quarta-feira, 6 de junho de 2007

Cambalaches, poderes e os cartos de todos

Olas a tod@s:
Leo hoxe na Voz de Galicia que Louzán reuniuse co candidato do PP e co PG. A simple vista parece unha noticia máis sobre as negociacións para formar goberno en Ogrobe, pero ten un matiz ao meu modo de ver importante. Pregúntome eu que fai o presidente da Deputación reuníndose para formar un pacto de goberno nun concello, xa sei que todos diredes que tamén é membro do PP e entón que estaba en calidade desto último e non no de presidente da Deputación. Ben eu estaría de acordo se Louzán non tivese falado na reunión e logo cos periodistas dos fondos que ese organismo investiría en Ogrobe cun alcalde popular. De todas maneiras diredes que todo isto non ten moita importancia pero eu creo que si, e que probablemente teña ainda máis importancia en tanto a xente lla reste. Explícome, Louzán é o presidente da Deputación de Pontevedra e este é un cargo institucional non partidario, quero dicir que é o presidente da Deputación para todos os pontevedreses non só para aqueles que votaron ao PP, digo máis, non se pode confundir que o PP teña a maioría na Deputación ( e polo tanto ostente a presidencia) con que a Diputación sexa o PP ou sexa do PP pois é de tod@s os pontevedreses. Non me gustan estas confusións posto que misturan cousas que non son mismo e lle dan un barniz de lexitimidade a cousas que non o teñen. Sigo coa argumentación, nesta reunión o Louzán díxolle aos xornalistas que se o alcalde era popular a Deputación ía volcarse en Ogrobe ( incluso falou desa obra mítica, a piscina). Por isto é importante a non confusión de cargos porque señor Louzán, ¿ se en Ogrobe hai un goberno de esquerdas que, non imos invertir xa que non son do PP?. Pasa isto porque pensan que a Deputación é deles, non dos cidadáns e debemos recordarlle que a Deputación e polo tanto os cartos dos que dispón son dos cidadáns, non do PP. A Deputación é dos cidadáns, tanto dos que votaron ao PP como dos que non e polo tanto non se pode permitir que siga sendo o dominio persoal de ningúen nin de ningún partido. Diredes que isto hai tempo que é asi, estou de acordo pero é que o mínimo sería ter que disimular este tipo de comportamentos por medo ás reaccións, pero non, non fai falla porque parece ser que aos periodistas lles parece normal tamén. Por iso creo que as Deputacións teñen que desaparecer, porque non sirven máis que a intereses persoais ou partidarios e non aos cidadáns. Ademáis están afogadas polas débedas, non teñen criterio inversor que non sexa electoralista e a maioría dos seus fondos están adicados á contratación de persoal só coa intención de elaborar unha rede clientelar que asegure votos a cambio de traballo. Todo isto é comprobable só con botar unha ollada aos seus presupostos. Din que fan unha labor no apoio dos concellos máis pequenos pero iso podería facerse perfectamente mediante redes comarcais, agrupacións de concellos ou áreas metropolitanas.
Outro tema, non me gusta nada o cariz que están tomando as negociacións para conformar goberno. De tanto falar de salarios e cousas así parece que se está a mercadear cos cartos de todos. Non digo que sexa así, só digo que o parece, e iso o único que fai a longo prazo é minguar a confianza nos políticos e aumentar a abstención. Un pouco de discrección.
Tema final, o "oráculo" do faro non tardou nada en dar cobertura á equipa de goberno no tema urbanístico e sinalando ao BNG como promotor dun golpe de estado. Teoría da conspiración, todo o mundo sabe que o Bloque ten moita man coa garda civil, que quen paralizou a construcción na vila foi Cuiña que tamén é do BNG, etc . Menos mal que aquí non detiveron á Pantoja nin temos terroristas do 11-M senón pobriños de nós. Ademais o "oráculo" debe ser algo esquizofrénico pois sempre escribe ben tanto do PP como de EU, curioso. Teño algún teoría sobre isto pero xa a contarei outro día que isto xa parece un testamento. A noticia da Voz: http://www.lavozdegalicia.es/ed_arousa/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=5870515

3 comentários:

Anónimo disse...

