domingo, 3 de junho de 2007

Acabou a diversión ,chegou o de verde e mandou parar


Olas a tod@s:
Esta todo Ogrobe conmocionado coa operación malaia local, fálase nos bares, lese na prensa e escoitase na rúa. A aparición do grupo especializado en delitos urbanísticos da garda civil sembra o medo nalgúns funcionarios e gobernantes deste noso concello, a Marbella galaica ( Voz de Galicia dixit). Hai máis de un ao que ainda non lle pasara o susto de perder a Deputación de Pontevedra e xa agora lle ven enriba outra, a can flaco todo son pulgas. Paréceme a min que non fun o único que pensou ou escoitou cando era o de Marbella aquela frase de " pois se viñeran aquí ía máis de un tamén". Pois xa están aquí e ,se se confirman as noticias, veñen para quedarse. Non sei eu o que vai facer máis de un. Ademáis parece ser que as pesquisas xa se extenderon a máis de 10 urbanizacións en Ogrobe e que vai alcanzar outros concellos ( algún que hai pouco que emigrou a Pontevedra debe andar preocupado tamén). Tamén teño que dicir que hai que respetar a presunción de inocencia das persoas antes de comezar o tiroteo. Outro tema é que a desfeita urbanística de Ogrobe ( que podemos extender a grande parte das rías baixas) parece que agocha tramas de corrupción e soborno que se algo teñen que envidiar a outras partes do estado é a falta de personaxes famosos que poidan sair no Tomate. Como ten pasado noutros casos a cidadanía tamén terá que examinar porque permitiu cousas semellantes coñecidas por todos dando apoio elección tras elección a quen levaba acabo toda esta desfeita. No caso de Ogrobe case calquera barbaridade ou desfeiteira realizábase coa cobertura do progreso e o turismo. Estas dúas palabras máxicas ampararon nesta vila toda caste de urbanismo pedrador e negocios de, cando menos, dubidosa legalidade. Como alguén se opuxera a certas obras recibía coas frases xa míticas de "queredes botar aos turistas", "mirade pa Sanxenxo" ou "xa estades os do non a protestar". E isto é o que fai que estes casos urbanísticos sexan tan lamentables. Escoitaba o outro día na Ser que en todos os concellos españois con sospeitas ou imputacións de delitos os alcaldes ou partidos imputados melloraban resultados, hai que dicir que en Galiza non foi así como amosa Gondomar ou Nigrán. Isto débese a que, por exemplo en Ogrobe, moita xente vive ben así, no estado de alegalidade coñecido como "ti faille aí que despois xa se mirará". Moita xente prefire irlle pedir favores ao monarca (alcalde) e que este faga a vista gorda e poida construir como queira, cando queira e donde queira que que un PXOM "do carallo" lle marque zonas, alturas e tipoloxías de futuras construccións.
A todo isto o imperio contrataca, que se é unha operación política pa botalos do concello, que mira ti cando foi ser... . O mesmiño que cando foi o da Pantoja. Liderados por un "intrépido" reporteiro que busca " esclarecer a verdade" e limpiar de paso o nome de máis de un que parece estar en peligro. Este "Zola" moderno xa encabeza o discurso que vai acompañar a todo este asunto durante estes meses. Así ese xornal dentro dun pouco xa o van ler só en Vigo. Lamentable.

5 comentários:

Anónimo disse...

Agradezo moito o tono elegante, crítico e serio deste blog, e da persoa que o rexe.
Agradezo que non se consintan faltadas asinadas por anónimos, e que cada quen que queira expresar a súa voz poda facelo coa corrección que reclama a intelixencia dos lectores.
Dito esto, e adiantando que non debe ser posta en dúbida a honestidade das persoas ata demostrarse que non son honradas, que ninguén é culpable mentres non sexa así considerado pola xustiza, sí creo que a xente ten todo o dereito a exercer os mecanismos para actuar en lexítima defensa, e en democracia o principal é o de intervir na vida pública como estime conveniente. Non serei eu quen diga que TODOS E TODAS os funcionarios relacionados coa oficina do APARELLADOR municipal son responsables nos diferentes asuntos de corrupción urbanística que están sendo investigados. Pero sí creo que atenta contra a máis elemental norma de ética na función pública, que unha funcionaria dese departamento sexa parella dun promotor inmobiliario. Sí creo que atenta contra a máis elemental ética na función pública que o responsable dese departamento, ou a súa parella, tamén funcionaria teñan unha propiedade nun edificio ilegal, dos que están sendo investigados. Sí creo que atenta contra a máis elemental ética da función pública que o funcionario responsable da inspección de infraccións urbanísticas teña centos de expedientes abertos, sen pasar polo rexistro do Concello. Sí creo que atenta contra o mesmo que non se executen as sancións por infraccións urbanísticas. Como creo que non é de recibo crer na honestidade do proceder da funcionaria que dimite dun Tribunal, alegando irregularidades, cando o que realmente fai é cobrarlle ao secretario do concello unha factura do seu emparellador, porque este ten á súa secretaria opositando. O secretario terá moito que declarar nos futuros procesos xudiciais... xa o veredes. E como non é de recibo a trama de promotores que pasan a pagar peaxe para poder facer o que lles peta.
Solución: denunciemos todos todo o que sabemos, axudemos aos afectados e afectadas a saír do armario no que os meteron toda esta rede mafiosa que ten en Cachuli o seu recaudador principal. De nada lle vai servir que o ,mentireiro Méndes lle limpe a cagada... Remato dicindo que falo de Marbella, non de O Grove, por se ascaso...

Anónimo disse...

Temos un grande problema informativo e eu incito a movilización cidadán para facerlle un boicot a MMM e polo tanto a sua empresa, FARO de VIGO, é a única maneira de que non lle tomen o pelo a xente do grove. En canto lles empecen a baixar as ventas xa se cuestinarán que foi o MMM. NON MERCAR O FARO DE VIGO, entre todos podemos esixir respecto

Anónimo disse...

Súmome a ese BOIKOT ao Falo de Méndez, pedimos non mercalo, non lelo, rexeitalo nos bares, darse de baixa nas suscripcións, e pasar de boca en boca esta campaña anti Faro de Vigo, só así conseguiremos neutralizar a súa parcialidade interesada. E pensade que con Cachuli, Fredimasa, e A ída, gobernando só nos faltaba este engominado xuntaletras venenosas para rematar a faena.
TODOS POLO BOIKOT AO FALO DE MENDEZ

Panaide disse...

Perdón de antemán polo escueto do mensaxe que vou a poñer,pero non teño tempo...So quero dicir...que estamos no tempo da colleita "O que sementa tamén ten que recoller",e a moitos que pensaban que se ían ir de rositas cos "chanchullos" inmobiliarios estanselle poñendo os mesmos de corbata...XA ERA HORA!!!

Escévola disse...

Moitas grazas pola felicitación. Ao final estamos sempre no mesmo, a disquisición sobre o pouco ético e o delito. O sistema funcionaría se os cidadáns castigasen a falta de ética pero parece que non é así. Debera selo porque é moi dificil tipificar nunha lei toda a serie de incompatibilidades que se poden dar. Agora ben, eu tamén creo que ademais no caso de Ogrobe non falamos só de actuacións eticamente reprobables senón de cando menos dexación de funcións, negocios pouco claros e incompatibilidades claras. Toca esperar acontecementos.