sexta-feira, 4 de abril de 2008

Apuntándose a un bombardeo

Olas a tod@s:

Resulta que o PP de Ogrobe parece disposto a aproveitar calquera cousa con tal de darlle algo de lustre a esa, polo de agora escura, labor de oposición que lle encomendaron os resultados das últimas eleccións locais. Como diríamos falando na rúa, está disposto a apuntarse ata a un bombardeo. Só así se pode entender o rebumbio armado polos membros desta formación respecto da iniciativa a prol da normalización linguística feita polo goberno local.

Certó é que non foron os únicos, víronse acompañados no rebumbio por ese estraño compañeiro de viaxe denominado A Meca ( ou La Meca se así o prefiren e por facer gala do famoso "bilinguismo"). Parece ser que o bus ese de Galicia Blingue causou estragos na súa visita ao noso concello.

Este é outro deses temas creados de maneira artificial polos thinks tanks pepeiros para atacar ao nacionalismo e de paso para tentar armar barullo dentro do PSdG. É un tema artificial porque se alguén cre de verdade que o español está en perigo pola "tiranía do galego" debería darse conta de que o único que está en perigo é a súa saude mental por vivir perigosamente ao marxe da realidade. Primeiro, a lingua propia de Galiza é o galego como claramente indica o seu propio nome. Resulta que cando o latín empregado na Gallaecia comezou a evolucionar deu lugar ao galego e non a outra cousa. Aclarado isto cómpre dicir tamén que bilinguismo é un termo científico cun significado determinado. Só se dá unha situación de bilinguismo cando se usa de xeito común a lingua propia en todas as situacións agás naquelas nas que por imposibilidade se use a segunda lingua non orixinaria da comunidade. Así por exemplo, un habitante de Quebec é bilingue cando emprega o francés sempre agás cando se expresa en inglés porque o seu interlocutor non coñece o francés. De tal xeito empregar o galego sempre agás cando é imposible para a comunicación é unha situación de bilinguismo xa que se usa a lingua propia e ademais se coñece para empregala cando é necesario unha segunda non propia. O caso contrario de empregar sendo galego o español como lingua normal ainda coñecendo o galego non é bilinguismo senón diglosia. Se un alemán sabe falar inglés é bilingue xa que normalmente emprega o alemán sempre agás cando lle é imposible e para establecer unha comunicación ten que empregar o inglés. Os conceptos de bilinguismo e diglosia estúdanse xa en secundaria así que parece mentira que persoas como algúns concelleiros, aos que se lles supón algo de formación, non os coñezan.
Terceiro, que eu saiba só existe unha cadea de tv en galego, non existe ningún xornal diario de papel en galego, case todos os productos están etiquetados en español, o cine tamén está en español sacando dúas pelis ao ano... etc. Cal é a lingua ameazada?

Claro que eu tampouco me sorprendo demasiado da posición do PP neste asunto. Ao fin son os mesmos que tamén se meterón a historiadores copiando escritos de Pio Moa and Cia. sen ter nin idea do que estaban dicindo. Os mesmos aos que tampouco lle parece ben a retirada de símbolos franquistas... . Pero eu creo que a cuestión fundamental está en que realmente non saben que facer na oposición, máis ainda se o da piscina e o pavillón chega a bo porto como parece. Non teñen idea de que facer para visualizarse como alternativa a un goberno que pensaban que ía durar dous telediarios e entón algo hai que buscar para sair na prensa que na oposición pásase moito frío.

10 comentários:

Anónimo disse...

Nesta tema,teño que dicir que a psicodelia da Srta. Diana é máis que moito, lémbrame cando nos ensinaban aquilo dos adxectivos superlativos, bo, millor, óptimo, malo, pior, pésimo; pois o da Srta.
Diana é pésimo, pero pésimo de verdade, porque ise titular de que "quieren imponer sólo el uso del Gallego", é de auténtica ignorante, tén unha arte a Srta. Diana, minte máis que fala. A realidade social vai polo camiño contrario do que ela afirma, pero é máis, o Idioma oficial da Admón. Local é o Galego, tal e como así está establecido segundo a Lei da Admón. Local de Galicia, ao abeiro do disposto no Estatuto. Que casualidade que a devandita Lei fora aprobada cando gobernaba o PP no ano 1997. Resulta que agora son anmésicos,e o que máis chama a atención da súa incoherencia é a gravísima contradicción que se fan neste tema, pero a iso tamén está afeito o PP pola súa dupla moral hipócrita.

Anónimo disse...

Resulta tremendo escuitar a esta gente soltar a súa parafernalia ultradereitona. Atreverse a denunciar a marginaçom do espanhol ante o galego e que se tenta impor este último é pouco menos que surrealista. Partindo de que a denunciante desta situaçom é umha pessoa muito estudada (ou disso presume nos discursos filosóficos) e grande conhezedora das leis (alomenos das que lhe interesam) tería que consultar se a súa condiçom no concelho lhe implica o emprego do galego por lei e também o casso que lhe fai a esse emprego. Por tanto umha pessoa que nom cumpre as leis nom está em condiçons de denunciar nada, nim muito menos de exigir (sempre podería engadir ao final dos seus discursos que nom emprega o galego porque nom o sabe falar ou porque cre que o uso do espanhol lhe da um status de superioridad ante a gente do comúm que emprega "lingoas menores")

Que cadaquém fale como lhe pete, pero por favor, imposiçom? Se a alguém lhe resulta extrano como escrevo que sepam que som vítimas (talvez sem darse conta) da imposiçom do espanhol, que se fose imposiçom do galego entenderíanme perfeitamente

Saúde

Anónimo disse...