Todo o que dís da Deputación, exactamente todo, serve tamén para o Concello de O Grove. Como é posible que nas ofertas de "mercaderes" se fale de cartos, se fagan as reunións no propio Concello, utilizado para unha actividade partidaria, non pública nin municipal... ese é o estilo de Miguel Pérez, e do seu amigo Rafael Louzán, os dous presumen de elegantes porque lle mercan as garavatas no Corte Inglés. Confunden os cargos, e as institucións, coas súas necesidades, ambicións e partido; non dubidan en encher o saco das promesas do que sexa, con tal de amarrar o voto dos "negociantes" que nin sequera tiveron a astucia de pedir reunións en campo neutral... E alguén pensará qué máis da eso, e como eso tanto ten, pois todo o demáis tamén... programas, compromisos, ética. Como é posible que o candidato electo do PG, acompañado polo número dous da lista , vaia a todas as reunións ás que é convocado no Concello, e mande ás reunións coa esquerda aos números tres. Acaso pensa que hai máis que facer nunha parte que na outra da súa negociación. Porque a candidata da Meca, que tamén vai correndo xuntarse con Pérez a quen tanto criticaba,polo menos sabe que o Psoe deixouna fora do seu "negocio", e que só lle queda comer as frangullas da man de Cachuli, ou botar catro anos na oposición, sen partido e sen poder. Esto é Chesquismo político, mercadeo puro e duro. ¡Estou á venta!, ¿quén da máis? E xa veredes como acaban os tres xuntos nos sillóns que están quecendo neste momento. E con Manolito Méndes, de correveidile de Migueliño, que coa cagalera que lle entrou co do golpe de estado dos do Bloque anda as arrastradas...
Felicidades a La Voz de Galicia, súmome ao Boicot ao Faro de Vigo...

Anónimo disse...

A verdade é que da pena. Din que Fredi tampouco foi á última reunión do cuatripartito, que se está celebrando agora mesmo. Díxomo un que pasou pola sede do BNG cando entraban os nejosiantes, aínda que habería que confirmalo.

Anónimo disse...

Rematou onte un proceso no
que catro forzas políticas procuramos achegar posicións, criterios, ideas e persoas á procura de cumprir coa expectativa que a xente do Grove agarda de nós: O Psoe, Bng, Pg e Eu sumamos uns 3650 votos que, a falta doutras maiorías posibles, son lexítimos para procurar o entendemento e afastar ao PP do poder local. Eso foi o que estivemos facendo nestes días dende as eleccións do 27 de maio; con reunións diarias de tres e catro horas. Fixemos o traballo todos e todas os que temos acadado actas de representación da veciñanza do Grove, con maior ou menor presenza, implicación ou intensidade, e con apoios ou axudas doutros compañeiros de cada organización... pero fixémolo.
E foi un notable exercicio de democracia, de relacións entre forzas políticas, de diálogo, negociación e posicionamentos ideolóxicos. Coñecémonos un puco mellor, e gustarémonos, un a un, un a unha, unha a unha, máis ou menos, pero fomos quen de falar, de sentarnos e compartir ideas e proxectos. Non sempre foi doado o diálogo, pero cumprimos a encomenda que se agardaba de nós. Temos o documento. E agora será cada unha das nosas forzas políticas quen terá que decidir se acepta ou non o plano de traballo que redactamos. E pase o que pase, haberá que entendelo como unha decisión libre e soberana; como un xesto de democracia e relacións políticas. Pase o que pase, estou seguro, puxemos novas bases para que, no Grove, a confrontación das ideas se poña sempre por riba dos enfrontamentos humanos, persoais. Agradézolle a todos os compañeiros e compañeiras, das catro forzas, que estiveron neste proceso de debate a súa indubidable dipoñibilidade, porque creo que foi un exemplo nítido de que a política é verdadeiramente a arte de facer realidade as ideas de transformación.
Á xente do Benegá pedirlle que considere ese documento que lle presentaremos na Asemblea local con toda a madurez, honestidade e realismo que temos acadado nesta organización.