segunda-feira, 28 de maio de 2007

Un barco ingobernable

Olas a tod@s:
Estamos en plena resaca electoral, as eleccións municipais de onte deixan abertos moitos interrogantes e responden tamén algunhas cuestións. No caso de Ogrobe o electorado meco máis unha vez volta deixar un concello moi fragmentado e de moi dificil gobernabilidade. Os resultados electorais no concello meco deixan como triunfador da xornada ao PSdeG que parece afortalar o seu voto na vila acadando 4 concelleiros e lamentando seguramente a fragmentación do seu voto na Meca, sen esta fragmentación podería ter acadado 6 concelleiros e formado un goberno sólido co BNG. Os prexudicados da noite son principalmente o PP e o BNG. O primeiro porque perde un edil e alónxase claramente da maioría absoluta, ademais non lle chega un eventual apoio do PG para formar unha maioría sólida no concello. O segundo porque nas expectativas estaba acadar o goberno sendo a primeira forza de progreso. O BNG volta acadar tres concelleiros non acadando os seus obxectivos e sembrando as dúbidas nos seus militantes. Parece que o BNG consolida o seu voto no concello pero amósase incapaz de restarlle apoios a un PSdeG en problemas, ao PP, ou mesmo incapaz de aproveitar a caida de EU. A Meca consegue un acta e pórse por encima do PG e de EU, ambos con un concelleiro. EU confirma as malas expectativas, perde un concelleiro e quédase na última posición en número de votos.
Todo isto deixa un concello de difícil goberno, a fórmula máis sinxela sería un tripartito PP-A Meca-PG e o goberno para o PP e pola esquerda un goberno a catro PSOE-BNG-A Meca(PG)-EU. Así e todo parece que nos agardan unhas cantas semanas de incertidume antes de ver a fórmula final. Se de min dependese eu apostaria por un tripartito de progreso PSdeG-BNG-EU sumando 8 concelleiros e forzando á Meca a deixar gobernar ao PP-PG ou apoiar a investidura dun goberno de progreso sen entrar a formar del. Creo nesta fórmula porque un goberno a catro paréceme demasiado cambalache ( e podería dar lugar se funcionase mal a unha maioría absoluta do PP en futuros comicios) e porque nestes tres partidos ainda se pode confiar con vistas a un goberno estable. Non me fio nada de A Meca nin do PG polo tanto eu porialle enriba da mesa a Ayda a seguinte cuestión: non entras no goberno pero vas apoiar a investidura dun goberno de progreso ou deixas gobernar ao PP? Ademais así cada un quedaría retratado. Isto é asi xa que parece dificil a convivencia nun mesmo equipo de goberno do PSdeG e A Meca. Asi este tripartito de progreso perdería estabilidade pois dependería dos apoios puntuais do PG e da Meca pero funcionando ben podería acabar con estes dous partidos e acadando unha maioría sólida de progreso en eleccións futuras.

6 comentários:

Anónimo disse...

Despois do visto o Domingo nos pasillos do Rosalía, teño que darlle parabéns ó pesoe por saber cortar con xente da calaña de A.da.
A muller esa estaba picada con PP a ver quen acarrexaba máis,¡qué vergoña!
Deus me arrede de ver a esa muller no goberno de tódolos nos.
Máis patético aínda, era ver ó final o "paseo" dun exalcalde con esta muller.

Anónimo disse...

Lamentablemente para algúns e supoño que todo o contrario para outros...Non vexo un goberno de esquerdas nestes 4 anos no Grobe.A situación actual da escisión do PSdeG
coa Ayda non augura un consenso claro
no que sería un cuatripartito de "progreso",e poño entre comiñas pq non nos enganemos,moitos partidos a priori Progues teñen ideas "centristas" (unha palabra q me causa risa).
Visto o acercamento patente q hay entre a corporación do PP e a representante de AMeca,parece moito mais probable un goberno de estes partidos,xa non vou a entrar a valorar o papél que podo ter o PG nunhas futuras votacións de Plenos.
Ainda q eu ubese preferido un goberno BNG-PsdeG-Eu que sería a alternativa máis interesante de cambio no concello.
Un saudo a todolos que "disfrutaron" desta nosa "Festa Democratica".

Anónimo disse...

Escévola, no teu escrito esqueces, ou ignoras, quen é a señora Filgueira e cal é a súa ambición política e laboral... Quen tivemos a desgracia de traballar preto dela sabemos que non dí unha verdá nin que a maten, e que dí agora unha cousa e en medio minuto a contraria e diche a tí que lle entendiches mal. Xa era así nos tempos da Cofradía, e antes, cando ela co seu pai apoiaba ao señor Bea Gondar. E non vexas as que armou dentro do PSOE, con patrañas e ajachando a información.
Peta no peito coa man aberta para decir "porque yo soy socialista", "porque gracias a mi el partido socialista conoció la democracia y el progreso" "porque nadie sabe mas que yo del plan general, que fui a clases particulares" "porque si no fuese
fuese por mi la Plataforma no esistía" "porque yo sola hice mas de seiscientas alegaciones con mi puño y letra" e así todo. Verdadeiramente é unha falsa, ambiciosa desmedida e con problemas de traballo no futuro inmediato, acaba contrato e teno jodido para renovar... Por eso está en venta, en alquiler, ou de prestado, pero co seu voto o que vai facer é negociar, ao que máis e mellor llo paje... O resto son caralladas de xente que se mete en interné para chojar a La Bruja Lola e demáis adivinos televisivos...
Pensa sempre que vai faser o contrario do que dí que vai faser.
Creo que é máis facil que sea Fredi Bea quen se arrejle cos da esquerda que sea ela, A ÍDA.

