terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

¿Existimos os galegos?


Olas a tod@s:


Unha das miñas series favoritas é El Ala Oeste. Hoxe mentres miraba o famoso debate recordei un dos seus capítulos. Neste episodio o presidente Bartlett está negociado como van ser os debates durante a campaña electoral e un dos seus asesores dille que un dos acordos é que cada candidato dispoña de 10 mínutos en cada turno. Entón o presidente Bartlett dille ao asesor que se os candidatos non se poden facer preguntas e non teñen que respostalas senón que só teñen que falar en turnos de 10 minutos logo non é un debate xa que non falan entre eles, "son mónologos de 10 minutos".

Pois ben isto foi o que pasou hoxe na televisión non tan agardado debate, Zapatero e Rajoy facendo monólogos de 10 minutos e acusándose mutuamente de quen o fixo peor ou quen mentiu máis. Poucas foron as propostas que se fixeron e pouca foi tamén a novidade que nos trouxo o "ansiado " debate. Claro que eu xa sempre fun escéptico respecto do que se podía agardar dun debate coma este e con este formato.

Fora xa de todo o ruido que imos ver nos próximos días e que xa vos podo resumir aquí, para os medios conservadores gañou Rajoy e para os medios afíns ao PSOE gañou Zapatero, querría facer un par de reflexións. A primeira é que vendo o debate e os medios parece que estamos en USA ou en Francia, dígoo porque parece que podemos votar por Rajoy e ZP como se vivísemos nun sistema presidencialista. Obviamente non escollemos presidente, escollemos deputados que despois escollen presidente. Pode parecer unha tontada pero non é, e con isto engancho coa miña segunda reflexión; ¿que escollemos os galegos?. A resposta é sinxela, escollemos a os deputados que nos van representar no Parlamento do Estado durante catro anos. E aquí está o quid da cuestión, ¿ escoitastes vos algunha referencia aos galegos en todo o debate?. Eu aparte do chapapote non escoitei ningunha máis. Iso si, escoitei falar de Murcia, Extremadura, Catalunya, Madrid, Euskadi e dalgún lugar máis pero de Galiza nin papa.

Levo dicindo durante anos nas miñas conversas cos amigos que iso ocorre porque non somos politicamente relevantes, non decidimos as eleccións cos nosos deputados porque son poucos. Precisamente por isto tamén recibimos poucos cartos e demais, ¿ se un é presidente onde vai invertir en Galiza e o seu puñado de deputados ou en Andalucía e a as súas mancheas de deputados?. Claro que alguén podo dicir, ¿ é Euskadi que? alí teñen poucos deputados tamén. Si pero tamén teñen ao PNV.

Tanto é que non importamos que como xa vos dixera aí atrás resulta que nestas eleccións escollemos 2 deputados menos porque seica temos pouca poboación. O caso é que en Madrid que escolle máis deputados esta vez faino polos inmigrantes que alí residen pero non teñen dereito ao voto. En troques aquí, todos eses emigrantes galegos do mundo enteiro que son máis que máis de unha provincia española e si votan, resulta que non contan para ter un maior numero de deputados. Non é tontería porque estamos falando de peso político no estado e de ter menos 2 deputados en vez de ter máis 5 ou así. Pero claro aquí resulta que isto dá igual, só fai falla ver o preocupada que anda a prensa co tema.

E así nos vai resulta que fan un tostón de debate alí en Madrid os do PSOE e os do PP ( se votas outra cousa pois a foderse que non vai sair) e Galiza non sae para nada no debate. Pero iso si, despois dinnos que os deputados galegos isto ou outro, que loitan por nós... . Tanto é así que o candidato do PSOE pola provincia da Coruña non sabe falar galego e confunde o polbo á feira co polbo á galega. Un galego de pro, onde vas parar. E así nos seguirá indo mentres os galegos non nos poñamos serios e digamos: si moi ben, ¿ pero de Galiza e dos galegos que?, ¿ onde están as miñas infraestructuras, as miñas competencias, os meus cartos, esas transferencias que non me queres dar pero lle das a Euskadi e Catalunya? e así un longo etcétera.

Escollemos aos nosos representantes, aos representantes galegos no Parlamento estatal. Logo escollamos ben e esixamos que se fale de nós e dos nosos intereses porque se nos veñen colocando fulanos que despois van pasar de nós como da merda (con perdón), aparecendo cada catro anos por aquí coma se fosen os máis galegos e nós llo permitimos despois tamén non poderemos queixarnos cando pasen de nós. Escollamos representantes galegos, que loiten por Galiza e polas cousas que a nós nos interesan. Fagámolo porque somos galegos, porque existimos e porque xa vai sendo hora de estar honrados de ser galegos e de que se den conta que aquí hai algunha cousa máis que choiva. Despois se queren que sigan insultándose na tv sen ningunha proposta durante sete semanas ou sete anos que a nós vainos dar igual.

6 comentários:

Anónimo disse...

Escévola, penso exactamente o mesmo ca ti.De feito onte, cando acabou o debate, falando co meu compañeiro, mais ou menos foi a mesma opinión a que chegamos. Tamén creo que hai moita mais xente coas mesmas ideas. Alégrome, o que pasa que as veces hai que pedirlle a xente que abre os ollos, que recapaciten quen somos, que queremos, que buscamos, .. e ti con este artigo axudas. Segue así.

Anónimo disse...

¡Claro que existimos! GALEGOS E GALEGAS VOTEMOS A UNHA FORZA POLÍTICA GALEGA.
FAGÁMONOS OIR.
VIVA GALIZA. VOTEMOS BNG

Anónimo disse...

Siiiii. pero...¿a qué BNG?

Anónimo disse...

Neste caso, se votas en Pontevedra á cabeza de lista é Olaia; se votas na Coruña é Jorquera, se votas en Ourense é Tabarés... e así... porque só hai un BNG, con todas as discrepancias, diferencias internas e discusións que nunca parcticaredes os do pensamento único, os do réxime autócrata e ditatorial que representan os Rajois, Aceves, Zaplanas e Espesaguirres de turno.

Anónimo disse...

En galicia hai un BNG e no Grove 3!
E se poñen a parir uns a outros nos periódicos

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,