terça-feira, 29 de abril de 2008

Implosión


Olas a tod@s:

Levaba toda a semana pensando en escribir sobre o tema do lixo pero a cuestión das cámaras de vixiancia fíxome pensar sobre un fenómeno que ben pode facer referencia a estes dous temas: a implosión.

Podemos explicar este fenómeno como algo que estoura desde dentro ou cara dentro. Nisto parece que anda ultimamente sumido este noso goberno local. Explícome: nestas dúas últimas semanas o pacto de goberno foi posto a proba duramente polos seus propios membros e parece que o resultado foi que o goberno é sólido. Ainda así non estou eu tan seguro de que este resultado sexa tan certo como pode parecer a priori.

Os dous temas aos que me refiro son, como xa dixen antes, o lixo e as cámaras. Estes temas puxeron a proba ao goberno xa que parecían temas capaces de xerar certas fracturas entre os seus membros. No tema do lixo parece claro que EU e o BNG ían optar pola postura que ao final elixiron ( ainda que cun certo suspense no caso do BNG). Entón coincidiredes comigo en que o PG xa o debería saber tamén cando se lle deu por sacar esa iniciativa, polo que tamén podemos supoñer que o debate nos medios puido ser unha forma diso coñecido como " nadar e gardar a roupa" por se no futuro non melloran demasiado as cousas nese tema. No tema das cámaras non podo estar máis en desacordo coa resolución e co procedemento elixidos polo goberno e creo poder afirmar , sen moito temor a equivocarme, non ser o único votante dalgunha das forzas do goberno que o está.

Xa me pronunciei antes en contra das cámaras de vixiancia neste mesmo lugar e nalgún outro pero non entrara na cuestión dos procedementos empregados. Digo isto porque o procedemento empregado neste tema é, cando menos, irregular e eticamente reprobable. Non se pode aceptar como un procedemento democrático a seguinte sucesión de feitos: 1. Coloco as cámaras sen dispoñer dos permisos pertinentes e sen avisar da súa colocación 2. Cando se descubre, digo que a situación das cámaras é legal 3. Decido ampliar o número 4. Resulta que as cámaras eran legais pero, cousa rara, pido os permisos a posteriori 5. Anuncio que agora xa non son eu o responsable das mesmas senón outros concelleiros 6. O goberno aproba a ordenanza respecto das cámaras.

Cando menos parece que algún dos sucesos do final deberían ser os do comezo e tamén parece claro que a cuestión dos permisos é cando menos dubidosa. Resulta tamén curisoso que o seu creador e fero paladín, Alfredo Bea, ceda o seu control a outros edís. E por último, xa é a repanocha, que tanto o BNG como EU apoien esa ordenanza. Galiza Nova xa se ten posicionado en contra das cámaras en outros lugares, e polo de agora, Galiza Nova tamén é o BNG. Resulta ainda máis raro se temos en conta que o Movemento polos Dereitos Civís está integrado por moitos militantes nacionalistas e mesmo por asociacións do que podemos denominar "tecido social nacionalista".

O pacto de goberno xa naceu con moitas dúbidas nas bases sociais de EU e, sobre todo, do BNG. Coñecido é por todos que o BNG se sentiu moi perxudicado polo pacto de goberno e que grande parte da súa base social o contemplou con moita suspicacia. Decisións como esta das cámaras e as formas empregadas no tema do lixo, non contentaron nin aos votantes de EU nin aos do BNG ( neste caso máis ainda debido á tardanza en dicir que non). Parece que polo de agora estas dúas forzas son as que teñen que facer máis sacrificios de cara á súa base social. Estas situacións poden facer mermar moito os seus apoios se perduran no tempo, poñendo en perigo a cohesión do pacto de goberno. Se xa había quen tiña dúbidas respecto a certos compañeiros de viaxe, estas medran día a día polo que parece e poden chegar a fartar a gran parte da militancia e da base social destas dúas forzas e provocando crises no goberno. Esta posible crise non sería causa de factores externos, a oposición de PP e A Meca é polo de agora bastante lamentable, senón polas propias decisións e actuacións de membros do goberno máis interesados en réditos electorais futuros que na estabilidade presente. Só así se entenden certas declaracións de PSdG e PG na prensa no tema do lixo.

Logo parece que o da implosión non é tan disparatado como podería parecer, tanto máis se ata podemos case que identificar ao "implosionador" e incluso a máis de un. Debo dicir que non creo que esto vaia ocorrer polo de agora, pero non deberiamos descartar que comezase a suceder cando esten próximas as eleccións. Así o risco de implosión é baixo pero parece que medra mes a mes, ¿ou non?

3 comentários:

Militante de Base disse...

Estou totalmente dacordo com o que aquí se argumenta. Vou escomençar com o que mais me doe, sendo militante do BNG, nom comprendo o suspense na postura da privatizaçom do servizo do lixo (de facto parezeme algo que nom precissa nim 2 segundos para pensalo). O tema das cámaras, a verdade e que é moi triste pero isso é algo que já foi denunciado no seu momento polo MpDC e nom me apetece muito acordalo tampouco.
Pola contra também tenho de reconhezer um aspeto positivo do BNG de Ogrobe que é a vontade que tenhem os seus concelheiros, já que muitos de nós contabamos com que este pacto de governo ía ser complicado e estám aguantando todo o que podem. Nom quero nem pensar como será ter que trabalhar com Fredi Bea porque as súas formas e os seus modais deijam muito de desejar. Dentro do PSOE mas do mesmo. Tanto o Alcalde como Olleros e que nom me inspiram confiança nemgumha. Entre Olleros que é um sobrado, nom tem nim ideia de nada e lévase o mérito do trabalho dos demais e o alcalde que para nada o vejo preparado para desempenhar o seu cargo (da o perfil dumha pessoa moi indecissa e que busca primeiramente o contentar à gente a costa do desgaste do BNG).
Valoro muito a atitude que está tendo o BNG (esperemos que por gardar a cohessom e nom por contentar simplesmente à gente) pero comprendería perfeitamente que se rompese o pacto de governo porque há gente com a que se fai imposível trabalhar.
Sempre e quando a argumentaçom seja boa eu respaldarei as posturas que tome o BNG, a qual evidentemente debe ser umha postura de esquerdas a prol dos interesses dos vezinhos de Ogrobe que neste casso concreto do serviço de lixo ajuda bastante a gerar emprego em épocas como o verám

Anónimo disse...

Éche complicada a situazón do BNG na Corporación Municipal, recoñecendo por unha banda que o Alcalde nin arre nin xo (PXOM, Centro da Saúde, piscina, etc...) o que si é nídio por demais que non lle imos quitar réditos electorais, nin a pequena Vicepresidencia da igualdade en pequeno por moita viaxe que se faga, incluída a ximnasia mental, senón polo traballo social que se faga, e sen organización detrás que empurre, moito me temo que as cousas han ir mal. Ogallá me trabuque, pero hai cousas que aínda entendo menos, a postura do BNG no tema da Lei de Pesca, pois esta é nin máis nin menos que a que pretendeu o PP, vía imposición Unión Europea, do mesmo xeito que a Lei do Viño, porque o BNG lle está a facer de pear de apoio ao PP, non desenmascarando que isto é o mesmo que pretendía no pasado ou é que agora todos nos volvemos anmésicos?.

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,