quinta-feira, 14 de junho de 2007

O porqué do periodista e o BNG

Olas a tod@s:
Igual o título me quedou un pouco presuntuoso pois non quero dar a impresión de ter atopado a pedra filosofal ou de ser unha caste de sibila infalible, en realidade quérovos trasladar a miña opinión sobre o xornalista por todos coñecido que parece ter unha fixación co BNG de Ogrobe. Este xornalista recórdame a un que cando eu estaba facendo a carreira escribía na contraportada de El Correo Gallego ( o panfleto ese que che regalan se compras El Mundo) a sección de Pólvora e Magnolias. Ben durante os anos que lin o Correo este individuo sempre lle daba a pólvora ao BNG fose como fose e pasase o que pasase, incluso cando este "galardón" recaía noutros acababa asomando a crítica ao BNG. Ben o xornalista este de Ogrobe é unha cousa parecida, todos os días ten que darlle caña ao BNG sexa como sexa. Moitos diredes ¿ e porqué non ao PSOE?; a resposta igual está en que resulta que Prisa ten parte do accionariado do xornal en cuestión. Ao PP sempre acaba defendendoo e con el ao que está preto de ser ex-alcalde, ben isto non sería raro posto que pasa en moitos periodicos que teñen unha liña editorial pseudoprogresista. Pero entón aparece o gran misterio do asunto, ao mesmo tempo que critica ao BNG ten feito grandes alabanzas a EU ainda cando mantiña a mesma posición. Isto non me negaredes que cando menos é raro, ate parece un rasgo esquizofrénico relacionado con doble personalidade ou algo polo estilo. Ben eu creo que xa topei unha resposta, este home no fondo o que quere é que nos goberne o PP per secula seculorum ou cando menos uns oito aniños máis. Entón que fago, pregúntase, para facelo sen que se me note o plumeiro?. Pois doulle caña á forza da oposición que máis controlou a acción de goberno e que máis perxudicada sae do cuatripartito para ver se así logro romper esta entente cordiale. Pero, ¿ entón a que veñen as loubanzas a EU? pois é unha maneira de non quedar encadrado na dereita facendo "boa prensa" dunha opción política de esquerdas pero que, por fortaleza electoral, non parece capaz de liderar unha nova e futurible opción de goberno. Con isto non estou criticando a EU, enténdaseme, digo que non parece que teña moitas posibilidades de ser a forza de esquerda máis votada en Ogrobe. Así, maxia, resulta que parece que son medianamente ecuánime pero sempre o fago co coidado de non darlle alas ás opcións que teñen máis posibilidades de desbancar ao Flanders. Espeluznante. Probas hai de sobra: ao día seguinte de aparecer os de verde no concello, o que quere ser o Zola da nosa vila entrevista ao promotor dos Raeiros. Ate aquí normal, pero resulta que toda a entrevista está destinada a darlle caña ao Bloque como se este fose o que goberna a Garda Civil, os xuzgados, etc.. (lugares que como todo o mundo sabe están dominados polo nacionalismo galego). Pero ao día seguinte resulta que xa felicita a EU pola súa posición "no tan en el monte y mucho más ecuánime", é que dan ganas de rir. Claro vendo todo isto así lle vai a ese seu xornal que perde miles de lectores en Galicia cada ano. Pero agora resulta que con Internet todos os cidadáns que queiramos podemos reflexar e comentar noticias e non temos que depender de xente como el para estar informados, claro que isto non lle gusta a algunha xente, como ao PP, que xa quixo pechar dous blogs pero que lle está saindo pola culata. Para rematar cito a Voltaire: podo odiar o que dis pero defenderei ate a morte o teu dereito a dicilo.

16 comentários:

Nilo Carragoso disse...

