quinta-feira, 6 de dezembro de 2007

Dúas peticións dun lector que podemos compartir


Olas a tod@s:
Hoxe vou falar sobre dúas temas diferentes que me fixo chegar un de vos ao correo deste blog. Como sempre estou encantado de que queirades participar neste proxecto que considero é de todos os que o facedes posible cos vosos comentarios, ideas e suxerencias.
O primeiro tema ten que ver coa "guerra" entre a asociación Conroibo e a Confraría. Debo advertir que este tampouco é un tema que domine e que é moi probable que cometa erros ( como tantas outras veces) polo que vos pido a vosa opinión e as vosas correccións para co diálogo poder formarnos unha mellor opinión.
Como primeiro punto quero dicir antes que tentarei alonxar este tema dos personalismos nos que se cae cando se oe falar del na rúa ou nos xornais. Parece ser que o problema está no concepto de "pesca deportiva", de se ese concepto se cumpre e de ese posible incumprimento perxudica aos profesionais do sector pesqueiro. É indubidable que a pesca deportiva é unha actividade tradicional do lecer na nosa vila, pero ao mesmo tempo
tamén é indubidable que a pesca deportiva é empregada como método para encubrir furtivismo e foino moito máis no pasado.Debo dicir que se tivese que escoller entre lecer e un sector económico como o pesqueiro xa moi danado no prano social e de rendabilidade, escollería o sector económico e non o lecer. Agora ben tampouco considero que sexa irremediable a elección xa que pode atoparse unha solución de consenso. Para isto compre evitar caer nos reproches personalistas entre as partes e tratar os temas con seriedade e non con proclamas demagóxicas nos medios. Eu creo que o primeiro punto consiste en diferenciar o lecer do que é unha profesión e unha actividade. Considero isto moi importante xa que, a miudo, non se identifica socialmente ao sector primario como actividades económicas e profesionais senón como algo que está aí para que todos rebañemos algo del. Por tanto, sendo certo que o lecer se practicou desde "tempos inmemoriais", tamén debemos diferenciar a diversión da fonte de ingresos de moitas persoas para as que o mar é o seu traballo. Só podo dar un consello, debemos educar ás persoas a respetar ao mar como ámbito de traballo duns profesionais xa se acadamos isto a pesca deportiva será iso, unha actividade de lecer que non busca a rendabilidade económica nin a venda ilegal das súas capturas polos bares e polas casas e supoño que se irá pescar polo pracer de facelo e non coa intención de pescar o mesmo ca un mariñeiro ( todos coñecemos a algún veciño que fai pesca deportiva pero para gañar cartos, facendo logo "pesca profesional"). Xa avisei que non tiña moitos coñecementos sobre o tema así que agora tócavos opinar.
O segundo tema era a miña opinión sobre A Meca e o seu caracter político. Vou facer extensible a reflexión ao PG porque me parece que teñen moitos puntos en común. O tema deste tipo de partidos en Ogrobe é xa proverbial, todos teñen algúns puntos en común: nacen sempre froito dalgún lío nos "grandes" partidos, non aclaran case nunca a filiación ideolóxica escudándose na actuación unicamente local e sorprendentemente soen insultar á política contrapoñendoa aos intereses dos veciños ( o típico de nos non facemos "política", con tono pexorativo, senón o bo para a vila ou os veciños). Xa outras veces me teño manifestado en contra deste tipo de opcións xa que son campo aberto a futuras corrupcións, líos e transfuguismo ao carecer de mecanismos de control cos que si contan os grandes partidos ( falando en claro non hai dirección nin organismo superior ao que pedir contas nin outros ámbitos electorais onde poidan ser "castigados"). Outro dos grandes problemas é que soen pecar dun excesivo localismo sendo dificil que teñan programas para niveis superiores como comarcas,deputacións... dos que dependen moitos dos ingresos e servizos dos concellos actuais así como a solución a máis dun problema. E ainda me fai desconfiar máis o feito de que carezan nominalmente de ideoloxia (na praxe isto non é posible) xa que acaban sendo amalgamas de persoas que proveñen de partidos diferentes e que na teoría ideoloxicamente non poderían estar no mesmo lugar. Isto último preocúpame porque moitas veces parece que só se busca proseguir cunha carreira política polo feito de estar en política e disfrutar pois de certo poder, fama ou calesquera outras cousas ( todos podemos poñer algún exemplo). Por exemplo o PG presentábase na vila falando de Galiza, de CiU e de nacionalismo moderado, mentres que na Coruña era "PG de La Coruña", realizaba todo en español, falaba de Galicia e da UCD. Este tipo de proxectos parécenme perversos e considero que só buscan obter poder a calquera custe e tentando enganar aos electores, porque ao fin son o que son "chiringuitos personalistas".
Espero ter cumprido coas peticións e agardo que me fagades chegar máis.

