quinta-feira, 14 de junho de 2007

Moitas grazas a tod@s

Ola hoxe saen estes tres blogs no artigo de Xurxo Melchor na Voz de Galicia: o blog de Xarabal,Cousas de O Grove e este noso . Ben queriavos dar as grazas a todos os que participades deste e dos outros blogs, aos que nos adicades un chisquiño do voso tempo para lernos, aos que nos dades caña, a razón ou opinades cos vosos comentarios e moi especialmente a Xarabal e Sol, autor@s ( hai que manter un certo misterio, jeje) dos dous magníficos blogs que xa vos citei. Eu son o máis novo nesta nosa comunidade virtual e querolles agradecer os seus enlaces e comentarios. Moitas grazas a Xurxo polo seu artigo ( a min tócame ser o repousado je je) e por adicarnos un anaco do seu tempo diario, (ah e por certo se coñeces ao que fai os autodefinidos dille que poña as frechas ben que sempre as pon do revés ja ja).
Ben resulta gracioso que se vos fixades parece que somos un trío complementado: reposado, cañero e máis cañero jaja. Bueno pois iso, moitas grazas a todos os que compartides con nós estes pequenos espazos para o debate, a conversa e polo tanto, a liberdade, porque de tod@s vos son estas nosas bitácoras. GRAZAS A TOD@S GRAZAS A TI
Aí tedes o enlace á noticia:
http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=5893566

4 comentários:

Anónimo disse...

Grazas a Xarabal, a Escévola e a Sol por poñer na man de todos a posibilidade de expresar as nosas inquedanzas e opinión; aos intervintes, coñecidos, semicoñecidos e descoñecidos pola súa participación; e grazas tamén a este "Sitio Paresido" -ou, coma puña hai tempo na entrada do pobo, Oh! Grove- por darnos a tod@s tanto xogo á hora de falar, comentar, tentar de arranxar, e incluso botar unhas boas risas por unhas veces e torcer o xesto por outras.
Por certo, hoxe hai 30 anos das primeiras eleicións democráticas, nas que a xente, toda ela, puido por fin dicir o que pensaba e o que desexaba sen censuras, represións nen medos. Penso que tamén é de xustiza agradecer que, tal día coma hoxe, 30 anos despóis, a liberdade de expresión forma parte consolidada da nosa sociedade, coma un elemento máis -cecais un dos máis importantes-, á hora de convivir coma cidadáns plenos en dereitos.

Anónimo disse...

Pois grazas tamén a ti polo teu "repousado" blog. Que saibas que si que creo que os tres vos complementades perfetamente e eu leo a diario os tres. O nivel dos participantes é moi alto, de verdade. Unha aperta.

Anónimo disse...

Xurxo tamén os le Méndez, pero é tan mediocre que nunca o vai reconocer. Gracias a tí por manter ese bo nivel de información neutral. E gracias a Cati, a do Diario de Arousa, tamén moi boa profesional.

Anónimo disse...

Si, Manuel Méndez entra neste e nos outros Blogs do Grove, e como moi ben d o anónimo anterior é mediocre por eso nunca vai reconocer que o fai e que ademáis escribe neste Blog insultos contra os do bloque (foi el quen dixo que o da roda do coche de Quique era obra do Bloque, e eso sábeo ben Quique). Dedícase a crucificar xente como fixo con Xesús o do Xuzgado ao que crucificou porque non lle daba exclusivas, cousa que sí fixo Besada, por eso o trataba ben.
E cando lle petou mandoulle ese recado en forma de Carmen de Raeiros, para amolarlle o final de campaña. Ese alemento é así, por eso che agradecemos, XurxoMelchor, que manteñas ese nivel de información non manipulada.