Disculpa, pero non comparto moito do que dís. Agredézoche a mesura, o estilo e a elegancia das túas análises, pero creo que é un exceso pensar que ao grupo Prisa lle preocupa o que pasa no Grove a respeito das negociacións para un pacto de goberno. Creo que o mellor da túa análise é o final, efectivamente eso é o que distingue a un demócrata de un fascista, e díxollo Luís Rei, no salón de Plenos, a un concelleiro reaccionario, se hai un golpe de Estado eu corro perigo, vostede non, e eu defenderei sempre o seu dereito a decir aquí todo canto queira, vostede o que quere é esganarme. Esa é a diferencia fulcral entre uns e outros. Cito de memoria, pero ese é o sentido. Este traballador do Faro de Vigo, Manuel Méndez, ten que facer cada día unhas cinco páxinas relacionadas co Grove, e ten que facelas dende a redacción de Vilagarcía, a golpe de teléfono, con fax, correos electrónicos e todo tipo de filtracións, comentarios ou informacións que producen os partidos, as asociacións, as empresas, cos chivatazos de xentes colocadas nos centros decisorios, etc...
e con eso armar a súa información e publicala. A maiores resulta que ten que competir con dous xornais, diferentes, con cadansúa maneira de faceren as cousas. La Voz de Galicia, con prestixio crecente na comarca, co rigor, a seriedade e os medios técnicos; tamén dende Vilagarcía, que ten no Grove unha parte importante da información que se publica na edición de La Voz de Arousa; e o Diario de Arousa, moito máis modesto en medios, pero que pelexa polo seu espazo facendo xornalismo de proximidade, con máis que digna redacción entre nós e cunha abundante información grovense.
Habería que recordar que os traballadores non teñen que ser identificables coas súas empresas; nin Rosa Estévez é a empresaria de La Voz de Galicia, nin Kati Montesinos o é do Diario de Arousa, nin Manuel Méndez o de Faro de Vigo (Pero Grullo, dixit). As empresas mediáticas marcan criterios de rendibilidade: facer que o xornal se venda máis porque eso supón ingresos económicos; e por suposto marcan criterios de tendencia política. Ninguén dubida de que un dos tres ten dependencia da Deputación de Pontevedra e que calquera información local que lle afecte ao PP é revisada con atención, e moitas veces suprimida, correxida ou recortada. E poño eso como exemplo. Ben pois neso é no que está Manuel Méndez, en facer que o xornal que lle paga sexa o máis leído, o que máis vende e o de maior influencia entre os políticos, os empresarios, a xente da cultura... O problema ven cando non mide ben as consecuencias da súa maneira de redactar, mesturando infomación (neutral) con opinión (subxectiva), confundindo ao lector con entrecomillados (citas textuais) que non foron pronunciadas polo mencionado, ou aludindo a fontes diversas (ás veces verídicas, outras inventadas) que se citan en entrecomillados. Por riba adoita introducir nas súas crónicas adxectivacións (insultos ou piropos) que lle dedica a quen lle parece oportuno, según lle cadre. Desa sibilina forma de redacción resulta un texto que responde non tanto á veracidade informativa, se non á súa pretensión indisimulada de orientar ao lector desinformado e ao fomento da opinión pública. Un licenciado en ciencias da información (el non o é, por certo)é un técnico, un científico, que sabe distinguir eses dous campos (información e opinión) á perfección, que nunca os mestura á mantenta; e se Méndez o fai non é por descoñecemento, ten unha clara intencionalidade de crear opinión, de decirlle á xente qué ten que pensar, a quen ten que querer e a quen ten que odiar. Lamentablemente para o Faro de Vigo esa é maneira de facer xornalismo de Manuel Méndez, o que lle causa non poucos incordios entre moita xente, algunha xente ben coñecida á que encumbrou e logo desplomou como quen trafica con privilexios. Vai perdendo contacto e credibilidade en paralelo, o que é nefasto para un profesional da comunicación. Dous exemplos: tanto Xesús González, concelleiro do BNG, como Xan Caneda, concelleiro de EU, padeceron esas fases de amor-odio deste traballador de Faro de Vigo. Eso é o que lle está pasando a Besada o do Bloque, antes era o seu chichi e agora é o obxecto da súa ira. Mudou de amor e profillou a Xan Lamelas, e a Cacabelos, pero eso non significa que -se vira o vento- lles meta brasa como aos outros mencionados. Pouco a pouco váille pasando como a todos os que fan terra queimada darredor, que se aillan e perden referencias, prestixio e credibilidade, eles e as súas empresas. Porque a xente non é idiota e sabe ir buscar a información, sen contaminar, a onde a ten: neste caso La Voz de Galicia e Diario de Arousa.
E o peor para el é que a prensa escrita permanece, non son palabras que leva o vento. Discúlpademe a petulancia, e o exceso de análise, pero aprendemos estas cousas na nosa Facultade, con profesores dignos como Margarita Ledo, Xosé Manuel Beiras, Xosé López, Víctor Freixanes, Luís Álvarez Pousa e outros que nos inculcaron que a ética non era disociable da estética. Lástima que non pudera estudar Manuel Méndez, seguro que tiña outra formas de conducta profesional das que botar man para que non se enfangue el e o seu medio, nin abusen da paciencia dos seus lectores.

