quarta-feira, 26 de setembro de 2007

Vale con que haxa lei pero tampouco esaxeremos


Olas a tod@s:
A verdade é que levo escoitado frases tales como " o que pasa que nesta vila non hai lei" ou " mira que hai vandalismo na vila" ou a xa mítica de " primeiro que os municipais non dan chapa e despois que tamén quen lle vai facer caso se todo o mundo sabe que non dan chapa". Tamén é verdade que ultimamente a xente parecía estar contenta con que os municipales por fin traballasen no verán e pola noite e polo tanto, como nas pelis do Far West, a lei chegara á vila. Pois ben, a min paréceme ben que os municipais cumpran co seu cometido e traballen pola noite, tamén me parece ben que se multe á xente que comete actos vandálicos ou que incumpra a lei; en resume, paréceme ben que "haxa lei" por así dicilo. Agora ben, tampouco convén esaxerar xa que Ogrobe tampouco é Hell´s Kitchen ou o Bronx, non ten taxas de criminalidade ou delicuencia fora do común e nin sequera hai máis escándalo e "jarana" que en calquera outra vila onde saia tanta xente como na nosa no verán. Como xa dixen está ben que os municipais vixien pola noite ( ou sexa fagan o traballo polo que se supón cobran) e atallen actos vandálicos ou violentos. Ate aquí o normal, o que xa non me parece ben son as ideas peregrinas sacadas das novelas de Orwell de pór cámaras na rúa ou as proclamas de tipo Elliot Ness contra o "vandalismo y el desorden". O primeiro non me parece ben porque os cidadáns non creo que debamos ser observados e gravados cando imos polas rúas se non existe necesidade de ningún tipo ( ao fin esto non sos as famosas Streets of fire estadounidenses) e non me gusta ter que sacrificar liberdades a conta dunha maior seguridade, que por riba está por demostrar. En Compostela hai cámaras nas rúas pero no que se convertiron foi en "alonxadores de problemas das zonas escaparate" mentres que estes problemas seguen a existir pero nas rúas de atras ( a cámara de Cervantes é proba manifesta), tamén hai cámaras nalgunhas zonas de Philadelphia e outras cidades de USA pero non creo que deba estenderme máis en dicir porqué a comparación resulta ate ofensiva. Ao fin podemos pór moitas cámaras que ao final o problema é de educación e por moitas que poñamos sempre vai haber onde non estén. Entón só parece que se: 1. Non existe tanta delincuencia, 2.Parece unha medida esaxerada que coarta a liberdade individual e colectiva e 3. Só acaban sendo medidas propagandísticas; o resultado só pode ser que se algún edil quere cámaras que as coloque na súa casa ( e cos seus cartos, por suposto). Respecto das proclamas eu comprendo que quedan moi ben para ganar votos entre o electorado menos xoven, que ademais quedan moi ben na prensa e que o fan sentir a un como se fose unha especie de Eastwood ou de Wyat Earp pero tamén conven recordar que estes brindis ao sol non son ben acollidos por todos aqueles que soen pensar e analisar o que certos políticos lanzan como se fosen publicistas. Por todo isto gustaríame recomendarlle a Bea que se deixase de tanta soflama barata e que se quere pelis de sheriffs que vaia ao videoclube. Eu coma case todo o mundo hai sabados que teño feito algún que outro ruido, cantado e cousas polo estilo pero tampouco creo que sexa o problema máis grande da vila, nin creo que as hordas de Atila sexamos aqueles que saimos pola noite e que ás veces podemos facer algo de ruido, digo eu que tampouco convén esaxerar.

3 comentários:

Anónimo disse...

Estimado Escévola,

paréceme que esta entrada do teu blog, xunto co titular "impactante" do artigo da Voz de onte, pouco axudan a clarificar as cousas boas e malas da nova ordenanza.Se o obxectivo dela e ir detrás de xente que coma ti, fan algún que outro ruido, por favor arguméntao. ¿Canto ruido? ¿Non serás de eses que arman escándalo no centro, perturbando o sono das persoas? ¿Ou tés unha moto con escape libre que pola noite che gusta sacar de paseo e non precisamente polo medio do monte?
Penso que a resposta sería que non. Pero se fose afirmativa, gostaríame que a lei se aplicase.
Coñezo casos de xente ó borde dun ataque de nervios a causa de energúmenos que poden atopar refuxio na túa argumentación. ¡Claro que os extremos son malos! Pero tamén é malo que o nivel de ruidos extremos na nosa vila é moi alto, que non se fixo nada (e non sei si se fará) para solucionalo, que hai moitas denuncias (!como estarán esas persoas!), etc. Pero se de verdade crés que, como dí o titular da Voz, ó final non poderemos cantar no Grove, ir de copas e ser un pouquiño bellacos, por favor, arguméntao. Eu estaría satisfeito con que serva para quitar do medio a certos moteiros e outros elementos nocturnos que non pensan nos demáis, bueno, si pensan nos demáis,... en jodelos.

Se non te das conta do nivel de ruidos, fainos saber a rúa onde vives, seguro que algúns dos moteiros estarían encantados de darche unha visita, eso si, cando estés na casa e preferiblemente durmido. E se hai nenos pequenos mellor.

Anónimo disse...

Non sei se notades que dende fai dous outres días, posiblemente correlacionado coa publicidade da lexislacion do ruído, certos moteiros sacan peito,(máis ben tubarro, e acelerador) para facer máis ruido e barullo e desafiar un pouco ós mecos.
¡Que lle den caña canto antes!, na miña vida vin cousa igual, ir pola rúa e ter medo cando óes o ensordecedor ruído deses escúter.

Anónimo disse...

A prensa de hoxe é tal cual a realidade, os matices e os puntos de vista son fundamentais:

La Voz carga o acento no principal: Pérez é acusado da falsificación por unha imputada.

Faro de Vigo, di que si pero que non: Una trabajadora declara que falsificó las listass, pero coaccionada por el ex alcalde.

Diario de Arousa, di que Pérez di que Otero exonera ao PP ao recoñecer que encheu ela os formularios.

Son os titulares.

ÉCHE COMA O MISTERIO DA SANTÍSIMA TRINIDÁ.

TRES CONTOS DISTINTOS E UNHA SÓA VERDADE:

CAJÁCHELA MIJELITO, CAJÁCHELA.

TOCA DIMITIR, XA TOCA. CAJÁCHELA.