sábado, 12 de maio de 2007

O Grove eleccións

Están ultimamente os ppeiros mecos contentos como rulas. A razón de tanta alegría é que albiscan unha posíbel maioría absoluta nestas eleccións municipais. Segundo bastantes militantes a maioría está preto debido á fragmentación do Psdeg-Psoe co nacemento de A meca. Esta fragmentación vailles permitir, segundo eles, conquerir a maioría absoluta a pouco que manteñan as súas expectativas. A única forza que parece poder impedilo é o BNG, sempre que aproveite a fragmentación socialista atraendo votantes do psoe, e aproveitando a evidente febleza do candidato de Esquerda Unida-Esquerda do Grove. Claro que, para os que estamos fartos do señor Flanders, hai un factor que non debemos esquecer: a entelequia esa denominada Partido Galeguista ( se Castelao erguese a cabeza...) xa que pode voltar a darse o contubernio pseudonacionalista-conservador que xa lle deu a alcaldía ao Flanders nas anteriores. Temos logo a ameaza pantasma do pantasma de Chesqui and company. Tamén me gostaría deixar unha pregunta no aire: ¿ o Partido Galeguista ( que nun lado son nacionalistas e noutro fan a campaña en español, segundo conveña) e Terra Galega e demais chiringos de onde sacan a pasta? ¿ Por que sempre acaban favorecendo ao PP e a certos intereses inmobiliarios?. Acepto suxerencias.

12 comentários:

Anónimo disse...

entendo que cando te refires a febleza do candidato de eu será pola mocidade, sí é así, ésta é unha enfermidade que se cura co tempo, a estupidez, non.

Anónimo disse...

Estase a falar continuamente da división do PSdG-PSOE e en cambeo non se fala da división do BNG e da falta de carisma do candidato que teñen que fichar a unha persona que leva anos non vivindo no Grove para ir de numero dous e aproveitando o seu cargo de Presidente da Asociación da Memoria Histórica, ou por qué o número dous pasa a casi non ir na lista ou o abandono do BNG por parte de Xesús María o do Xuzgado, etc, etc, no PSdG-PSOE tivemos problemas, pero están resoltos.

Anónimo disse...

O BNG apresenta unha lista encabezada pola persoa que foi o seu portavoz durante os últimos catro anos e que (aínda que anónimo afirma que non ten carisma) foi o candidato máis votado en 2003, faltándolle 19 votos para o cuarto concelleiro que perderían Chesqui-Katelo.
O BNG apresenta unha lista que da que non discuten a súa calidade nin os enemigos.
As enquisas (e o ambiente en xeral) apuntan a que o próximo goberno de Ogrobe vai vir dunha alianza dos grupos progresistas encabezados por un alcalde do BNG.
¿A que veñen eses ataques por parte de futuros aliados? ¿Faltou algunha vez o BNG ao seu compromiso cos gobernos de progreso en Ogrobe?
Ánimo que falta pouco para trocar un goberno de fachas e especuladores por un goberno democrático e comprometido cos cidadáns.

Anónimo disse...

Claro que sí. no ano 95 non entrastedes no goberno de Antonio Galiñanes ¿Por qué? aínda hoxe estamos esperando esa resposta.

Anónimo disse...

Que un do Pesoe lle meta brasa ao Benegá, a estas alturas de campaña, parece ridiculo. Mira meu, polo menos o dous do benegá non se aproveita do cargo xa que é EX presidente do da memoria, dimiteu antes de ir na lista. Cousa que non fixo o número dous do Pesoe no seu cargo de Hostelería. Teredes morro. E si o dous do bloque leva anos vivindo fora será por traballo, o que non le impideu poñerse co da memoria, cousa que non fixo nin un solo militante do Psoe. E dígocho eu que non son do Bloque, pero vóunos votar, porque son os que mellor lista teñen, con diferencia sobre o resto. E Xesús,o do xuzgado, vive en Cambados, onde fai xa a vida, aínda que por agora teña o traballo no Grove. O voso problema é Aida e Miguel, non o Bloque, pero como sempre confundides os enemigos, pois así vos vai.

Anónimo disse...

Ola.

No ano 1995 o BNG votou na sesión de investidura por Antonio Galiñanes para alcalde.
Non entrou no goberno porque xa había acordo con maioría suficiente entre PSOE, Chesqui e EU.
Despois de que ese goberno rompese sen que o BNG intervise na cuestión o principal apoio que tivo Galiñáns en temas como a carretera da Lanzada (aquela obra contra a que tanto se manifestaron Miguel Pérez e outros porque ía arruinarnos para sempre) foi o BNG.