Aquiles disse...

Nilo, non o podías explicar mellor. Iso é exactamente o que pasa.

Anónimo disse...

Nilo parabéns, anque eu penso que tí, ben revirado, de Nilo non tes máis que o Ni, e no noso pobo solo hai un que poda escribir así de clariño.

Escévola disse...

Para nilo: tes toda a razón no do grupo Prisa, eu referíame a liña editorial en xeral do xornal ainda que non o expresei de forma correcta.Sobre se ten que competir con outros xornalistas nun mesmo espazo, eso é o normal e o que dicta o mercado e unha certa escasez de medios non xustifica o comportamento de Mendez.Estou de acordo en que non é incidental a maneira de redactar e que esta ten un obxectivo político claro, este é o tema central do meu artigo. No que non estou de acordo e no tipo de comportamento que lle atribues. Para ti semella que é unha especie de xornalista que gosta de xogar coa credibilidade e personalidade de determinados políticos e mesmo semella un deus grego caprichoso que eleva a uns ou a outros para despois afundilos. Podo estar de acordo en que neste tipo de xornalismo tan local por forza teñen que pesar moito as filias e fobias persoais dos xornalistas pero non considero que este sexa un leitmotiv valido para este caso en concreto. Certo é que ás veces loubou a algún concelleiro do BNG pero tamén é certo que fixo baixo determinados condicionantes que ao final remataban por danar ao lider do BNG nese momento e polo tanto ao conxunto da alternativa nacionalista. Respecto das súas filias actuais teño que dicir que agora ten predilección por Lamelas pero o certo é que sempre a tivo por Xan Caneda, logo é lícito pensar que a ten por EU. Como historiador non adoito crer nas casualidades, e máis cando estas se repiten durante longos periodos de tempo. Porque se un fai un percorrido polos derradeiros anos deste xornalista a conclusión final é que sempre perxudica ao BNG e beneficia a EU e ao PP. Isto tivo un nome en determinado momento: a pinza aquela famosa. E non creo que sexa casualidade que sempre sexa o beneficiado o partido político da esquerda que por potencial electoral tería máis problemas de consolidarse en alternativa ao PP. Como digo paréceme moita casualidade. Respecto do PSOE, tamén é dificil escribir algo dun lider todavía novo que ademais é moi coidadoso e evita fixar posición de maneira clara en temas controvertidos e ,claro, o que non se arriesga adoita a non sair moi escaldado. Como digo estou de acordo contigo nunha serie de cousas pero eu vexo unha clara intencionalidade política que permanece durante o transcurso do tempo e tamén coincido en que a prensa escrita ten unha permanencia no tempo que dana a súa credibilidade a longo prazo. Os meus parabéns polo teu comentario.

Anónimo disse...

que chea de burradas se din, coller o Faro de Vigo dos ultimos catro meses, cantas fotos e "noticias" saliron do Bng e de Carlos e cantas de Xan Lamelas e de EU, a pinza e a que vos salta a algúns.

nen@ disse...

Estou dacordo co anonimo das 23:54. Non se pode facer 1 analise tan sesgada,e tan interesada. a cobertura que deu Mendez non só o BNG se non AMeca e o PG en contra posición a EU, foi de escandalo, e non escoitin a ningun do bloque queixarse nin criticar a Mendez ( se en tan baixa estima o tiñan, ou e que en eleccions todo vale?). Agora que Mendez os critica xa é 1 partidista e 1 interesado. Da a impresion que as criticas non lle sentan ben a alguns.E é que lles gusta ir de victimas.

Anónimo disse...

ós dous anteriores, pero non vos da para mais a lectura dos traballos de escévola e de nilo? solo vos incordia que digan que agora fala ben de xan lamelas? lede con calma e non deixar que vos confunda cos piropos.

Anónimo disse...

por que non vos aplicades o conto, xa que tedes tan claro que o mendez é un ....por qué no caso de EU lle dades patente de verdade? o peixe sempre morre pola boca e nilo (xurxo) vos utilizades os mesmos metodos que él tendes os vosos informadores filtracións, etc, etc.

sepo disse...

