pero ainda vai haber quen o crea.
Agora, eu dígolle a estes personaxes case que de opereta: vostedes pensan que somos tontos, non?, pensan que chupamos o dedo e que nacemos onte e pensan tamén que ainda contan con algún crédito para seguir representando aos seus votantes na institución municipal que representa a vontade dos cidadáns?. Pois eu digolles que non, que non teñen crédito ningún e , polo que se ve, tampouco teñen vergonza xa que non marchan para a súa casiña a intentar a salvar a pouca dignidade que lles pode quedar e que, desde logo, eu non lles concedo e non espero ser o único que pense así porque senón mal imos.
P.D: Eu pensaba que unha persoa opta a un posto de traballo no concello mediante oposición ou concurso oposición... , pero a un non a dous. Como podía logo a muller esta traballar de secretaria e no GRUMIR?. Gañou dous concursos diferentes? Agardo que alguén me saiba explicar isto.

6 comentários:

GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO disse...

COMUNICADO DO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DO GROVE

O grupo de Goberno do Concello do Grove, formado por concelleiros do PSOE, BNG, EU e PG en relación coas informacións de prensa, do día de onte, das dilixencias que segue o Xulgado de Cambados pola fraude das listas do Partido Popular no País Vasco quere manifestar o seguinte:

1. Que temos plena confianza no labor da Xustiza, razón pola que acordamos personarnos neste caso en defensa dos intereses do Concello do Grove e dos seus traballadores afectados pola fraude. Actitude que manteremos en futuras accións xurídicas que podan derivarse e que afecten a este Concello ou aos seus traballadores.

2. As declaracións do ex alcalde Miguel Angel Pérez exculpándose e procurando sinalar a unha traballadora como responsable única desta fraude lamentable son, cando menos, dunha absoluta perversidade. No mesmo sentido exculpatorio non asume as súas culpabilidades e procura desviar a atención aducindo utilización política dos Xulgados, e das persoas, por parte do grupo de goberno deste Concello.

3. Sen prexulgar as responsabilidades penais que podan derivarse das actuacións xudiciais en curso, existen responsabilidades políticas polo mal uso que se ten feito dos bens, instalacións e traballadores do Concello, presunta malversación de fondos públicos derivados da mestura e
confusión do que é a Institución Municipal e o Partido Popular.

4. Como xefe local do Partido Popular, o ex alcalde, incorreu en diversas actuacións exeitables, que derivan na súa terxiversadora pretensión de desviar a responsabilidade da fraude a outras persoas, razón pola que esiximos a súa inmediata dimisión de todos os cargos públicos. Demanda que trasladamos aos seus xefes políticos inmediatos, dado que este proceso desenvolveuse no seo do Partido Popular, ben sexa por dolo ou ben sexa por imprudencia, Rafael Louzán, Alberto Núñez Feijoo e Mariano Rajoy, para que procedan en consecuencia e eviten ser considerados cómplices desta fraude.

Anónimo disse...

Si ho!, a rapasa é inosentiña de todo. Que lle dean, a ver se prende a cousa e todos os famentos que andan a redor dos casiques e casiquiños do noso país van adeprendendo algo moi elemental: que cando veñen os problemas todos van tentar safarse e eles van pagar o pato! Fódasssssse! Como din os portugueses.
E agora esperar que desde o Flanders ata o Frijolito pasen tamén polo xulgado e rematen en Pereiro de Aguiar.

Carlos Lema disse...

Ler o comunicado de Flanders-PP a raiz da declaración xudicial da empregada do Grumir é a cousa mais surrealista que se pode ler, moi por encima de "Los campos magnéticos" que como ben debe saber Cachuli é unha das obras cumbres da literatura surrealista.
Pero a quen se lle quere facer creer que esa rapaza fixo o que fixo por propia vontade e sen que nadie llo mandara. ?
Quen lle facilitou a esa rapaza a documentacion, os impresos e os contactos donde debía ser enviada esa información ???
En calidade de que facia ese traballo a rapaza - como empregada do GRUMIR ou como secretaria do alcalde - ?
En que lugar fisico e en que horario se fixeron esos traballos ???
Si era contratada do GRUMIR, como estaba facendo labores de secretaria do alcalde. E que acaso as subvencions o GRUMIR non son para fins concretos que nada teñen que ver coa secretaria particular do alcalde ??

