segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008

Rara estratexia electoral















Olas a tod@s:
Hai unhas horas que volvín de Santiago, a onde fun participar na manifestación de Galiza non se vende, e levo un rato dándolle voltas a unhas cantas ideas que quero compartir convosco.

Sorprendeume a cantidade de xente que asistiu á manifestación de Galiza non se vende, disque eramos unhas dez mil persoas (isto xa sabedes varía segundo quen conte) máis ou menos os que enchemos a Praza da Quintana. Sorprendeume tanta xente máis ainda se se ten en conta que ningún dos partidos maioritarios organizou ou apoiou a convocatoria. Esta foi feita por multitude de agrupacións veciñais, colectivos sociais, organizacións ecoloxistas e polo SLG; polo tanto poderiamos dicir que foi convocada e apioada pola sociedade autoorganizada.

Entón mentres conducía á volta viñen eu pensando na rara estratexia e táctica electoral levada a cabo polo BNG nos últimos anos. Eu xa vos adianto que non a entendo, ou cando menos, non lle vexo o menor atisbo de lóxica. Pero parece que non son o único que non o fai vistos os resultados dos últimos procesos electorais.

Imos ver, o nacionalismo medrou en Galiza durante os 80 e 90 de forma exponencial grazas a un traballo ardoroso da súa base militante. Este traballo tiña como un dos seus peares fundamentais a creación de multitude de organizacións cidadáns para a defensa da cultura, medio ambiente, lingua... . O tecido asociativo nacionalista foi sen dúbida o xérmolo do grande exito do BNG nesas décadas xunto cun discurso valente e moi diferente do das forzas estatais.

Pero todo isto mudou coa progresiva entrada en diferentes gobernos (municipais, provinciais...) ate chegar ao culmen co cogoberno galego. Parece que a necesidade de seguir medrando en votos trouxo consigo unha peregrina teoría que está perxudicando gravemente ao nacionalismo conforme se vai amosando como falsa. Esta teoría (impulsada de forma sibilina por distintos medios de comunicación) consiste basicamente en que o discurso do BNG se tiña que "moderar" para poder "adpatarse e atraer" a votantes tradicionais doutras forzas políticas. A teoría falla por todos lados e polo tanto a estratexia e a táctica política do BNG vense moi perxudicadasd. Digo que falla porque, en resume, ven consistindo en perder apoio social que xa se ten por un SUPOSTO aumento en campos antes vetados ou, máis claramente, en perder o que se ten para supostamente gañar algo que ainda non se ten. Esta teoría amósase como falsa vendo os votos e as perspectivas do BNG nos últimos anos. Pero ademais produce un dano máis perxudicial ainda para esta forza política e para o nacionalismo.

O dano ao que me refiro e que coa moderación e unha certa subordinación aos intereses do bipartito o BNG non é quen de rachar coa tendencia bipartidista do estado e non pode impulsar unha verdadeira axenda galega que trate temas exclusivamente galegos. Falando máis claramente, Galiza non entra en campaña e coa súa ausencia os temas exclusivamente galegos quedarán aparcados, outra vez, durante as eleccións estatais. Todo isto froito dunha estratexia de moderación que aparca (ou cando menos atempera) temas primordias como lingua, dereitos sociais, explotación enerxética... .

Todo isto puidose comprobar en Compostela onde a xente se sentía en moitos casos traizoados por parte do BNG, a forza que impulsou moitos deses movementos asociativos e que defendeu durante moitos anos moitas das reclamacións feitas na mani. Por iso moitos dos gritos ían en contra do BNG e non do PSdG ( que ao fin ten a presidencia); porque esa xente podía esperar iso dos socialistas pero non de parte do nacionalismo. E digo isto de parte porque alí estaban Beiras, Camilo Nogueira, xente do Movemento pola Base e o Encontro Irmandiño e moitos militantes do BNG que consideraban o seu deber como nacionalistas asistir a esa manifestación e facer seus os berros de ¡ Galiza non se vende!.

6 comentários:

joshua disse...

I must say that this is one of the very best blogs I've ever visited!

Congrats!

PALAVROSSAVRVS REX

Anónimo disse...

eu vin en compostela a un concellal do bng o mismo que foi á manifa do tiro ao pombiño, xa ves que non todos pensan igual e que dentro do bloquerío poden discrepar

Panaide disse...

Galiza non se vende!!!... pero moitos membros do "novo" BNG xa se venderon e van a Madrid como quen vai a corte do rey a pedir esmola para aparentar que loitamos polo noso país cando,descaradamente o que se busca e agradar os partidos maioritarios e facer ver que "nós" tamén sabemos facer política de estado (que gran erro Señor Quin)....

Unknown disse...

Estou totalmente dacordo. Eu tamén estiven en Compostela e quedei sorprendido co apoio popular da manifestación. Concordo en que o BNG está traizoando a súa base social tradicional para pasar a un espazo eleitoral que non existe en Galiza. De ahí que gran parte da militancia non se sinta representada pola executiva actual e se viva a situación que se está a vivir internamente (Claro exemplo foi a presenza de Beiras ou Camilo, membros destacados do BNG). Como militante de Galiza Nova e do BNG, non podo agochar máis a miña repulsa á deriva ideolóxica e organizativa que sofre a nosa organización, que traizoa así os principios ideolóxicos básicos polos que se creou hai 25 anos a fronte. E a respeito do anónimo, claro que dentro do BNG se discrepa, e a manifestación foi unha clara proba diso. A meirande parte dos que acudiron á manifestación son ben militantes (Movemento pola Base, Encontro Irmandiño e Esquerda Nacionalista, basicamente) ou ben votantes do BNG que se sinten traizoados polo rumbo que está levando a fronte. Finalmente dicir que me alegra que se volva a crear na sociedade galega esa vontade de autoorganización ante as inxustizas que estamos a vivir e volver a movilizar á xente como antes se fixera coa plataforma "Nunca Máis". Pois o dito, Galiza non se vende mentres o povo non lles deixe.

Panaide disse...

Este comentario vai dirixido a eses membros dos "outros partidos" ós que tanto lles gusta ler os blogs dos demais...Ó contrario ca "vós","nós" temos capacidade de Autocrítica dentro da simpatía-militancia-voto cara o "noso" partido...Non coma outros que defenden o indefendible contra vento e marea amparados nese fanatismo que arrastrades dende hai tanto tempo...Tomade exemplo personaxillos do PP e do PSOE e empezade a cuestionarvos cousas como facemos a xente que votamos o BNG..(cando non se ten razón,non se ten e punto)...

Un saudo a tod@s

GALIZA NON SE VENDE!!! que para vendidos xa chegan "Outros"...

Anónimo disse...

Máis que militantes e cargos significativos concretos, creo que había moitos máis simpatizantes e votantes do BNG, desexo e espero que os derroteiros que nalgunhas cousas -non en outras que se están a facer ben-, se rectifiquen a tempo, pois para o nacionalismo e para Galicia un paso atrás son anos posteriores de recuperación. Polo ben de Galicia, polo ben do BNG no vale sostenella e non enmendalla.