terça-feira, 26 de junho de 2007

¿A vila dos porcos?


Olas a tod@s:
Despois duns días sen escribir porque as ocupacións non mo permitían quero darvos a miña opininión sobre un tema que recordei hoxe por casualidade. Ben, a historia comeza o verán pasado cando uns turistas que alugaran un piso na Catorse ou na Pratería (agora mesmo non o recordo) me preguntaron onde podían tirar o lixo. Eu resposteilles que por desgraza o lixo nestas rúas non se bota en ningún contenedor senón que se pon á porta ata que veñen os operarios a recollelo. Os dous turistas quedaron abraiados a mirar para min e logo ( insensatos eles) preguntaron onde se podía tirar o vidro e o cartón para a reciclaxe. Tras darlles unhas indicacións voltaron ás súas casas e cando xa se afastaran de min exclamaron: Cari, este es un pueblo de cerdos.
Eu por suposto non concordo de todo con esta última afirmación pero si que a comprendo. O sistema de recollida de lixo de Ogrobe é penoso ( e seguramente algunha cousa máis). Hai rúas onde o lixo non se recolle os sabados pola noite porque o camión grande que o único que traballa o sabado non cabe e entón non se pode recoller. Unha destas rúas é a Pratería, onde cada día hai máis locales de ocio. Tras as protestas dos hosteleiros o anterior concelleiro do ramo comunicou que bueno se a levaban ata a Catorse ou Alexandre Bóveda xa estaba e que ao final o camiño non era tanto. O mesmo ocorría cando da reciclaxe falamos. En resume veu a dicir que levar o lixo ata onde os encargados da recollida pasaran a recollelo non era tanto. Está claro que o camiño non é moito pero esta afirmación clarifica os termos sobre os que se ten construido o sistema do lixo no concello. Primeiro hai que dicir que é totalmente terceiromundista que moitas calles de Ogrobe non teñan contenedores normais e moito menos de reciclaxe. Segundo os veciños e veciñas pagamos para que o concello nos recolla o lixo e polo tanto non me parece moito pedir que o recollan todos os días, máis ainda cando se nos enche a boca continuamente con que somos unha vila turística ( pero isto debe ter reflexo só en outro tipo de infraestructuras). Calquera de nós ten pasado pola Catorse e por algunha rúa máis onde por non ter sido recollido, non estar nun contenedor e por causa do mal tempo, o lixo andaba ciscado por aí ao longo da rúa. O tema da reciclaxe xa é de risa. Moitos temos que ir ata o Corgo ou ata o Pabellón para tirar lixo nos contenedores de reciclaxe. Son da opinión de que hai que facilitarlle ás persoas a protección do medio e a reciclaxe, non pór os contenedores lonxe (para non molestar aos veciños que non lles gusta ver contenedores) a ver se así xa desmoralizamos á xente que este disposta a reciclar. Nos anos nos que vivin noutros concellos en todos tiven a menos de 50 metros contenedores normais e para reciclaxe ( debe ser que á xente non lles molestan ou que alí valen menos). Sempre se pon como excusa que ninguén quere contenedores preto da casa pero o certo é que, no caso dos contenedores de reciclaxe da Catorse, non é que non os quixeran, o asunto era que non se baleiraban e o lixo botaba por fóra e coa choiva formaba un auténtico espectáculo. Noutros casos hai un par de contenedores onde fan falla polo menos catro, botan por fora e ademáis débense limpar unha vez ao ano. Certo que moita xente é porca e non colabora, só hai que ver os vertedoiros que proliferan por aí adiante, pero tamén é certo que o concello non pon os medios suficientes nin moito menos e, tamén é certo, que comportamentos coma o dos vertedoiros non se castigan como se debera. Pois ben, seguro que todos vos coñecedes algún tema máis sobre o lixo, a ver que fai o novo concelleiro do ramo. Porque xa sabedes, podemos deixarnos ir pero despois non nos debe extrañar que moita xente diga: Esta é unha vila de porcos.

15 comentários:

Anónimo disse...

Que vaia Besada no camion do lixo YA!!

Un veciño disse...

