terça-feira, 10 de julho de 2007

Os chineses si, ¿ e os de aquí?

Ola a tod@s:
Despois dun pequeno descanso volvo á actividade. Leo no Diario de Arousa que Emgrobes denuncia a competencia desleal que supostamente levan a cabo os bazares chineses e que se basea nos horarios e os días de apertura. A verdade é que parece certo que estes establecementos non respectan os horarios e os días de apertura marcados pola Xunta na Lei de Comercio. Ben, entón a denuncia é correcta, pero eu pregúntome que ocorre con todos os outros negocios que hai na vila e que tampouco respectan outras moitas normas legais e non declaran a Facenda. Sei que este é un tema complexo xa que son moitas as persoas que no verán aproveitan para gañar os seus cartos en moitos negocios carentes da legalidade esixible. Eu teño a sospeita de que denunciar aos chineses é fácil e, en cambio, denunciar todos eses negocios hoteleiros e hosteleiros ilegais que proliferan por Ogrobe é moito máis dificil. Simplesmente é unha cuestión de número. Todos sabemos que Ogrobe está cheo de pisos que se alugan e non se declaran, xente que alquila habitacións aos turistas sen os permisos e sen declarar e mesmo hai "pseudohoteles" con televisión e baño nas habitacións que teñen as mesmas carencias. Tamén sei que todos temos familiares que o fan , veciños que o fan, amigos, coñecidos... . Todos estes negocios tamén fan competencia desleal cos establecementos que si pagan os seus impostos e teñen as súas licencias ou cos propietarios de pisos que os alugan pero tamén os declaran. Curiosamente eu coñezo o caso dun hostal que pideu a Asociación de Hosteleiros que denunciasen esta situación e recibiu como resposta: "nosotros no estamos para que los vecinos se enfaden con nosotros" ( senón están para defender os intereses dos hosteleiros cabería preguntarse para que están pero ese é outro tema). O problema está en que semellantes denuncias salpicarían a moita xente e entón é mellor non facelo non vaia ser. Eu non creo que haxa que desatar unha caza pero si que creo que se lles debe advertir a estes veciños que deben regularizar a súa situación nos próximos anos e senón carrexar coas consecuencias. Creoo porque é ilegal, porque é un fraude ao estado ( e polo tanto a todos os que declaran mes tras mes), porque é unha clara competencia desleal e tamén porque creo que se se quere vivir do turismo este ten que estar tan profesionalizado e legalizado como calquera outra actividade e non seguir sendo unha actividade ligada aos sobresoldos. Sei que a moitos vos parecerá que este tema é tarefa imposible, que afecta a moitas persoas e que é unha cousa que "ven de toda a vida"; pero entón tamén vos digo entón ¿porqué nos queixamos dos chinos se fan o mesmo que moita outra xente?. Seguramente porque somos uns hipócritas, porque son estranxeiros e ademais tamén son poucos e non se queixan.

8 comentários:

Panaide disse...

Estou totalemente dacordo co teu artigo,o que temos no noso concello é moita hipocresia e ignorancia mal disimulada,agora dasenos por atacar os chinos porque "nos vienen a quitar el trabajo",cando dende sempre os que mais defraudamos ós veciños son os propios veciños,pero "como ya es de siempre a alguien le tenemos que hechar la culpa,no?".O que máis me fai rir e esa xente que nas cafeterias "chic" do pobo fala pestes dos pobres chinos,e despois van agachados a mercar nos seus establecementos...Deixade a xente vivir que todo o mundo ten o dereito a buscarse a vida mentras non perxudique a ninguen.E si queredes votarlle a culpa os chinos ,facedelle caso ó que dicia meu avo "ti fala fala,que tamén tes moito que rascar"...Un saudo

Anónimo disse...

É moi simple, hai unha lei de comercio que obriga ao descanso dominical, pensada en defensa das economías familiares que nutren ao pequeno comercio, son en realidade traballadores asalariados por conta propia, e teñen dereitos. Os chineses, os aficanos ou os árabes, teñen que cinguirse á lei, que é a mesma para todos. Por certo para Emgroves, e a súa presidenta: tamén hai unha lei que prohibe matar animais, ou maltratalos, por razóns de espectáculos, deportes ou festas tradicionais; coa única salvedade dos Touros porque son considerados Festa Nacional, que xa lles vale aos nacionalistas españois, por qué non respatar tamén esa lei?

Anónimo disse...

Meu querído Blogueiro.
Fás afirmacións que son propias, dun queimado-escaldado por todo, ou senón xa me estou preocupando de que as bases de datos da Axencia Tributaria son públicas a tododios. ¿Pero cómo sacas tal conclusión de que eiquí hai moita xente que non declara á facenda os seus negocios? É posible que así sexa, pero tal afirmación deslexitima a calqueira orador cuns plantexamentos lóxicos e coherentes. Non tes datos, e si os tes, estás cometendo un delito, de si a xente dou de alta no censo o seu negocio, ou se defraudou en IVE, IRPF, sociedades ou outros impostos.
Isto faime vir á memoria a caza que se está facendo con certos promotores con promocións en O Grove, cando estamos cansos de ver como quiosqueiros dunha rúa céntrica engaden dous pisos a unha casa con un metro de aleiro (suspendidos por o Cuiñazo), ou un depurador de moluscos lle dá tamén outro aleiro máis buhardilla, cando tampouco se permite, e un longo etcétera que non remataba hoxe. No urbanísmo os maiores infractores (que non delincuentes), somos os mecos, por unha xinxela razón, os promotores fan pisos para vender e si non hai fin de obra iso non se pode escriturar públicamente, e por ende tampouco se permite inscripción no R. da propiedade nen se pode constituir hipoteca sobre el.
Falando do comercio, que miren ben a lei no que atinxe a localizacións e certos comercios orientados ó turista que algunha pode levar unah boa resposta nos fuciños dos chineses. (Enriba estudiou dereito).

