sábado, 19 de maio de 2007

Memoria histórica

Andan certos persoeiros populares falando sobre a memoria histórica e tentando acalar unha vez máis as voces dos que xa estiveron calados durante moito tempo. A min como historiador non me pode producir nada máis que noxo certos artigos coma ese do Parladoiro Popular. Todos estes artigos e libros que ultimamente se publican en círculos editoriais da dereita española non son máis que puro e duro revisionismo historiográfico que se propon reactualizar o discurso historiográfico franquista. De todos estes neofascistas o máis famoso é o terrorista ex-grapo Pío Moa, no seu último libro empregou como fonte principal para o tema de Paracuellos a obra de Ian Gibson. Ben, o propio Gibson ven de reeditar outra vez a súa obra para facerlle fronte aos que, usando o seu libro como gran fonte, o terxiversan e o poñen ao servizo da propaganda franquista. A memoria histórica consiste segundo autores como o grande R.Hilberg ou E. Kogon na recuperación da voz e as historias daqueles que foron privados delas por un estado totalitario e asasino. Digo eu que estará claro que a memoria dos adictos ao rexime non fai falla ser recuperada xa que estes nunca se viron privados dela.
O problema principal en España cando se fala do franquismo e da guerra civil e que se adoita a misturar todo sen orde nen concerto sobre todo cando se trata dos pseudohistoriadores estes que pululan por aí. Isto sen dúbida ten gran parte da súa orixe na transición e na ausencia dunha ruptura política co estado anterior ( Moradiellos, Fontana). Vou expor unha serie de consensos historiográficos que axuden a clarificar o tema:
1. Os militares españois coa colaboración dos nazis e os fascistas italianos, así como da maior parte da ultradereita e dereita española dá un golpe de estado contra o goberno lexítimo e legal da Fronte Popular.
2. A guerra civil é consecuencia do fracaso deste golpe de estado que non logra facerse co control total do territorio do estado español.
3.Durante a guerra obviamente hai mortos en ámbolos dous bandos xa que unha das características principais das guerras é que morre xente nelas ( sinto ser sarcástico).
4. Trás a victoria do bando franquista na guerra establécese un rexime dictatorial que xirará desde o fascismo encarnado pola Falanxe ata o nacionalcatolicismo do Opus Dei.
5. Só na década dos corenta, e calculando polo baixo, fanse estimacións que nos falan de 40.000 persoas asasinadas pola súa ideoloxia, relixión, etnia ou condición sexual polo goberno franquista.
Non vou a extenderme máis por hoxe pero seguirei co tema.

8 comentários:

Anónimo disse...

Ao anterior non estarái de máis engadirlle que, efectivamente, na guerra hai mortos pero convén facer notar que en Galicia non houbo frente de guerra e o número de mortos é asombroso

Xesús-Mª. González Domínguez disse...

Concordo co anónimo que me precede, e a medida de que se vaian coñecendo as tristes realidades dos feitos, se puido chegar ata o extremo de crueldade e indignidade humana que se chegou.

Escévola disse...

Olas: cando escribía iso referiame principalmente aos mortos que se lle achacan ao bando republicano polos revisionistas. Os últimos traballos que coñezo falan de máis de 5000 asasinados pola represión franquista nos anos da guerra. De todas maneiras son estimacións de pouca fiabilidade debido á falta de fontes e aos impedimentos que poñen moitos concellos e instritucións ás investigacións ou porque algúns concellos mesmo destruiron a documentación por " falla de espazo nos arquivos".

Escévola disse...

Ah, por certo gustariame colaborar coa asociacion da memoria histórica do Grove pero nn sei a onde dirixirme, se alguén me da información agradézollo.

a cova da loba disse...

A asociación pola Memoria Histórica de O Grove está aberta a todos e todas os que queiran colaborar, non se lle mira a ninguén de casa é ou de que pé coxea; só se ten interese en botar unha man. Diríxete a calquera dos que levan o tema: Avelino Ochoa, Antón Mascato, Xan Caneda, Xesús María González, Paco Iglesias ou Xosé Manuel Domínguez... Hai máis xente, e cada quen colabora ata onde quere ou pode...

Anónimo disse...

¿E lo non estaría ben que se incorporase algunha muller ao da memoria Histórica?. Deben ter unhas xuntanzas aburridísimas...

a cova da loba disse...

Hai unha muller que é membro da Xunta Directiva, o que non se entende é que o feito de seren todos homes, ou se fosen todas mulleres, é motivo para considerar as xuntanzas (de traballo) como aburridas. Non oh... van alí a traballar, debaten asuntos, toman acordos e logo realízanos. Súmate tí se es tan divertido, pero se o que queres é discotecas e ligue vai a Soul, ás seis da mañá, que xa está o peixe na lonxa...

Anónimo disse...

華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,
酒店經紀,
酒店工作,
酒店上班,
酒店打工,
禮服酒店,
禮服公關,
酒店領檯,
華麗夢想,
夢世界,