terça-feira, 22 de maio de 2007

Especulación inmobiliaria: a cousa ven de vello


Olas a tod@s:
O outro día tiven a oportunidade de ver a reportaxe de Cuatro sobre a especulación inmobiliaria. A reportaxe decepcionoume un pouco xa que non profundizaba moito no tema. Os primeiros casos de especulación inmobiliaria dos que eu teño noticia son vellos, tan vellos que son do século I a. C. , o cal non deixa de ter a súa gracia. O primeiro gran especulador inmobiliario foi Marco Licinio Craso (114 a.C-53 a.C.) que foi cónsul durante a república e membro do primeiro triunvirato xunto con Cesar e Pompeio. Craso acumulou unha grande riqueza mediante diversos negocios e coa especulación. Tiña un corpo de bombeiros formado polos seus clientes que só apagaban un incendio cando o propietario do edificio accedía a venderllo a Craso a un prezo moi inferior ao seu valor. Posteriormente Craso reconstruía o edificio e alugaba as vivendas. Era un rumor moi extendido en Roma de que os proprios bombeiros de Craso causaban os incendios e de que sobornaba aos edís para que non investigaran os incendios. Tamén era un rumor que estaba envolto en certos timos relacionados coas hipotecas múltiples. Pero Craso non foi o único, durante época imperial deronse moitos casos relacionados co negocio inmobiliario. A mala fama de Nerón entre os cristiáns e como autor do incendio que asolou Roma parece ter a súa orixe en que, tras o incendio fíxose con gran parte das propiedades queimadas ( que pertencían aos cristiáns) e "reurbanizou" a zona construindo ali a famosa Domus Aurea e os seus xardíns. Tamén foron moi comúns as ameazas e asasinatos de xente que non quería abandoar un dos pisos do seu edificio e polo tanto impedía a venda do mesmo. Había moitas maneiras de botalos pero as máis empregadas eran os xa famosos incendios e danar algún dos pilares do edificio para que este viñese abaixo. Os sobornos aos edís para que obviaran defectos na construcción dos edificios ou as conexións á rede de alcantarillado eran moi comúns e moitos políticos sufragaron parte da súa carreira política con estes sobornos.
Non credes que todo isto nos sona a algo agora no 2007?

8 comentários:

Anónimo disse...

O que se pretende levar a Pleno mañá que é máis que especulación pura e dura, aparte de querer coaccionar a membros da Corporación Municipal?.

Anónimo disse...

Traballando coma nejros os propietarios do terreos, e os "promotores" con ese contrato de opción de compra que hipoteca o futuro deses terreos, pois ningun deles pode vender no cuarto da saúde. Pero ademais terreo protexido, e por suposto levado a Pleno sen os informes técnicos preceptivos legalmente. ¡ De película!.

Anónimo disse...

Lamentablemente o PP conta co apoio de Aida e do PSOE, como se entende iso, ¿cazo?

Escévola disse...

Eu creo q é xq estamos en campaña electoral e xq moitos políticos de Ogrobe parece q pensan q todo vale por un puñado de votos. Moitas veces percibo eso, parece que en canto hai máis de 50 votos en xogo da igual que os veciños teñan razón, que non, que se poida facer ou que non. Ademais si que creo q na nosa vila van tantos anos de desfeita urbanística e de outras cousas que parece que os veciños o que queren e vivir nesa especie de corruptela que lles deixe facer o que queiran e como queiran. Tamén se nota coa basura e con algún tema máis. Moitos viven felices tirando cousas onde sexa sen multa nin nada e ademais prefiren ese estado.

xarabal disse...

O que aconteceu no pleno de hoxe, e un moi bo epílogo de toda unha lexislatura. Ó remate, cada un ocupa o sitio que lle corresponde (o PP cas mafiadas de sempre, e agora que ve que se lle acaba o choio, a aprobar eso depresa e correndo). O PSOE foi unha autentica contradiccion o longo de toda a lexislatura e a sua postura anti-PXOM foi unica e exclusivamente de boquiña . E o de Ayda ..... bueno, eso é patético, pero como di aquel refrán moi noso, " O que paga manda". E non sabedes vos o cara que sale unha campaña electoral !.

Anónimo disse...

Na prensa tamén sae o de "Carme a Coxa".
¿será certo?

I LOVE YOU disse...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,聊天室,情色,a片,AV女優

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,