Escévola disse...

Querido anónimo: Obviamente non teño os datos da declaración da renda ou calesquera outros impostos que non me perteñezan pero non fan falla tampouco. Primeiro coñezo persoalmente multitude de persoas que
alugan habitacións (sen teren as licenzas pertinentes e sen declarar as ganancias) ou pisos (tamén se declarar os cartos que cobran, que ademais sempre queren cobrar en man e non no banco). Moitas destas persoas son veciños meus, amigos, familiares de amigos... . Supoño que coma min todo o mundo en Ogrobe coñece moitos destes casos así que creo que non necesito explaiarme máis, ou ti cres que todos eses letreiros de se alquilan habitacións e tal que hai pola vila son de xente que está dada de alta como hosteleiro?. Despois non sei exactamente que ten que ver esto co urbanismo que é o outro tema onde a desfeiteira é importante como pode ver todo o mundo sen ter coñecementos de ordenación territorial. É cousa de sentidiño, respecto das persecucións, eu non as vexo por ningún lado xa que me parece evidente que en Ogrobe se construe como, cando e donde se quere;con licenza ou sen ela e non vexo eu que pasara nada. Eso si, concido contigo en que os culpables non son só os promotores senón moita xente, desde todos e todas nós ata todas as institucións que non cumpliron as súas funcións.

Anónimo disse...

Voltando co dos pisos, alugar un piso a un particular inda que sexa de forma temporal, e sen prestar os servicios de hostelería coma limpeza, lavandería, etcétera, "non" constitue actividade económica polo tanto serán rendementos do capital inmobiliario para o cal "non" é preciso darse de alta en ningunha actividade económica. Deste xeito cada arrendador non necesita estar de alta en nada, só ten que declarar eses cartos cando faga a declaración da renda. Pero iso vai na conciencia e o risco que queira asumir cadaquén, coma se tí non declaras parte do teu salario ou beca.Pero iso non fai que alugar un piso a un turista no verán sexa ilícito nin moito menos. Nen sequera existe a obriga de depositar a fianza no IGVS se é que o arrendador llelo pide. POr tanto non emporques, nen acuses de algo ilícito a que honradamente aluga un piso ou aprtamento no verán. Outra cousa diferente é o aluger de cuartos con servicio de hostelería. Se necesitas máis aclaración pídeas pero ántes de acusar a calqueira colectivo ou persoa, fórmate e infórmate por favor, que con cousas coma estas, que non ten moita importancia, sinalamos co dedo a moita xente que sen querelo nin bebelo síntese coma Pancho Villa. Saudos.

Escévola disse...

Eu non dixen que moita xente se adique á "ladronada" nin cousa parecida.Tamén che digo que non declarar impostos non é cuestión de coinciencia senón de obligación e o fraude está perseguido pola lei. Se se está alugando un piso e non se declaran os cartos que se reciben estase a cometer un delito e ademais certa competencia desleal con aqueles que si as declaran. É desleal porque pode baixor moito os prezos posto que sobre eses cartos non hai gravamen ningún. E querido amigo eu non creo que esté a emporcar nada simplesmente reclamo das persoas que esixen a outras que cumpran coa lei o cumprimento das obrigas co estado. Por certo non acusei a ningunha persoa e/ou colectivo no meu artigo, só digo que na nosa vila hai moita xente que non cumpre coa lei, e digocho outra vez, coa lei xa que non declarar a facenda non é cousa de conciencia senón de legalidade.O mesmo que moita xente que protesta polo dos chinos vai despois a loureiros e furanchos a tomar viños e a comer, e todos sabemos que estes son negocios netamente legais, non?

Anónimo disse...

Ben querido amigo, novamente estamos con suposicións. Tdos os teus argumentos son suposicións nada contratadas. Supós que a quen lle pagas o piso non declara, que o contrato é de dudosa legalidade (non dis por qué, ten en conta que na maioría dos contratos existe liberdade de forma), supós que os furanchos son ilegais,non digo que non os haxa pero polo feito de ser furanchos non os metas a todos no saco. Sei tamén de varios que teñen licencia como mesón, traballadores de alta na SS, e o viño que venden amparado pola D. de orixe Rias baixas.
Noto algo en tí que certamente me preocupa, porque para ser unha persoa con estudios deberías comprender que hoxe en día, podemos presumir que a moita xente lle vai ben nos negocios, gaña moitos cartos, e non por iso é un delincuente.
Como dí un cubano de sona mundial "no tener no es signo de grandeza".
Cóllesme ¿non?.
Por certo para que, deixar de declarar impostos sexa delito, ten que superar a contía dos 90000€ cousa que dudo suceda co aluger de un piso.Saudos e bo día.

Anónimo disse...

Onde día contratadas debería decor contrastadas. Perdón pola erro.