quinta-feira, 17 de abril de 2008

Agora estamos en contra das casas habitables

Olas a tod@s:

Ultimamente parece que ao PP, a nivel galego e local, non lle vale nada, ou dito de outra forma, lle vale todo para facer oposición. Xa fan oposición co galego, co ensino gratuito de 0 a 3 anos e mesmo coas infraestructuras. O último descubrimento resulta ser a Lei de Habitabilidade, ou sexa os preceptos mínimos que teñen cumprir as vivendas que se constrúan a partir de agora para resultar legais.

E estamos así, discutindo se ampliar a anchura das portas e o tamaño das casas é malo ou bo. Manda truco. Non hai tanto a postura do PP case que era dicir que as casas e pisos que promocionaban as institucións eran como caixas de mistos e, que se nos descoidábamos, podiamos acabar vivindo en contentores deses dos barcos ( todos vimos imaxes nos xornais e na tv). A postura agora ven sendo que facer as casas máis grandes, mellor distribuídas, buscando o aforro enerxético e logo máis habitables é malo tamén. Gustaríame preguntarlle a Miguel Angel Pérez logo cal é a medida que eles consideran boa; non lle valen pequenas porque son demasiado pequenas; pero de corenta metros mínimo tampouco porque son grandes de máis. ¿En que quedamos?.

E así afogados pola demagoxia, esquecemos, unha vez máis, de que estamos falando en realidade. Resulta que as normas da lei son menos duras que as empregadas en moitos outros lugares de Europa ( Austria ou Suecia por exemplo). Parecen un gran avance xa que cousas como a anchura das portas pode dárnos igual agora, pero iso non será así se algunha temos ao noso cargo persoas en cadeiras de rodas ou que non se poidan levantar da cama. Despois está o asunto da altura que pasa a ser algo maior para acabar coa sensación de zulo que transmitían algunhas das vivendas actuais que, casualidades, resultaban as únicas que se podían mercar sen ser millonario. Outros avances importantes son os referentes á luz solar que poden permitir grandes aforros enerxéticos ao longo da duración da vivenda.

Resulta que o PP, aliándose coas empresas " máis honradas" del lugar, as inmobiliarias, advírtenos de que isto vai encarecer as vivendas. Digo eu, ¿ máis ainda?. Igual o problema é que moitos promotores do ramo compraron terreos contando con facer 30 vivendas de 30 metros, sen luz e pouco habitables e agora resulta que poden facer vinte pero máis habitables. Entón o problema estará en que estes empresarios verán reducirse os seus marxes de beneficio. Algo que a min personalmente non me parece moi inxusto vendo, como vimos todos, como este negocio fomentou unha burbulla especuladora e unhas prácticas pouco éticas ata que lle rebentou na cara a máis de un.

Como dixen antes, todos recordamos aquelas vivendas contentores que nos querían vender non hai moito como se resultase que no estado español non íamos poder aspirar, a xente normal, a poder comprar outra cousa por resultarmos ser cidadáns dun dos estados con maior densidade de poboación do mundo. Unha risa.

Igual o que lle gustaba a Miguel Angel Pérez e ao PP local era a situación anterior, aquela de construe cando, como e donde queiras; beneficiando sempre aos mesmos, grandes propietarios, e acabando coa riqueza paisaxística da nosa vila. Igual lle gustaba máis esa situación que acabou con moita xente tendo que ir vivindo a 30Km por non poder pagar as cantidades desorbitadas que se pedían, e ainda se piden, por vivir no centro de Ogrobe ou de calquera cidade galega. Se así, está no seu dereito de crelo e dicilo, pero que diga clara e directamente.

3 comentários:

Anónimo disse...

E recomedable que leas mais polo miudo o Decreto do Habitat Galego, si é que queres sacar conclusións mais obxectivas.
A prensa galega esta emponzoñando a opinion publica, sesgando de maneira intencioada a informacion (coma sempre), e suliñando so alguns cambios suxeridos no presente decreto. Si se lee o Decreto se poden ver cambios que son moi bos e outros que son sinxelamente imposibles de levar a practica. E por descontado, que vai supor unha subida dos prezos da vivenda, a non ser que dende a Xunta se artellen mecanismos para dispor de bolsas importantes de solo para vivenda mais ou menos protexida.
Un saudo.

Anónimo disse...

Toda norma legal tén os seus pros e os seus contras, desde logo quero creer que cando se lexisla o interese común ou xeral debe de primar, iso sería o lóxico. Ignoro polo de agora o Decreto que amentades, polo tanto non podo falar do tema. Noutros países do entorno europeo, polo que sei, a regulación sobre as construccións das vivendas é intervencionista e tén que ser así para acadar un conxunto harmónico. Desde logo a existencia dunha mentalidade pola nosa paisanaxe creer que na súa leira pode facer o que lle peta tén que mudar, aínda que se invoque a propiedade privada como sacrosanta.

Anónimo disse...

E o que xa ten bemoles é o ánimo de bateeiros e PP de privatizar o mar para sempre. Os bateeiros son un sector privilexiado e non hai razón de ningún tipo para manterlle as concesións de dominio público vitan eternam pa eles. Incomprensible a actitude política do PP aínda que por favor habería que preguntarlle a López Veiga se apoia esta privatizaciópn . porque e logo os mariñeiros tamén teñen plazas limitadas, e logo por qué os mariñeiros non poden aspirar a ser bateeiros. Menuda tropa