Alégrome especialmente de que se toque este tema no foro, xa que ten unha importancia capital. É evidente que dende o concello deberían facilitar todas as medidas posíbeis para a recollida de lixo, reciclaxe, etc. e debemos ser moito máis reivindicativos nesta tarefa, pois existen moitas rúas no noso concello onde non existen papeleiras nin contenedores, os depósitos do vidro e do cartón non son recollidos coa periodicidade que se debería mais considero que é fundamental tamén a responsabilidade de todos nós, os veciños, e isto pasa irremediábelmente por mellorarmos as nosas condutas e actuarmos cun mínimo de civismo. Nón é de recibo que saiamos co can e non recollamos os seus excrementos, non é de recibo que fumemos un cigarro é tiremos a colilla na rúa, non é de recibo que nos xuntemos nunha praza calquera a comer pipas e tiremos todo no chan, non é de recibo que deixemos o vidro ao pé do contenedor aínda que esté baleiro, non é de recibo que saquemos o lixo ás tres da tarde...
Non pretendo con este comentario chamarnos porcos mais si considero que pola nosa parte si deberiamos facer algo máis pois "o pobo máis limpo non é o que máis se limpa senón o que menos se mancha". Un saúdo e grazas.

Anónimo disse...

Moi ben veciño, pero resulta que se mancha e moito e eso é un problemón, porque non hai medios dabondo e porque hai pouca conciencia. Con todo esta debe ser unha das prioridades do novo goberno, responsabilidade de Bea, que a amarrou pensando na axuda (mutua) que lle pode dar/tirar o seu coleguita Katelo. Ou non?

Anónimo disse...

O problema do lixo no centro é jodido. No hai máis que ver onde se atopan os contedores. A merda, con perdón, ninguén a quere e só se pode depositar pois, diante dunha finca sen obrar, diante dunha instalación pública, diante dun parque, dun aparcadoiro,detrás do concello,etc.
Seguro que se ó que escribiu o artigo lle poñen un contedor diante dos fuciños ben ía facer o posible por afastalo da súa porta. isto pasalle a él, a min, e tí e a tódolos nós.
O que ten que resolver o xestor, político neste caso, é os problemas sen crear outros botarlle imaxinación e firmeza coas conductas desviadas de certos veciños. O que pasa e que neste pobo somos moi jodidos e dar o brazo a torcer nunca foi connosco.
Sinón que llo pregunten ó anterior concelleiro, o problema do lixo non é político é de educación e civismo.Así pois estou moito co expresado por "un veciño.."fai dúas entradas.

Anónimo disse...

O do lixo e un problema de conducta cívica. De civismo vaia.
Quen non veu un contedor valeiro e con lixo fora?. Eu moitísmas veces. E xente que deixou a bolsa as 12, 3 da tarde ou as 6 fose vran ou inverno?. Fan falla medios, conciencia, e tamén firmeza.
E a reciclaxe non so é votar lixo nos contedores de cada cor si non tamén a compostaxe e minimizar o lixo.
Sigue sendo necesaria a información o cidadán

Anónimo disse...

Votar nos contentores é exercer o dereito democráticoi de elexir representantes.
Botar non contentores é exercer o dereito veciñal de que che recollan os resíduos sólidos urbáns.
Votar é elexir.
Botar é largar fóra.
Estaría ben que aprenderamos cousas destas neste Blog tan ben feito, ou non?
Pero se incordio decindo esto, calo a boquiña...

Cris disse...

Para o do primeiro comentario, besada pode ir, pero durante estes 8 anos que fora Miguel... non levan nin un mes e xa os critican... mirade todo o que se fixo ( ou mais ben non miredes por que hai pouco...) e criticade...

Por certo, hai xente a quen lle pagan para recoller o lixo, e non e culpa sua, senon de quen non pon os medios...

Carlos Lema disse...

Fai uns anos estiven de vacacions nun pobo de Francia (non era na Costa Azul precisamente, senon que era un pobo-dormitorio a 20 minutos de Paris), e todas as casas tiñan un contedor pequeno (mais ou menos 1/4 dos normais) que se encargaban de sacar a rua polas noites no dia en que o camion do lixo pasaba pola súa zona.
Chamoume a atención o sistema porque a verdade vias que funcionaba e as persoas cas que comentaba eso que vivian nese pobo, PERO ERAN DE OGROBE-, dician que o principio custaba un pouco acostumarse sobre todo polo problema de ver quen sacaba o contedor pero que agora que eso funcionaba como un reloxio.
Porque non se estudia por aqui algunha medida dese tipo, conseguiriamos sacar os "corralitos" da basura e daria outro aspecto sobre todo nos vrans cos contedores a botar por fora as 3 da tarde.
Estou de acordo que o problema da basura é un problema de todos, pero os poderes publicos deben facilitar e poñer a disposición dos cidadans os medios necesarios para que o lixo non sexa un problema

Escévola disse...