Parez mentira que despois dun clarísimo, á miña forma de ver, artigo do nilo, se salte coma unha billarda por parte de varios anónimos, sentíndose aludidos como si nalgún momento se lles chamara "amigos do Mendes".
E posible que o BNG salira mais ou menos na campaña, mais desde logo sempre saliu enfocado de xeito negativo nos últimos días por parte do Mendes. É así.
A xente de EU debería pensar que mañán pódeslle tocar a eles.
O terrorismo informativo son os artigos do tal señor, non se lles pode chamar de outro xeito.
Saudos

nilo carragoso disse...

Ola, bon día a todos e a todas, tamén a Xurxo Melchor, a Escévola, e a Manuel Méndez, que nos leen con puntuialidde meridiana. Asegúrovos que non son Xurxo, como afirma un dos que entran nestes comentarios. Tamén vos aseguro que non son Manuel Méndez, nin Escévola. E creo que esto, ningún dos tres casos, habería que demostralo, e punto, com o di Fraga Iribarne. Non vou perder máis tempo en procurar que me creades. Son Nilo Carragoso, tanto se gusta como se pica, e vou seguir entrando neste Blog cando me pareza axeitado facelo, porque me interesa o tema, porque me parece acaído perder o meu tempo en reflexionar, ou porque acho gracia en facelo...
Lamento de xeito especial que os meus camaradas de Esquerda Unida-Esquerda de O Grove, non vexan que eu non os ataco a eles cando afirmo que Manuel Méndez profillou a Xan Lamelas, algo evidente que non depende deles, sí de Lamelas se se deixa querer, como evidente é que antes tiña en Carlos Besada ao seu chichi, consentido polo aproveitado. Espero que naide vaia decindo que Nilo Carragoso puxo no blog que a Méndez gústanlle os mozos, porque xa sería o colmo da colmea. O que sí dixen do señor Méndez é que se move por intereses espúrios, que ama e odia según lle vaia ben ao seu traballo.
E discrepo de Escévola, unha nova vez, non creo que sexa tanto unha razón ideolóxica, de partidos, como puramente laboral: Méndez quere exclusivas, adiantarse á La Voz de Galicia e ao Diario de Arousa, e para eso actúa dunha forma paranoica dándolle foto e piropos ao que lle llas dá, e invisibilidade e insultos aos que pasan das súas malas artes. Por eso vai deixando unha rístra de mortos na cuneta da súa demencial forma de rlacionarse ca xente que esatá na política local.
Era certo que xa tiña acordado un posto de xefe de prensa no Concello do Grove, con Miguel Pérez, pero tamén que non lle importaría nada ser xefe de prensa con Cacabelos, ou con Besada, sempre que se manteñan os tres mil euros prometidos, e con eso emprendería o camiño de Benito Leiro, de asesor de comunicación municipal, sexa cal sexa o alcalde e o partido gobernante. La pela es la pela, en catalán de Aznar...

Anónimo disse...

