segunda-feira, 21 de maio de 2007

Eleccións Ogrobe 2

Escribo esto para respostar algúns comentarios do meu anterior artigo sobor das eleccións municipais. Decidesme que, ainda sendo certo a fractura do PsdeG-Psoe, tamén é certo que os demais partidos teñen as súas proprias liortas internas. Isto é certo e concordo con estas opinións e ademais digo que certo grao de liorta ten que existir sempre cando falamos de institucións democráticas e que aspiran a representar ás persoas dun determinado lugar. Pero tamén coincidiredes comigo en que as liortas e discusións internas do resto dos partidos non se traduciron na aparición doutro partido político que se presenta no mesmo pobo e en teoría no mesmo espazo electoral. Polo tanto está claro que unha relativa perda na proxección de votos do PsdeG é esperable, claro está tamén que haberá que agardar a ver a quen deciden dar o seu voto os tradicionais votantes do PsdeG nestas eleccións. Por todo isto sigo pensando que a aparición dunha escisión pode perxudicar moito ao PsdeG desta volta.
Respecto do candidato de EU preguntáseme porque creo que é feble, ben é certo que en parte é pola súa idade. Para min as persoas antes de participar na res publica deberían ter máis ou menos encarrilada a súa vida. Isto, claro está non é máis que unha apreciación persoal e non son eu quen para decidir o que fai cada quen coa súa vida. Referiame coa palabra febleza a que eu non o vexo ao mismo nivel de capacidade, popularidade e atracción de voto que Xan Caneda. Polo que escoito pola rúa moita xente é da mesma opinión. Esta claro ademais que Xan Caneda é unha figura importante na esquerda meca e vai ser dificil cubrir o seu oco para a xente de EU. Os políticos da República romana tiñan que seguir unha serie de pasos e ocupar uns cargos e ter unha idade antes de poder acadar outros, era o que denominaba cursus honorum. Eu como dixen antes si que creo que os xovenes temos que participar da vida política dos concellos, cada un o que poida ou queira; pero si que creo que antes de ocupar un cargo público un debe rematar os seus estudos, ter un traballo e a súa vida un pouco encarrilada. Non quero que se me malinterprete, digoo tanto polos representados como polos propios representantes dos cidadáns que poden ter que abandoar a vida política e darse conta de que non a poden abandoar por non ter outra cousa, e iso é moi triste.
Por último querovos agradecer a todos os que deixastes un comentario a vosa participación pois fostes os primeiros en comentar algo neste meu blog que agardo que, coa vosa axuda, sexa un pouco de todos.

3 comentários:

Anónimo disse...

Eu no sei se tiveches tamén en conta unha variable, cal é a presentación do malchado PG, váille restar votos ao PP, nos esquezamos que a familia de Antonio o do Hotel Brasil é ampla no que atinxe ao seu número e todos eran votantes, ou son, do PP.
A miña visión é que a esquerda vai sacar maioría: 4-4-1. Agora ben donde teño as miñas dúbidas é quen vai ser o partido máis votado da esquerda, así é todo me inclino polo PSOE, a pesar dos cristos, e tendo en conta que a mensaxe que lle mandou daquela o PP, "gobierno amigo" tanto na Xunta como en Madrid calou nun segmento poboacional (pensionistas) que creo se decantarán polo PSOE.
O PP vai perder un seguro e con toda probabilidade dous, achacable elo as sumas das outras candidaturas que lle van restar votos, principalmente o PG, máis tamén ao desgaste sofrido por Miguel e ao non contar con algunha persoa relevante que lle derá un certa credibilidade social nos primeiros postos (principalmente no 2º).

Escévola disse...

Olas: eu creo que o partido máis votado da oposición vai ser ao BNG xa que o PSOE teno dificil por aritmética electoral ao presentarse A Meca. Respecto do PG, creo que aí reside a chave do futuro goberno. Se ten un ou ningún, creo que gobernarán
o nacionalismo e a esquerda, se quitan máis de un creo que o goberno será outra volta do PP. Do que non estou seguro é de que o PP perda máis dun concelleiro, a división electoral no Grove premia con sobrerrepresentación a un partido tan votado coma o PP.

Anónimo disse...

Chamome Raul Casalderrei e estou preprarando a miña tese doutoral sobre Ogrove dende 1975 a hoxe. Levo lido neste medio ano que levo do traballo infinidade de artigos, traballos, estudos, etc. vin centos de páxinas en Internet, bitácoras e todo tipo de información que me axudara a entender un pouco a idiosincrasia das xentes dese pobo co fin de poder analisar as diferentes etapas destos ultimos 32 anos da sua historia.
Neste ultimos meses veño seguindo de maneira habitual 3 bitácoras : Cousas de Ogrobe(do que non sabemos nada dende o mes de febreiro)este de Cartas desde Delfos e sobre todo o bastante activo Cousas do Xarabal.
Debo confesar que asi como o longo deste ultimo medio ano me entrevistei con cantidade de xente de Ogrobe (persoeiros, lideres politicos actuais e doutras epocas, xente da rua, etc.) vai ser a primeira vez que me atreva a escribir nunha bitácora e o motivo principal do mesmo ben relacionado co comentario que conroibo fai a proposito deste artigo. Dice conroibo que dende a súa vision o reparto de escaños na esquerda pode ser 4-4-1 co PSOE como partido dominante. I e neste comentario donde me perdo un pouco. Tentarei explicarme.
Nas derradeiras eleccions municipais, os resultados de PSOE, BNG e EU foron os seguintes : 1184, 1312 e 810 votos respectivamente. Concordo con conroibo en que os "cristos internos" van sacarlle algun voto, ou ben en favor da Alternativa Meca ou na abstencion (e alguns - poucos - supoño que iran tamen o BNG). Por outra banda, a mensaxe que está transmitindo o BNG nesta campaña e o traballo que eu analisei destos ultimos 4 anos (65,4 % de mocions presentadas, das cales foron aprobadas o 82,7%) avalan un traballo e otorganlle un Plus o seu favor. O mesmo tempo a súa lista é a priori - e esa é unha apreciacion da xente coa que falo, non miña - con diferencia a millor de todas. De ahi, que non entenda en que sustenta conroibo a idea de que poida ser o PSOE a lista maioritaria da esquerda a non ser, e en politica todo e posible, que ate a Alternativa Meca poida sacar maioria absoluta, pero esas apreciacions son feitas co corazon, que para un estudioso da historia, son o contrario do que debe ser un esudio riguroso.