5 comentários:

Anónimo disse...

Na mentras os mariñeiros vendan por fora e non queiran pajar os seus impostos, moi poucos arjumentos teñen. E non e "lecer", e ir a seca. Notase que estás moi ben sentado no teu sillón.
E entre A meca eo PG haiche ben de diferensias, creo eu. Aida e dela, e Fredi (non sei como o colocaron ahí habendo outras persoas mais do perfil galeguista) ten que aprender a ser jallejista que non o é nin de asomo Outra cousa e que non che justen os seus lideres.

Anónimo disse...

Vou comentar a parte dos partidos:

se algún veciño do Grove quere meterse en política para intentar solucionar cousas "locais", ¿consideras que é mellor que se vaia cuns dos partidos "nacionais" en lugar de crear ou unirse a unha iniciativa local? Non é esa a miña opinión. Sen olvidar a orixe da democracia, penso que cantos máis partidos locais haia e cantos menos dos outros, sería mellor en termos xerais. ¿Por qué?

- Amiguismo - Eso de condiciona-lo voto por razóns tan ruins como que a Xunta é dos meus, a Diputación está do noso lado e cousas semellantes, non pasa de ser un tráfico de influencias que, por desgracia, está ó orde do día. Os grandes partidos terían teóricamente criterios máis obxectivos no caso de que os concellos estiveran gobernados por entidades locais e non por nosos "amigos" e "enimigos".

- Ideoloxía- Para algúns esto pode ser polémico, pero a xestión municipal é sobre todo eso, xestión. Pero ainda así, fíome máis da ideoloxía dun veciño do que me fío da ideoloxía dun partido grande, e de eso pódese falar moito. Seguindo o exemplo, ¿ou o PSOE é o mesmo en (L)A Coruña e aquí?

- Negociación- Non se pode negar que algúns dos partidos locais véndense por un plato de lentellas. A cuestión e que os grandes non o fagan, por lentellas e por moito máis. Os grandes "negocian" e os pequenos "véndense". Recordade que cando un dos pequenos se vende, ó outro lado da mesa acostumbra a estar algúns dos grandes (¿o comprador?). E sempre mellor comprar a un dos pequenos e facer o que un quere que negociar cos outros grandes, dos que sempren os separan diferencias ideolóxicas irreconciliables. ¡Se ó final a ideoloxía dos peques existe!

- Corrupción- Na miña opinión a corrupción municipal é un dos maiores males da democracia actual. Para min EXISTE e corre rampante por case todos os concellos. Todos sabemos de exemplos en moitos lugares e con diferentes gobernos.Eso sí, se vas preguntar o Xulgado de Cambados parecería que no Grove nunca houbo nada. En moitos casos é un eslabón máis do proceso de financiación dos partidos e dos seus "representantes" municipais e "familia". Xa, van detras deles e de ano en ano meten a 2 concelleiros no cárcere. ¡Qué ridículo! Antes das eleccións todo é loita contra a corrupción, todos recoñecen a sua existencia, e despois delas, nada de nada (ven a ser como o da piscina ;) ¿Qué impide ós partidos grandes facer unha lei no parlamento que incremente o control sobre as áreas que rexistran maiores índices de corrupción (unha pista, obras e urbanismo)? ¿Cántas iniciativas se presentan sobre este tema? NON INTERESA (ós partidos). Eu penso que se os concellos estiveran en máns de entidades locais, no Parlamento non faltarían iniciativas para controlar as súas actividades. Seguro.