Vaía clases maxistrais para intentar convencer e distorsionar a realidade, Nilo non me veñas ahora defendeno a La Voz de Galicia cando leva anos olvidandose de O Grove, en todolos ambitos culturais e deportivamente, quen dos que le le esto a diario pode decir que está informado do que pasa no Grove pola Voz de Galicia, a donde vamos parar? e cando saímos en portada e pa falar do caso Raeiros que traerá de seguro moita cola. Sobre as vendas dos xornais como se pode decir que uns estan en alza e outros a baixa, cando cada certo tempo se publican os datos do EGM donde vemos que o que ti contas non é certo. Eu leo varios xornais a diario e teño que decir en honor a verdade que La Voz de Galicia ten moi vos contidos na edición Galicia ou Internacional pero por favor o que é Arousa non ten nada que facer ó lado do Faro de Vigo ou de Diario de Arousa. O Diario de Arousa a pesares de er un xornal novo e modesto fixose cunha porción respetable de mercado ainda que é evidente e sobre todo vimolo na campaña que moi dependente do poder e da Diputación en cocreto e seguramente con máis presións por ser unha emrpesa modesta e con máis riscos ca os da Voz ou o Faro. Ahora parece ser que as noticias que son negativas as inventa a prensa sexa quen sexa, cando esta so se limita a contalas e que non a xeneralas, deberian os do BNG facer máis autocritica e preguntarse porque se producen ou porque se filtran e non votar as culpas ó mensaxeiro. Coincido con comentarios anteriors en que o Faro de Vigo dou un trato digno tanto ó BNG como a outras forzas, tamén o PG e AMeca, algo que non pode decir La Voz de Galicia que lle fixo o vacio total. Xa non nós acordamos cando 4 e 8 anos La Voz entrevistou no último día de campaña ao señor Chesqui tocando a bacteria nunha rúa de Vilagarcía e outra subido ao autobus de dous pisos que utilizaron na campaña, e a cobertura que tiña desmesurada na Voz xusto ata o día que se quedaron con un concelleiro e entón xa empezaron a darlle caña. Informados? cando durante as duas semanas da negociación so meteron a pata con datos incorrectos, lugares inexactos, que si dimisións... Mendez nun titular publicou "Cacabelos será alcalde con el apoyo de BNG, EU e PG" e os demais ainda publicaban dubidas, e o último día cando se firmou o pacto e todo estaba claro La Voz publica que ainda o BNG pide turismo que ainda se pode firmar o luns que hai moitas incognitas! pero por favor eu non teño estudios universitarios, son camarero e leo toda a prensa todalas mañans e cada un ten que saber discernir entre o que é opinión ou noticia ou cando está intosicada pero podovos asegurar que o 90% dos clientes van primeiro ó Faro e despois o Diario ou a La Voz. Creo que todo esto son batallitas persoais e por outro lado ahora a La Voz que si lle vai mal de capa caida quere facerse un hoco no Grove porque a información a pouco información clama ó ceo! Quizais ahora teñan algún contacto no Concello e xa poidan dar mellor información pero eso ainda teran que demostralo. Eu teño chamado a La Voz para un problema no colexio do meu fillo e deronme largas e sin embargo no Faro e tamén no Diario, todo hai que decilo, atenderonme e denunciouse a situación. E creo que vemos amenudo tanto no Faro como no Diario denuncias de problemas en barrios ou de veciños, cantas veces na Voz? pois esa tamén é a labor do xornal e máis no Diario cando hai un acontecemento importante cubreno especialmente no suplemente dominical O Salnés Siradella e no Faro de Vigo igual no Grove15. Quizais os do BNG lle falte un pouco de humildade para asumir os resultados electorais e queiramos buscar un culpable fora cando deberian empezar pola casa, non se pode pasar de ser a segunda forza politica, a ser a alternativa a alcaldia a conservar os 3 concelleiros e baixar máis de 100 votos e non pasa nada. E en vez de reflexionar mirar para o futuro buscamos extranas tramas fantasmagoricas.

Anónimo disse...

EScevola, empezaste a parecer a eses elementos soltos por ahí que se adican a lanzar novas e ideas para crear unha especie de estado de opinion a favor de...
Os que estiveron na nejosiasión do cuatripartito xa sabian que era Anton o que filtraba a Voz, pero claro eso ahi que demostralo, hai que collelo coas mans na masa.
Non vaiades tan de MARTIRES que non vos pega. Nin tampouco tentedes desviar a atención dos vosos problemas internos (que son moitos).

Deixade de crear cizaña.

Anónimo disse...

Méndez esa é a túa historia nejra, pensar que todos son chivatos, e non son, que todos son títeres debaxo do teu pecé con faltas ortografía, e non son, que todos son merdeiros que buscan a fotito, e non son. Hai os que non se deixan manipular por xentiña coma ti.

Anónimo disse...

Estades esquizofrénicos. Vedes a Mendez por todolos lados. Tipo o que eu non trago por suposto.
Pero podo discrepar de escevola ¿non?, que queredes que vos diga, eu o leo e despois de leelo opino con criterio. E digo que ten a tufo "de su amo", que non é outro que a ideoloxía do BNG. Que me parece ben, pero que non vaia escribindo por ahí decindo ou deixando entrever nos seus comentarios que non hai que ser sectario. El o é.
E me parece ben.

Anónimo disse...

Comprendede que non faga ningún comentario ao respecto. Simplemente agradecer a vosa consideración y facer unha pequena corrección. Chámome Cati Pérez Santiso. Adoito a asinar os meus artigos C. Santiso. Cati Montesinos é a secretaria da Confraría de Pescadores de O Grove. Un saúdo

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,