segunda-feira, 7 de abril de 2008

Novas no caso dos falsos voluntarios do PP nas municipais de Euskadi


Olas a tod@s:

Como seguro que algúns xa lestes na Voz de Galicia hai novas referentes ao caso dos falsos voluntarios do PP. Estas novas non teñen que ver co proceso xudicial senón coa investigación a cargo da Axencia de Protección de Datos. Esta institución decidiu iniciar un expediente grave contra o PP polo manexo e utilización destes datos. Isto é importante pois non entra a valorar como se conseguiron os datos senón a forma e os métodos a utilización dos mesmos. Ate o de agora as pesquisas no ámbito xudicial estaban só centradas no proceso de consecución dos mesmos e este expediente abre o problema das formas na súa utilización dos mesmos.

O expediente grave pode dar lugar a unha multa de entre 60.000 e 300.000 euros. Polo momento non se coñecen nin reaccións nin opinións por parte de dirixentes populares a nivel local, provincial, galego ou estatal.

Xa expresei en artigos anteriores a opinión que me merecían estes feitos e non creo que deba redundar en argumentos xa ditos. Si me gustaría dicirvos que sigo pensando que a este tema se lle está dando unha importancia menor cando a min me parece que ten bastante importancia. Vexamos, digo eu que será bastante importante que o PP use datos persoais e presente a persoas en listas electorais sen o seu consentimento, contaminando así, nada menos, que un proceso electoral con falsas candidaturas. Pero, en troques, parece que este é un problema case que anecdótico; máis ainda se temos en conta que ainda non houbo ningunha demisión en ningún nivel do PP e que este só se limita a tirar balóns fóra e a escurrir o bulto.

Creo que tanto os afectados como o resto dos cidadáns debemos esixir que se adopten responsabilidades no PP local e no galego e, debémolo facer porque temos o dereito a esixir a maior transparencia e limpeza nos procesos electorais. Isto non é só o noso deber no plano da ética política senón o noso deber como cidadáns dunha democracia, que como todos sabemos, está baseada tamén na expresión da vontade popular a través de procesos electorais . Se danamos a limpeza e a transparencia destes procesos e non lle damos importancia, estamos escollendo, ou permitindo que escollan por nós, unha perigosa e perversa senda.

Ler a nova en Chuza

4 comentários:

Anónimo disse...

Non estaría mal que ao PP lle deran un pouco da súa propia medicina (ricino); polo de pronto o expediente terá que estar paralisado a expensas do procedemento penal (non bis in idem), e segundo lle vaia, pois xa se verá se o procedemento administrativo conleva sanción ou non.

Anónimo disse...

Vanlle cargar o morto á do grumir, que debia estar traballando po inclés, e nin ao deportista que levou as listas falsas a pontevedra, ni ao jefe do partido no grove, para que traballaba de secretaria a do grumir lle van emlumar o seu abuso de poder, e velos sentados no salon como uns campeons da democracia ten delito, ¿ou non?

Anónimo disse...

Parece que neste asunto andan ameazas mafiosas polo medio. ¿quen sabe algo?

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,