A estas alturas e en plena campaña non vou pedir gratitude, pero estaría ben un pouco de memoria.

Por certo... ¡Que boa lista leva o BNG! Para min que imos gañar.

Anónimo disse...

Sí hme, canta memoria...histórica claro. Escalantes, campañas,Abeillóns, etc. Veña home, de verdade que hai xente boa, pero coma a todos hai que meter recheo de onde sexa, ¿ou non?.

Anónimo disse...

Creo que Mª. Lina leva demostrado o seu traballo arreo no Concello e no BNG, non procede outro comentario. Que meten a outras persoas porque así o consideran, e eu aínda que creo que é unha cuestión de estratexia electoral, non vexo porque estas persoas non poden ir nunha lista, se precisamente calquera pode participar na vida pública e o fan donde o consideran oportuno (libre decisión). Espero que non por iso chegues afirmar que o BNG non debeu de admitilos na lista, esixirlle ao BNG que examinara o pedigree das persoas sería un craso erro, independientemente do precepto subxectivista que xenera tal esixencia.

Anónimo disse...

As respostas en política dáchas o tempo, que pon a cadaquén no seu sitio, e así foi no decorrer do mesmo como lle deu a razón ao BNG, máis tamén son dos que digo que pagaba a pena tentalo e se non se fixo así foi porque as decisións en política, atinadas ou erradas, correspóndenlle tomalas ás maoirías, cuestión que acaeu. Non sei se as cousas derivarían cara outros derroteiros de ter entrado o BNG no goberno de Galiñáns, o que pasou é a historia, o que podería ou puido pasar son meras hipóteses.

Anónimo disse...

Pero será posible que non demos aprendido dos erros pasados (de todos)e as xentes de esquerda deste pobo, deixemonos de seguir enfrentando entre nós, e licito que cada partido intente sacar o maior número de votos, pero penso que tamén temos que ter claro que a esquerda no Grove é cousa de tres (BNG-PSOE-EU)polo cal e aproveitando que hai sabia nova, non os contaminemos xá, sinón todo o contrario e decir enseñarlles a que non cometan os erros que cometemos outros, e non estar permanentemente mirando atrás, empezemos a mirar para adiante, ten que haber debate eso é consustancial coa esquerda, pero que haia debate non significa que teña que haber enfrentamento, en todo caso gustariame que a xente de esquerdas que escriba aquí non caia no insulto nin na descalificación, sinón no debate sereo e razonado, eso irá en beneficio da propia esquerda, o demáis vai no senso contrario, saude a tod@s e que o 27 pola noite poidamos celebrar xá que ogrove volve a derrotar a dereita e ter un alcalde de esquerdas.

Escévola disse...

Olas: está claro que hai moitas opinións moi diferentes sobre cal é a mellor lista e cal vai ser a máis votada. No artigo defendo que vai a ser o BNG pero é porque me parece o que máis preparado parece. O da xente nas listas dá para moito pero está claro tamén que nunca choverá a gusto de todos. De todas maneiras como apuntaba conroibo no seu comentario ao último artigo o PG e os seus resultados van ser moi importantes de cara ao resultado final. Q opinades sobre o seu papel?

Anónimo disse...

Na miña opinión o asunto vai estar moi igualado, coma sempre, que uns poucos votos van decidir de que lado cae o goberno municipal.
Resúltame sorprendente que un anónimo que se dí do PSOE se preocupe de reclamar atención para os problemas do Benegá, cando ninguién che sabe deles.
Quedan uns días para intentar que se produza un cambio, que o PP deixe de vexetar no goberno do Concello... En política non vale todo. Estaría ben, que dende o mesmo anonimato te disculparas por non pedirlle permiso á cabeza para falar. Coñezo a algunha xente que leva toda a vida vivindo no Grove e nunca fixo nada polo ben común, e coñezo xente que ten a súa vida laboral fóra do Grove e non pára de darlle a O Grove todo canto pode. Creo que os do Bloque fixeron un moi bo equipo capaz de gobernar, coa axuda da esquerda. Eu celebrareino indo chupar un viños aos loureiros e dende o alto de Covas, mirarei para O Grove e pensarei:
!arrecará! non foi sin tempo, !meus!.