- Partidocracia- A mín interésame que o alcalde e concelleiros do Grove teñan como prioridade O Grove. Se resulta que por enfrentarse ó seu partido ou levanta-la voz para pedir cousas, cando cambie o goberno esa persoa non vai ter un futuro na Deputación, Xunta, Parque de Bombeiros, etc. pois paréceme que condiciona as súas funcións. Eu non máis que vexo alcaldes do PP criticar á Xunta de Fraga, ou do PSOE á actual, !Por favor!

E poderia seguir. Non se trata de poñer a estes partidos pequenos de exemplo, xa que a maioria non o merecen, trátase de estimula-la participación do cidadán de maneira directa no goberno do pobo, fuxíndo de partidos para os que o pobo é unha simple bandeiriña no mapa de poder.

Escévola disse...

Amig@ esteiro, non estou de acordo contigo en case nada. A cuestión do amiguismo pode ser que sexa certa pero non se debe aos grandes partidos senón a que os cidadáns non castigamos axeitadamente ese tipo de comportamentos porque no estado español os cidadáns non identifican os cartos das diversas institucións como seus, que é o que son en realidade, como se pode comprobar sempre que se fala de inversións ou de impostos.
Respecto da ideoloxía estás errado xa que coincidirás en que non se poden separar xestión de ideoloxía xa que unha determinada xestión é a que é por estar determinada por unha determinada ideoloxía. Isto é así porque a ideoloxía é unha cosmovisión ou forma de ver o mundo e a nosa percepción fai que actuemos dun determinado xeito ou doutro. Outra cousa é que se intente ocultar unha determinada ideoloxía pero esta ten que existir porque forma parte do proceso de toma de decisións dunha persoa ou grupo.
Nas negociacións está claro que cada un negocia como pode ou quere pero eu facía referencia a que é máis "fiable" por decilo de algún xeito ter o acordo dun partido non local xa que hai unha estructura máis complexa que pode pór freo aos personalismos locais. Digo que existe a posibilidade non que ocorra sempre.
Os últimos informes sobre a corrupción dinnos que esta é maior nos partidos locais. Isto pode ser así porque non teñen un proxecto máis amplo que poda ser penalizado pola corrupción e porque en moitos casos son partidos instrumentais para acadar certo fin, o caso de Parajó en Teo é un exemplo moi claro.
Respecto da autonomía, esta existe a nivel local en todos os partidos polo que non vexo excesivos problemas neso. Outra cousa é que se confunda autonomía con localismo xa que non sempre as causas ou respostas a problemas dunha localidade están nunha localidade e ,por moito que sexa impopular, non todas as demandas dunha vila están xustificadas ou se deberían cumprir.
Estou de acordo contigo en que se precisa dunha maior participación cidadá pero considero que as respostas están en plantexamentos como o orzamento participativo, asembleas veciñais e propostas polo estilo debatidas no Foro Social Mundial, pero non creo que estén nos partidos locais.

Anónimo disse...

Estimado escévola,

sen ánimo de monopolizar os comentarios no teu Blog, eu tampouco estou dacordo na maior parte das tuas afirmacións. Non son os cidadáns os que teñen que castigalo amiguismo, iso é demagóxico, é un marco legal que o impida e a Xustiza en último termo. En canto a ideoloxía, entendida como conxunto de ideas, todos as temos. Pero para mín non é mellor a dogmática, adoctrinadora e salvadora dos partidos que a de cada individuo, xeralmente independente e propensa á evolución (pódese aplicar tamén no plano relixioso).

Sobre as negociacións, o que ti dis da estructura máis complexa dos grandes partidos como factor de control non me convence e pódese fácilmente convertir nun elemento que perturbe a dinámica local, impoñendo candidatos, marcos de negociación e comportamento baseados en elementos totalmente alleos ó concello.