Sempre que se fala de lixo nesta vila sae o tema ese de que ninguén quere contentores diante da porta. Home eu non sei pero entón non sei como fan noutros lugares onde hai polo menos un en cada rúa. O problema está en que hai que recollelos todos os días e lavalos de cando en vez como en todos lados. De todas maneiras ninguén quererá contentores diante da casa pero creo eu que iso de deixar as bolsas de lixo na rúa non é moito máis limpo, ¿non?. Ademais está claro que a xente hai que educala para que recicle, tire o lixo á súa hora... pero para isto tamén o concello debe pór todos os medios da súa parte para facilitar a labor, non facer as cousas máis difíciles que é o que pasou ata o de agora.

Anónimo disse...

¿Pero tí onde vives?¿No mundo de Josito o da Toxa?. ¿Pero non sabes dos follonasos que hai cos contedores diante das casas?¿Non che dou a túa vision para ver onde están colocados?O problema é que os mecos para certas cousas somos jodidos e un pouco orgullosos, e no tema dos contedores ninguén quere "cair da burra" e aceptar que o concello coloque na súa porta ningún contedor. Pensamos que a rúa tamén é nosa.

Escévola disse...

Sei perfectamente o problema que hai coa colocación dos contentores pero digo eu que haberá que solucionalos porque senón o que me estás a dicir é que non maneira de que a xente tire o lixo nun contentor como pasa en todos sitios. Os contentores nalgún sitio teñen que estar por moito que non nos gusten, o que pasa é noutros sitios colócanos e xa está e se se che ocorre movelos múltante e punto. O que creo é que Ogrobe está moi acostumado a ser unha especie de cidade sen lei onde o concello non manda nada ( en moitos temas non só en este, urbanismo por exemplo). Claro que a rúa é de todos os veciños e por iso debe estar limpa como en todos os lugares civilizados, porque é de todos non se pode ciscar o lixo en calquera lado porque moleste o contentor. Hai que buscar o lugar onde menos moleste,limpar o contentor, tirar o lixo á súa hora, etc... ; porque senón logo o que pasa é que temos os mecos unha predisposición xenética a ter as rúas feitas un asco e iso eu si que non mo creo.

Panaide disse...

Moita culpa do lixo tirado que vemos polas rúas de Ogrobe teñena os mesmos empresarios de Ogrobe,explícome...
Nunha bolsa de lixo, na que poden coller normalmente 10 kilogramos de residuos,non se pode intentar meter 25,30 ou o que pareza que entre ainda que a bulsa xa leve tempo rota con residuos de todo tipo.Os HOSTELEIROS de Ogrobe e outros empresarios teñen o "san costume" de votar todo o lixo que producen as 4 ou 5 da mañá cando a recollida xa rematou,con bolsas e sin elas,capachos cheos de vai ti sabelo qué, emborcanse cerca dos contenedores de lixo,porque co peso que estes teñen non se pode subir o capacho a altura do contentor (de verdade que se di así???)."Vai tirar la basura a aquel contenedor,pero vixia que non te vexa ninguen que igual nos pueden chamar la atencion"..esto é seguramente o que lle din moitos empresarios grobenses a xente que traballa para eles,ainda que seguro que tamén son os mesmos empresarios que despois se queixan "non me pongas un contenedor en mi puerta que espantamos a los clientes con el olor de la basura ,que yo mismo produzco y no consigo meter en ellos, porque prefiero siscarla por el suelo y que huela en cualquier puerta menos en la mía"...

Este é o noso Pobo señores,e sí,está moi ben dicir que hay que poñer moitos mais contentores (non me acostumo a esta palabrexa),e que o concello ten que poñer mais medios e persoal (ESTOU TOTALMENTE DACORDO),pero tamén é máis certo que primeiro temos que intentar erradicar ese sentimento de caciquismo do lixo que temos neste noso pobo.Un saudo a todolos implicados e a todolos afectados.

Anónimo disse...

Non e menos certo que o camión da recollida pasa demasiado cedo cando sendo un pobo hosteleiro deberia pasar como minimo duas veces o día (inda que os hosteleiros pagasen máis). Si pasa as 12 da noite inda hai moitos locales que estan traballando. Non sei cal sería a solución mais efectiva esta claro que a que ahi agora mesmo non é a boa.
A por certo en San Vicente pagan o mesmo que un da Catorse e pasalle so duas veces ou no mellor dos casos tres veces a seman.

I LOVE YOU disse...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,聊天室,情色,a片,AV女優

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,