segunda-feira, 2 de julho de 2007

Algunhas lendas mesopotámicas das que todos coñecemos a versión biblica


Olas a tod@s:
Comezo esta serie que vos expliquei na entrada anterior con uns cantos mitos Mesopotámicos que logo foron reformulados na Biblia. O primeiro protagonista vai ser Sargón de Akkad ( ou Agadé) que foi o que se pode considerar o primeiro emperador da historia. Viviu aproximadamente entre o 2334-2279 a.C e foi o fundador do Imperio Acadio que se extendia por toda Mesopotamia e parte de Anatolia. O relato mítico da súa vida dinos que era fillo ilexítimo dunha sacerdotisa que o abandoa nunha cesta de xuncos no río de onde será rescatado e logo formará parte da corte do rei de Kish, onde comeza o seu camiño cara o imperio. Como vedes esta historia crese que é a base da historia bíblica de Moisés. Moitos outros héroes son abandoados polos humanos e postos así baixo o coidado dos deuses ao comezo das súas vidas (Romulo e Remo) pero Sargón é o primeiro coñecido.
Outra das lendas despois recollidas en moitas mitoloxías é a do diluvio: No diluvio mesopotámico os deuses deciden castigar á humanidade polas súas faltas. Ea ( deus creador do mundo, das augas primordias e do saber) avisa a Uta-na-pistim para que constrúa un barco. O barco debe encherse de animais e semillas. Cando chega o diluvio perecen todos menos Uta-pa-nistim e os que van con el no barco. Cando cre que as augas baixaran envia un paxaro para ver se se pode abandoar a nave e despois fai un sacrificio que aplaca aos deuses. Como vedes este relato é a base do relato bíblico de Noé que copia moitas das súas partes. Cren os expertos que o mito ten a súa base en que os mesopotámicos non vían como tan boas as choivas que podían arruinar as súas colleitas fronte ás augas dos rios das que dependían para vivir e si que eran boas (ademais o deus destas augas e Ea/Enki o que avisa do diluvio aos homes).
A terceira lenda tomada pola Biblia de Mesopotamia é a de Job, o santo sufridor e paciente que garda moitos paralelismos co poema mesopotámico do Xusto Sufridor. Neste poema Shubsi- meshre-Shak-kanqui sofre toda unha serie de desgrazas que non parecen ter unha orixe clara. Ainda que as similitudes con Job non son tan grandes como nos dous casos anteriores si que responden ao mesmo tema: a angustia humana ante o mal incomprensible.
Como vedes pois algúns mitos mesopotámicos nos foron transmitidos pola Biblia e outros moitos por outras vías. Debemos recordar que foi en Mesopotamia onde naceu a escritura e que ainda así, a maioría da xente só coñece este conxunto cultural polos ziguráts. Dicía un profesor meu ,de Historia Antiga e de Relixións da Antiguedade, que os mesopotámicos sempre tiveron a mala sorte de non foran alí os ingleses como en Exipto, xa que según el o seu legado era infinitamente maior que o dos exipcios pero tamén era infinitamente inferior o grao de fascinación que despertaban na xente. De esta cultura tamén foron os primeiros adiviños e feiticeiros coñecidos pero diso, se queredes, xa falaremos outro día. Como vedes non me extendín moito nos mitos pero tedes algún comentario ou pregunta, xa sabedes deixade comentarios ou mandade un mail.

4 comentários:

Anónimo disse...

Os mitos...sempre os mitos. E as parábolas...No fondo son dous fenómenos didácticos: a necesidade de explicar; e, sobre todo, a necesidade de explicar a relixión e a fantasía da relación especial dun pobo con un Deus, tantas veces e por tantas razóns, necesaria. ¿ou non vos lembrades de aquilo de Santiago y cierra España, que curiosamente era o grito para botar -botar con b, si- aos españois das súas casas. ¿ou acaso os herdeiros dos musulmáns que entraran na Península no 811 non eran españois no 1492?. Sempre a relixión presente e a súa estreita relación cos mitos. Vénme á cabeza o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago que fundamenta todo nos mitos representados na base dos piares, según a interpretación que fai del López Frreiro.

Así que aquí se presenta un tema clásico, interesante para este novo periodo no que hai que deixar traballar aos polítcios que aterran. Boa idea este desmarque, Escévola.

Anónimo disse...

Unha vez máis, querido ou querida escévola, sorprendes aos teus lectores e lectoras cun intelixente exercicio de información eficaz; xusto no momento no que os blogs estaban escritos con sangue nos dedos premendo desaforadamente nos botóns dos ordenadores. Moi ben ese cambio de ritmo, brindo por esta inmersión culta que nos libere de tanta agresividade dialéctica. E eso non significa que non se teñan que decir as cousas, só que se poden decir sen agredir a ninguén. Sobre todo por quen cre que a razón está da súa parte.
A mitoloxía, dende a máis antiga ata a máis moderna, dende a clásica e divulgada greco-romana ata o ciclo artúrico, da chamada celta á das civilizacións aínda ocultas para o universo, é sempre a mesma, conta sempre, sen variacións a mesma historia fonda; mudan as formas, o xeito de contar, as situacións, as personaxes, os arranxos, pero son iguais os valores, os contidos, a fondura das mensaxes que narra: porque moito antes de que Felipe González inventara o da "aldea global" xa fora decuberta polos mitólogos, polos historiadores, polos científicos humanistas.
Solidaridade, honestidade, ética, amizade, a forza do amor... cada mito, cada conto marabilloso, vai dar na mesma zona do espírito do mundo. A traxedia grega e a dramaturxia shakesperiana é a mesma peza con diferente atrezzo, non hai profundas diferencias entre a obra de Sófocles ou a de Shakespeare, por moito que medien case 1700 anos entre un e o outro. Como non hai diferencia entre o dramaturgo inglés e o teatro de Cunqueiro, feito catrocentos anos máis tarde.
No sentido profundo, non nos aspectos formais, nas lecturas superficiais. Claro, e eso é o que os fai merecedores aos tres de seren clásicos universais, non sendo a Cunqueiro que, como a Mesopotamia, non lle chegou o Imperio Británico, só a tropa de Isabel e Fernando, e eso retrasa o proceso de divulgación dos valores cunqueiriáns.

Anónimo disse...

"Sobre todo por quen cre que a razón está da súa parte"
Ou da túa...

Anónimo disse...

O colectivo ecoloxista do salnes convoca unha concentracion para protestar polo tiro de pichon, por que según eles contamina. Adega chama os cidadáns a alegar contra o plan acuicola da xunta porque apoia a contaminación sin control da costa galega. ¿por qué o ces non se opón a ampliación de insuiña en ardia dentro do espacio de rede natura pic, etc, etc. será por que o encargado tamén é o ces e do bng, cando o ces vai a convocar unha manifa contra ese poblado chamado a toxa en noalla-villalonga?