Falo porque mo soplaron fontes ben informadas, o outro día a saída do Pleno e cando baixaban polas escaleiras, a susodita ínclita dirixíuse ao concelleiro Antón Mascato nun ton nada educado (e iso que ela presume de moitas cousas, incluso dunha titulación que non tén, anunciado publicamente no blog do PP), acusándoo de ser o autor dos dous blogs críticos con determinados feitos, persoas e Partidos Políticos, entres eles o PP, cuestión ista última que a "artista" non lle gosta nadiña de nada. Antón Mascato non sabía se aquelo era unha montaxe ou unha película surrealista, limitándose a respostarlle a sra. de que o coñecía?, e que por favor o deixara en paz e se adicara ás súas cousas.
Están as cousas nestas novas xeneracións dun botados ao monte que non vexades, segundo un amigo meu moi educado, bon escoitador e paciente e imposible que poidas ter ou tentar unha conversa razonable, non só con esta sra., senón tamén coa 6ª. da lista. Existe un lobby se se lle suma a librática que non vexas ti e como para afastarse delas en canto as vexas.

Anónimo disse...

Yo creo que son las tres mosqueteras de turno. Una para todas y todas para una.

Anónimo disse...

Diana Otero vai de liberal, de tolerante e de experta en dereito, resulta que ten organizada coa súa amiga MaLina Aguín a rede de levantadoras de calumnias menos presentable de cantas andan por internet; tolerante si que debe ser a tipa, pero respetuosa nada, odia aos do cuatripartito porque soñou con verse de concelleira con salario, ela que non da pagado o local que alquilou po dos seguros; o de experta en dereito é de coña, e hasta neso é coleguita da outra.

Anónimo disse...

Tolerante sim deve ser...senóm nom se explicaría que fai no PP (demasiado para tolerar já).
Isso sim, difamar, o que se di difamar faino de puta nai e depois critica as "atitudes covardes" dos que asinam de forma anónima na rede.

Só decirche umha coussa, se gostas de passar por estos espazos a ver se te ponhem a parir ou nom para botar mao do código penal: Serías quem de desmentir que estiveches numha asociaçom de amigos em defensa do povo cubano antes de ser a Margaret Thatcher do PP? Como explicas esta coheréncia política?

Sería moi triste que de verdade creas o que defendes, sinceramente. Todas as críticas que recibes ganhalas a pulso.

Por certo, ánimo com essa titulaçom imaginária que nom tes, a ver se quando saques a de verdade, o panorama político em Ogrobe cambia e já podes aspirar de novo a umha concejalía liverada. Quem sabe, agora que o modelo Esperanza Aguirre está em alza talvez poidas aspirar a ser alcaldesa...(Nom podo parar de rir mentras escrevo isto...)

Anónimo disse...

Hai persoas que evolucionan, desgrazadamento outras involucionan por producto das circunstancias máis espurias.

Anónimo disse...

Este pasado venres me despachei cunha noticia insidiosa, que é de aunténtico escarnio que raia a calumnia e a inxuria por boca do apajalumes Miguel Ángel Pérez García e o seu PP. Resulta que presentou un escrito no Concello para que o Sr. Secretario emita informe de se un Concelleiro directivo dunha asociación pode conceder unha subvención a esta, de se un Concelleiro pode, en nome e representación desta asociación, presentar facturas da súa empresa e se un concelleiro pode contratar a un irmán. A pesar da insidia coa que se lanzan esas acusacións, só podo afirmar que iso é absolutamente falso. Todo mundo sabe que ese Concelleiro se chama Antón Mascato e que isa asociación é a Asociación Pola Memoría Histórica, pero o máis grave de todo é que Mighelito o sabe, minte a sabendas, sabe que Antón Mascato, nin era Presidente nin era directivo da Asociación cando se concederon as subvencións, pero é máis o concelleiro Antón Mascato non é membro da Comisión Municipal de Goberno que é quen realmente concede as subvencións e quen fai as contratacións de persoal ou traballos, polo tanto se algunha persoa viña traballando de xeito cotián co Concello de O Grove e o facía na época de Mighelito e o seu PP, é normal que siga facéndoo, é mais tén o mesmo dereito que os demais. O que sí está claro aquelo de que "pensa o ladrón de que todos son da súa condición." Mighelito é un trampón e un mintireito.

Anónimo disse...

Para o anónimo das 13.15 horas. Polo que sei esquecéuseche unha cuestión importante Antón Mascato non presentou factura ningunha en nome e representación da Asociación Pola Memoria Histórica no Concello de O Grove, para iso estaba o seu Vicepresidente ou no seu caso o Secretario. Iso tamén o sabía Mister Bombeiro.

Anónimo disse...

Como bem dis, mister bombeiro perde toda credibilidade depois de todo os jaleos nos que anda involucrado e tampouco é que seja um claro ejemplo de cómo fazer as coussas. Somentes fai falha lembrar os contratos a familiares e enchuflados de mister bombeiro justo antes de abandoar a alcaldía. O gran problema que há neste povo é que vai remove-la merda precissamente sempre o mais indicado... e góstevos ou nom, o ex-alcalde é um mafioso e um cacique como a inmensa maioría do seu partido.

Por certo, isto nom tem nada a ver co que comento aquí, pero já lhe aparecem disidentes a Diana dentro do proprio partido...incrível pero certo

http://www.juandemariana.org/articulo/1859/defensa/anonimato/