Escévola disse...

Creo que Mariñeiro pode ter razón en que Ayda busca interese persoal pero para o meu razonamento iso dá igual. Digo porque ela pode ser ou non progresista pero o seu electorado si o é. Non digo que entre no goberno, só que permita a investidura. Se non a permite e deixase gobernar ao PP perdería probablemente moitos dos apoios que obtivo e desaparecería da corporación nas próximas eleccións. Eu non a metería no goberno pero así ese tripartito PSdeG-BNG-EU sumaría oito co cal forzas a Ayda na investidura a votar o tripartito sen entrar no goberno ou a deixar gobernar ao PP co que ademais tamén quedaría retratada para o futuro.

Anónimo disse...

En democracia asísteche o dereito a expresar libremente o que pensas, e asísteche o dereito a permanecer calado. Algúns, ao leren o que segue pensarán que estaba mellor calado, espero que outros pensen menos mal que alguén fala. Escollín o dereito a expresar o que penso, falando claro, e sen permiso nin da miña organización política, na que levo dende a súa fundación, nin dos compañeiros e compañeiras que foron na candidatura do Benegá nas recentes eleccións municipais. E se o fago é porque alguén xa anunciou que vou dimitir, mesmo antes de tomar posesión (enorme disparate!), e que hai graves problemas internos por un resultado que definen como hecatombe, descalabro e desastre, cando realmente mantivemos os tres concelleiros que tiñamos, habendo seis candidaturas en liza, e cunha perda mínima do un e pico por cento dos nosos votantes. É certo que aspirabamos a mellorar as posicións de partida, pero cando a xente expresa a súa opinión, cos votos que da ou que retira, non queda outra: respeto, análise da situación, corrección de erros e outra vez ao traballo e paciencia ata a próxima vez. Opinións interesadas en desmotivar a formación dun acordo entre as tres forzas políticas da esquerda no Grove. Quede claro, nin vou dimitir, nin hai problemas internos no Benegá, nin imos manobrar en contra da nosa tradicional posición de lealdade ao pacto non escrito das esquerdas. Quede claro tamén que manteremos a vontade de defender as nosas ideas no marco das competencias do Concello, tanto se co-gobernamos, como se estamos na oposición.

A compañeira Victoria Canoura, e o noso candidato á alcaldía Carlos Álvarez, son persoas responsables, capaces e honestas para exercer as funcións que lle encomende a sociedade, á que lle agradecemos os mil douscentos e algo de votos de confianza no Benegá do Grove e en nós. Os electores do Grove déronlle tres mil cento cincuenta e tres votos ás candidaturas manifestamente de esquerdas (Psoe, Bng e Eu) fronte aos dous mil trescentos corenta e nove votos que lle deron á única candidatura de dereitas. Os restantes mil votos repártense en dúas candidaturas (Pg e Am) que reclaman o seu lugar centrista e independente. É nítido para calquera analista desprovisto de cegueiras que o Partiddo Popular acumula outra severa baixada de votos (máis de trescentos) e de concelleiros (pasa de oito a sete). Co que sorprende a súa decisión de poñer no asador todo o que faga falta para continuar no goberno local.

É certo que O Grove votou como quen vota por facer unha empanada, mesturando diferentes tipos de fariña. Nun caso serían necesarias tres fariñas e farelo para a base e a tapa; e no outro catro, se queremos que a empanadas teñan consistencia e non se desfagan nas mans, antes de comelas.

E curiosamente ata pode parecer que a ninguén lle preocupa de qué imos facer o amoado, o recheo, o que lle da a sustancia. Andan os forneiros estes días metendo leña no lume, os que queren cocer a súa e os que queren queimarlle a dos veciños. Todos metidos en fariña, coas mans na masa. E a un gustaríalle dar a sensación contraria, deixando ben esclarecido que o seu obxectivo político era colaborar a que o Partido Popular pasase á oposición, no noso concello e na Deputación provincial, e que nesa perspectiva vai aliñarse ao carón das forzas de esquerda, sen dubidar, sen que mensaxes interesadas podan distorsionar esa firme vontade que nos trouxo ata aquí. Porque sabemos distinguir a fariña do farelo. Porque con tanto enfariñado pode semellar que somos todos lobos con pelexo de cabuxiñas, no canto de xente que mantén a coherencia política e o respeto aos nosos votantes, e aos que non son votantes nosos.

Escévola disse...

Está claro que os resultados do BNG de Ogrobe non foron os esperados e sendo malos tampouco son unha hecatombe. Manten a representación que xa tiña e a perda de votos é mínima. Son malos porque non se agardaban e porque as expectativas eran maiores non porque cuantitativamente fosen as perdas moi altas. Pero outra vez tres concelleiros parece significar que o BNG ten dificultades para facerse con votantes do PSdG ou de EU e isto si que parece un problema para o BNG. É lícito preguntar sobre as causas desto e analisar os malos resultados do BNG no Salnés, onde a priori se partía con grandes expectativas e ao fin o que tirou proveito da situación foi o socialismo.