Estas e algunhas outras - son as preguntas que tería - terá - que responder Cachuli. Entramentras, que se busque unha boa defensa e que deixe de tomarnos o pelo os veciños como fixo durante os ultimos 8 anos. Como ben di a estrofa do himno "Os tempos son chegados dos bardos das edades que as vosas vaguedades cumprido fin terán". Pois eso.

Anónimo disse...

oES E Á CHOSCA DE MELOXO QUE SE LLE PERDEU ADORANDO A FLANDERS E MANDÁNDOLLE RECADOS POLO FALO A CACABELOS E A MASCATO. FAI FALTA SER TONTACÚ PARA DEIXARSE ACOMPAÑAR POR ESA AMISTADE PELIGROSA DE MALINA A MALINA, A VOLUNTARIA DEMORCRATA NAS LISTAS VASCAS. PARA CANDO VAI IR A EMPARELLADORA AO XURJADO, QUE A LEVE O FILLO NO COCHE QUE NON A MARCA O MOI LAMPASO.

o concello informa disse...

O Grove entrega as Centolas de Ouro

Será, na tarde do sábado, no cine O Mariño, nun completo acto cultural

As Centolas de Ouro, principal recoñecemento público anual do Concello do Grove, que nesta edición de 2007 premian o traballo e o compromiso, serán entregadas na tarde do sábado día seis,nun acto ao que están convidados todos os veciños e veciñas.

O grupo de goberno quixo renovar este acto, deixando atrás o modelo de xantar institucional, para convertelo nunha actividade cultural destacada. Continuando, dese xeito, o estilo iniciado coa celebración do Día da Patria Galega, ou a máis recente estrea da longametraxe O Novo Emden.

A organización do acto acto foille encomendada ao concelleiro Antón Mascato, que deseñou un completo programa no que se inclúe música en diversos formatos, visionado cinematográfico e varias intervencións. Así actuarán o bandoneista uruguaio Artigas Anelo; a Big Band Jazz Vincios, que intrepretará música swin; e a cantante galego-arxentina Lorena Lores, que ofrece un concerto de tango e canción tradicinal galega renovada nos seus propios rexistros, que serán os encargados da animación musical. Na parte audiovisual poderá verse a proxección cinematográfica da primeira película de ficción realizada en Galicia, en 1916, que ten moito que ver co acto e que da que a organización reserva o título como sorpresa, xa que ese será un dos momentos destacados noite, xunto coas intervencións a xeito de louvanza dos premiados que estarán a cargo de Dolores Vázquez, presidenta de Emgroves, Francisco Iglesias, Patrón Maior da Confraría San Martiño, Xosé Avelino Ochoa, presidente da Asociación pola Memoria Histórica do Grove, ademáis do concelleiro de cultura, Antón Mascato.

As Centolas de Ouro 2007 serán entregadas por Montserrat Prado Cores, delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria; María Xesús López Escudeiro, delegada provincial da Consellería de Cultura; Fátima Linares, directora Xeral de I+D da Consellería de Pesca, e José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove, acompañados polos concelleiros Victoria Canoura, Noemí Outeda e Jorge Olleros.



No cine O Mariño, ás oito da tarde, comezará o acto de entrega das Centolas de Ouro 2007 que este ano recaen en Esperanza Casas; os traballadores e traballadoras do Grove no Gran Hotel da Toxa, que estarán representados neste acto polos seus compañeiros Ana María Caneda Álvarez e Manuel Bea Oubiña; Carmen Bea e Antonio Domínguez, do Hotel Villa Juanita; e o artista e intelectual, Isaac Díaz Pardo. Será conducido pola presentadora de informativos de Antena 3 Televisión, Lola G. Alfonso, nacida no Grove, sen dúbida un valor engadido a esta completa programación.

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,