Unha das razóns, senon a principal da existencia de minipartidos "corruptos" é pola connivencia dos partidos tradicionais, que prefiren usalos como porta para chegar a tocar poder. E se non, ¿cómo é que chegan a gobernar na maior parte dos casos? A responsabilidade dos partidos grandes é moita. ¿Quén fai as leis? Porei un caso teórico dos que non se dan nunca: Se un alcalde se leva 2 pisos por unha recalificación entón ¿é un alcalde dun partido local, do PP, do PSOE? ¡Que máis da!, nadie denuncia, nadie investiga e nunca pasa nada. Teóricamente é moi fácil meterlle man a maior parte dos elementos implicados na corrupción, pero na práctica non lle interesa a ningún dos partidos. Esa é unha das razóns do desprecio polos mesmos de moitos cidadáns. Da mesma maneira que chirrían as palabras de bispos que falan de valores morais que dificilmente se poden aplicar a eles, escandalízame ver que os partidos falan de xestión, transparencia, servizo, etc. como entes abstractos sen reflexo na práctica. Se non ven o que pasa é que non queren velo. Hipocresía e engano.Partidocracia. A política dos partidos. E creo que moitos cidadáns ven iso.

Para rematar, e como apoio a algunhas das miñas afirmacións, poño algúns extractos do recente informe do 2007 de "Transparency International" para España (http://www.transparencia.org.es/):

"El gobierno local es una parte insustituible de toda democracia mínimamente desarrollada.
Ahora bien, en España, en este nivel local de gobierno se ha producido una preocupante politización de los mecanismos de acceso y carrera que nos recuerdan a situaciones decimonónicas de “spoils system”. Si a ello añadimos que una visión estrecha de la autonomía local ha desmontado una buena parte del control estatal sobre estos gobiernos, y que en determinadas materias, como el urbanismo, la
discrecionalidad con la que se opera es enorme, las consecuencias son funestas."

"Además, en España no existen sistemas de protección a los denunciantes de casos de
corrupción y dicha ausencia afecta tanto al sector público como al privado. En consecuencia, quien
denuncia se puede ver sometido a represalias sin que la Administración o las propias empresas le protejan "

"También debería mantener la AGE algún tipo de control sobre las declaraciones de intereses de
los electos locales, a ser posible a través de una Oficina de Conflicto de Interés con un aceptable nivel de independencia. Incluso se podría establecer como delito, castigado con penas de prisión, la no entrega o el falseamiento de datos en la declaración de intereses. Y, en definitiva, mejorar los
mecanismos de transparencia y rendición de cuentas en este nivel de gobierno ..."

"...modificación de la normativa de financiación de partidos, de forma que se prohíban las donaciones opacas, se refuerce la independencia del órgano fiscalizador de sus cuentas y se les requiera mayor transparencia en los ingresos y gastos que realizan a través de sus empresas y fundaciones. "

"Normalmente, los órganos de gobierno judicial tienen influencia y/o composición política y reciben presión de quienes les nombraron para que actúen con criterios partidistas en los asuntos disciplinarios, de nombramientos y ascensos y en los traslados. Cuando existe extendida corrupción política, las redes de políticos corruptos intentan garantizarse la impunidad, para ello, colocan en puestos de responsabilidad en la
estructura de gobierno de los jueces a magistrados corruptos o influenciables que pueden presionar sobre los jueces para que sus patrones políticos salgan inmunes de las investigaciones. También utilizan al Ministerio Fiscal y a la policía para evitar la persecución de los delitos que cometen,entorpeciendo las investigaciones judiciales. Los corruptos saben que una Magistratura honesta puede intentar acabar con las redes de políticos corruptos, de ahí su preocupación por el control."

Anónimo disse...

É moi de agradecer o nivel de discusión que mantedes, amigos scévola e esteiro. Non sei moito do asunto da pesca, traballo en despachos, pero son dos que cre naquela máxima de esquerdas "a terra para quen a traballa, non? Pois o mar tamén, o mar para os mariñeiros, bateeiros, mariscadoras... e os do lecer que merquen unha maquiniña virtual de pescar peixiños dixitais e que o pasen moi ben pescando sen morte e sen danar o xa máis que saturado recurso natural. E tanto me ten quen ande nas pancartas de Con Roibo. O mesmo que creo que a Confraría é quen mellor defende os intereses dos mariñeiros, mentres non haxa outros modelos máis acaídos. Eu non vou esquecer o exemplo de Paco Iglesias cando o do Prestige, imaxinade que o Patrón daquela fose o moso da Meca, ou Porfirio... ostiás para botarse a correr polo mar abaixo, non? E ló?